Que hai detrás das noticias?

 

Imaxe: Óscar Yescas Domínguez

 

Por Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

Comezas a ler na prensa noticias sobre que diminúe a pobreza, que  diminúe o paro e logo saes a rúa e en moitas ocasións non che coincide o que acabas ler nunha noticia coa realidade, por iso esta análise de como é a presentación dos feitos nos medios. Aínda que os cambios son lentos, se son tan importantes como din deberíanse xa ver e notar na vida cotiá.

Na maioría dos casos, les noticias sobre a pobreza e o único que ves son números que no fondo non che din nada. Cando camiñas polas rúas e ves a xente pedindo, pregúntaste que está pasando? Porque esas persoas teñen que durmir, sentarse durante horas para que alguén lle compre un bocadillo ou lle dea un euro para unha botella de auga. Vendo na prensa artigos como co titular “El riesgo de pobreza descendió en la capital durante la crisis”, esta vez centrado na capital Ourensá, pero que podería ser comparable ao que acontece en moitas cidades, tanto en Galiza coma no resto de España. Les números, ves as axudas que reciben, como é a desigualdade salarial que non é tal e outros moitos datos. Sen embargo, esta é a realidade? Ou máis ben, que pretenden comparando unha cidade con outras, poñer a que máis ricos teña por encima da que ten máis pobreza? Isto quizais se está xuntando a que os políticos están deixando de lado aos que menos teñen e axudando aos que xa están acomodados. Nun xornal non deberías dar a entender isto, porque como xornalistas non se pode tomar unha posición desfavorecendo aos que xa non teñen voz nesta sociedade, e que eles mesmos, afirmado por persoas que están nesta situación, ven na prensa un inimigo e non un amigo. A eles gustaríalles que un xornal mostrase o que viven, todo o que teñen que facer día a día para sobrevivir, contar o que é durmir unha noite da rúa, e poder expresar o que senten.

Cando ves que os gobernos tratan de facer algo, como parece ser que están tratando de facer en Santiago, segundo esta noticia recente, parece que tarde se decatan do problema. Porque estas axudas e refuxios que solicitan a UE xa os deberían buscar nun principio cando se empezou a mostrar a España como un dos países con máis pobreza. O problema desta noticia é que están falando sobre supostos que aínda non son seguros nin se fixo nada para lograr eses obxectivos, pero claro, como están os políticos facendo algo para axudar aos pobres e reintegralos a sociedade hai que ensinalo ao público, pero, cando se mostra o traballo que fan moitas asociacións? E xa non falemos de Cáritas ou Cruz Vermella, senón asociacións pequenas, que levan moitos anos traballando e axudando a numerosas familias e, case nunca, sae o seu nome na prensa, nin sequera son recoñecidas as súas labores. Poderíamos estar a falar da Asociación San Vicente de Santiago como afirmou un dos membros do noso círculo de aprendizaxe, que sempre organizan en Nadal actividades e só saen as de Cáritas ou polo verán teñen un comedor social infantil, e iso xa nin se di. E o mesmo poderiamos dicir desta noticia que vai en relación a anterior, de feito foi publicada ao día seguinte, e sae a relucir o debate e as críticas que se fan entre os políticos, que son de nenos pequenos e que non nos interesan como lectores do xornal que se tiren dos pelos e non fagan nada en realidade. É preferible ler unha noticia sobre un político falando de como foi o seu encontro cunha persoa que se encontra en malas condicións e que pode facer, ou está facendo, para que esa e outras moitas persoas poidan saír da situación na que están metidos. Pero é máis cómodo para xornalistas e políticos asistir a un Congreso onde uns se insultan e desprestixian o traballo dos outros, iso quizais sexa máis divertido e entretido para eles, pero o que se trata no traballo do xornalista e estar nos lugares onde ninguén está, e non quedarse onde todo o mundo o pode ver. O exemplo que se debería seguir é o que se mostra na película “La sombra del poder” na que os xornalistas queren chegar ata o fondo da cuestión e recorren a tódalas fontes posibles e non se conforman co que lle din nun principio, e buscan máis e máis arriscando todo por chegar a verdade. Sempre está ben saber as medidas que se toman,  por suposto, para acabar coa pobreza, pero cando estas estean levadas a cabo e non proxectos que despois nin se cumpren.

 

REFERENCIAS

Redacción Santiago La Voz. (2016). Santiago busca el apoyo de la UE a su plan de lucha contra la pobreza con iniciativas verdes. Consultado o 7/04/2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/29/santiago-busca-apoyo-ue-plan-lucha-contra-pobreza-iniciativas-verdes/0003_201603S29C2991.htm

Redacción Santiago La Voz. (2016). El pleno respalda el proyecto contra la pobreza que optará a ayudas de la UE. Consultado o 7/04/2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/30/pleno-respalda-proyecto-contra-pobreza-optara-ayudas-ue/0003_201603S30C4994.htm

Capelán Brais. (2016). El riesgo de pobreza descendió en la capital durante la crisis. Consultado o 7/04/2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2015/11/06/riesgo-pobreza-descendio-capital-durante-crisis/0003_201511O6C1992.htm

S2D. (2016). [S2D] Debate 1: pobreza e precariedade. Consultado o 7/04/2016, de Observatorio Cidadán de Comunicación Sitio web: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/

Revisión do editor: 07/04/2016 ás 11:48

Revisión GBO: 07/04/2016 ás 11:55 e segunda revisión 12/04/2016 ás 11:18

Publicación: 12/04/2016 ás 10:55

Advertisements

11 comentarios en “Que hai detrás das noticias?

  1. Pombo Silva, Cristina – S3E1

    Para empezar, gustaríame felicitarte polo teu artigo, paréceme un tema moi interesante e actual. Na prensa se escoita cantos parados menos hai ou cantas persoas encontraron traballo nas últimas semanas.

    É certo que esta noticia é positiva, xa que hai mais persoas traballando, e ganando diñeiro para poder vivir dunha mellor maneira. Porén, nas noticias non aparece reflexado en que condicións traballa esas persoas, se os contratos son indefinidos ou temporais, e no caso de ser do último grupo, que por desgraza a maioría o son, ¿de canto tempo estamos falando? Existen moitos problemas hoxe en día, pero o económico afecta a toda a sociedade e dunha forma dura. Exemplo recente do Faro de Vigo ( http://www.farodevigo.es/economia/2016/03/02/galicia-registro-febrero-1179-parados/1415245.html ).

    “Os pobres son cada vez mais pobres, e os ricos cada vez mais ricos”, por desgraza parece ser que isto asomase máis a realidade que o que nos fan ver os medios, onde publican noticias que non é que sexan mentira, senón que non contan toda a verdade, e os datos quedan a medias. O Partido Popular, nos últimos cuadrimestre do 2015 aproveitaron a mellora económica para engadirse medallas e presumir de que “España mellora economicamente”, pero esa publicidade que fai o partido e tamén algúns medios, non a podemos crer, xa que ¿poderíamos estar peor do que estivemos? A prensa esquece, e a súa vez, nós.

    Ademais, en moitos medios aparecen sinaladas a Xunta ou o Goberno, que lle deu axudas económicas ás asociacións, pero estes “acontecementos” ocorren moi de vez en cando, pero sempre se exaltan mais para que quede claro que o Estado si axuda ós pobres. Porén, como ti ben dis, algunhas das asociacións que más fan polo pobo, non teñen o seu recoñecemento público, así como as persoas que levan a cabo este labor. É verdade que Cáritas e Cruz Roja son dúas das mais importantes en España, e fan moito por esas persoas, pero en cada cidade encontramos organizacións pequenas dispostas a axudar ao cidadán máis necesitado.

    Sen embargo, este tema corre da nosa conta, dos xornalistas, a crítica construtiva debe ir dirixida aos medios e a súa vez aos xornalistas. Estes deben ter en conta a todas as persoas da sociedade, as pequenas organizacións que axudan nun entorno pequeno, pero fan un ben común, estes merecen o recoñecemento social pola nosa parte.

    Ademais disto, temos que loitar xa como cidadáns para que non se pechen os centros de día ou comedores sociais que axudan a tantas persoas día tras día, en moitos casos, detrás dun comedor social aberto esta a loita dunha organización ou dun número de persoas que apoiaron a iniciativa de mantelos abertos. Por desgraza algunhas organizacións no o ven da mesma maneira e aprisionan para que se pechen estes: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/galiza/anpas-galegas-apertura-comedores-pobres/20140703184607028837.html .

    Para concluír soamente engadir que deberemos ter uns medios máis comprometidos nun futuro e así crear unha conciencia social que vaia máis ala do que hoxe en día o consideramos. Ademais dunha información verdadeira e veraz, que son dous artigos complementarios, que se únense para informar da mellor maneira posible.

    – Revisión do editor: 12/04/2016 16:07
    – Revisión do coordinador: 12/04/2016 16:19
    – Publicación: 12/04/2016 16:50

    Gústame

    1. Cortizo SAlgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polas felicitacións. Con este artigo quería facer unha crítica construtiva e destacar o que estamos a facer mal como futuros xornalistas e sobre todo mostrar como nos enganan e nos deixamos enganar.
      É certo que Cáritas e Cruz Vermella fan unha labor boa, pero tamén están mellor vistas e isto axúdaas para poder traballar mellor e nun rango máis amplo. É moito máis complicado, para a asociación que mencionei, a cal pertence un dos membros do círculo, que ven como o seu traballo non é igual valorado. Isto fai que se sintan peor, sen embargo, seguen adiante, axudando cada vez a máis familias. Convídote a ler a interpretación do noso primeiro círculo na cal podes atopar as queixas que se deron sobre isto, e outros moitos datos que se aportaron e noticias tamén.
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/

      Falando das axudas que se reciben, moitas veces son escasas e non proveñen do goberno que debería ser quen máis tiña que estar implicado no tema. Polo momento, hai numerosas asociacións que se manteñen polo apoio que collen por fóra, das persoas solidarias. Ou cando acontecen cousas como esta
      http://www.estrategiasdeinversion.com/invertir-corto/analisis/banco-santander-destina-400-000-euros-ayudas-para-proyectos-ong-312717 Cando un banco decide facer estas aportacións a ONG’s.

      Referíndome a noticia que deixaches dos comedores sociais, tamén saiu no noso primeiro debate. Os rapaces sempre acaban sendo uns dos máis perxudicados, con leis de educación, de traballo porque se lle afecta a economía dos pais afectaralle a eles, e así poderíamos dicir máis. Deste xeito, aclarar que hai lugares que se dispoñen a abrir comedores sociais para os cativos cando non estean no período escolar. Tamén, aludir a como son tratados estas persoas cando na noticia di que a anpa oponse a abrir os “comedores para pobres”. Tratar como pobres así a lixeira oféndeos, e isto é dito por dúas persoas que viven en situación extrema de durmir na rúa e so vivir con pequenas chapuzas que fan. Non se ven ben tratados e cada vez peor, en lugar de ir cara adiante imos cara atrás e en lugar de tratar de axudalos, despreciámolos.

      Revisión da coordinadora: 14/04/2016 ás 19:57
      Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

      Gústame

  2. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Tal e coma dis, os medios de comunicación nun alarde de comodidade e falta de rigor periodistico, prefiren amosarnos os feitos sen reparar nas causas e as consecuencias deses acontecementos. Non e nada novo que un dous principais complices do mal facer dá clase politica sexan os propios medios de comunicación. Non obstante, durante estes días levo reflexionando sobre unha teoría do autor Aldous Huxley que en definitiva ben a dicir que as sociedades acabará arruinandose por aquelo que máis lles gusta e máis lle leva a desinhibirse do que acontece ao seu rededor. E creo que ten toda a razón. Non relativo aos medios de comunicación, atopámonos ante unha situación na cal nadamos ante un mar de irrelevancia que acaba por desvincularnos dá realidade que temos diante dos nosos ollos. As redes sociais, as noticias sensacionalistas, os debátes televisivos e mesmo a publicidade envólvennos nun circulo non cal cremos estar plenamente informados. Estamos distraidos e acomodados nunha realidade que dista moito do que realmente acontece á volta dá esquina. E parece ser que isto, engloba tamen aos comunicadores en favor daqueles que pretenden ocultar a verdade. Por se a alguen lle interesa, deixo adxunto ou libro de Huxley “Un mundo feliz” non cal abonda na teoría de que aquelo que máis gústanos será aquelo que acabe por destruírnos. http://fil.mty.itesm.mx/sites/fil.mty.itesm.mx/files/ebooks/un_mundo_feliz-Aldus_Huxley.pdf

    Data de emisión do comentario: 12/04/2016- 13:35
    Data de revisión do GBO: 12/04/2016- 14:56
    Data de publicación do comentario: 12/04/2016- 16:56

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polo comentario. Como ben dis o periodismo estase quedando demasiado no cómodo, no que todo o mundo xa sabe e por unha parte quere ver. Nunca afondan nos temas, ou simplemente quédanse na parte que máis lle interesa. É sinxelo falar da pobreza neste caso, porque son persoas que moitas veces molestan nos caixeiros, ou que fan as súas necesidades na rúa, pero, que pasa co que eles teñen que vivir? Ninguén se pon do lado deles? Habería que pensar como nos senteriamos se o día de mañá temos que vivir na rúa, pedir cartos para comprar unha barra de pan, facer as nosas necesidades onde calquera nos poida ver, e todas as demais dificultades que atopan estas persoas cada día. É moi fácil ler unha noticia como esta, por exemplo:
      http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/indignacion-vecinal-orinar-indigente-medio-procesion-jueves/idEdicion-2016-03-25/idNoticia-987937/ . Todo o mundo mostra as súas queixas polo que fai, de feito queda el como a persoa mala e que está facendo dano cando é a persoa que non ten outro lugar para orinar e está facendo o que nos facemos na nosa casa, pero el na súa: a rúa.
      Convídote a ler o noso debate: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/ Contamos con dous afectados, e moitas das súas críticas axudaranche a ver como eles se senten respecto aos medios de comunicación.

      Revisión da coordinadora: 14/04/2016 ás 20:03
      Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

      Gústame

  3. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

    O que comentas neste artigo, Noelia, creo que é unha das maiores carencias do xornalismo actual. Falamos de cifras e para os de enriba, en lugar de falar de realidades e para todos. Victor Lapuente Giné explicaba neste artigo http://elpais.com/elpais/2014/04/25/opinion/1398439742_940322.html este tipo de xornalismo tan criticado ó que denomina “o xornalista-sacerdote”. Nomea ademáis doutros tipos de xornalismo e como varía a profesión e a labor en diferentes países, algo que nos pode axudar a abrir os ollos e entender mellor a situación do xornalismo aquí en España.

    Falabamos xusto hoxe na clase de “comunicación comunitaria e interpersonal” da veracidade e do rol do xornalista como mediador. Pareceme que moitas veces este rol que nós temos vese moi afectado polo poder político e económico e acabamos dando voz xa non a unha parte dos protagonistas senon a unha parte das historias. Moitas noticias como comentades no círculo de aprendizaxe quedan sen ver a luz e son eclipsadas por estadísticas que habitualmente non vemos reflictidas na sociedade.

    Creo que levamos lendo nos medios xa varios anos que a situación está a mellorar pero como comentas, a mellora non é tan visible cando imos pola rúa.

    O xornalismo non debe dar voz só o poder senon que debe cumprir unha importante función como ferramenta comunitaria tratando e denunciando temas que afecten ós cidadáns e ós colectivos minoritarios.

    A FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España) expón no código deontolóxico do xornalista http://fape.es/home/codigo-deontologico/ , artigo 4.a, que o xornalista debe guiarse polo interese público e máis adiante condena a dependencia e a publicación de materiais “deformados” como ben podería ser esta falsa realidade númerico-estadística que tanto uilizan os medios.

    Como xa comentaron, parece que queda atrás moitas veces o contexto (concepto que tamén se debatiu hoxe na clase), as causas e as consecuencias. Falar da guerra de siria sen nomear os intereses americáns é moi condicionante e leva a un sesgo importante e por ende, á desinformación. O descoñecemento, por exemplo, de certos comportamentos económicos e o resultado de políticas financieiras pode levar a ter unha idea equivocada sobre como resultarán certas medidas guvernamentais pero é traballo do xornalista explicar conceptos clave para entender as noticias e poder realizar un xuízo crítico sobre as informacións. O xornalista non debe só, polo tanto, dar unha noticia ou contar un feito, senon que debe axudar a que a sociedade o comprenda e poda entender as implicacións do ancontecemento.

    – Revisión do editor: 14/04/2016 09:22
    – Revisión do GBO: 14/04/2016 09:34
    – Publicación: 14/04/2016 10:05

    Gústame

    1. Cortizo Sagueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polo comentario. A crítica que fai Victor Lapuente Giné é totalmente acertada. Os xornalistas están sendo sacerdotes e non detectives, cando debería ser ao revés. Como viamos nunha clase a película “La Sombra del poder”, hai que ir de abaixo para arriba e non estar coaccionados polo que nos marcan os de arriba. Ir ata o fondo da cuestión debería ser o noso obxectivo. Sempre estamos pendentes dos que están ben situados na sociedade e non damos voz a aqueles que non a teñen, e que tamén posúen o dereito de falar e expresar o que senten.

      Tratando o tema que saíu na clase estos días, como mencionaches, dos medios comunitarios, estes son os que dan voz a sociedade. Son colectivos e accesibles, de xeito que son as propias persoas as que toman as decisións sobre os mesmos. Isto axuda a que nas noticias se afonden nas problemáticas, que haxa un contexto máis amplo, e que non se queden na superficialidade e no morbo, que é o que moitas veces acontece. O rol do xornalista debería estar en concienciar a sociedade, en ir máis alá de dar unha mera información, sempre tratando de ser o máximo obxectivo posible. A través dos xornalistas e de como publican pódese concienciar máis a sociedade e isto é importante.

      Revisión da coordinadora: 16/04/2016 ás 15:00
      Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

      Gústame

  4. Parada Vila, Laura – S3B1
    Ola Noelia
    Totalmente de acordo contigo. Os medios de comunicación non teñen en conta como fontes de primeira man a estes colectivos máis débiles. Ao igual que ocurre co colectivo dos inmigrantes, as persoas que viven na rúa parecen ser invisibles para os xornalistas e como dis ti tamén as asociacións. No noso círculo de lectura, un dos membros, Guillermo, tamén criticou a pouca cobertura que os medios ofrecen a estas asociacións. No caso de Guillermo, presidente da asociación Ecodesarrollo de Gaia (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/06/i-circulo-de-debate-migracion/) afirmaba que durante meses déronlle asilo a máis de cen senegaleses, pero que a prensa en ningún momento se puxo en contacto con eles.

    No que importa nestes casos e ensalzar as accións de mellora dos gobernos, que na práctica nunca conseguen nada, como nesta noticia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/03/23/ourense-estrena-programa-caixa-reducir-pobreza-infantil/0003_201603O23C3991.htm) na que se fala de establecer un plan de acción para reducir a pobreza infantil. Pero esta noticia sae publicada non polo seu obxectivo de mellorar a situación de miles de nenos, se non porque ese acordo faise cunha entidade bancaria importante e desta maneira dáselle publicidade.

    Esperemos que o xornalismo non se convirta en publicidade barata para certas empresas ou asociacións e empeza a mostrarnos a auténtica realidade.

    Revisión do editor: 15/04/2016 16:10
    Revisión do coordinador: 15/04/2016 16: 13

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polo comentario. Pois si, o voso círculo trata moitos dos aspectos comparables ao noso (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/ ) e os grupos cos que traballamos semellan ver o mesmo trato por parte da prensa. É algo incomprensible, posto que deberían ser tratados como iguais, e a sociedade, xunto cos medios de comunicación axudarlles e non porlle trabas que é o que están facendo diariamente. A prensa está actuando en favor das persoas ou empresas importantes na sociedade cando debería exercer a función de medio comunitario, tema tratado nas aulas, no que todo o mundo teña acceso, e non todo o contrario.
      A noticia que mencionaches vese claramente que o interese que tiñan é darlle importancia a quen emitiu a axuda para que todo o mundo tivese acceso á educación, pero, para que fose unha noticia relevante para a sociedade deberíaselle dar voz a eses rapaces que foron, supostamente, axudados e que contasen como recibiron as axudas, se tiveron trabas, se eran para todos iguais, que condicións tiñan, de que lle serviu e no caso se están agradecidos ou non. Porque todo isto é o que non sae.

      Revisión do editor: 18/04/2016 ás 11:26
      Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 20:40

      Gústame

  5. Fontela Alvelo, Lara. S2A2.

    Estou totalmente de acordo contigo Noelia. Ademais de que debería felicitarte polo post, e un tema que nos afecta moito e que está moi de actualidade.
    Esta noticia ten un aspecto positivo xa que actualmente hai máis persoas que teñen postos de traballos pero…en que condicións traballan? Na maioría dos casos iso non está reflexado en ningún lugar. Falamos de cifras que non nos levan a ningunha parte, só a facer mal o traballo como xornalistas. A día de hoxe temos unha carencia moi grande nese sentido. Deberíamos mencionar as causas e as cousecuencias sempre e non deixalas nun segundo plano.
    O que non debería facer o goberno como fixo o ano anterior é aproveitarse de que melloramos “económicamente” e aplaudirse de que están a conseguir cousas que realmente non son certas. Ahí é onde os xornalistas deberíamos actuar.

    Un saúdo.

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas polo comentario. O tema das condicións de traballo tamén foi tratado no noso último debate. As condicións son penosas, e os contratos teñen unhas condicións penosas. [ https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/ ]. Eles aceptan os traballos por poder ter algo co que sustentarse. Todo isto é ocultado polo medios, sae que diminúe o desemprego, pero non sae porque. En moitas ocasións tamén é porque van traballar fóra, xa que aquí non atopan nada. Os medios deixaron a súa labor de informativos e educadores, por ser manipuladores e só comunicadores daqueles que teñen certo interese para eles e non para os cidadáns.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:46
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s