Tolerancia e empatía: dous peces do mesmo charco

Immigration Reform March Held In Los Angeles
(Photo by J. Emilio Flores/Getty Images)

Sande Barbeito, Nerea S3B5

No Barómetro do CIS de decembro de 2015 pode comprobarse que á pregunta sobre cal é o principal problema que existe actualmente en España, a inmigración sitúase por enriba das pensiones, “recortes”, bancos, desahucios, fraude fiscal e drogas.

Normalmente nos medios de comunicación aparece recollido o fenómeno da inmigración cunha connotación despectiva, sempre acompañada de palabras coma “crise”, “presión” o “irregular” (ollo ao titular e como se pode falar de inmigración “irregular” e meter a noticia na sección de Terrorismo). Esta tendencia mediática provoca un efecto directo sobre a sociedade, tal e como amosan nos datos do CIS. A inmigración percíbese coma algo negativo, coma algo que se debe evitar e, consecuentemente, comézase a ver a os inmigrantes con ollos recelosos, e todo o rastro de empatía que se podería ter hacia estas víctimas que se ven obrigadas a abandonar o seu fogar, esfúmase.

Pero cales son as razóns polas que veñen? Moitas son as noticias que tratan sobre a inmigración, pero poucas preocúpanse por analizar as causas que a motivan. O efecto chamada fai referencia a isto mesmo. Que é? Cales son os factores que motivan a unha persoa a deixar a súa vida atrás e tomar a decisión de emigrar?. En primeiro lugar non se debería falar de efecto chamada, senón de efecto fuxida, fuxida da pobreza e da miseria. O ministro de Trabajo e Asuntos Sociales durante o goberno de Zapatero, Jesús Caldera, o deixaba claro no ano 2006: “A chegada tan importante de inmigrantes a través de cayucos ten máis que ver cunha crisis humanitaria que có fenómeno da inmigración”; “a inmigración desesperada destes días fainos ir á raíz do problema, a pobreza e a fame”. Emigrar por necesidade, emigrar para sobrevivir. Non é o que ten Europa, senón o que eles non teñen.

Para non caer na tendencia extendida e errónea dos medios de non dar voz ás persoas afectadas dos problemas da sociedade, dándolla só a institucións que velan polos seus intereses, e basándose no círculo de aprendizaxe sobre inmigración daráselle o protagonismo as persoas directamente afectadas.

Para intentar dar resposta a por que se produce o efecto chamada/fuxida, en primeiro lugar e primer integrante do círculo é Djibril, inmigrante senegalés afincado na Coruña e técnico en Ecos do Sur, unha asociación de axuda á inmigración coruñesa. Baixo a pregunta sobre si cría que os medios tiñan algo que ver nese efecto chamada da inmigración el asegura que no seu caso viu “por motivos persoais” pero que “aínda que no meu país non teñan intención de vender imaxes de occidente” para fomentar a inmigración “´é verdade que impactan as imaxes europeas. Rúas moi ben deseñadas e limpas… Véndense soas”. Fai referencia tamén a unha metáfora na que Europa é unha luz e os inmigrantes unha especie de“insectos voladores” que se ven chamados polo esplendor da súa luminosidade. Sobre os medios “tanto africanos coma europeos” concreta que “o problema sempre queda no mesmo, o esaxeran ou ocultan según os seus intereses”. William, outro dos membros co que se tivo o placer de contar para o debate, provén de Venezuela e é voluntario na Cruz Vermella. Dende a súa perspectiva as razóns do efecto chamada non existen, “os medios de comunicación do meu país non fan ningún tipo de propaganda para fomentar a emigración”, asegura que as razóns que o levaron a tomar a decisión foron “a situación de delicuencia, desabastecemento, un sistema de salud bastante precario, problemas económicos moi profundos e outros factores polos cales, o Estado obrigache a abandonar o teu país”. Fóra do círculo de debate, e froito da casualidade puidemos coñecer a Daniel, inmigrante de origen rumano que estuda danza na Universidade de Vigo. Dende a súa perspectiva “é verdade que os medios dalgunha maneira inflúen na túa decisión de querer emigrar a un lugar ou a outro” pero tamén afirma que “non é o efecto chamada do que me falas, é querer deixar todo o malo que nos persegue, a miseria, a fame… Pásase moi mal e cando poñen na túa man unha posibilidade, por moi pequena que sexa, de mellorar a túa situación non o pensas nin un segundo”.

Unha vez máis fálase de efecto fuxida, non de efecto chamada. Na maior parte dos casos de inmigración dende países coma Rumanía, Venezuela, Senegal, Siria… Compártese un núcleo en común que é o sufrimento do afectado. As persoas non abandonan a súa casa e a súa vida se non hai unha causa de forza maior que o obrigue. A pobreza, o medo, o desabastecemento, a guerra… Son todas causas dun mesmo fenómeno. A inmigración debe deixar de ser tratada coma un mal da sociedade. Os medios teñen que aprender a ser tolerantes e ser conscientes de que, na súa man, está a percepción de millóns de persoas sobre o tema. Obxetividade, contraste, dar voz a quen non a ten, non caer en prexuízos, non extrapolar unha característica persoal a todo un conxunto… Todo isto é materia que ten que ter en conta o periodista para abordar de maneira correcta un tema de tal importancia social como é o da inmigración.

 

 

REFERENCIAS

eldiario.es. (2015).“No existe el efecto llamada, sino el efecto empuje: la guerra, la persecución, la muerte”. [online] Available at: http://www.eldiario.es/desalambre/mentiras-Gobierno-librarse-refugiados-Europa_0_400360800.html [Accessed 13 Apr. 2016].

Researchgate.net. (2016). [online] Available at: https://www.researchgate.net/profile/Pilar_Garcia-Gomez/publication/237639727_Hipotesis_sobre_inmigracion_y_bienestar/links/0046352d98a6211258000000.pdf#page=80 [Accessed 13 Apr. 2016].

Advertisements

9 comentarios en “Tolerancia e empatía: dous peces do mesmo charco

  1. Tarrío Rodríguez, Eva – S3E3

    Ola Nerea!
    Comezarei dicindo que o tema que estás a tratar nesta entrada paréceme un moi importante e do cal, todo o mundo, debería ser consciente. Moitas veces falamos de inmigrantes coma se nos esquecésemos de que son persoas, iguais ca nós, que só necesitan outra oportunidade para empezar de novo.

    Atópome totalmente de acordo coas diferentes cuestións das que falas no post. Son moi poucas as persoas que se paran a pensar no por qué da inmigración, en por que estas persoas querían escapar dos seus fogares, e tampoco axuda, como ben dicías, o tratamento que reciben nos medios.

    Na miña opinión persoal, deberíamos por comezar por concienciar á xente sobre a inmigración, mostrarlles a súa realidade para que puidesen entender e, incluso, evitar comportamentos racistas. Esta noticia de fai un par de anos do Correo Galego (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/talleres-concienciar-pequenos-tema-inmigracion/idEdicion-2007-11-20/idNoticia-234394/) pareceume importante mostrala xa que trata sobre a clase de iniciativas das que estaba a falar. Nel podemos ler como a Concellería de Educación promovía unha campaña para concienciar aos nenos de distintas escolas sobre a inmigración.
    “La Concejalía de Educación promueve una campaña con la que quiere implicar a los centros educativos y transmitir a los escolares la tolerancia con los inmigrantes.”

    A isto referíame antes: con esta clase de proxectos e traballos pódese lograr un gran avance, tanto no papel humanitario coma no de coñecemento en sí mesmo. Calquera iniciativa que signifique un distanciamento en certas conductas racistas é un pequeno avance, xa que, no que levamos de ano, os ataques a estranxeiros (e outros colectivos) aumentou de unha maneira preocupante. Podémolo observar neste artigo de a Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2016/04/07/asmirefe-denuncia-trato-vejatorio-policias-locales-inmigrantes-acudieron-entregar-juguetes/0003_201604F7C3993.htm) no que se nos amosa a clase de condutas racistas inxustificadas.
    “La Asociación Migratoria de Residentes en Ferrolterra (Asmirefe) denunció el «trato vejatorio» próximo a la «xenofobia» recibido por inmigrantes que acudieron al Sánchez Aguilera a colaborar en la entrega de un cargamento de juguetes, libros y material escolar dentro de la campaña abierta por los bomberos para ayudar a los refugiados.Como consecuencia de esta presión, señalan que una persona sufrió un ataque de ansiedad del que todavía no se ha repuesto. «Solo queríamos colaborar en esta campaña (…) Sin embargo por un malentendido hemos recibido un trato vejatorio que raya en la xenofobia. Pensábamos que a este gobierno le parecía bien, qué contradicción», apuntan.”

    É que xa nin sequera poden traballar e colaborar de maneira humanitaria sen ser xulgados pola súa nacionalidade e condición? Creo que é importante saber cal son as súas historias para poder entendelos, está claro, pero non podo deixar de pensar que, coma seres humanos, merecen ser tratados da mesma maneira que nos gustaría que nos tratasen a nós-cun mínimo respecto e amabilidade- dando igual a súa vida anterior.

    O reconfortante é saber, polo menos, que existen moitas persoas dispostas a colaborar con eles e axudarlles na súa integración. Xa que o teu grupo especialízase neste tema da inmigración, deixoche este enlace de gran parte das asociacións galegas que tratan esta problemática, Nerea:
    http://xuntos.galiciadigital.com/asociacions/10637

    Espero que vos sexa de axuda, algo tan grande coma isto debería ter máis visibilidade nos medios de tal forma que se mostre a realidade tal e como é realmente, para que o resto da xente poda entendelo.

    – Revisión do editor: 14/04/2016 13:21
    – Revisión do GBO: 14/04/2016 13:33
    – Publicación: 14/04/2016 14:04

    Gústame

    1. O respeto e amabilidade da que falas debería estar presente na nosa sociedade e en todos os medios, pero non só cos inmigrantes senón con todos os colectivos da sociedade. Podemos ver nos círculos de debate dos nosos compañeiros como non só é a inmigración a que se lle falta o respeto día sí e día tamén nos medios, senón que existen moitos máis colectivos azotados polo mesmo mal. Isto é unha tendencia xeralizada nos medios do noso país e que un bo xornalismo non debería ter.
      Tal e como ti afirmas é verdade que existen moitas iniciativas por parte de pequenas asociacións que colaboran co tema e que están dispostos a axudar coa súa integración na sociedade pero creo que non é suficiente. Creo que ata que os medios non creen conciencia sobre o tema, e hasta que non se den conta que moita da xenofobia que existe no noso país provén do tratamento que se lles da aos inmigrantes nos medios esta tendencia non morrerá. E fundamental, tal e como ti afirmas, que se comecen a tratar aos inmigrantes coma persoas, coas súas historias e as súas vidas. Basta de representalos coma un mal que asola a sociedade. Son persoas coma ti e coma quen escribe as noticias, e teñen que gozar dos mesmos dereitos que todos nós, empezando polo de ser tratado con respecto.
      Grazas por comentar Eva.

      – Revisión do editor: 19/04/2016 16:55
      – Revisión do GBO: 19/04/2016 18:07
      – Publicación: 19/04/2016 18:32

      Gústame

  2. Pombo Silva, Cristina – S3E1

    Para comezar, dicirte Nerea que o tema da inmigración paréceme moi importante ademais de interesante e a túa maneira de enfocalo relacionada tanto cos medios como á sociedade en si, da moito xogo para tratar temas relacionados ou complementarios.

    Xa centrándonos no tema en cuestión, a inmigración, creo que tanto nós, referíndome ao pobo español, como ó resto de Europa non temos memoria histórica. Con isto quero dicir que Europa despois de vivir tantas guerras e España unha guerra civil tan dura que tivemos e non recordamos o dor que poden hoxe en día contar os nosos avós o pais, de marchar fora da túa cidade ou pobo para encontrar unha vida mellor para a túa familia. Hoxe en día a xente simplemente pensa en masas, en bandas ou grupos, non pensa en unha poboación xeralizada e heteroxénea como pode ser de calquer país. Este pensamento que ten a sociedade, non todos, claro está, é alimentada polos medios de comunicación. Incentivan en grandes cantidades o rexeitamento a unha cultura distinta ou cunha relixión distinta, por exemplo.

    Como ben dis ti, a preocupación dos países receptivos non son as mesmas ca os inmigrantes. E iso é un problema que quero pensar que se se tratase ou erradicase, melloraría a situación non só dos inmigrantes senón do mundo enteiro, xa que se ese problema deixara de existir significaría que os países con problemas económicos ou tamén doutros tipos como pode ser unha guerra ou unha situación de inestabilidade política converteríanse en países sen eses problemas. Habitualmente aparecen persoas nos medios falando deses inmigrantes ou “velando” por eles, poren o único que fan é falar diante dos medios intentando convencer a xente de que a situación é boa e que aos inmigrantes se lles ofrece un lugar mellor no noso “primeiro mundo”. Ademais destas pequenas e á vez grandes mentiras, dende o meu punto de vista temos unha situación especial en Galiza, xa dentro de Europa e España, debido a que temos unha historia que en moitas partes de España non se viviron na guerra e posguerra. Neste pequeno enlace podemos ver un punto de vista algo mais cercano das testemuñas deses exiliados: http://www.monografias.com/trabajos73/gallegos-argentina-testimonios/gallegos-argentina-testimonios.shtml

    A marcha de tantos de nós a Europa e América debería darnos unha visión distinta sobre a inmigración e tendo testemuños de como foron tratados en países estranxeiros só polo mero feito de ser inmigrantes, en Galiza debería haber unha concienciación. ¿Pódese encontrar? Non estou moi segura de iso. En Galiza aumentaron o número de inmigrantes nos últimos anos, esta noticia cóntanos un pouco mais sobre isto: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/se-multiplica-por-cinco-la-inmigracion-en-galicia/idEdicion-2010-09-09/idNoticia-587962/

    Para finalizar soamente dicir que para que o problema se erradique e a xente deixe de FUXIR, non de viaxar a outros países débese entender a primeira causa e a última para poder terminar con estes problemas.

    – Revisión do editor: 14/04/2016 15:15
    – Revisión do GBO: 14/04/2016 15:27
    – Publicación: 14/04/2016 15:58

    Gústame

    1. Creo, ao igual ca ti, que o problema fundamental dos medios é a pouca visibilización que se lle da aos inmigrantes. Sempre que aparece recollido nunha noticia un feito ou acontecemento sobre inmigración sempre recollen esta coma un fenómeno máis, olvidando que de ese feito derívanse consecuencias, e que os principais afectados por elas son persoas. Inmigrantes ou non.
      O exemplo do caso galego durante a Guerra Civil española é perfecto para poner enriba da mesa a hipocresía occidental na que estamos sumerxidos. O noso concepto actual de eles (ref. galegos) é moi diferente ao que ten a maior parte da poboación sobre os refuxiados sirios. En ambos casos tratábanse de persoas que fuxían do seu fogar por medo a guerra, polo medo a morir. No primeiro caso temos unha percepción positiva deles, e no segundo unha percepción negativa, chegando incluso ao rexeitamento por parte de moitos sectores da sociedade e do noso goberno en funcións. Parece que esa memoria histórica da que falas non existira xamáis, facendo patente a nosa falta de empatía cun pobo que está atravesando o mesmo que atravesou o noso fai 70 e tantos anos.
      Grazas por comentar.

      – Revisión do editor: 14/04/2016 18:54
      – Revisión do GBO: 14/04/2016 19:30
      – Publicación: 14/04/2016 19:43

      Gústame

  3. Taboada González, Ángela (S3C3)

    Estamos afeitos a ver imaxes de inmigrantes chegando en patera ás nosas augas, pero sabemos de onde veñen? A día de hoxe estamos moi centrados no problema dos refuxiados, sabemos que foxen da guerra, dos atentados, das bombas e parece que o entendemos. Cada vez somos máis os que queremos que se abran as nosas fronteiras e que deixen pasar a todos eses que foxen do terror. Con todo, estamos tan concienciados cando os que chegan aquí foxen da fame e da miseria? Probablemente non. Isto débese ao eco que os medios fan dun problema e doutro. Todos vimos imaxes horribles de xente en Siria ferida despois dun atentado un día tras outro nos informativos, pero poucas veces aparecen familias enteiras desnutridas en Senegal. A fame tamén é terror e un motivo máis que xustificado para fuxir cara a unha nova oportunidade. Un día lin unha frase que me impactou e fíxome reflexionar sobre o tema da inmigración. Foi a seguinte: “Tes que entender que ninguén mete aos seus fillos nun barco ou nas ás dun avión a menos que sexa máis seguro que a terra”. Investigando un pouco descubrín que forma parte da carta escrita por unha inmigrante kenyano, déixovola aquí xunto aínda pequeno artigo que trata e compara o problema da inmigración económica co problema dos refuxiados: http://entreparentesis.org/la-desesperacion-viaxa-en-o-tren-de-aterraxe/

    Desde que comezou a crise humanitaria dos refuxiados os nosos líderes empeñáronse en disuadir a todos os inmigrantes económicos de idéase de fuxir a Europa. “Aquí non cabemos todos”, iso é o que nos transmiten os seus discursos. Fai a penas un mes que o presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, empregou a linguaxe máis descarnada e directo escoitado ata agora nas institucións comunitarias para aludir á crise migratoria. Desde Grecia, país que corre o risco de converterse nun gran campo de refuxiados, Tusk apelou a ?todos os potenciais migrantes económicos ilegais? que pretendan alcanzar a UE. A súa mensaxe foi rotundo: ?Non veñades a Europa, non creades aos traficantes, non arrisquedes as vosas vidas?. O líder do Consello aludía ao crecente número de persoas que non son sirios nin iraquís pero que tratan de buscar un futuro no club comunitario. A pregunta é, por que uns si e outros non? A fame, as enfermidades, a miseria… non son motivos máis que xustificados para fuxir facía un futuro mellor? Non hai dúbida de que si. A cuestión é que nos resulta moi complicado poñernos na pel de quen o sofre. É por isto que, como nos explicaba liñas máis arriba Nerea, os medios de comunicación deben xogar un papel activo á hora de concienciar á poboación, incrementando o seu nivel de tolerancia e empatía. Todos somos migrantes en potencia, pois nunca se sabe onde viviremos o día de mañá.

    Enlaces de interese:

    http://internacional.elpais.com/internacional/2016/03/03/actualidad/1457009176_498468.html
    http://www.huffingtonpost.es/2014/12/18/emigrantes-inmigrantes-espana_n_6350006.html

    Data de emisión do comentario: 14/04/2016- 12:34
    Data de revisión do GBO: 14/04/2016- 17:23
    Data de publicación do comentario: 14/04/2016- 19:48

    Gústame

    1. Ao contrario do que dis creo que aínda non asimilamos a situación que están a vivir os refuxiados, pero tamén creo que por cada atentado que se produce en Europa achegámonos un pouco máis a eles. É verdade que sabemos que fuxen da guerra, e dos atentados, de ISIS e da miseria. Pero parece que non o temos tan asimilado cando lles pechamos as fronteiras, deportámolos a Turquia e dende alí extraditamolos ao terror do que viñan fuxindo. Creo que os refuxiados xogan coas dúas cartas, a da miseria e a do terror. Pero unha cousa non quita a outra, creo que tes razón cando falas de que a fame en África non teñe tanta cabida nunha escaleta coma unha atentado. Un atentado, dende o punto de vista dos medios, vende máis que a foto dun neno nixeriano desnutrido. E na actualidade todo básase niso, intereses económicos, o que máis vende vai en portada, e o que non, aínda que teña unha transcendencia humanitaria crucial como o caso da fame, non aparece. Nin sequera se nomea.
      Os medios non se dan conta de que na súa man está a visión da sociedade do mundo, e que se eles dan cobertura a uns sucesos a non a outros, eses outros que se quedan non tinteiro non chegan nunca ata nós, e polo tanto non podemos crear conciencia sobre eles. Necesitamos uns medios máis implicados coa sociedade e menos manipulados por presión externas. Grazas por comentar Ángela.

      – Revisión do editor: 14/04/2016 20:30
      – Revisión do GBO: 14/04/2016 20:47
      – Publicación: 14/04/2016 21:10

      Gústame

      1. Estou completamente de acordo contigo co de que unhas noticias venden máis que outras, por triste que soe é así. Con todo cando eu comentaba que aceptamos mellor aos refuxiados que aos inmigrantes referíame aos cidadáns, non aos nosos representantes políticos. Eles está claro que non teñen ningún tipo de conciencia co que está a pasar. Un saúdo.

        Gústame

  4. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Ola Nerea. Concordo cen por cen coa opinión que mostras ao longo do teu artigo: a sociedade actual concibe a inmigración como un problema de seu, e non como un problema de moitas persoas para os que o noso país, entre moitos, supón a única solución. Baixo o meu punto de vista ninguén é quen de deixar atrás toda unha vida se a desesperación non superase todo o vivido. Á marxe das cuestións máis ou menos relacionadas coa inmigración, ao redor dos medios de comunicación existe un debate permanente que afecta ao que poderiamos chamar as súas responsabilidades sociais. É obvio que os medios son na actualidade quen abastece ao conxunto da poboación dos modelos de interpretación da realidade, dos estereotipos, dos datos que alimentan, configuran, confirman ou desmenten as visións do mundo. Por tanto, participan decisivamente na construción dos valores sociais, sendo un espello dos mesmos. Como ben dicía o protagonista da película “Matar al mensajero”, os medios de comunicación deben informar sobre todo o que lle interese á sociedade aínda que haxa alguén que non lle guste. A inmigración non é máis que un fenómeno, o cal merece ser estudado dende o seu interior e non xulgado por meras apariencias.
    Achego en pdf un libro moi interesante sobre o tratamento da inmigración nos medios de comunicación. O seu título é “Inmigración, discurso y medios de comunicación” e a súa autoría colectiva: http://rua.ua.es/dspace/bitstream/10045/16236/1/1JGAlibroInmigracion.pdf. Espero que che sirva de axuda. Saúdos.

    Data de emisión do comentario: 15/04/2016- 14:01
    Data de revisión do GBO: 15/04/2016- 14:51
    Data de publicación do comentraio: 15/04/2016- 15:13

    Gústame

    1. Ola Sandra. Estou totalmente dacordo contigo, os medios son os que xeran a nosa perspectiva dos sucesos influindo decisivamente na construcción dos nosos valores, e se os medios non recollen ben a realidade, sen caer en subxecitividade e presións externas, esa perspectiva e eses valores vense contaminados. Grazas por comentar Sandra.
      – Revisión do editor: 19/04/2016 20:55
      – Revisión do GBO: 19/04/2016 21:15
      – Publicación: 19/04/2016 21:37

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s