LGTBI e os medios de comunicación dixitais galegos

Fotografía de: agasallo.eu

 

Meda López, Xiana – S2B6

En xeral, a aparición de noticias relacionadas co colectivo LGTBI nos medios de comunicación dixitais galegos é común. Aínda que este tipo de novas non son as máis recurrentes, sí que teñen certa presenza. O tratamento soe ser correcto, engadindo en moitos casos contexto e causas. A continuación, pasaremos a analizar tres medios máis polo miúdo. 

Sermos Galiza

Este medio de comunicación en galego inclúe algunhas noticias sobre o tema, aínda que non son habituais. O tratamento acostuma a ser correcto.

Aspectos positivos

A inclusión de artigos de opinión sobre o colectivo LGTBI. Que se engadan opinións dá variedade ás típicas noticias de sucesos ou de leis, que acostuman a ser máis recorrentes. Ademais, que as escriban personaxes con certa relevancia política (entre outros moitos ámbitos) achega ao cidadán puntos de vista diferenciados que poden ser do seu interese. Un exemplo recente é o da deputada do BNG no Parlamento Galego, Carmen Adán. As súas verbas reflexan o seu parecer sobre as identidades sexuais, a realidade do colectivo e a pragmática. Unha perspectiva interesante é a de que “lexislar visibiliza, recoñece dereitos, crea obrigacións nas administracións, nos sindicatos, nas empresas. Non obstante, o verdadeiro cambio depende de cada unha das accións que emprendemos na nosa vida cotiá, do recoñecemento das identidades múltiples como unha riqueza”. Pincha aquí para ler.

Outro elemento favorable que inclúe este medio é visibilizar que a estas alturas non exista plena aceptación da condición de cada individuo. Para iso, emprega novas como a da Valedora do Pobo, que advertiu sobre que o Sergas tratara nalgunha ocasión a persoas LGTBI como “doentes”, “pervertidos” ou con “trastornos de personalidade e esquizofrenia”.

Tamén está ben que alerten de que a maioría das agresións ao colectivo LGTBI non son denunciadas. No corpo desenvólvense os motivos que levan aos afectados a gardar silencio, aínda que priorizan o uso dos datos estatísticos. Para que a información fora tratada de maneira máis correcta, habería que incluír entrevistas coas persoas relacionadas e as consecuencias de que non se denuncie. Aínda que sacar a luz este tipo de noticias e explicar as causas, xa é un avanece.

Aspectos negativos

O tratamento das noticias LGTBI non destacan por unha mala práxis, senón que se enmarcan dentro do correcto. Os apuntamentos en este sentido irían dirixidos a mellorar o material e o contido. Para iso sería interesante incluír máis fontes, máis entrevistas e artigos de opinón. Ademais de intentar dotar sempre de contexto aquilo que se vai contar.

Praza pública

O propio medio defínese como “o xornal da Galicia que vén”, polo que damos por entendido que o tratamento do colectivo LGTBI farase de xeito correcto. Ademais, supoñemos que terá a suficiente visibilización nas súas páxinas.

O certo é que aínda que non hai noticias en exceso, sí que se cubren máis en comparación con outros medios. A principal diferenza con Sermos Galicia é que na maioría dos casos  profundízase máis e dáselle maior extensión ao corpo da noticia.

Aspectos positivos

O primeiro exemplo é o da involucración discreta do xornalista cando escribe. O titular “varias concentracións protestarán pola brutal agresión homófoba en Santiago”, emprega o adxectivo “brutal” para referirse ao suceso, o que xa o carga de certa connotación. Neste sentido, o redactor está criticando a paliza.

Outra noticia ben cuberta é a de que as entidades LGBTI reclaman algo máis que “respecto” , na que dotan á información dun contexto e tocan elementos relacionados como poden ser a lei, como debería mellorarse a mesma ou o tratamento que se lle debe dar na escola. Recolle ademáis declaración de diferentes persoas, o que dota a noticia de credibilidade e contraste.

Aspectos negativos

As noticias publicadas están ben en canto a contido, vocabulario e tratamento. O único mellorable é incluír máis cantidade, dándolle maior visibilidade ao tema.

Galicia Confidencial

Defínese como o diario dixital de Galicia.  En xeral, cubren poucas noticias cada ano sobre o colectivo LGTBI e destaca por presentar a información de forma máis breve e concisa.

Aspecto positivo

Entre as súas páxinas existe a visibilización  de novas relacionadas con educación. É importante que os medios de comunicación ademáis das noticias habituais que acostuman a presentar deste tema (agresións, manifestacións, leis…), expoñan iniciativas educativas e culturais que inclúan ao colectivo LGTBI. Dous exemplos poderían ser a proposta dunha nova materia para a escola ou xornadas educacionais. 

Aspecto negativo

A brevedade das noticias impide a profundización das mesmas. Para suplir esta condición, o ideal sería que houbera máis noticias sobre o colectivo LGTBI. Aínda que non foran de grande extensión, terían que incluír contexto, causas e consecuencias de maneira concisa.

Valoración

Os medios dixitais galegos preséntanse como unha alternativa aos medios convencionais pola súa boa praxis. No referente a LGTBI non existen grandes diferenzas de tratamento. Sí que é certo que os novos medios son máis correctos e non cometeron polo momento tantos erros.

Aínda que se foi mellorando na redacción  deste tipo de temas, o certo é que queda traballo por facer. O ideal sería cubrir a maiores dos sucesos de obrigado cumprimento, outros como proxectos que se están a desenvolver para alcanzar a plena igualdade, artigos de opinión, dotar de máis profundidade certas cuestións ou o emprego de termos apropiados. Os medios de comunicación xerais terían que ser de utilidade para normalizar condicións tan naturais do ser humano, e nunca todo o contrario.

Referencias

O.R. (xullo 27, 2015). A maioría das agresións ao colectivo LGTBi fican sen seren denunciadas. abril 11, 2016, de Sermos Galicia Sitio web: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/medo-vergona-razons-polas-non-denuncia-violencia-machista-lgtbifobica/20150727205719039551.html

Carmen Adán. (abril 8, 2014). Identidades sexuais, realidades LGTBI e pragmática. abril 11, 2016, de Sermos Galicia Sitio web: http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carme-adan/identidades-sexuais-realidades-lgtbi-pragmatica/20140407211202026115.html

D.Ares. (febreiro 18, 2016). A Valedora advirte de situacións en que o Sergas trata como “doentes” ou “pervertidos” persoas LGTBi. abril 10, 2016, de Sermos Galicia Sitio web: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/valedora-advirte-situacions-sergas-trata-doentes-pervertidos-persoas-lgtbi/20160218151710045052.html

Marcos Pérez . (febreiro 10, 2016). Varias concentracións protestarán pola brutal agresión homófoba en Santiago. abril 10, 2016, de Praza Pública Sitio web: http://praza.gal/movementos-sociais/11156/varias-concentracions-protestaran-pola-brutal-agresion-homofoba-en-santiago/

Marcos Pérez . (marzo 29, 2016). As entidades LGBTI reclaman algo máis que “respecto”. abril 10, 2016, de Praza Pública Sitio web: http://praza.gal/movementos-sociais/11467/as-entidades-lgbti-reclaman-algo-mais-que-respecto/

Galicia Confidencial. (marzo 31, 2016). A Xunta promete unha materia nas clases de promoción da igualdade de xénero. abril 11, 2016, de Galicia Confidencial Sitio web: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28642-xunta-promete-materia-clases-promocion-igualdade-xenero

AlenGaliza. (marzo 26,2016). A finais de maio terá lugar a I Xornada sobre Coeducación rural. abril 11, 2016, de Galicia Confidencial Sitio web: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28564-finais-maio-tera-lugar-i-xornada-coeducacion-rural

Revisión da editora: 11/04/2016 ás 11:00

Revisión GBO: 11/04/2016 ás 14:30 e segunda revisión 12/04/2016 ás 17:15

Publicado: 12/04/2016 ás 17:00

Advertisements

12 comentarios en “LGTBI e os medios de comunicación dixitais galegos

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    Para que os medios de comunicación sexan útiles no proceso de normalización das condicións do ser humano non só hai que dar cobertura ás novas relacionadas co colectivo LGTBI, tratalas con rigor e afondar máis nesas cuestións. Estes axentes sociais que son os medios teñen a capacidade de educar, polo que promover teorías de educación da diversidade, especialmente de orientación sexual e identidade de xénero, debería ser un reto para eses medios dixitais galegos. Déixovos un manual pedagóxico en PDF que podedes consultar online ou descargalo para completar o estudo deste tema. http://www.movilh.cl/documentacion/educando_en_la_diversidad_2da_edicion_web.pdf

    Por outra parte, o primeiro exemplo de involucración discreta do xornalista ao escribir, cando vos centrades en Praza Pública, non é algo exclusivo. En La Voz de Galicia (aínda que non sexa un medio dixital) utilizaron o mesmo adxectivo cando informaron sobre ese conflito, como podedes ver no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/10/pareja-denuncia-haber-victima-agresion-homofoba-santiago/00031455101323904714384.htm
    Non obstante, neste caso os redactores preferiron cubrirse dunha aparencia de obxectividade, poñendo a crítica aos culpables en boca dos afectados. Este é un dos aspectos a enxalzar dos novos medios dixitais galegos que van deixando atrás detalles de expresión e linguaxe que non se corresponden cos avances en integración e normalización.

    Para continuar co voso traballo de investigación e a vosa aposta pola correcta relación dos medios de comunicación co colectivo LGTBI déixovos a continuación un artigo que precisamente trata varios dos vosos indicadores, como o emprego da linguaxe e a visibilidade e invisibilización. http://sentiido.com/como-informar-sobre-personas-lgbt-en-medios/ A linguaxe nunca é inocente: moldea a realidade e faina acolledora ou hostil, por iso é tan importante o coidado deste aspecto da comunicación, que moitas veces queda marxinado por cometer o erro de desprestixiar o poder das palabras e presupoñer a complicidade do lector. Aínda que no artigo critícanse métodos e noticias colombianas, no esencial pódense identificar casos semellantes nos medios galegos e españois.

    Non sei se coñecedes a Asociación de Periodistas y Comunicación LGTB (APERCOM), pero sería interesante que lle botásedes unha ollada ao apartado “Recursos” da súa páxina web http://www.apercom.org/recursos, onde hai varios códigos deontolóxicos que vos poden ser de proveito, ou incluso poderiades poñervos en contacto con eles, que se pode facer directamente dende a súa web. Ademais anuncian poñer a disposición de ONG relacionadas co colectivo LGTB os seus coñecementos, polo que a súa axuda pode ser sinxela de conseguir.

    A inclusión e a igualdade son valores que nos benefician a todos, e o recoñecemento social, cultural e legal da diversidade constrúe unha democracia máis forte. A decisión está en mans dos medios, que sexan novos ou vellos, son capaces de dar voz a todos os colectivos e individuos da nosa comunidade.

    – Revisión do editor: 12/04/2016 18:30
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 18:45
    – Publicación: 12/04/2016 18:50

    Gústame

    1. Moitas grazas polas achegas que expós no teu comentario, resultaron ser de moito interese para o tema en cuestión.
      En relación ao pdf que adxuntas sobre a orientación sexual e identidade de xénero nas aulas, o seu contido ten máis relación co ámbito da educación que do xornalismo, aínda que algúns dos seus puntos son aplicables a esta profesión. É certo que un dos fins ( buscados ou non) do xornalismo é educar a sociedade, aínda que en referencia a isto existe un debate. Adxunto un enlace cuxa lectura é recomendable http://www.educaweb.com/noticia/2007/02/12/medios-comunicacion-educacion-2206/

      En canto aos medios de comunicación convencionais é certo que moitas veces fan un tratamento correcto sobre as noticias referentes ao colectivo LGTBI, neste caso concreto, La Voz de Galicia cumpre un dos factores positivos expostos tamén en Praza Pública. Non obstante, aínda que é certo que moitas veces cubren este tipo de temas de maneira irreprochable, outras veces erran no vocabulario ou nos datos presentados. Por exemplo no corpo desta noticia
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/02/03/lucia-4-anos-nina-joven-lograr-cambio-nombre-transexualidad/0003_201602G3P27992.htm , presentan o nome anterior da persoa transexual. Isto é algo innecesario que as persoas relacionadas non ven correcto.

      Recoméndoche o visionados dos nosos círculos de lectura, aos que podes acceder neste mesmo blog mediante a etiqueta LGTBI.

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 13/04/2016 ás 19:35

      Gústame

  2. Cabado Vázquez, Aarón (S1E2)

    Aínda que en moitos dos temas que estamos a traballar conxuntamente no blogue podemos albiscar certos comportamentos e actitudes pouco deontolóxicas por parte dalgúns xornalistas, tamén hai que recoñecer que o traballo dos medios á hora de fomentar a tolerancia con respecto ás diversas tendencias sexuais é, en liñas xerais, bastante ético, cun alto grao de sensibilización. Así, realizaron unha destacábel contribución a conseguir que a meirande parte da sociedade acepte e respecte ao colectivo LGTBI, algo que hai anos parecía pouco menos ca unha quimera.

    De todos xeitos, dita tolerancia tamén é algo que ven dado pola pura lóxica: a sociedade evoluciona, e a xente nova demostra que actualmente as diversas tendencias sexuais son percibidas como algo normal e non como algo antinatural ou herético, perspectivas predominantes hai non demasiadas décadas. Polo tanto, existen motivos para ser optimistas de cara ao futuro, para así acadar o obxectivo de eliminar os prexuízos que todavía existen con respecto aos LGTBI, como sinala o Instituto de Juventud nas conclusións sobre o seu sondeo “jóvenes y diversidad sexual”(http://www.injuve.es/sites/default/files/Sondeo2010diversidadsexual_resultados.pdf).

    Sen embargo, o feito de que as actitudes homófobas cada vez sexan máis minoritarias e máis reprobadas pola mayoría da poboación, non significa que a eliminación delas sexa total. Non son poucas as persoas que son –aínda que eles probablemente non sexan conscientes diso– homófobos liberáis. Este termo, do que fala Daniel Borrillo aquí (http://www.trasversales.net/t09bg.htm) fai referencia a aqueles que din respectar aos LGTBI, pero que son reacios a que amosen públicamente a súa tendencia sexual, por ser, según eles, potencial alteradora da orde social. O xurdimento deste tipo de pensamento é perigoso, pois é evidente que esas persoas (que se consideran a si mesmas tolerantes) poñen trabas á liberdade destes colectivos, polo cal non os respectan.

    Deixo, por último, unha entrevista (http://www.publico.es/culturas/quierete-mucho-maricon-manual-complice.html) a Gabriel J. Martín, autor dun libro que se publicou o mes pasado, chamado “Quiérete mucho, maricón”, un manual de psicoloxía que ten como obxectivo conseguir que os homosexuais non teñan reparo en mostrarse orgullosos de ser como son. De todos modos, creo que o cambio de mentalidade non ten que acontecer no colectivo LGTBI, senón naqueles incapaces de comprender que vivimos nunha sociedade chea de diversidade, tamén sexual.

    Data de emisión do comentario: 15/04/2016- 10:45
    Data de revisión do GBO: 15/04/2016- 11:00
    Data de publicación do comentario: 15/04/2016- 11:19

    Gústame

    1. Estou de acordo contigo en que a medida que a sociedade vai evolucionando, tamén o fai a súa mentalidade. É certo que a día de hoxe respéctase máis a condición sexual de cada individuo, pero aínda queda moito camiño por percorrer. Por exemplo, a finais de xaneiro saía que en Madrid se producía un repunte de comportamentos machistas http://ctxt.es/es/20160127/Politica/3933/Agresiones-homofobas-Madrid-LGTB-Carmena-PSOE-Ciudadanos-Espa%C3%B1a-Pol%C3%ADtica.htm o que demostra que o total da poboación non chega a asimilar que exista diversidade sexual e o poidan manifestar libremente.

      Non coñecía o termo de homófobos liberais, pero agora xa podo estar ao tanto sobre el! Polo visto é unha palabra xa coñecida e empregada en diferentes contextos. Si estás interesado no tema en particular dentro do colectivo LGTBI recoméndoche que leas esta páxina http://blog.moscasdecolores.com/es/opinion/homofobia-liberal . Ademais de explicar os diferentes tipos de homofobia, o autor dá a súa opinión dende dentro.

      Tes razón no que o cambio non ten que vir das persoas LGTBI senón da sociedade no seu conxunto. Aceptar a diversidade sexual debería ser un exercicio obrigatorio para aqueles que aínda non o fan, xa que é algo natural que forma parte das nosas vidas.

      Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 12:20

      Gústame

  3. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
    É certo que neste tema os medios teñen bastante coidado coas publicacións que falan do LGTBI en comparación a outros temas como poden ser a prostitución ou os enfermos mentais. Aínda así, seguen a verse noticias cada día de ataques homófobos ou de non aceptación das persoas que forman parte deste colectivo. Non hai moito, La Voz de Galicia publicaba http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2016/04/15/policia-constata-leve-aumento-delitos-odio/0003_201604P15C4991.htm, onde se confirma que os ataques a persoas por motivos de raza, sexo ou condición sexual aumentaron nos últimos meses. Consideras que os medios de comunicación teñen algo que ver con este aumento? Son os medios os que crean certos prexuízos?
    Persoalmente creo que deberíase fomentar máis a igualdade e o respecto, xa non neste tema senón referíndome a calquera colectivo que non casa ben coas costumes desta sociedade, que en vez de ir evolucionando cara adiante parece ser que o fai cara atrás.
    Un saúdo.
    Hora de revisión da editora: 20/04/2016 ás 19:00
    Hora de revisión do coordinador: 20/04/2016 ás 19:35
    Hora de publicación: 19:40

    Gústame

    1. É certo que os medios de comunicación veñen advertindo de que hai un aumento de comportamentos homófobos ou de rexeitamento ao colectivo LGTBI en xeral… A verdade é que a causa non está clara, pero sí que pode estar influenciada por un retroceso na mentalidade da sociedade, que se manifesta tamén nos temas de xénero.

      Outra cuestión a ter en conta é que cada vez máis afectados polos comportamentos agresivos doutras persoas cara eles só pola súa orientación sexual, se animan a denunciar. Antes moita xente deixaba de facelo por medo, e pouco a pouco estase a romper esa barreira.

      Eu creo que os medios de comunicación sí que axudan a favorecer certos prexuízos ( como explico no meu último artigo sobre a bisexualidade), polo que é fundamental que o tratamento de noticias sobre LGTBI, xénero ou prostitución ten que ser do máis correcto e normalizador. Adxúntoche este prezi sobre como os medios de comunicación poden influír sobre o colectivo LGTBI
      https://prezi.com/4vr7juvodk7i/como-los-medios-de-comunicacion-influyen-a-los-sujetos-sobre/

      Grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 18:25

      Gústame

  4. Carrera Álvarez, Jesús – S1E3
    (comento eu no seu lugar por problemas técnicos)

    As persoas lesbianas .gays, bisexuais, etc. (LGTBI) , estiveron sometidas a discriminación pola súa orientación sexual, violencia, persecución e outros abusos, en clara vulneración aos seus dereitos. Nos medios de comunicación inflúe moito a forma de escribir, as palabras poden dar a entender unha ou outra cousa e variar o contexto do escrito.
    Nun apartado do teu artigo, facendo referencia a iniciativas educativas e culturais (Galicia Confidencial), é a iniciativa que puxeron en marcha dous xornalistas, Alberto e Gonzalo, editando libros, para todo tipo de lectores, independientemente do seu xénero ou orientación sexual, xa que a literatura de temática LGTIB, non estaba moi integrada no ámbito literario.
    http://cultura.elpais.com/cultura/2016/04/07/babelia/1460048195_887930.html

    Como é sabido, a loita polas reivindicacións de LGTBI, en España, en gran parte débese a Pedro Zerolo foi o principal promotor da lei do matrimonio homosexual, palabra non aceptada por distintos organismos, pero iso é outro tema.
    http://hipertextual.com/2015/06/pedro-zerolo Traducir Borrar

    Estou de acordo que a prensa non lle dá moita importancia a temas deste colectivo, xa que este tampouco o fai por medo a represalias. Fai uns días lin a agresión a dous mozos “parella”, un denunciou e o outro non. Este feito saíu á luz polo ingreso no hospital uno deles senón…habería coñecemento do caso?http://www.elespanol.com/reportajes/20160219/103489916_0.html

    Hora de revisión da editora: 19/04/2016 ás 23:00
    Hora de revisión do coordinador: 20/04/2016 ás 19:40
    Hora de publicación: 20/04/2016 ás 19:43

    Gústame

    1. Totalmente de acordo contigo! O sometemento a persoas pola súa orientación sexual é algo que vimos arrastrando dende tempos lonxevos. Non obstante, en pleno século XXI no que se producen tantos avances en diferentes eidos tecnolóxicos ou científicos, parece que as cuestións sociais aínda son un tema pendente. E non só iso, en relación coas persoas LGTBI parece que está a producirse un retroceso como afirmaba este xornal en canto a visibilización http://www.larioja.com/la-rioja/201506/28/esta-habiendo-retroceso-visibilizacion-20150628005728-v.html

      Moi interesante a achega literaria da que falas! Estou totalmente a favor deste tipo de iniciativas inclusivas para toda a poboación.

      Pedro Zerolo foi un personaxe fundamental na loita polos dereitos dos homosexuais. Se estás interesado na súa persoa, el mantiña un blog que a día de hoxe aínda se pode ler http://pzerolo.blogspot.com.es/

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 18:38

      Gústame

  5. Cascales Quiroga, Gádor S1E5
    É unha alegría saber que algúns medios teñan a vontade de querer cambiar as cousas, ou polo menos de cambiar o tratamento informativo das noticias relacionadas coa comunidade LGTBI, pero aínda queda moito polo que traballar. Sei que mencionaches aos medios dixitais galegos, pero é preocupante que no xornal máis importante de Galicia, atopemos noticias coma esta http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/02/24/juzgan-cliente-amenazar-cuchillo-travesti-tras-renir-precio/0003_201602V24C4992.htm Lin por primeira vez esta noticia fai uns días, xa que o meu grupo fixo un círculo de debate e nel participaba Iris Rois, unha membro da asociación Wikitrans, que loita polos dereitos das persoas transxénero, e foi ela quen nola amosou. Na noticia a linguaxe empregada non poderia ser peor, primeiro a persoa afectada é un travesti, logo é transexual (cando debería empregarse a palabra transxénero), e despois é unha muller, ademáis de relacionar estos termos cos de “prostitución”, “violencia” e “xuventude”. É triste que atopemos noticias deste tipo nun xornal tan importante coma este, pero espero que pronto sigan os pasos dos medios que citaches e que a situación cambie, polo ben da sociedade.

    Revisión editor: 23/04/2016 15:10
    Revisión coordinador: 23/04/2016 15:12
    Hora de publicación: 23/04/2016 15:!5

    Gústame

    1. Antes de nada, moitas grazas polo teu comentario!
      Como ben dis, é unha pena que medios tan importantes no noso territorio como La Voz de Galicia publiquen noticias como esta. O certo é que nos medios convencionais moitas veces non se presta a suficiente atención ao correcto tratamento de temas tan delicados como o colectivo LGTBI. A falta de descoñecemento, a rapidez que esixe o xornal e a carga de traballo moitas veces son elementos que inflúen nun tratamento incorrecto ou nun vocabulario pouco axeitado.
      Aínda que desgrazadamente continúen noticias mal redactadas, o certo é que La Voz de Galicia cubre outro tipo de novas como http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/11/12/ayuntamiento-impulsa-16-actos-noviembre-lgtbi/0003_2014111415797761519402.htm que están ben!

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:27

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s