Non Son Xordomudo: Linguaxe Inclusiva

Rodríguez Obregón, Lucía – S3A4

sordo_n-672xXx80

Imaxen recuperada de www.que.es

Xordomudo é, segundo a RAE, “dicho de una persona: sorda de nacimiento y que padece por ello graves dificultades para hablar mediante la voz”. A primeira vez que se utilizou este termo foi na obra “Escuela Española de Sordomudos” de Lorenzo Hervás y Panadero. A partir de entón o termo atópase moi arraigado na nosa sociedade.

Mais, é correcto o uso do tarmo “xordomudo” para falar do colectivo xeral de persoas xordas?

O termo xordomudo é unha homoxenización do colectivo e, o propio colectivo atopao ofensivo. É un estigma co que a sociedade definiu tradicionalmente as persoas xordas. Este artigo do 14 de marzo busca arroxar algo de luz no asunto.

A propia Confederación Estatal de Personas Sordas, CNSE, indica que “Las personas sordas NO son sordomudas. Sordomudo es un término peyorativo y, como tal, incorrecto que resulta molesto.” O termo utilízase pola crenza de que as persoas xordas non poden falar e resulta ofensivo.

É sinxelo entender porqué se malusa este termo e porqué está tan extendido. Moitos xordos señan en lugar de comunicarse de xeito oral e, esto podenos levar a crer que non posúen voz, cando non é así necesariamente. Existe un colectivo xordomudo, como tamén existe un colectivo xordo-cego, máis a maioría dos xordos sí posúen voz aínda que o seu control sobre ela varíe por diferentes motivos: o seu entorno, a educación que recibiron, a idade…

Andrés, un dos participantes dos nosos círculos de lectura crítica, comentaba que a comunidade xorda ve esa palabra como pexorativa. “Os meus familiares entendenme cando falo, pero con persoas coas que non estou a menudo teño máis dificultade para que se me entenda falando. Mais moitas veces a xente ve que signo e din `é xordomudo´, e eu respondo directamente `por que dis iso?´”

Utilizar este termo denota un descoñecemento do colectivo e poder resultar nunha situación incómoda para as persoas xordas e para nós. Pero é un descoñecemento moi extendido, incluso na prensa: elpais.es, por exemplo, ten unha etiqueta para as noticas de persoas do colectivo xordo pero non é “persoas xordas” senon “sordomudos”. Por outro lado nesta publicación do xornal La Voz de Galicia hai unha gran incoherencia xa no titular “Hacía hablar a los sordomudos”. Nesta outra historia de El Faro de Vigo que fala sobre el Padre Carlos, fundador da asociación de xrodos, lemos como as persoas relacionadas co colectivo reivindican que se deixe de usar este termo.

A OMS anunciou en 1986 que o uso de “xordomudo” é erroneo e engañoso. Por outro lado, o governo de Reino Unido publicou online unha guía de linguaxe inclusivo e entre as palabras a evitar atopamos “deaf mute” (xordomudo).

É de vital importancia ter como obxectivo unha linguaxe inclusiva que responda á diversidade da sociedade na que vivimos e que reduza a exclusión, homoxenización e discriminación. E para lograr esta linguaxe, o colectivo de persoas xordas reivindica como podemos observar a eliminación do termo xordomudo e o uso de termos coma peroas xordas, persoas con deficiencia auditiva ou similares.

Como nos explicou Andrés, o pensamento do grupo de xordos é que o termo xordomudo é marxinativo e pexorativo. Homoxeniza a un colectivo minoritario que é en realidade moi heteroxéneo. “Cando alguén me insulta dicindo que son xordomudo eu digo que sí, son xordo e todos os días mudo de roupa. Eu prefiro que me chamen Andrés.”

 

Referencias

Baeza Carvajal, P. (2016). Educación Inclusiva: ¿Cuál es el término correcto? ¿Sordo o Sordomudo?. Diario El Día. Retrieved 14 April 2016, from http://diarioeldia.cl/articulo/social/educacion-inclusiva-¿cual-termino-correcto-¿sordo-sordomudo

Cerezo García, F. (2016). La “silenciosa misión” del Padre Carlos. Farodevigo.es. Retrieved 11 April 2016, from http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/03/23/silenciosa-mision-padre-carlos/1428327.html

Confederación Estatal de Personas Sordas. (2014). Cnse.es. Retrieved 11 April 2016, from http://www.cnse.es/psordas.php?id_seccion=1

Córdoba Villarta, A., & et al.,. Deficiencias Sensoriales Auditivas. Retrieved 14 April 2016, from http://ponce.inter.edu/cai/bv/Sordos_2006EP.pdf

Inclusive language: words to use and avoid when writing about disability – GOV.UK. (2014). Gov.uk. Retrieved 13 April 2016, from https://www.gov.uk/government/publications/inclusive-communication/inclusive-language-words-to-use-and-avoid-when-writing-about-disability

sordomudo, da. Diccionario de la lengua española. Retrieved 14 April 2016, from http://dle.rae.es/?id=YPzjN82

Wrigley, O. (1996). The politics of deafness. Washington, D.C.: Gallaudet University Press.

 

  • Revisión do editor: 14/04/2016 17:49
  • Revisión do GBO: 14/04/2016 19:40
  • Publicación: 14/04/2016 22:24
Advertisements

11 comentarios en “Non Son Xordomudo: Linguaxe Inclusiva

  1. Encantoume o teu artigo Lucía.
    É certo que se percibe na sociedad unha certa ignorancia inconsciente acerca do que significa “xordomudo” e as limitacions que ten a propia palabra. Moitas veces non somos capaces de empatizar o suficiente con este colectivo e xeramos un rechazo que impide incorporalos de forma completa á sociedade, sendo así un colectivo maís excluído. A linguaxe é, en moitas ocasións, unha arma máis de xeneralización que xera situacións moi ofensivas para unha comunidade, neste caso a xorda.
    Non só a linguaxe, outros moitos aspectos da sociedade son en moitas ocasións modos de exclusión. Os medios de comunicación, neste senso, son unha ferramenta máis de exclusión. Coñezo de primeira mán o caso dun amigo xordo que se ve totalmente excluído de numerosos debates que xorden acerca de, por exemplo, unha estrea televisiva, porque el ten que agardar a que o material audiovisual seña dobrado con subtítulos. Estes e outros moitos aspectos xogan nesa tecedeira de exclusión. Que se necesitaría? Unhos medios moitos mais dinamizadores e unha sociedade con moitas menos trabas.
    Aínda que hai moito terreo que labrar aínda, o outro día, buscando algo de información pola rede atopei esta noticia de rtve do 2014 na cal dicía que comezarían a subtitular o seu contido á carta. Este pequeno paso é realemente de axuda para moitas persoas. Aínda así, queda moito por facer para a inclusión social das comunidades con dificultades auditivas.
    http://www.rtve.es/television/20140226/rtvees-comienza-subtitular-su-servicio-rtve-carta/887447.shtml

    Gústame

    1. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

      Bo día Marina. Interesante punto de vista o que ofreces respecto o termo xordomudo, eu penso que máis que falta de empatía o seu uso débese a un descoñecemento pero quizás este descoñecemento si é causa desa carencia que ti mencionas de preocuparnos por aqueles que non son “iguais” a nós.

      Como ti ben dis, este colectivo atopase moi excluído en moitas situacións e a o acceso a televisión é so unha delas. Esta noticia http://cadenaser.com/emisora/2016/04/13/radio_club_tenerife/1460552538_762635.html aporta información sobre a triste situación que moitos teñen que sufrir nalgo tan básico como a educación.

      Este colectivo pode realizar as mesmas actividades que o colectivo ouvinte pero necesita de medios diferentes, neste caso intérpretes e subtítulos pero unha escasez nestes recursos sempre vai derivar, tristemente nunha falta de opcións que non lles permite levar unha vida integrada.

      Cada vez son máis as mobilizacións de poboación que esixen que se cumpran os dereitos e se utilice e inclúa a LSE e incluso que se inclúa nas escolas como ver nesta nova http://www.lavanguardia.com/vida/20160421/401265148503/familias-con-hijos-sordos-reivindican-el-uso-de-la-lengua-de-signos-en-las-aulas-porque-mejora-sus-resultados.html pois como xa falei noutro artigo o biligüismo aporta ventaxas para todos os nenos.

      De calquera maneira, queda moito por facer como ti indicas e todo empeza por tomar unha consciencia dos problemas do colectivo xordo e axudar a visualizalos.

      Gústame

  2. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    Moita razón en todo o que dis, Lucía. “Los sordos hablamos con voz y/o en lengua de signos, no somos mudos”. Voume quedar con esta frase que escribiu Pepita Cedillo ao explicar no blog “Todo sobre la sordera” a diferencia entre persoas xordas e xordomudas http://todosobrelasordera.blogspot.com.es/2008/01/diferencia-entre-sordo-y-sordomudo.html

    Penso que unha vez máis caemos no erro da xeneralización e homoxenización. Un erro que non fai máis que amosar unha sociedade completamente desinformada, que opta polo camiño máis facil; o de utilizar os mesmos termos para todo, ser ter en conta a repercusión tan negativa que isto pode acarrear. É completamente normal que as persoas xordas consideren peyorativo o uso dese termo, pois limita claramente o seu desenvolvemento como persoas. Por moito que loiten por levar unha vida do máis normal pese ás súas dificultades auditivas, atópanse con que na nosa sociedade non son soamente persoas “xordas” senón tamén “mudas”. Algo realmente triste que non debemos deixar que vaia moito máis adiante. “Cuando se es sordo, es cierto que no se puede oír, pero todo lo demás se puede hacer, e incluso más” (Carlos Michaud, viajero sordo y escritor). Esta frase célebre, sacada do blog que citei antes, plasma á perfección o que quero dicir. Por que optamos por poñer barreiras e limitacións a este colectivo utilizando termos absurdos?

    “Creo que la “curación” más eficaz de la sordera no es la medicina, ni los aparatos mecánicos o electrónicos…sino la comprensión” (Jack Cannon). Despídome con outra frase célebre que leva toda a razón do mundo.

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 15/04/2016- 12:21
    Data de revisión do GBO: 15/04/2016- 13:01
    Data de publicación do comentario- 14:51

    Gústame

    1. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

      Moi correcta reflexión, María. Estou de acordo contigo e coa frase coa que pechas o teu comentario. O que falta é comprensión, empatía, preocupación e entendemento do grupo. Recordoume o teu comentario a unha discursión que saltou nos medios fai poucos días por un comunicado da FIAPAS (Confederación Española de Familias de Personas Sordas) sobre o “riesgo de analfabetismo de alumnos con discapacidad auditiva” como podes observar nesta nova de EuropaPress http://www.europapress.es/epsocial/ong-y-asociaciones/noticia-fiapas-advierte-riesgo-analfabetismo-alumnos-discapacidad-auditiva-20160418173821.html. O colectivo xordo respondeu de inmediato explicando que non existe ningún estudo que apoie esa afirmación http://www.eldiario.es/tribunaabierta/lenguaje-signos-produce-analfabetos_6_507509266.html pero esto so é un exemplo da clara concepción errónea que se ten das persoas xordas e das limitacións que intentamos atribuírlles.

      A propia CNSE emitiu un comunicado tras esta polémica indicando que é necesario un repeto polos alumnos xordos e que as afirmacións carecen de rigor científico http://www.discapnet.es/Castellano/Actualidad/DISCAPACIDAD/la-cnse-exige-respeto-por-el-alumnado-sordo-usuario.aspx

      Claramente seguimos sen entender a situación e as posibilidades do colectivo xordo pero apreciamos que pouco a pouco o colectivo se normalice e os seus dereitos se cumpran.

      Gústame

  3. Iglesias Hervella Kelly- S2B1

    Boas tardes Lucía,
    felicidades polo teu artigo. Resultoume realmente interesante. E sobretodo, felicidades pola vosa labor con este colectivo tan olvidado polos medios de comunicación. E é que, ademais de tratarse dun colectivo minorizado na sociedade, o seu tratamento mediático incurre en numerosos erros, como ben mostras no teu artículo.
    Chamoume moito a atención o coflito existente co termo xordomudo, e é que, descoñecíao por completo. Sabía, iso si, que non todos os xordos carecen da capacidade da fala, pero non que no propio corazón do colectivo o termo fose considerado como pexorativo.
    Por outra parte, gustaríame aportar unha nova que atopei documentándome fai pouco, e á que se ten acceso no seguinte enlace:

    http://elpais.com/diario/2011/09/23/sociedad/1316728801_850215.html

    Nela, critícase que, a pesares de aprobarse a ley da lingua de signos (tan necesitada por este colectivo) en 2007, a penas se leva a cabo na práctica. Ó contrario, a tecnoloxía, como podemos ler neste artículo, avanza cada vez máis rápido e facilítalle ó colectivo a realización de numerosas actividades cotiás para as persoas con audición plena.
    Dende A CNSE (Confederación Estatal de Personas Sordas) reclaman:

    “El movimiento asociativo CNSE quiere lanzar un llamamiento a la sociedad para reivindicar la visibilidad de nuestro colectivo, la necesidad de que se cumplan las medidas que hagan posible la igualdad de oportunidades y el acceso a la información y la comunicación, y el reconocimiento a las compañeras y los compañeros que a lo largo de tantos años han luchado por los derechos básicos de las personas sordas y han contribuido a la creación de una sociedad más respetuosa con la diversidad”

    Intentemos, como a tecnoloxía, avanzar para facilitar, normalizar e facer útil unha lexislación que, aínda que existente, pasa por invisible.

    Saúdos!

    Revisión da editora: a autora é a editora.

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 17:14

    Gústame

    1. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

      Bo día Kelly. Moitas grazas polas aportacións de información que fixeches, resutloume moi curiosa en especial a reflexión que se fai na noticia crítica de El País titulada “LA BARRERA SE LLAMA DESCONOCIMIENTO”. Como ti ben dis estamos diante dun colectivo case invisible pero que necesita duns medios moi diferentes a nós e que polo tanto necesita dende unha lexislación ata un tratamento nos medios axeitado, algo que, efectivamente queda no papel.

      Aquí o BOE expón a ley 27/2007 https://www.boe.es/boe/dias/2007/10/24/pdfs/A43251-43259.pdf que trata o tema da LSE e os medios de comunicación e incluso explica número de horas de TV, requerimentos e tipos de subtitulado, etc…pero neste estudo http://www.cesya.es/files/documentos/InformeAccesibilidadTDT2014.pdf podemos observar como esa lei non chega a cumprirse e existen moitas carencias.

      É certo que a tecnoloxía axuda moito en casos de colectivos coma este pois novas aplicacións como SpreadTheSign ou TextoSign (diccionarios móbiles) facilitan a comunicación a diferentes niveis e integran máis ás persoas pero aínda queda moito por facer é estou convencida de que un dos primeiros pasos sería ter a atención dos medios e que estes denunciasen a situación que o colectivo vive como fai o artigo pero no 2011. Dende enton cambiaron as cousas pero queda por mudar e mentras siguamos sen coñecer a realidade das persoas xordas non poderemos tomar acción e axudar a integralas por completo na sociedade.

      Gústame

  4. CAMPOS CASTELOS, PATRICIA – S1A4

    Ola Lucía! Encantoume a túa entrada xa que non sabía a gran diferenza que había posto que eu tamén chamaba ao colectivo ‘xordomudos’. Como ben dis ti eles tamén teñen unha linguaxe para comunicarse, pola que sinto interese posto que sempre me quedo pasmada cada vez que vexo a dúas persoas comunicarse así. Aínda que os medios de comunicación nalgúns programas utilicen a súa linguaxe, eles mesmos, é dicir, os medios, crean os estereotipos deste colectivo á hora de redactar as noticias. Sempre se encargar de homoxeinizar e etiquetar a todos por igual cando non é así posto que como ti ben dis non é correcto. Debemos de tomar como exemplo as palabras de Andrés e actuar como el para así sacar dunha vez os estereotipos que hai nesta sociedade.

    – Revisión editor: 20/04/2016 15.30
    – Revisión coordinador: 20/04/2016 15.45
    – Publicación: 20/04/2016 15.50

    Gústame

    1. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

      Ola Patricia! Moitas grazas polo teu comentario. Existe moi pouco coñecemento sobre o termo “xordomudo” e o seu significado real e moitas veces incluso os medios como xa vimos o utilizan por descoñecer que é un termo pexorativo. Como ti ben dis debemos fuxír da homoxenización dos colectivos posto que estamos a falar de persoas moi diversas e con condicións diferentes pero sobretodo dos estereotipos que termos coma este crean.

      Gústame

  5. María Barcón Lage (S1A2)

    Ola Lucía,
    O teu artigo exemplifica o desprazamento ao que se ven sometidas as persoas xordas, a xeralización de conceptos que fan os xornalistas e canto menos preocupante dado que chamando, coma ti ben dis, “xordomudos” a todo o colectivo non se preocupan nin se quera de coñecer a persoa independentemente de que a súa capacidade auditiva se vexa mermada ou incluso sexa nula. Neste caso creo que entraría en xogo a liña editorial de cada xornal a hora de tratar certos temas nos que hai controversia dentro da poboación a causa da non documentación en certos temas, aínda que este descoñecemento non debe ser escusa para escribir de forma discriminatoria, dado que o descoñecemento non exime de culpa e neste caso tamén provoca un desprazamento deste colectivo. Este é un claro exemplo das melloras que debe facer a sociedade en termos de non discriminación respectando o sentido estrito para o que están definidas certas palabras e evitar un emprego incorrecto.

    – Revisión editor: 20/04/2016 18.20
    – Revisión coordinador: 20/04/2016 18.30
    – Publicación: 20/04/2016 18.32

    Gústame

    1. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

      Boas María! O termo “xordomudo” e o seu uso non debe excusarse en ningún momento baixo a liña editorial ou as creenzas dunha persoa particular pois trátase dun termo tan incorrecto e discriminatorio coma outros que sí recoñecemos discriminatorios coma pode ser “minusválido”. O termo utilizase como ben dis por descoñecemento e por eso intentamos denunciar o seu uso e motivar á xente a entender a situación do colectivo xordo e a utilizar unha linguaxe inclusiva e non ofensiva.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s