Comunicado da Valedora do Pobo

A Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, xurando o seu cargo.

SENRA RIVAS, MARA – S3C2

Tras varias conversacións e encontros coa Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, ela viu convinte unha explicación máis clara do seu traballo a raíz do descoñecemento por parte de moitas persoas das suas tarefas. Porén, o interés desta entrada. Unha entrada redactada pola propia Valedora, explicando e deixando claro cal é seu traballo, o ámbito no que se move, e cando actúa.

O Valedor do Pobo é o alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos da cidadanía emanados da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia. Como valedora do pobo, posto que ocupo desde o pasado 2 de setembro, teño encomendada a supervisión específica do traballo que realizan as diferentes administracións públicas de Galicia co obxecto de garantir una correcta atención ás persoas que a elas se dirixen. Neste sentido as portas físicas e virtuais da institución están abertas a todas as persoas que, por considerar vulnerados algún dos seus dereitos ou suporse vítimas de abuso ou inxustiza nas relacións cos nosos poderes públicos, desexen solicitar a nosa atención.

Dun xeito máis descritivo, estas serían as nosas funcións: garantir o cumprimento dos dereitos humanos, supervisar a actuación da administración pública en Galicia, resolver as queixas que a cidadanía nos expón, investigar de oficio os supostos de mala administración, realizar informes extraordinarios sobre temas de especial interese e alcance social, atender consultas e fomentar a divulgación e asesoramento en materia de dereitos.

Todas as persoas ou colectivos que desexen achegarse á institución ou remitir as súas reclamacións polas canles virtuais (www.valedordopobo.gal) son atendidas de xeito inmediato e gratuíto. As situacións por eles descritas normalmente dan pé á apertura de queixas. Estes expedientes nos permiten pedir informes ás entidades públicas que puideron incorrer en erros ou abusos na atención á cidadanía.
Son obxecto da nosa acción supervisora todos os actores que interveñen no deseño e desenvolvemento das diferentes políticas públicas na nosa comunidade. De aí a heteroxeneidade dos asuntos que tratamos, que distribuímos en áreas temáticas de traballo como educación, sanidade, medio ambiente, non discriminación, emigración e traballo, etc. Coas nosas xestións estamos en disposición de detectar situacións de mala administración que tratamos de corrixir por medio da recomendación ou suxestión. Esta institución é independente e carece de potestade coercitiva ou sancionadora. A argumentación propia da autoridade que se nos brinda como institución imparcial, que non atende a ningún mandato imperativo, é a nosa única ferramenta na consecución deses propósitos. Podemos dicir que, nunha gran parte, en máis do 80% dos casos, as nosas recomendacións ou suxestións, en definitiva, a proposta de medidas correctoras dunha mala praxe, son aceptadas polos órganos implicados.”

Firmado, Milagros Otero Parga

Tras esta aclaración quedará claro cal é o eido no que traballa a valedora. Polo que para rematar, se algún dos grupos ou dos círculos necesita porse en contacto coa valedora, non ten máis que chamar, mandar un mail ou ir a súa sede, onde seredes atendidos. Tamén podedes trasladarlle algunha dúbida a través de min, ao estar en contacto continúo co departamento de comunicación. Tamén deixo uns enlaces que poden ser de axuda para completar a idea fundamental con labores levadas a cabo por ela.

http://cadenaser.com/emisora/2016/04/10/radio_galicia/1460282958_650854.html

http://www.economiadigital.es/gles/notices/2016/04/la-valedora-do-pobo-aprieta-las-tuercas-a-industria-para-que-informe-de-hercules-de-armamento-73256.php

http://www.laregion.es/articulo/ourense/valedora-do-pobo-machismo-y-feminismo-desapareceran-cuando-piense-personas/20160329214952611116.html

Data de emisión da publicación: 12/04/2016- 10:12

Data de revisión da editora: 12/04/2016- 11:46

Data de revisión do GBO: 12/04/2016- 14:23

Data de publicación: 12/04/2016- 15:55

 

Advertisements

2 comentarios en “Comunicado da Valedora do Pobo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s