Ética e ideoloxía da fotografía na prensa

González Núñez, Ana – S2A6

old-83750_960_720                                                Fonte: pixabay.com

Unha fotografía en prensa dá credibilidade e forza ao texto escrito. Documéntao, é unha testemuña do acontecido, producindo unha sensación de realidade. E con esta finalidade naceu o fotoxornalismo, para dar cara aos feitos. E tamén, como instrumento de denuncia social, xa que buscaba cambiar certos aspectos da sociedade e mellorar a condición humana. A introdución da fotografía na prensa producíuse a finais do século XIX, e a partir dese momento, foi cambiando moito o seu significado.

Hoxe en día existen varios criterios á hora de elexir unha fotografía para ilustrar unha información. Algúns criterios básicos son a ética, a estética, a ideoloxía e a economía. Cando falamos de ética en fotoxornalismo pensamos en imaxes de dor, de guerra ou que atentan contra a integridade humana. Esta ética é ás veces subxectiva e ás veces obvia. No que se refire a este campo é difícil colocar a responsabilidade da publicación de certo tipo de imaxes. Adoita recaer ou no fotógrafo ou no editor gráfico que a publica.

A ética ás veces depende do pensamento de cada un. A falta de ética é unha mala práctica do xornalista ou do fotógrafo pero, que acontece cando o criterio para capturar ou publicar unha imaxe é un criterio ideolóxico ou económico? Os xornais poden incurrir nunha certa manipulación. Actualmente existen abundantes ferramentas para transformar unha imaxe. Esta transformación pode consistir en: supresión de elementos, engadido de elementos, substitución de elementos, ou cambio de orde de elementos. Aínda que ás veces non é necesario retocar a imaxe para ofrecer unha idea intencionada.

A continuación veremos algúns exemplos de imaxes que poden non ser as máis adecuadas para acompañar unha información:

Na noticia “La Guardia Civil busca en el Ayuntamiento de Alfaz del Pi pruebas de posibles delitos urbanísticos” publicada polo diario ABC o pasado xoves 12 de abril, podemos ver unha foto do alcalde de Alfaz del Pi na súa campaña electoral. ¿A foto dun alcalde en campaña, ilustra un posible delito urbanístico? A Garda Civil aínda está buscando probas, pero poñendo a súa foto parece que o están a criminalizar directamente.

Nesta outra noticia “Detienen a un hombre acusado de matar a su mujer en Benidorm” publicada o mesmo día por La Razón utilízase unha fotografía dunha praia de Benidorm para ilustrar un caso de violencia machista. Aquí temos un exemplo de fotografía que non informa, senón que é usada como mero elemento ilustrador do texto, desfigurando a función primordial da imaxe. Aínda que un feito así é moi complicado de ilustrar.

A mesma noticia no diario El Mundo é ilustrada cunha imaxe da vivenda da parella e un coche. A noticia non menciona o nome da falecida nin do acusado pero móstrase a súa casa e o seu coche, o que proporciona unha información similar. Aquí poderíamos estar ante un problema ético. Cando temos este tipo de problemas ás veces é mellor deixar a información sen fotografía.

Referencias:

ABC. “La Guardia Civil busca en el Ayuntamiento de Alfaz del Pi pruebas de posibles delitos urbanísticos”. (12/04/2016). Recuperado de: http://www.abc.es/espana/comunidad-valenciana/alicante/abci-guardia-civil-acude-registro-municipal-alfaz-posibles-recalificaciones-sierra-helada-201604121858_noticia.html

Mundo, El. “Detienen a un hombre acusado de matar a su mujer en Benidorm”. (12/04/2016) Recumerado de : http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2016/04/12/570d12e9e2704eec108b464c.html

Razón, La. “Detienen a un hombre acusado de matar a su mujer en Benidorm”. (12/04/2016). Recuperado de: http://www.larazon.es/sociedad/detienen-a-un-hombre-acusado-de-matar-a-su-mujer-en-benidorm-FJ12393035

Soulages, Fraçois. Malestar en la fotografía. Francia. 2008. Recuprado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3129358

Teixeira Ribeiro, Luiz Augusto. Manipulación en el fotoperiodismo: ética o estética. Revista Latina de comunicación social. (octubre de 1999) Recuperado de: http://www.ull.es/publicaciones/latina/30teixeira.htm

Revisión do editor: 13/04/2016 – 17:22

Revisión do GBO: 13/04/2016 – 20:18

Publicación: 14/04/2016 – 10:02

 

Advertisements

10 comentarios en “Ética e ideoloxía da fotografía na prensa

  1. Casas Fontán, Alicia- S1D3
    O poder da imaxe é un tema moi recurrido e non é para menos: o poder da imaxe é enorme.
    Se cadra a escolla da imaxe para ilustrar o texto xornalístico é unha das fases máis complexas na elaboración da noticia. Se cadra, tamén, creo que precisamente polo poder da imaxe, o único criterio básico para elexir unha ou outra fotografía debería ser o criterio ético. Nin o ideolóxico, económico ou estético. Aínda que se cadra isto pode resultar demasiado utópico.
    Gústanme as fotografías belas, que evocan cousas e xogan con significantes e significados. Un exemplo deste tipo de fotografía que xoga e crea metáfora podería estar representado por Chema Madoz. Mais Chema Madoz non realiza fotografía para xornalismo, senón fotografía artística. http://www.chemamadoz.com/
    Penso que esa debería ser unha das claves: saber que facemos e para que.
    Por outra parte creo que a palabra “ilustrar” non é adecuada para referirnos a completar unha información xornalística cunha imaxe. Porque se ilustramos un texto cunha imaxe non aportamos nada novo, soamente representamos, recalcamos. Coma se o lector fora tonto e lle houbera que explicar dúas veces o que queremos dicir. Dar unha doble información non é o camiño, o camiño é considerar ao lector un ser intelixente.
    Por iso creo que unha foto non ilustra un texto. Creo que a completa, que engade, que contextualiza.
    Por iso creo que hai que ter en conta que manipular non é unha das funcións do fotoxornalista.

    Este artigo resultoume ben interesante: http://www.jotdown.es/2016/04/demonios-una-fotografia/
    “No el que ignore la escritura, sino el que ignore la fotografía”, se ha dicho, “será el analfabeto del futuro”.¿Pero es que no es menos analfabeto un fotógrafo que no sabe leer sus propias imágenes?

    Revision GBO: 15/04/2016 23:42

    Gústame

    1. É certo que o ético debería ser o máis forte dos criterios para escoller unha imaxe, pero non é o único. Os intereses económicos e políticos non deberían influir á hora de facer unha información, nin á hora de escoller unha imaxe. O que non podemos negar é a importancia da estética na fotografía. Se tes unha fotografía que aporta importante información, aínda que non saíra perfecta no que se refire á técnica, débese publicar de todos modos, porque o máis importante é a información. Pero, para fotografar un discurso, unha rolda de prensa, ou un acontecemento que visualmente non dá demasiado xogo, si que se deben sacar fotografías boas..Como dixo o fotógrafo Brassai:

      “A fotografía ten un destino dobre… é filla do mundo aparente, do instante vivido, e como tal gardará sempre algo do documento histórico ou científico sobre ela; máis ela é tamén filla do rectángulo, un produto das belas artes, o cal requiriu o ‘recheo’ agradable ou harmonioso do espazo con sinais en branco e negro ou en cor. Neste sentido, a fotografía terá sempre un pé no campo das artes gráficas e nunca sera susceptible de escapar deste feito.” (Brassai, Nueva York, The Museum of Modern Art, 1968, p.14)

      O enlace que aparece a continuación corresponde a unha noticia de El País que leva unha foto do presidente do goberno, Mariano Rajoy, falando. En situacións como esta o fotógrafo ten que usar os seus coñecementos técnicos, xogar coa composición da imaxe, para sacar unha boa fotografía.
      http://politica.elpais.com/politica/2016/04/15/actualidad/1460717485_434987.html

      No que se refire á palabra “ilustrar” non creo que lle quite relevancia ao enfoque informativo que ten unha fotografía de prensa. Unha das definicións da palabra “ilustrar” segundo a RAE é: “Aclarar un punto o materia con palabras, imágenes o de otro modo”. A fotografía mostra, documenta, contextualiza, ilustra unha realidade. Non é un mero acompañante dun texto, senón que nos mostra unha parte da información.

      Gústame

      1. Casas Fontán, Alicia- S1D3
        En relación á beleza da imaxe, é de agradecer atopar unha imaxe fermosa nun xornal. Pero a beleza da imaxe considero que é un criterio artístico e que en ningún caso pode ser un criterio para seleccionar unha imaxe para un xornal. Por iso falo de que o único criterio que considero válido é o estético.
        E en relación a “ilustrar”, a definición da palabra non resolve a cuestión. Ilustrar, ilústrase un cómic. Quero dicir, escribes algo e ese algo o traduces en debuxo. Ou en foto. Iso é representar, facer o mesmo do que expresan as palabras. E a min a representación paréceme pouco interesante, considero que unha fotografía para que esté verdaderamente xustificada nunha información debe aportar información distinta á que aparece no texto. Saúdos!

        Gústame

  2. Gutiérrez Caneda, Beatriz S2D4

    Ola Ana. Resultoume moi interesante o teu artigo. O poder que ten unha imaxe é inmenso sobre todo porque nos induce a crer determinadas cousas sen que nos demos conta se quera. Por outra banda, o lector sempre vai a prestar máis ateción á imaxe que ao texto e non vai esperar que unha fotografía “minta”. Por isto precisamente é tan complexo e delicado o tema da manipulación no fotoxornalismo. Un exemplo de manipulación (voluntaria ou involuntaria) é esta foto publicada no diario El Correo Gallego sobre o fin da protesta dos mariñeiros acampados fronte a sede da xunta (http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/turno-cerqueiras/idEdicion-2016-01-25/idNoticia-976161/). Na imaxe vese a moita xente falando e a dous deles recollendo unha tenda. Nalgunhas caras hai sorrisos. A fotografía case podería estar retratando unha romería cando realmente é un momento triste porque os mariñeiros voltan ás súas casas sen ter logrado nada. Este é un exemplo de que unha imaxe pode enganar aos lectores transmitíndolles algo que non é real. 

    Revisión do editor: 18/04/2016 ás 11:26
    Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 20:20

    Gústame

    1. Ola Bea. É certo que ás veces os medios usan fotografías con fins ideolóxicos, non me parece o caso da noticia de El Correo Gallego. Pode que non sexa a mellor imaxe para acompañar esa noticia, xa que non transmite a tristeza dos mariñeiros, pero non creo que sexa algo voluntario nin que pretenda enganar aos lectores. Non me parece que estea retratando unha romaría e o pé de foto aclara ben a imaxe.

      Un exemplo de imaxe non correcta e quizais intencionada podería ser o de esta noticia de La Gaceta:
      http://gaceta.es/noticias/cientos-personas-manifestacion-republicana-14042016-2114
      A noticia é sobre unha manifestación e temos unha foto de lonxe na que vemos a unhas persoas pero non vemos a actitude dos manifestantes, non vemos o que pon nas súas pancartas e, nin sequera ten pé de foto. É unha fotografía coa que o medio pode contarnos o que queira porque non podemos ver nela nada do que estaba sucedendo.

      Gústame

      1. Ola Ana. Coincido contigo en que a imaxe de La Gaceta non é todo o correcta que debería e se ademais temos en conta a temática que se está a tratar resulta moi posible que se trate dunha manipulación premeditada. Por outra banda, non quería dicir que a fotografía do diaro El Correo Gallego que che adxuntaba fose manipulada intencionadamente nin moito menos pero si que debemos ter conta coas imaxes que escollemos porque para min, dende logo, esa imaxe non representa o conflicto e a dor desa situación. Ademais, tivemos a oportunidade de falar co fotógrafo que cubriu o evento e coincidía con nós en que había fotos mellores. Este é outro dos problemas do xornalismo actual. O fotógrafo envía ás fotos á redacción e outra persoa que non estivo alí e que pode que non sepa de que trata a noticia sequera, elixe a que se vai a publicar. Isto leva a erros involuntarios ou pequenas equivocacións que merman a calidade da información publicada.

        Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 12:07

        Gústame

  3. Comentario a Ana González:
    Pareceume moi bo o teu artigo: a manipulación non está so nos textos xornalísticos, senón tamén nas fotografías. Moitos son os casos de manipulación, sobre todo nos casos nos que a ideoloxía política estaba de por medio. Aquí che deixo unha páxina onde expoñen 10 casos de manipulación fotográfica con fins políticos: http://geeksroom.com/2010/09/10-casos-de-manipulacion-fotografica-con-fines-politicos/35293/ . Este tipo de prácticas, que normalmente acaban sendo descubertas, provocan que a cidadanía desconfíe do xornalismo e desprestixian a nosa profesión. Como ti dis, non sempre é necesario incluír unha fotografía e moito menos un video, como se fixo nesta noticia de La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/cedeira/2016/04/16/mujer-tira-tercer-piso-incendio-edificio-cedeira/00031460801302809129972.htm . Nesta nova unha muller tírase desde un terceiro piso e acompañan o texto cun vídeo no que se ve á muller caendo, é necesario? Aporta información? Aquí estamos ante unha decisión de índole ética e moral. Ao igual que co caso do accidente de Angrois, no que se publicaron fotografías explícitas dos feridos e mesmo dos mortos. Aínda que houbo quen os felicitou polo seu traballo (neste enlace atoparás información sobre a súa reportaxe-homenaxe, as fotografías e a opinión de Manuel López, a favor da cobertura do suceso http://periodistas-es.com/las-fotos-del-horror-en-la-voz-de-galicia-12922) eu penso que non era necesario publicar imaxes tan impactantes, que xa entran no plano do sensacionalismo e que atacan á sensibilidade das persoas. A línea entre o que se debe e non se debe publicar está moi difusa e poñernos a nos mesmos eses límites non é doado. Ademais, tendo en conta a situación na que te atopas, en medio dunha traxedia e superado pola gravidade dos feitos, é normal que saquen fotografías de todo o que ven, sen clasificar nin discriminar. Porén, o editor é o responsable de dirimir que aporta información ou é adecuado para completar esa nova e que non entra dentro da labor xornalística. É preciso que as fotografías e as novas pasen por outras mans que non sexan as do propio redactor/fotógrafo, xa que é difícil ver os erros propios e máis se nos afecta persoalmente o tema que estamos a tratar. Para iso existe a xerarquía de editor e coordinador que revisan todo o que xeran os xornalistas, e aínda así, moitas veces atopamos traballos como o de Angrois que fan que nos plantexemos ata onde é información e ata onde é morbosidade.

    Gústame

    1. Os teus exemplos parécenme moi bos para reflectir este tema. É certo que a liña entre o que se debe publicar ou non é moi difusa e por iso unha fotografía que a nós non nos parece axeitada a outra persoa pode que si que llo pareza. Precisamente por iso o tema da ética na prensa é tan complicado. O que temos que intentar, en claquera circunstancia, é non caer no sensacionalismo. Este sensacionalismo pódese apreciar moi ben en imaxes de accidentes, guerras ou atentados. O exemplo que puxeches do accidente de Angrois paréceme moi reprefentativo desta mala práctica, xa que se publicaron moitas fotos que facilmente poderían ferir a sensibilidade de moitos familiares das víctimas. Outro exemplo de fotografía que quizais non debería ser publicada atopeino nesta noticia publicada hoxe polo xornal El Mundo:
      http://www.elmundo.es/sociedad/2016/04/19/5715fa6de5fdeae5598b45ee.html
      Esta é unha fotografía moi impactante, realizada nun quirófano, a un home que ten unha espada clavada no peito. Pode haber moita xente á que lle resulte moi incómodo ver esta imaxe. A noticia di que o home xa se recuperou. Por tanto, non se sabe se a foto foi publicada co seu consentimento. Aínda así, non me parece unha foto necesaria.
      Respecto á labor de publicación das imaxes, debería ser suficiente con que estas, que son sacadas coa ética profesional do fotógrafo, pasen por mans do editor gráfico, que as selecciona baixo a súa ética. É evidente que ás veces con estas dúas revisións non basta. Os medios deberían ter moito máis coidado cas fotografías que publican.

      Gústame

  4. Como ben se soe dicir, unha imaxen vale máis que mil palabras. Con esta cita, é importante destacar o alto valor que pode cobrar frente ao contido informativo. Moitas veces, os lectores déixanse influir polo impacto que produce a fotografía que complemente a noticia antes que no seu trasfondo. Así, poderiamos dicir que a clave é atrapar ao lector.
    A polémica desátase cando tentamos, a través de instantáneas, constatar unha ideoloxía determinada para influir sobre a sociedade. Exemplo de isto foi a fotografía que publicou La Razón na Marcha da Dignidade a favor da República Española, o 20-M. Para fortalecer así a súa ideoloxía, o rotativo decidiu mostrar unha parte da realidade que desexaba idealizar (http://ecodiario.eleconomista.es/politica/noticias/3168652/06/11/La-Razon-manipula-las-fotografias-de-la-manifestacion-del-19J.html).
    Foi así como retocou a foto, recortando a unha gran parte da masa social presente na instantánea. Sen embargo, a pesar de que a simple vista a audiencia non percibe a “man de pintura” dada polo medio, a imaxe amosaba importantes desaxustes que deixaban ao descuberto a súa trama: a manipulación.
    Agora, vamos imaxinar que se tratase dun retoque perfecto, do que ninguén se houbese percatado. É evidente, pois, que a imaxen recobra unha maior credibilidade e, polo tanto, podería concienciarse á sociedade de que pouca xente se manifestase, polo que non vale a pena pensar dese xeito.
    Así, xogar coa imaxe é un recurso que se emprega moi a miúdo, pero non con fins positivos. O xornalista entra nun círculo no que se ve obrigado a escoller entre os valores que desexa establecer na sociedade, é dicir, na ideoloxía, fronte a una ética que leva dentro cada profesional da comunicación.
    Outro factor no que soe presentarse esta situación de decidir entre dúas correntes opostas é a que ás veces se practica na prensa do corazón, que trata estos temas con menos pudor. O famoso caso de Inma Cuesta (http://www.eldiario.es/rastreador/indignado-Inma-Cuesta-Verte-reconocerte_6_440315970.html) é outro claro exemplo de imaxen retocada en donde a estética que quería transmitir o medio non corresponde coa realidade que a actriz desexaba representar na imaxen. É, polo tanto, un tira e afloxa vicioso que o xonalista debe vixiar, posto que a súa principal función é informar, non transmitir os seus valores éticos, estéticos ou ideolóxicos.

    Gústame

    1. Este tipo de manipulación das fotografías é un tema moi polémico. Xa se leva facendo esta práctica dende a época de Hitler, onde se borraba xente que non interesaba nas fotografías oficiais do réxime. E na a actualidade o Photoshop segue a facer estragos.
      O tema da fotografía de Inma Cuesta é realmente vergonzoso, xa que nese caso o retoque da fotografía foi feito co único fin de seguir un patrón de beleza, de que a muller que “adorna” a revista pareza máis delgada. Este caso non beneficiou á revista para nada, xa que, grazas ás redes sociais, a actriz publicou rapidamente o seu descontento e a foto orixinal. Afortunadamente, hai xente que se da conta, ás vces, desta mla práctica dos medios. Así, existen blogs e páxinas web que nos mostran recopilacións destas fotos manipuladas:

      http://blogs.publico.es/strambotic/2015/08/burda-mente/

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s