O tratamento da prostitución nos medios radiofónicos galegos

 

Castaño Gosende, Noelia-S1B1

radio

Imaxe recuperada de Pexels

 

Unha boa maneira de poder chegar á sociedade sen prexuízos e rachando cos tópicos  ou estereotipos sobre a prostitución, é dándolle un lugar nos medios de comunicación. A gran maioría das veces este tema non é tratado axeitadamente ou mesmo nin sequera aparece nos medios. Galicia non é unha excepción, e pese a ser a quinta comunidade autónoma con máis prostitutas e locais de alterne   (non se nos esqueza o detalle de chamar “meretrices” ás mulleres), o grupo de prostitutas carece dun acceso axeitado aos medios.

Centrando o noso foco en torno aos medios radiofónicos, podemos observar que a presenza do tema da prostitución é escasa, sen importar se a radio é comunitaria ou comercial. Unha radio comunitaria é aquela  que promove a participación dos cidadáns e defende os seus intereses. Aquela que da voz e voto á sociedade. Sendo así, non se pode entender como ningunha das seis radios comunitarias galegas non tratan con maior frecuencia a prostitución nos seus programas, e máis cando Galicia se atopa na situación na que está no tema das prostitutas e locais de alterne.

Puxémonos en contacto mediante correos electrónicos coas radios comunitarias para tratar este problema. Cuac Fm comentounos que tratou unha vez o tema o ano pasado, no seu programa “Está a pasar”. Radio Filispim tamén pensa que é posible que os seus programas “En positivo” ou “Sin Fronteras” chegaran a tratar a prostitución, pero como vemos, non existe un verdadeiro tratamento do tema, un seguimento real, que permita ao grupo de atención social prioritaria, como son as prostitutas, acceder aos medios e ver reflectidos os seus problemas neles.

cuacfilispim

Tendo en conta que as radios comunitarias non dependen da publicidade, da audiencia, ou do beneficio, teñen a oportunidade de tratar este tipo de temas e achegalos á sociedade, converténdose así nunha ponte para chegar á xente sen prexuízos. É o labor das radios comunitarias, xa que os grandes medios de comunicación, movidos polo capital e outros intereses,  non queren ensinar a realidade e o contexto. As radios comunitarias teñen nas súas mans ser as que dean voz e voto a estas mulleres e rompan cos estereotipos que van consigo.

Na Radio Galega e o tratamento que fai da prostitución é algo máis amplo do que fan actualmente as radios comunitarias galegas. A Dirección de Proxección Social da CRTVG comunicounos que si trataron o tema algunha vez, cando sae nos informativos, como unha noticia puntual ou debatendo con distintos grupos implicados. Aínda así, é un medio cunha gran importancia para a comunidade galega e o tacto e a maneira coa que comunican estes temas é clave pola influencia que exercen nos oíntes. Facer un completo seguimento e darlle acceso a os medios para comunicarse sería un bo punto para comezar a integrar dunha forma real a este sector.

crtvg

No seu programa “A Crónica” , que eles mesmos definen como “espazo informativo en que teñen cabida as noticias máis importantes do día na súa integridade, cos seus antecedes e precedentes e, sobre todo, en clave de análise”, é un momento realmente importante para poder enfocar desde a tolerancia, o respecto e a proximidade un tema da actualidade galega como é a prostitución. Para lograr estes obxectivos a  Federación de Sindicatos de Periodistas editou o  manual con recomendacións para un correcto  tratamento da prostitución nos medios. Débese ter presente en cada momento e que nos pode permitir abrir o espectro cara non só as prostitutas, senón tamén cara outros grupos de atención social prioritaria que carecen de acceso aos medios.

Os medios de comunicación teñen nas súas mans posibilidade de cambiar a mente da sociedade. Son os instrumentos que irán guiando xunto coa educación diaria do entorno os que formarán ás futuras xeracións, as que teñen a opción de vivir nun estado antipatriarcal. Facer ver que a vulnerabilidade, marxinación e pobreza son os motivos que levan á prostitución, que está a existir e que debemos facer un seguimento profundo e real para rematar co problema de raíz. Por iso mesmo, é misión dos medios de comunicación desfacer os estereotipos, crear conciencia e integrar aos grupos máis vulnerables na sociedade mediante as súas palabras e feitos.

 

Referencias:

Amarc . ¿Que es una radio comunitaria? http://www.amarc.org/?q=es/node/131 [Consultado: 11 de abril do 2016]

Escuredo, A. (2013). As radios galegas exixen espazo. Sermos Galiza56http://www.sermosgaliza.gal/articulo/opinion/radios-libres-galegas-exixen-espazo/20131004115050019703.html [Consultado:11 abril do 2016]

Día: 11/04/16

Horario primeira revisión:

Primeira revisión editora: 21:15

Primeira revisión GBO: 22:30

Publicación denegada

Día: 12/04/16

Horario segunda revisión e publicación:

Segunda revisión editora: 14:40

Segunda revisión GBO: 16:00

Publicación:17:02

Advertisements

6 comentarios en “O tratamento da prostitución nos medios radiofónicos galegos

  1. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

    Comparto a túa visión Noelia. Os grupos marxinados non teñen nin voz nin voto á hora de facer público e en primeira persoa as súas propias experiencias e pensamentos. Parece coma se á sociedade non lles importase. No noso grupo estamos a tratar o tema de persoas con enfermidades mentais e os usuarios da asociación Andaina teñen a honra de contar cun espazo semanal en Radio Valga. Precisamos máis actitudes coma estas.

    Me parece interesante este artigo no que se fala da importancia dos medios de comunicación actuais e do coidado que deben ter á hora de tratar temas coma este coidando dende a linguaxe ata o grao de visibilización que lle dan ás víctimas.

    http://www.aboliciondelaprostitucion.org/pdf/doc_art2.pdf

    Quizáis debamos mirar ao outro lado do charco e aorender de programas comunitarios coma este que son premiados por dar voz a este colectivo e, en definitiva, cumplir o seu cometido.

    http://tiempoargentino.com/nota/137910/premian-un-programa-radial-sobre-prostitucion

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      En temas polémicos ou delicados hai que tratar con coidado todas as palabras que empregamos para non ofender a ninguén, e as recomendacións do manual de “El tratamiento de la prostitución y la trata con fines de explotación sexual en los medios de comunicación” son moi acertadas.
      A importancia do coidado no vocabulario dos medios de comunicación é importantísima, como xa vimos indicando nos post anteriores, pois son os que achegan a información á sociedade. A ONU defende a sensibilización pública para previr a trata sexual e a explotación sexual e pon como exemplo a o Departamento de Igualdade de Xénero do Ministerio de Integración e Igualdade de Xénero do goberno sueco, que imparte educación sobre trata de persoas a parlamentarios, representantes do goberno, xornalistas, organizacións non gobernamentais e estudantes. Este departamento ten tamén programas educativos para profesores e alumnos de centros de ensino secundario nos que proxecta películas contra a trata. O material educativo versa sobre a trata de persoas, a violencia contra as mulleres e as nenas, a pornografía e a prostitución.
      http://www.endvawnow.org/es/articles/576-sensibilizacion-publica-para-prevenir-la-trata-sexual-y-la-explotacion-sexual.html

      revisión GBO: 22:00 20/04/2016
      publicación: 10:40 21/04/2016

      Gústame

  2. Rivas Pérez, Ramón. S3B2.

    Totalmente de acordo, Noelia. O problema da escasa visibilidade, en moitos casos completamente ausente, afecta gravemente aos colectivos minoritarios que se atopan en Galicia. Os inmigrantes, por exemplo, constitúen un deses grupos minoritarios. De feito, xa hai máis de 80.000 persoas que inmigraron a Galicia empadronadas na Comunidade Autónoma (http://xuntos.galiciadigital.com/noticia/3247), pero carecen dunha voz coa que transmitir as súas queixas. Prostitutas, inmigrantes, xente sen fogar, persoas con necesidades especiais e demais colectivos minoritarios teñen en común que o xornalismo pasa completamente deles. O xornalismo falloulles. Iso, no século XXI, nunha sociedade desenvolvida como a nosa, non debería estar sucedendo. Hai que facer algo xa para cambiar de dirección.

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      Por suposto que afecta aos colectivos minoritarios, e precisamente por iso quixemos traballar este tema. Consideramos que como xornalistas que seremos nun futuro temos nas nosas mans mudar a visión tan atrasada de moita xente sobre temas que evolucionaron moito e mantéñense en evolución. Rematar con estereotipos, prexuízos e certos valores é deber do xornalismo. Por iso mesmo, desde os máis pequenos medios, como son as radios comunitarias, hai que darlle visibilidade a tódolos colectivos para comezar pouco a pouco a crear conciencia na sociedade. Posme como exemplo a inmigración, pero non está ao mesmo nivel que a prostitución. Os medios de información non teñen connotacións tan negativas cara os inmigrantes, como podemos ver na noticia que che deixo de El Faro de Vigo, na que mesmo admiten a necesidade dos inmigrantes para poder un nivel de natalidade equilibrado nun futuro. http://www.farodevigo.es/galicia/2016/03/16/galicia-necesitara-20000-inmigrantes-ano/1423805.html

      revisión GBO: 22:00 20/04/2016
      publicación: 10:40 21/04/2016

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s