As voces silenciadas

 

Fernández Ruiz, Nagore- S2C3

Pilar-Callero-Sinforiano-Lemes-vivienda_EDIIMA20160210_0280_18
Fonte: eldiario.es

A finalidade deste artigo atópase na análise do tratamento que fan os medios de comunicación das fontes, centrándonos na información que afecta á Terceira Idade. Mediante este, preténdese defender o indicador que representa a falta de autodeterminación destas persoas, para as que se utiliza unha representación externa. Como xa se amosou nun artigo anterior deste Observatorio, a falta de contextualización e de profundización nas noticias sobre os anciáns é un gran problema dos medios, ao que se lle suma un aspecto que debería ser clave para dar unha información completa, e polo tanto, sen ningún tipo de manipulación: as fontes que se utilizan para confirmar ou contrastar.

Se facemos unha observación (non necesariamente pormenorizada) das noticias publicadas nos distintos medios de ámbito nacional, poderemos observar que as fontes utilizadas son sempre as mesas: a Garda Civil ou a Policía Nacional, xa que a maioría das noticias tratan sucesos nos que estas Institucións teñen un papel clave, declaracións de segunda ou terceira man de veciños ou testemuñas dos acontecementos e nalgún que outro caso, o propio Concello no que teñen lugar os feitos.

Un dos numerosos exemplos desta falta de obxectividade nas informacións sobre maiores observámolo na seguinte noticia publicada no xornal El País de febreiro do 2016, na que se fala dunha banda que enganaba a persoas para facerse cos seus cartos. Nela, só unha fonte amosa os feitos e explica o acontecido, a Garda Civil, o cal desobedece unha das normas máis importantes do código deontolóxico dun xornalista: a utilización de tres fontes como mínimo.

Outro exemplo atopámolo no mesmo medio, nunha noticia do pasado 2015 no que se informa do peche dunha residencia de maiores pola falta de atención que sufrían os anciáns. Esta vez si que se utilizan máis de tres fontes, que representan á Generalitat, ao Concello e á Policía Nacional respectivamente, pero neste caso tamén se bota de menos unha visión moito máis próxima dos feitos, das causas e dos protagonistas.

En xeral, non atopamos ningún colectivo de maiores que aporte a súa visión dos feitos, nin declaracións dos propios protagonista ou dos familiares. Este despotismo no que os medios converten este tipo de información, que defende á Terceira Idade pero que non conta con ela, permítenos observar a necesidade de ampliar a visión do xornalismo cara unha maior defensa dos intereses deste sector. Por iso, pouco a pouco, aparecen iniciativas de comunicación que pretenden dedicarse á defensa da Terceira Idade, como é o caso do Observatorio para Maiores e Medios da Universidade de Alicante, co que pretenden acercarse un pouco máis á realidade na que viven.

Referencias:

Hora de revisión do editor: 14/04/2016 19:15h

Hora de revisión do coordinador: 14/04/2016 20:00h

Hora de publicación: 14/04/2016 01:30h

 

 

 

Advertisements

2 comentarios en “As voces silenciadas

  1. Silvia Gómez García – S2D3

    Ola Nagore,
    As persoas maiores están sendo infravaloradas. Os medios de comunicación dan ás súas testemuñas a mesma valor que á dun meniño de catro anos. É por iso que á hora de relatar un suceso grave obviase a súa versión e pásase directamente ao seu “tutor”, as organizacións que din representalos, e sólo se lles pregunta cando se relata unha situación desenfadada ou alegre, de menor trascendencia.
    Aquí che deixo un artigo de opinión que fai unha boa relfexión sobre cómo se lle perde ese respeto como adulto a quen vai entrando na terceira idade:
    http://rpp.pe/lima/actualidad/adultos-mayores-que-son-tratados-como-ninos-noticia-683193
    Ao igual que ocorre con outros colectivos representados deficientemente, os maiores teñen unha gran brecha fronte a eles: as TIC. Isto réstalles autonomía á hora de denunciar unha situación, de compartir as súas vivencias ou de poñerse en contacto con un medio se fose necesario. E qué fan os medios ao respecto? Nada. Nin extenden o brazo ata eles, nin se preocupan por que a súa voz se faga oír, directamente contactan á institución correspondente e deixan que unha persoa fale por alguén que nin sequera se pode poñer na súa situación.
    Porque algunhas cousas hai que vivilas para contalas, ao igual que pasa coas persoas en situación de pobreza, ao igual que as que teñen unha discapacidade, e é ahí onde os observatorios entran, para pasarlles o micro finalmente. Neste traballo do Departamento de Acción Social da Diputación Foral de Bizkaia, exponse cal é o papel que xogan as persoas maiores nos medios de comunicación na rexión. É sen dúbida un documento interesante que tamén se podería aplicar á Comunidade de Galicia.
    http://www.bizkaia.eus/home2/Archivos/DPTO3/Temas/Pdf/Las%20personas%20mayores%20y%20los%20medios%20de%20comunicacion%20en%20Bizkaia.pdf

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:43
    Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

    Gústame

  2. Ola Silvia.
    Agradezoche o comentario, é unha boa complementación do que quixen amosar no artigo. A falta de autorepresentación deste colectivo foi un dos elementos en torno aos que xirou o noso traballo para o Observatorio. A falta de contextualización, o tratamento da información como simples sucesos e as fontes ás que acuden os xornalistas, son problemáticas que tamén afectan a outros grupos sociais, polo que non se trata dun caso illado.
    Decidimos estudar á terceira idade porque pensamos que o bo tratamento informativo é unha parte fundamental no desenvolvemento social, xa que forman parte do cambio interxeracional que sufrimos e son fundamentais para determinar a evolución da sociedade.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s