A prostitución a debate

Costa Iglesias, Nerea-S1B2

Imaxe recuperada de campaniaabolicionista.blogspot.com.es

Durante os diferentes artigos individuais do noso círculo púxose de manifesto que en moitos medios de comunicación as prostitutas eran tratadas na súa totalidade como vítimas da explotación das mafias. Isto abre un debate entre as mulleres que defenden o seu pleno dereito a ser traballadoras sexuais e as que cren que a prostitución sempre é forzada. Os medios fanse eco deste debate, aínda que moitas veces non da maneira máis acertada.

Nalgúns casos céntranse en apoiar unha postura ou outra, esquecéndose das persoas afectadas. Isto ocorre nos mellores casos, a maioría das veces non se informa sobre esta discusión. As mulleres que están a favor da legalización da prostitución quéixanse da pouca visibiliazación que teñen nos medios e na sociedade en xeral. Por exemplo nesta nova de La Voz de Galicia na que se fala dunha manifestación a prol dos dereitos das traballadoras sexuais, membros do colectivo Hetaria defenden que non toda a prostitución é trata. Neste xornal usan o feito para facer referencia tanxencialmente aos reclamos da principal asociación de prostitutas non forzadas de España.  Pola contra neste outro xornal galego aparece unha nova dedicada exclusivamente a difundir as reclamacións das traballadoras sexuais a través de Hetaria. Pódese apreciar as diferentes maneiras de informar sobre acontecementos parecidos e nos que ata se usa a mesma fonte. A postura ideolóxica do medio de comunicación con respecto da prostitución xoga un papel esencial á hora de informar.

Por outra banda están aquelas mulleres que opinan que en todo acto de prostitución hai coacción e que ningunha muller é prostituta por decisión propia, que aínda están máis marxinadas de cara ao acceso aos medios. As defensoras destas ideas, son abolicionistas e apoian a total ilegalización das actividades sexuais a cambio de diñeiro. Isto confróntase coas declaracións que a prostituta Montserrat Neira ofrece para Galicia Confidencial na que di que se sentiu vexada e insultada polas abolicionistas. 

A pesar de existir posturas tan enfrontadas poucas veces vemos este debate nos medios de comunicación, cando supón unha cuestión esencial á hora de tratar a prostitución. Cando aparece é por fin electoralistas e facendo unha politización do tema, non porque lle preocupe a situación de moitas mulleres controladas polas mafias. Exemplo disto son as diferentes novas que sairon nos xornais sobre a lei na que se penaliza aos clientes de prostitución, que acaba de aprobar a Asemblea Nacional de Francia. Por exemplo nesta nova titulada “Las prostitutas de Francia defienden a sus clientes”, na que aperece varias veces a palabra “puta”, so temos a versión das persoas en contra da lei e nigunha das que están a favor.  Refírense a prostitución como “el oficio más viejo del mundo ha sido, y  que sigue siendo, una parte del paisaje urbano en París,” unha expresión un tanto inadecuada á hora de falar dunha maioría de mulleres que son explotadas e que non poden ser comparadas cas árbores do paseo do Sena. Parece que se esquecen que detrás de tanta polémica hai persoas que sufren vexacións, violacións e asasinatos. Aínda así a cantidade de testimonios de mulleres que se declaran “traballadoras sexuais” supón un gran intento de desmontar tópicos. 

Os debates sobre a legalización ou abolición da prostitución deberían ser abordados polos medios de comunicación. Este é o primeiro paso para que chegue a administración e por fin rematar co limbo legal que hai en España que non beneficia a ninguén .

 

Referencias

“O consumo masivo de prostitución en España é un síntoma de que algo está fallando” – Praza Pública. (2015). Praza Pública. Retrieved 13 April 2016, from http://praza.gal/movementos-sociais/9080/o-consumo-masivo-de-9’prostitucion-en-espana-e-un-sintoma-de-que-algo-esta-fallando/

Beni, E. (2016). Importemos también dignidad. eldiario.es. Retrieved 13 April 2016, from http://www.eldiario.es/zonacritica/Importemos-dignidad_6_503659641.html

Horas de revisión e publicación:

Revisión editora: 19:00

Revisión GBO: 20:15

Hora publicación: 21:35

 

Advertisements

8 comentarios en “A prostitución a debate

  1. Boas Nerea. É de suma importancia facer referencia ó debate que abres nestas liñas. Estou totalmente de acordo en que se debería establecer dunha vez por todas a diferncia entre prostitución forzada e de motu propio, se así é. Unha ferramenta xusta para chegar a este punto de encontro sería que ambas as partes tiveran voz e voto nos medios de comunicación e se transmitise a verdade en canto ó tema.
    Ínvitote a que escoites este debate da Cadena Ser sobre o “porqué da prostitución” que me pareceu especialmente interesante e plural.

    http://cadenaser.com/programa/2015/07/22/hora_25/1437581367_391358.html

    Gústame

    1. Costa Iglesias, Nera S1B2
      Sen dúbida é necesario que os medios de comunicación se fagan eco do debate que está presente na sociedade e que non só afecta as prostitutas senon tamén aos seus clientes. O exemplo que puxeches deste dabte de Hora 25 é un bo exemplo de como os medios deben tratar o tema, con a pluralidade e a multiplicidade de voces. Desde unha prostituta que se pregunta por que as mulleres non pagan por sexo, ata unha feminista que afirma que “los hombres van de putas porque es una parte importante de la construcción de la masculinidad en la sociedad patriarcal.” Mágoa que se orixine este discusión a través dunha polémica polas palabras da alcaldesa de Madrid e non pola súa propia importancia.
      Todo o contrario podémolo ver neste debate del programa El Gato al Agua, (https://youtu.be/Qk4lOQwphBc) onde a prostitución é usada para atacar ou defender unha postura política. Non hai ningunha persoa experta, nin afectada, que poida falar con coñecemento sobre o tema. Só podemos escoitar a opinión persoal do tertulianos que están alí. A prostitución pasa a un segundo plano dentro do cruce de acusacións e cando falan dela, só se centran no aspecto económico. Aínda que tamén hai algunhas declaracións “destacables” como por exemplo “no confundáis prostitución con poner el culo en la calle, la prostitución la ejercen muchas universitarias.”

      Hora de revisión do GBO: 11:30
      Hora de publicación: 12:00

      Gústame

  2. Taboada González, Ángela (S3C3)
    Sen dúbida a prostitución é un tema complexo que os medios de comunicación non souberon enfocar en moitas ocasións. Tenden a invisibilizar o contexto social, político, económico e as desigualdades de xénero que fan posible a prostitución. Ademais, a miúdo o sensacionalismo e os estereotipos dan unha visión nesgada das mulleres que exercen esta actividade sexual. Segundo Axénciaa Efe, xeralmente o foco mediático da prostitución recae nas mulleres que a exercen sen mostrar a outros actores desta actividade, como os homes que a demandan ou as persoas que se lucran dela. Tamén é frecuente que as informacións xornalísticas vinculen ás mulleres coa delincuencia, a inseguridade cidadá ou a exclusión social.
    Como podemos ler na noticia da Voz de Galicia compartida por Nerea, a portavoz de Hetaria afirmou que «non toda a prostitución é trata» de mulleres. Con todo, as estatísticas afirman que o 80% das mulleres que a exercen en España fano de forma forzada. O problema recae en que estas estatísticas non son oficiais e que non existe ningún estudo rigoroso sobre o número de traballadores do sexo no noso país. Os expertos afirman que o perfil da prostituta é dunha muller estranxeira que en moitos casos está en situación de irregularidade e que normalmente exerce esta actividade por unha situación de necesidade. O diñeiro é o principal motivo que leva a alguén a entrar na prostitución por propia vontade. Con todo, é isto mesmo o que pon en dúbida o feito de que exista liberdade de elección, xa que a unha gran porcentaxe das prostitutas son persoas marxinais e sen outra saída. A representante de Hetaira fala, simplemente, de mulleres que atopan nesta actividade “unha maneira de saír da pobreza”.
    É comprensible que aqueles traballadores do sexo que exercen a súa profesión de forma libre busque a súa regularización. A situación de “alegalidad” da prostitución en España é insustentable. Non é ilegal exercela, pero os que a exercen non pode darse de alta na Seguridade Social, nin cotizar, nin sindicarse, nin ir a folga, nin ter vacacións… Con todo, é a legalización da prostitución a solución a estes problemas? Existe unha gran diversidade de respostas a esta pregunta. Por unha banda están aqueles que afirman que a legalización ten como consecuencia un aumento de trátaa, pois canto máis tolerante é un sistema legal coa prostitución, maior é a probabilidade de que o país sufra un nivel alto ou moi alto de tráfico de seres humanos. Por outra banda, están aqueles que loitan en contra desta teoría, asegurando que os datos nos que se basean non poden ser fiables ao ser trátaa de mulleres un negocio ilegal. Tamén defenden que é moi importante diferenciar entre trata de persoas e tráfico de persoas. Mentres que o primeiro refírese á captación e o traslado forzoso dunha persoa co fin de sometela a explotación, o segundo consiste en facilitar a entrada ilegal dunha persoa nun estado a cambio dun beneficio económico ou material.
    Con respecto a como fan eco os medios deste debate, deixo aquí dous artigos de El diario. Un a favor da legalización e outro en contra que me pareceron moi interesantes.
    http://www.eldiario.es/piedrasdepapel/verdad-aumenta-trata-legalizar-prostitucion_6_395170502.html
    http://www.eldiario.es/piedrasdepapel/Ciudadanos-prostitutas_6_382221818.html

    Data de emisión do comentario: 14/04/2016- 10:59
    Data de revisión do GBO: 14/04/2016- 18:01
    Data de publicación do comentario: 14/04/2016- 18:07

    Gústame

    1. Costa Iglesias, Nerea- S1B2
      Estou de acordo coa crítica que fai a miña compañeira Ángela sobre o tratamento que os medios de comunicacion fan sobre a prostitución e tamén na dificultade de poñerlle unha solución. Mais iso non pode ser excusa para invisibilizar o debate sobre a situación das prostitutas deste país. Por exemplo como se expón no texto, en Francia veñen de aprobar unha lei que penaliza aos clientes de relacións sexuais de pago. Dita lei foi levada a termo malia os atrancos da oposición e nun máis eminentemente abolicionista. En España estamos moi lonxe de chegar a esa situación, posto que as dúas posturas enfrontadas non adoitan ter acceso aos medios de comunicación.
      Por seguir con eldiario.es, clara excepción entre os xornais nacionais pola ampla cobertura que lle dan a este tama, aquí deixo un artigo http://www.eldiario.es/zonacritica/Importemos-dignidad_6_503659641.html no que a xornalista pide que os políticos se impliquen dunha vez por todas na realidade prostitucional do país.
      Hora de revisión GBO: 20:15
      Hora de publicación: 20:35

      Gústame

      1. Estou de acordo contigo en que o difícil que sexa solucionar un problema non pode ser unha escusa. Con respecto á lei imposta en Francia de multar aos clientes, polo que puiden ler nos medios, as prostitutas están bastante en desacordo. Afirman que se multan aos seus clientes están a multalas a elas. De todos os xeitos estou de acordo co que nos conta Elisa Beni no seu artigo: “na prostitución hai por definición coacción e se hai coacción hai unha sorte de violación”. Por último xa non falar daqueles que ven a prostitución como un negocio para encher as arcas do goberno cos seus impostos. Un saúdo e grazas polo artigo.

        Gústame

  3. García Fernández, Ana. S2A4

    Ola Nerea,

    Lendo o teu post descubrín cousas sobre a prostitución que non sabía. Por exemplo, que había colectivos que apoiaban a legalización da prostitución e, con iso, os seus dereitos e liberdades para exercer o seu traballo. Por mor disto, investiguei na internet sobre o tema e atopei esta noticia (http://www.20minutos.es/noticia/109515/0/Prostitucion/legal/Garaizabal/ ) na que se contrapoñen dous puntos de vista sobre a prostitución: un a favor e o outro en contra.

    Como ben dis na túa entrada, é certo que os medios de comunicación fanse máis eco da prostitución de forma negativa que positiva. Con todo, non creo que toda a culpa sexa dos medios de comunicación e da súa forma de tratar a información. Debido á herdanza que levamos ás costas e a esta sociedade que se considera moderna pero que aínda queda moito camiño, é a propia sociedade a que estigmatiza temas como a prostitución.

    Ell primeiro paso cara á tan ansiada modernidade é aprender a debater, con respecto, temas tan á orde do día como é a prostitución. Fiando o teu tema co tratado no meu grupo (a manipulación), confío en que a sociedade aprende a valorar e xulgar os feitos que lle rodean e a non deixarse levar polas informacións que retransmiten os medios masivos e, só así, poderemos avanzar cara a unha mentalidade máis aberta.

    Revisión editor: 25-04-2016 22:38

    Gústame

    1. Grazas polo comentario Ana. Tes razón cando falas dos descoñecemento da sociedade en xeral en temas de prostitución. Os medios de comunicación poucas veces informan sobre estas cuestións e non dan a coñecer todas as posturas que hai sobre isto e iso tamén é unha forma de manipulación.
      Por suposto que isto non é só culpa dos medios, xa que estes non son máis que o fiel reflexo da sociedade patriarcal na que vivimos. Mentres esto non mude, non haberá lexislación nin medidas que logran acabar coa situación de esclavitude e explotación ás que se vén sometidos miles de mulleres. Así tamén o defende Rosa Cobo, profesora da Universidade da Coruña, nesta entrevista
      (http://www.revistapueblos.org/?p=15606) na que defende que “La prostitución es una realidad social patriarcal porque permite a los varones acceder sexualmente a esas mujeres, mercantilizando sus cuerpos; pero también es una gran fuente de beneficios para los empresarios del sexo, es decir, un importante sector del capitalismo neoliberal.” E é que detras da prostitución hai un negocio moi lucrativo e a moitos non lle convén que desapareza.

      Hora de revisión editora: 23: 50
      Hora de revisión GBO: 00:00
      Hora de publicación: 10:15

      Gústame

  4. Costa Iglesias, Nerea S1B2
    Grazas pola túa resposta Ángela!
    Sen dúbida lexislar sobre un aspecto con posturas tan opostas como é do prostitución é extremadamente díficil. En Francia trátase de avanzar neste tema, cando en España nin se plantexa o debate. Aínda así considero que multar aos clientes que consuman sexo de pago non é a solución xa que iso non vai evitar que siga habendo mafias e explotación, tamén é ilegal consumir certas drogas e iso non fai que baixen o número de drodependentes.
    Por iso como reflexa esta nova de el Mundo (http://www.elmundo.es/sociedad/2016/04/06/570556f446163f02288b45ab.html) algunhas prostitutas protestaban o día que se aprobou a lei, xa que se sinten igual de desprotexidas antes que agora.
    Hora de revisión da editora: 23: 40
    Hora de revisión do GBO: 23: 50
    Hora de publicación: 23:55

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s