Xornalismo anti-social

Ilustración: J.R. Mora 

por García Vegas, Cintia [S2D2]

Nun contexto social no que asemella que todo o mundo sabe de todo-aínda que isto esté moi lonxe da realidade- o xornalismo cada vez sabe máis de nada. Atrás quedaron aqueles nos que grandes reportaxes de investigación ocupaban páxinas nos xornais, nos que informacións completas, contextualizadas e contrastadas cubrían as portadas das publicacións. Nas que a  vida da cidadanía tiña voz e voto. Benvidos ó xornalismo anti-social.

Fai uns días tiven oportunidade de ver State of Play (Kevin McDonald, 2009), onde Call McAffrey (interpretado por Russel Crowe) e Della Frye (Rachel McAdams)  xogaban coa clara contraposición entre o novo xornalismo e o xornalismo de fai uns anos: A quietude e comodidade  do novo xornalismo de blog e cuchicheos cuxo fin é a remuneración económica e o xornalismo de investigación, de contacto directo coas fontes.

 [Click aquí para el trailer]

Isto non é posible, pensei, non é posible que o xornalismo chegase a isto, pero tras reflexionar sobre o último círculo de debate que realicei co meu grupo decateime de que me atopaba ante o puro prezo da verdade. Hoxe en día o xornalismo está sublevado ó mercado e os grandes poderes políticos; a información rápida e que non leve moitos crebadeiros de cabeza. Se é veraz ben, senón tamén. Xa non importan as pequenas historias dos cidadáns, as cales quedan invisibilizadas, agora importan os grandes logros das altas esferas.

A propósito disto, a principios de mes o diario La Voz de Galicia publicaba esta noticia sobre os plans do concello santiagués para combatir a pobreza e a precariedade. Pero, ¿onde está a voz dos afectados? ¿Cómo pode saber o lector o que verdaderamente ocurre día tras día se a única visión que se mostra é a actividade dos grupos políticos? Outro exemplo evidente ven da man desta noticia, publicada polo mesmo xornal en marzo baixo o título “Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos  y comerciantes de Santiago”, na que o importante non é a situación das persoas sen recursos e as posibles solucións, senón a interrupción dunha procesión de Semana Santa.  Por non falar xa das distintas denominacións- a cada cal peor- que se empregan para facer referencia a todas aquelas persoas que se atopan nunha situación de pobreza, precariedade ou exclusión social. “Indigentes”, “pés negros”, “pobres”, “cochambre”… Persoas, son persoas.

Dicía Gilbert Keith Chesterton alá a finais do século XIX que “o xornalismo consiste esenciamente en dicir que Lord Jones está morto a xente que non sabía que Lord Jones estaba vivo”.  Esta noticia, é a representación gráfica da frase do escritor británico: a sociedade entérase de que existe xente quitándose a vida pola situación tan dura que están a vivir, pero non é informada desa situación con anterioridade para poder facer algo. Vemos, por tanto, como á falta de investigación por parte do xornalista e a descontextualización das informacións (comentadas anteriormente) súmaselle a non existencia dunha persoa que defenda os dereitos da cidadanía no medio. E si existe, é a voz dalgún colaborador silenciado que ve como a única forma de defender tales dereitos é a través dun artigo de opinión publicado nunhas liñas das últimas páxinas dun xornal.

Xa basta.

É momento de deixar atrás os intereses, as estigmatizacións, os estereotipos e as clasificacións e loitar por un xornalismo que cumpra co seu obxectivo principal: a labor social. Non olvidemos quen somos e, moito menos, cal é a nosa función.

#Contralapobreza https://www.youtube.com/watch?v=Hp5BSbk4lM0

Revisión do editor: 11/04/2016 ás 1:44

Revisión GBO: 10/04/2016 ás 23:25

Publicación: 12/04/2016 ás 19:29


Referencias:

EAPN ES (2013, octubre). #Contralapobreza [vídeo]. En Youtube.com. Recuperado de  https://www.youtube.com/watch?v=Hp5BSbk4lM0

EFE. (2015). Alarmante aumento de los suicidios en Galicia por la crisis económica. 3 marzo 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/03/11/alarmante-aumento-suicidios-galicia-crisis-economica/00031426098959307199858.htm

Melchor, Xurxo. 2015. “La tractorada provoca otro caos de tráfico, aunque menor”. Recuperado o 4 de abril de lavozdegalicia.es    

Redacción Santiago La Voz. (2016). Santiago busca el apoyo de la UE a su plan de lucha contra la pobreza con iniciativas verdes . Recuperado o 31 abril 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/29/santiago-busca-apoyo-ue-plan-lucha-contra-pobreza-iniciativas-verdes/0003_201603S29C2991.htm

Redacción Santiago La Voz. (2016). Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago. Recuperado o 9 abril 2016, de La Voz de Galicia Sitio Web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm  

S2D. (01 de abril de 2016). Círculo I: Pobreza e Precariedade. Observatorio de Comunicación. Recuperado de: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/

Youtube, (2009). La Sombra del Poder (State of play) Trailer Español HD. : https://www.youtube.com/watch?v=iTzyDVi2JTQ&nohtml5=False  [Recuperado el 9 abril 2016].

Advertisements

12 comentarios en “Xornalismo anti-social

  1. Ola, Cintia. Paréceme realerente axeitada a túa reflexión acerca da crise, que indudablemente, o xornalismo está padecendo. É evidente que unha mestura de malas praxes xeneralizadas e dunha estructura económica e de financiación dos medios está tirando pola borda todo o traballo de dignificación da nosa profesión que, os anos e os grandes xornalistas, teñen labrado.
    Aínda así, gustaríame, que tivesemos en conta o idea da “honestidade propia do xornalista” como unha arma moi potente para lidiar, aínda que sexa en menor medida, con este mal que acabará rematando coa sociedade crítica e co mundo da información. Corre por conta, en moitas ocasións, por parte do xornalista o deber de informar con veracidade e lóxica para garantir o valor do noso traballo.
    Aínda que haxa que buscalas fóra, existen aínda numerosas cabeceiras, a maior parte delas online, que siguen apostando por un xornalismo de reflexión e que mostran o gran traballo que require ser digno da nosa profesión.
    Déixoche aquí algún enlace que pode que che guste acerca do que eu considero que é o “bo xornalismo de reflexión” que se está cociñando agora mesmo no noso país.

    http://elpaissemanal.elpais.com/documentos/europa-cierra-la-frontera/

    http://www.jotdown.es/2016/04/libros-leer-libros-pensar-libros-mirar/

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Ola Marina!

      Antes de nada, grazas polos links, non tivera oportunidade de ler esas reportaxes. Polo que vin, coincidimos na idea do que é realmente o xornalismo e de cal é a súa función. O caso das cabeceiras que me propós, ao igual que tantas outras que se poden consultar en liña, supoñen un ápice de esperanza para a nosa profesión. Parece que hai luz ó final do túnel. Nós, as novas xeracións, temos que loitar por un xornalismo real, independente e con carácter social; non podemos deixar que a nosa profesión se convirta nun mercado de información. Déixoche este link, para que xulgues por ti mesma se isto é xornalismo ou non: http://elpais.com/elpais/2016/04/13/estilo/1460538559_263935.html

      Revisión coordinadora: 14/04/2016 ás 20:20
      Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

      Gústame

  2. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Coincido coa tua reflexión a cerca dá situación que vive actualmente o xornalismo. Sen ir máis lonxe, non hai máis que votar unha ollada aos titulares dos principais medios de comunicación para decatarse de que as noticias son terxiversadas indiscriminadamente para satisfacer a un grupo de lectores que comparten unha mesma ideoloxia. O xornalismo serio non que impera ou sentido común parece estar acomodandose deixando de lado unha dás labores máis importantes dá procesión como é a busqueda en profundidade dá verdade. Non obstante, Cambiou moito ou xornalismo de hoxe con respecto ao de fai anos? Ainda quedan exemplos moi claros de xornalismo de calidade e creo firmemente que debemos desprendernos dá visión romantica do pasado; antes dá aparición dá internet e as redes sociais tamen había lixo non xornalismo. Exemplos como ou a Jot Down, ou Eldiario son probas de que se segue facendo unha boa labor non marco dá comunicación a pesar dá crise de identidade que podemos estar a sufrir hoxe. E digo crise de identidade porque creo que este é uns dous principais problemas do xornalismo. Internet e a inmediatez que este soporte require, fai aos xornalistas publicar contidos sedutores e moi dinamicos non menor tempo posible e por aí debería tentar evolucionar para converterse nunha fonte de información fiable e honesta co lector. http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/29/galicia/1322593250.html

    Data de emisión do comentario: 13/04/2016- 11:23
    Data de revisión do GBO: 13/04/2016- 14:58
    Data de publicación do comentario: 13/04/2016- 16:29

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Interesante reflexión a que fas sobre a existencia de lixo no xornalismo “antigo”. Estou totalmente de acordo contigo en que lixo sempre o houbo e sempre o haberá, pero o importante é saber identificalo e pouco a pouco botalo fóra dos medios de comunicación. É certo que coa chegada de Internet e das redes sociais a profesión ten que ir cambiando- “renovarse ou morrer”- pero non podemos esconder a realidade do xornalismo actual tras esa excusa. No artigo que me compartiches, Ignacio Ramonet apunta que “la extinción de los dinosaurios fue un drama pero sirvió para que surgiera un ecosistema nuevo y más rico”. Eu creo que co xornalismo pode pasar o mesmo, de feito está pasando, pero temos que eliminar deste novo ecosistema todos aqueles microorganismos prexudiciais. Os casos de cabeceiras como Jot Down ou o gran traballo do xornalismo de investigación que estamos vendo nos últimos días (os papeis de Panamá, por exemplo), non fan outra cousa que demostrar que o xornalismo sigue vivo, cambiando, pero vivo. Agora toca encamiñar ese cambio polo bo camiño e non perdernos no intento.

      Revisión da coordinadora: 14/04/2016 ás 20:24
      Revisión do editor: 17/04/2016 ás 1:24

      Liked by 1 person

  3. González Núñez, Ana – S2A6

    O xornalismo perdeu moito, perdeu a súa esencia de arma social. É certo que actualmente os medios de comunicacón serven ao poder político e aos seus intereses económicos. Este tema está moi ben tratado no primeiro debate do noso círculo:
    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/i-circulo-de-debate-manipulacion-nos-medios-de-comunicacion/#more-3775

    Desgraciadamente temos exemplos de noticias como a de La voz de Galicia, “Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago”, que o único que fan é crear odio hacia un sector da poboación. Os xornalistas deberían ter máis coidado á hora de utilizar a linguaxe. Se unha persoa pobre comete un delito, non é necesario poñer na noticia que os indixentes cometen delitos. É unha persoa. Nada ten que ver o seu delito con outras persoas que comparten a súa situación económica.

    Por outra banda, grazas a internet podemos darnos conta de moitas inxustizas presentes na sociedade e nos medios de comunicación tradicionais. Nacen blogs, coma este, que teñen o obxectivo de visibilizar problemas, de dar a coñecer as debilidades de moitos medios e de concienciar á poboación das dificultades de diferentes sectores. A continuación deixo o enlace dunha guía de estilo para xornalistas, para ofrecer unha información de calidade sobre a xente sen fogar. http://ec.europa.eu/spain/pdf/guia-estilo-periodistas-personas-sin-hogar_es.pdf

    É unha alegría saber que hai xente que se percata do problema e que loita por solucionalo.

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Ola Ana,
      Antes de nada, moitas grazas pola túa achega, esa guía de estilo é perfecta para o noso traballo.
      En canto ó exemplo que puñas con esa noticia da Voz de Galicia… é unha lástima que ese non sexa o único exemplo, a verdade e que día tras día vemos noticias así na prensa. Falta contextualización da información e sobran calificativos e clasificacións para tratar as persoas sen recursos.
      Outro dos problemas e que non só acontece con este colectivo, chega con ler os artigos dos nosos compañeiros para decatarse de que, lamentablemente, é o pan noso de cada día.
      Non podemos dicir que X persoa fai isto por vivir na rúa, ter unha enfermidade, etc. Unha cousa non ten por qué levar a outra e isto é algo que temos que ter moi presente á hora de realizar o noso traballo como xornalistas, porque senón tenderemos a estigmatizar e culpabilizar a todo un colectivo polas accións dunha única persoa.

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 19:17
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  4. Rivas Pérez, Ramón. S3B2

    Totalmente certo. A prensa española parece que, en lugar de comunicar sobre e para todos os grupos da sociedade, intenta ocultar os acontecementos e desgrazas máis importantes baixo a perspectiva das supostas fontes oficiais, cando estes individuos deberían ser aqueles que viven estes sucesos nas súas propias carnes en lugar dos que os observan desde a comodidade e seguridade dos seus estables fogares. A esta falta de interese e atención súmanse noticias como esta: http://politica.elpais.com/politica/2016/03/31/actualidad/1459411079_934334.html. Pregunto eu: cal é a importancia da nacionalidade do pobre rapaz? Aínda que sexa comprensible mencionar a idade do neno para impactar máis ao lector emocionalmente non hai ningunha excusa para incluir un dato totalmente innecesario como ese. Acaso é propio e exclusivo dos xoves rumanos xogar preto dos ríos? Este é un dos problemas a destacar no noso periodismo. Non só a destacar, senón tamén a denunciar e erradicar. Nin a nacionalidade nin a condición social e económica importan cando falamos, como ben se sinala nesta publicación, de seres humanos, de persoas.

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Ola Ramón,
      con respecto a noticia da que me falas, eu creo que o principal problema non é que se inclúa a nacionalidade, o problema é o tratamento que se faga desa información e os motivos que se teñen para incluila. Quero dicir, eu non teño problema en que se engada unha nacionalidade, considero que é unha información como a idade, o estado civil… en definitiva, unha información complementaria; o problema ben cando se fai uso desa característica para criminalizar ou acusar a un determinado colectivo. Creo que por unha banda é problema dos medios de comunicación, xa que eles fomentan en moitas ocasións o racismo, pero tamén creo que a sociedade ten que abrir os ollos e decatarse de que todos somos persoas. Falta comunicación interpersoal e tolerancia, en definitiva.

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 19:18
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  5. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
    Totalmente de acordo coa tua reflexión. O xornalismo está en crise, os medios de comunicación a pesar de ter un gran poder para cambiar as cousas a través da información e a concienciación, fan todo o contrario. Manipulan, non teñen en conta todas as voces, din o que queren que escoitemos, e o resultado e unha sociedade mal informada e polo tanto fácil de manipular. Isto tamén acrecenta os prexuizos e no tema que estudas aínda máis. A maneira que teñen os medios de falar sobre este colectivo, como ben mostras na noticia, é discriminatorio, non só que non os teñen en conta como fonte informativa senón que tamén os mencionan cunha gran indiferencia, como se non fosen o mesmo que nós, seres humanos cuns dereitos que desgraciadamente se vulneran.
    Afortunadamente hai excepcións. De feito, fai uns días puiden ler esta denigrante noticia no diario La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/16/quisieron-quemarnos-chavales-volvian-marcha/0003_201604G16P14991.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen. Como podes observar teñen en conta a testemuña dos afectados. A pesar de ser unha noticia na que queda constante que o odio e a discriminación están latentes no noso día a día, tamén demostra que é posible facer un xornalismo máis preto da verdade.

    Data de revisión do GBO: 18/4/16 21:00
    Data de publicación do comentario: 18/04/16 21:14

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Ola Cristina,
      alégrame moito ver noticias como a que me indicas, ó final parece que aínda quedan resquicios dun xornalismo real e comprometido coa sociedade.
      Estou dacordo co que dis de que o que buscan é unha sociedade desinformada e fácil de manipular. Ocultan os problemas e mostran simplemente o que lles interesa, a versión que lles convén. Pero isto ten que cambiar, non podemos seguir nun mundo no que a xente sen recursos ou nunha situación de precariedade non son tratados máis que coma datos dunha enquisa, como cifras dentro dun texto. A sociedade somos todos e cada un ten os seus problemas. É hora de darlles voz e comezar a solucionalos.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:00
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  6. Moi acertada a túa reflexión Cintia. Para que imos publicar casos de denuncia social que afectan e preocupan á población se podemos publicar calquera noticia irrelevante sobre “as altas esferas”? Dende que estourou a crise parece coma se os medios venderan a súa alma ao mellor postor, sen importarlles o máis mínimo os valores da sociedade e os intereses da mesma.
    Un dos males que afectan ao xornalismo na actualidade, e como ben recolles no teu artigo, é a falta de contextualización das noticias, peza indispensable na elaboración dunha boa peza xornalística. Os medios hoxe en día non profundizan nas raíces do acontecemento, dedícanse a nombralo por enriba e a dar voz ás instituciones. Iso non é periodismo. O periodismo ten as súas raíces na sociedade, e ten que configurarse como ferramenta de reivindicación social, non como unha ferramenta de propaganda dos “altas esferas”. E na na nosa man está mudar esta situación. Deixoche o discurso de Pepa Bueno, galardonada na XXVII edición do Premio de Xornalismo Europeo “Francisco Cerecedo”, no que fai unha acertada referencia ás raíces da nosa profesión: “… a esencia do noso traballo segue sendo a mesma e imprecindible… Estar onde ocorren as cousas, falar con todos os que teñan algo que dicir e contalo todo con honestidade… e iso só saben facelo os xornalistas.” Enlace completo aquí: http://www.apeuropeos.org/una-de-nuestras-tareas-es-consolidar-un-modelo-de-television-publica-en-el-que-a-la-calidad-se-sume-la-confianza-de-los-ciudadanos-pepa-bueno/
    Un saúdo Cintia.

    Revisión do coordinador: 23:07
    Revisión do editor: 23:19
    Publicación: 23:24

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Antes de nada, grazas polo enlace ó discurso!
      Eu creo que o principal problema hoxe en día reside nesa predisposición dos medios a incluir todas aquelas noticias que “venden” ou que falan das “altas esferas”, coma ti dis, e olvidan o seu obxectivo: informar a sociedade dos problemas que a rodean.
      De nada serve ter uns medios de comunicación que se adican a “vender” e a funcionar en base ós poderes económicos e políticos, xa que entón o que temos é unha sociedade desinformada que coñece unha realidade inexistente.

      Revisión do editor: 22/04/2016 ás 12:00

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 17:27

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s