A criminalización dos mozos portadores do VIH nos medios

Baloira Armas, Ricardo- S1E1

ricardo sida buena

Imaxe recuperada en corrientesonline.com

En 1983 descubriuse a existencia do virus VIH, tamén chamado virus da inmunodeficiencia humana ou HIV que é coñecido por ser o axente causante do SIDA, unha enfermidade que xa en 1981 causaba estragos entre a poboación. Debido ao descoñecemento xeneralizado que existía da enfermidade naquela época, os afectados eran excluídos socialmente, dando igual a súa idade e condición.

Deste modo, ao facerse patente a existencia da enfermidade, o sector da poboación afectado polo VIH foi marxinado polo resto da sociedade. Os medios de comunicación non fixeron máis que agravar dita estigmatización grazas ao seus artigos tremendistas, os cales buscaban chamar a atención con titulares que se refiren ( de maneira errónea) á infección do SIDA en lugar de ao virus VIH, verdadeiro causante da enfermidade. Facendo énfase na palabra “ SIDA” en lugar de “VIH” búscase enfocar a atención na morte e no drama, efecto que non axuda en absoluto a que as persoas infectadas polo VIH,(e non necesariamente enfermas de SIDA) obteñan apoio social, mais ben o efecto contrario: a marxinación.

Temos artigos nos que se aplica o anterior con titulares como Los padres de los compañeros de una niña con SIDA continúan impidiendo a sus hijos la entrada a clase ouUna niña que contrajo el sida en una transfusión de sangre recibirá 659.000 euros“. Os mozos, especialmente os adolescentes, son os máis vulnerables á infección do virus VIH  polo que a estigmatización social que se lle da aos afectados polo VIH recae en gran medida neste sector da poboación, sobre todo se temos en conta que os afectados polo virus son cada vez máis mozos. 

Como observamos na película “La sombra del poder”, os medios de comunicación poder exercer un gran impacto na vida das persoas ao dar a coñecer publicamente detalles da súa vida privada, como pode ser o seu estado de saúde, danando desta forma a súa vida social, o cal podería incluso levar ao suicidio nos casos máis extremos.

Certo é que, co paso dos anos, os profesionais dos medios de comunicación coidan máis o seu trato con respecto á enfermidade do VIH e, por iso, rara vez se observan os artigos con expresións como “ sidoso, que ofenden a este colectivo. Sen embargo, a estigmatización segue ao poñer por diante o impacto da palabra “ SIDA” en titulares recentes como El camarero despedido por tener el virus del sida” (en lugar de dicir o virus VIH). 

O medo e o terror na sociedade polo SIDA, a pesar das múltiples campañas e páxinas en Internet que informan sobre como é en verdade a enfermidade e de que forma se transmite, seguen. O VIH só se contaxia mediante o acto sexual sen protección, as transfusións con sangue contaminada( ou ao compartir unha agulla ou xeringa con alguén infectado) e no caso no que unha muller con VIH quede embarazada. Non obstante, empresas como a da anterior noticia poñen trabas ao contratar persoas infectadas polo VIH aludindo a que “ La empresa tiene todo el derecho de contratar a gente sana”, aínda que o VIH non se pode transmitir mediante o contacto físico casual. Este comportamento nas persoas o provocan os medios de comunicación ao centrarse máis en acentuar o pánico polo VIH cos seus titulares tremendistas que eclipsan a información positiva sobre a evolución da enfermidade ,que pasou de ser mortal a crónica.

Na actualidade, a estigmatización persiste e os mozos afectados, catalogados polas persoas do seu entorno como drogadictos e promiscuos( elementos que sempre destacan os medios de comunicación), ven como a súa intimidade desaparece cando os medios fan alusión a detalles da súa vida privada( orientación sexual, estado de saúde…). Xa se demostrou co caso do empresario e en outras noticias recentes que a sociedade non responde ben ao coñecemento de persoas no seu entorno co virus VIH e isto, aparte da exclusión social, podería acarearlles problemas para encontrar traballo, o cal sería especialmente prexudicial para os mozos, máis vulnerables o virus, sobre todo se unimos a este factor o caso dos ni-nis xa tratado nunha entrada anterior do blog.

Referencias:

-Ainhoa Iriberri. (2013). ¡Hagan caso a los adolescentes con VIH!. 12 de abril, 2016, de El Mundo Sitio web: http://www.elmundo.es/salud/2013/12/01/5298e4b161fd3d125a8b4590.html

-Colpisa. (2015). Una niña que contrajo el sida en una transfusión de sangre recibirá 659.000 euros. 12 de abril, 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/2015/02/05/nina-contrajo-sida-transfusion-sangre-recibira-659000-euros/0003_201502G5P28991.htm

-Del Campo Alepuz, G. Exclusión social y Sida. 12 de abril, 2016, de Formación Postgrado en Enfermería Sitio web: http://www.aniorte-nic.net/trabaj_exclus_sida.htm

-Doriana León. (2016). Pacientes con VIH podrían quedarse sin medicinas en junio. 12 de abril, 2016, de La Verdad de Vargas Sitio web: http://laverdaddevargas.com/24/pacientes-con-vih-podrian-quedarse-sin-medicinas-en-junio/

-Elena B. Castilla. (1990). Los padres de los compañeros de una niña con SIDA continúan impidiendo a sus hijos la entrada a clase. 12 de abril, 2016, de El País Sitio web: http://elpais.com/diario/1990/04/03/sociedad/639093604_850215.html

-Informacion.es. (2013). El sida afecta en España a entre 3.500 y 5.000 personas al año. 12 de abril, 2016, de Informacion.es Sitio web: http://www.diarioinformacion.com/vida-y-estilo/salud/2013/08/02/sida-afecta-espana-3500-5000/1402105.html

-La Parada Digital. (2013). Gay sidoso violo a 8 niños. 12 de abril, 2016, de La Parada Digital Sitio web: http://laparadadigital.com/noticias-de-chihuahua-mexico.cfm?n=20048

-Laura Rivas. (2016). El camarero despedido por tener el virus del sida. 12 de abril, 2016, de El País Sitio web: http://politica.elpais.com/politica/2016/01/12/actualidad/1452634763_082306.html

-Ramon García Sedó, María José Gorozpe, Luisa del Carmen Martínez, y José Luis Terrón Blanco. (2006). El tratamiento del VIH/SIDA en los medios de comunicación escritos españoles. 12 de abril, 2016, de Observatorio de Comunicació i Salut InCom-UAB Sitio web: http://www.portalcomunicacion.com/ocs/down/20061110_inves_vihsida.pdf

-Ultimahora.com. (2016). Joven denuncia discriminación en las FFAA por supuestamente portar VIH. 12 de abril, 2016, de Ultimahora.com Sitio web: http://www.ultimahora.com/joven-denuncia-discriminacion-las-ffaa-supuestamente-portar-vih-n975470.html

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor: 15/04/2016-15:00

Revisión do GBO:15/04/2016-17:00

Publicación:15/04/2016-23:59

 

Advertisements

14 comentarios en “A criminalización dos mozos portadores do VIH nos medios

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    Desde os anos oitenta até hoxe hai algo que cambiou ben pouco, xa que os castigos e a criminalización comezaron recaendo sobre os grupos máis marxinados socialmente (homosexuais, transexuais, drogodependentes, sobre todo, como non, persoas novas todas elas) e actualmente continuamos percibindo o lastre deses estereotipos. Só hai que recordar casos rechamantes como o de fai algúns anos, cando o Alcalde de New York creu necesario recoller nun listado as identidades das persoas infectadas a fin de protexer aos seus cidadáns ou as políticas moralistas da administración Bush. O certo é que apenas podemos notar esforzos dos poderes públicos para rematar coas malas prácticas en relación a este tema, que segundo eu creo radica no descoñecemento.

    Cando buscamos nos medios galegos tradicionais a palabra “SIDA” ou “VIH” atopamos, na súa maioría, informacións cheas de estigmas sociais, confusión nos termos, etc. Por exemplo, nesta noticia de La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/gente/2015/11/16/charlie-sheen-sida/00031447703605181395776.htm a linguaxe utilizada xa nos suxire unha falta de coñecemento do tema por parte do autor: “virus del sida” e “virus del VIH” son tratados indistintamente no titular e no subtítulo. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2015/12/02/seropositivo-descubrio-era-portador-vih-tenia-29-anos-sida-posible-vivir-tener-hijos/0003_201512F2C12993.htm Este artigo non fai máis que perpetuar a estigmatización do virus e a infección, facendo central uns datos anecdóticos da vida privada dunha persoa.
    http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/salud/2015/12/01/10-claves-entender-vih/1361276.html Pola contra, en El Faro de Vigo si atopei un intento por educar e concienciar aos seus lectores sobre isto, aínda que soamente fose con motivo do Día Mundial da loita contra o SIDA.

    http://www.portalcomunicacion.com/ocs/down/2008_inves_vihsida.pdf
    No enlace anterior podedes consultar online ou descargar un PDF no que atoparedes un traballo de investigación sobre o tratamento do VIH e o SIDA en certos medios de comunicación escritos españois, que vos pode ser moi útil para completar esta información.

    Como última achega, e máis a modo de curiosidade, déixovos a continuación un enlace a un documental moi completo titulado “House of Numbers”, no que se tratan todos os puntos de vista, polémicas, as múltiples definicións do SIDA, acláranse dúbidas básicas, analízanse as orixes e moitas outras cousas máis. https://www.youtube.com/watch?v=woFRQPdaSqM

    En definitiva: As persoas con VIH ou SIDA, sobre todo as máis novas ao ser as que menos respecto suscitan, son o branco do repudio social, e non os gobernos e os medios que os representan, coas súas políticas públicas de desinformación e baleiro sanitario. “Criminalizar o odio e non o VIH” foi a campaña lanzada no marco da Conferencia Internacional de SIDA en xullo de 2010, pero eu daríalle un matiz diferente “Educar e criminalizar aos responsables do odio, non o VIH”.

    Hora de revisión do editor: 17.00h.
    Hora de revisión da coordinadora: 17.15h.
    Hora de publicación: 17.22h.

    Gústame

    1. Baloira Armas, Ricardo S1E1

      Ola Rita! Coincido contigo nas pésimas accións que cometen os gobernos contra as persoas infectadas co VIH. É un feito que os gobernos, en lugar de apoiar aos portadores deste virus, moitas veces realizan auténticas cazas de bruxas contra os seus propios cidadáns, con temor por contraer eles mesmos o VIH. Piden fotos, nomes… o dereito á privacidade non lles importa.

      http://gtt-vih.org/actualizate/lo_mas_positivo/lmp51/criminalizacion_vih_en_grecia

      Sen embargo, ¿quenes son os culpables deste medo irracional? ¿quenes provocan que as persoas mostren reticencia incluso a compartir comida con alguén con VIH? Os medios de comunicación, por suposto, son os principais informadores da sociedade. Certo é que agora o seu trato, polo xeral( que non sempre) é moito máis correcto cara as persoas infectadas co VIH e a propia enfermidade do SIDA. Sen embargo, todos estes anos de prensa catastrofista cara a enfermidade do SIDA e o virus do VIH exerceron unha influencia( mala, por certo) en relación a forma de pensar da sociedade.
      Actualmente xa non se da unha estigmatización tan obvia cara este grupo de persoas por parte dos medios, pero o problema radica en que aínda son excluídos do sector das persoas “ normais” ao ser tratadas moita veces a súa propia enfermidade como principal foco da noticia, todo polo morbo. Incluso as propias campañas contra o SIDA cometeron os seus erros en máis dunha ocasión, pero por fortuna cada vez máis persoas recoñecen cando se da a criminalización e ponllen freo.

      http://www.lasprovincias.es/valencia/20091116/local/valenciana/sanidad-paraliza-campana-entres-200911161421.html

      Esperemos que o futuro se presente mellor no relativo ao comportamento dos medios cara o SIDA e o VIH. Sen embargo, non todos os medios estigmatizan a estas persoas, pois Internet, á vez que conten artigos discriminatorios, tamén consta de páxinas webs dirixidas aos afectas por esta enfermidade, onde dan a coñecer asociacións de axuda as persoas infectadas e tamén para aquelas que queiran informarse mellor sobre o VIH e o SIDA.

      http://www.webconsultas.com/sida/asociaciones-de-ayuda-contra-el-sida-2095

      Gústame

  2. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

    Completamente de acordo co que escribiches Ricardo. Parece que aínda queda un longo camiño para conseguir normalizar a situación das persoas portadoras do VIH.

    Cando mencionas o rexeitamento ao que están sometidas en ocasións por parte da sociedade cómpre falar da serofobia, un termo que non aparece definido na OMS pero que cada vez se emprega con máis forza motivado polo comportamento das persoas hacia este grupo da sociedade. A serofobia son precisamente eses estigmas dos que falas por parte da sociedade cando son motivados por un medo irracional hacia as persoas con VIH, rexeitando calqueira achegamento a elas. Déixoche unha nova na que aparece o termo xa que eliminar a serofobia é clave para conseuir os obxectivos de asociacións que loitan para normalizar o colectivo e fomentar o diagnóstico precoz:

    http://www.abc.es/sociedad/abci-sida-serofobia-perjudica-seriamente-salud-201511302329_noticia.html

    Por outra banda, respecto á información acerca da transmisión e prevención do sida, é evidente que na actualidade todos e cada un de nós temos acceso a miles de portais, medios, campañas e folletos informativos, pero e se te sometes ás probas e dan positivo, que fas? Nese intre non hai nin campañas nin portais de axuda para guiarte a ti ou aos teus familiares e amigos sobre cómo será a túa vida a partires dese momento. Parece como se as persoas que o porten non tivesen dereito a dicir que poden seguir vivindo con certa normalidade grazas aos avances médicos de hoxe en día. Disto fala un artigo que topei con declaracións dun VIH positivo.

    http://www.vice.com/es/read/tengo-el-vih-y-no-quiero-mantenerlo-en-secreto-546

    A estigmatización ven derivada, en gran parte, polo descoñecemento da sociedade sobre o tema, ben porque non se interesan por él ou ben porque os medios tradicionais lle dan a espalda cada día máis deixando paso aos medios dixitais aos que patrte da poboación no ten acceso. Esa serofobia da que falaba anteriormente está motivada por este descoñecemento, e é que, como se ve na noticia que vos achego a continuación, se nin sequera os xóvenes, que son o grupo no que máis casos de VIH se dan ao ano, teñen claros os aspectos clave do sida, algo está fallando no interior da sociedade.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/12/02/vih-contagia-semen-saliva-sangre-/0003_201512G2P30993.htm

    Gústame

    1. Baloira Armas, Ricardo S1E1

      Moi interesantes os enlaces da túa resposta, Santiago. “ O VIH contaxiase polo seme, a saliva e…¿ pola sangue tamén, non?, este é o tipo de afirmacións que provocan a estigmatización aos afectados polo VIH. A ignorancia por todo o relativo á enfermidade e as súas vías de contaxio pode levar a que incluso se teña medo a falar cerca dun afectado, como se o VIH se contaxiara como a gripe.

      Tal e como da a entender o artigo, a breve educación sexual tamén ten parte da culpa de que estes mozos descoñezan tanto sobre a enfermidade e incluso cheguen a perderlle o respecto, como cando comentan que “ Agora esta moito máis controlado, xa case non sae na tele e descendeu o número de contaxios”.Pode que agora non lle dean importancia, pero no caso no que cheguen a contraer o virus VIH, aínda que sexa máis segura a enfermidade grazas aos avances médicos con respecto a cando se descubriu, a estigmatización segue, non tan obvia como no pasado pero certo rexeitamento, serofobia como ti ben dis, persiste.

      O propio artigo que aportaches expresa a dúbida nunha declaración:”Nos bombardean con folletos de preservativos, se habla a las personas negativas para que no se infecten, pero nunca se le cuenta a un positivo como seguirá su vida o a un pariente/amigo/pareja de un positivo para explicarle cómo apoyar y acompañar. El VIH es un virus, la falta de compromiso del Estado y la gente es un flagelo”. Aínda que existan páxinas web de apoio e asociacións, afirmando que pódese vivir con normalidade a pesar de estar infectado polo VIH, a túa realidade cambia irremediablemente, pois nada pode prepararte para as inminentes reaccións das persoas do teu entorno cando coñezan a túa condición, tanto positivas como negativas.

      Esperemos que esta situación mellore no futuro e,como di o artigo, se encontre, aparte dunha cura para o SIDA, outra para a ignorancia e os prexuízos.

      Liked by 1 person

  3. Ola Ricardo!

    Estou totalmente de acordo con todos os puntos que tocas no teu artigo, mais gustaríame puntualizar nunha cuestión máis. Os medios culpabilizan ao adolescente en canto ao contaxio nun momento determinado. Supoño que nunca se plantexaron unha cuestión presente en todos os claustruos dos distintos niveis de ensino: é adecuada e suficiente a educación sexual que reciben os nosos pequenos?

    No artigo de Eldiario.es que vou indicar a continuación, critícase o feito de que a educación sexual en España sexa totalmente esquecida.

    España ignora la educación sexual http://www.eldiario.es/sociedad/Espana-ignora-educacion-sexual_0_89241260.html

    Con todo, a sociedade prefire seguir xogando ao se ti te tiras eu tamén me tiro para reflectir coma loros os estereotipos que xa veñen de antigo. O progreso tan só importa se se aplica a artefactos electrónicos. Pero non se vai referido a valores.

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Ola Ana! Como ti ben dis, a educación sexual en España é bastante limitada, case tanto como a educación en xeral realizada en escolas e institutos, creadora de ni-nis desmotivados. Sen embargo, como no caso dos ni-nis, ¿ de quen é a culpa?Dos mozos, segundo os medios de comunicación.

      Coa despreocupación que mostran ultimamente os mozos polo VIH e o SIDA( resultado dunha escasa educación sexual), na miña opinión é necesario que se impartan melloras neste tipo de educación, sobre todo tendo en conta que este virus esténdese cada vez máis entre a poboación, sendo os mozos os máis vulnerables ao contraelo.

      Aparte de evitar que máis persoas se infecten de VIH, a educación sexual podería a súa vez axudar a que se reducira a estigmatización existente cara as persoas que si teñen VIH, o cal sería un gran adianto na relación aos valores sociais dos que falan. Porque a educación non só debe centrarse na cultura, senón tamén nos valores do individuo.

      Gústame

  4. Martínez Graña, Paula – S2B4

    Bos días, Ricardo:

    O tratamento das noticias relacionadas co virus VIH, por parte dos medios de comunicación, fomentou a creación duns prexuízos ao redor da enfermidade. Por qué tratar unha enfermidade de forma diferente ás demais? ¿Por qué tratar aos enfermos do virus VIH de forma diferente ao resto de enfermos doutras patoloxías?

    É evidente que esta diferenciación non é lóxica e, en parte, é culpa dos xornalistas que, facendo uso do ton dramático, relacionan esta enfermidade con termos como a sexualidade e a promiscuidade. Este tratamento é erróneo e as consecuencias reflíctense negativamente na sociedade.

    Ademais, existen noticias que relacionan directamente o contaxio do virus VIH coa homosexualidade nun ton discriminatorio. A continuación, adxunto un exemplo dunha noticia na que se pode ler o seguinte: “El perfil del nuevo portador de VIH es un hombre homosexual de entre 25 y 34 años. Más de la mitad de los casos, el 53,9%, se ha producido según Sanidad por prácticas sexuales sin protección entre hombres.”

    http://politica.elpais.com/politica/2015/11/26/actualidad/1448541058_429438.html?rel=mas

    Un saúdo!

    Publicación: 19/04/2016 11:20

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Bos días, Paula!

      A xente ten pánico ao virus do VIH ou, máis ben, ao SIDA que tanto mencionan os medios de comunicación. Certo é que os xornalistas, grazas as súas noticias catastrofistas da enfermidade, conseguen que teña este virus unha gran presenza nos medios.

      Sen embargo, esta presenza nos medios de comunicación é para mal, pois non se busca educar sobre a enfermidade senón acrecentar o medo. Este medo, non obstante, a xulgar polos últimos datos que informan sobre o aumento do número de afectados polo VIH, só sirve para que haxa un rexeitamento cara as persoas que xa están infectadas. En lugar de preverlles á hora de estar en perigo de contraer o VIH.

      Non axuda que sempre sexa mencionada a promiscuidade e as drogas en este tipo de noticias, pois coloca aos afectados dun sector da sociedade nada favorecido que en resumo, grazas ao descoñecemento xeral da enfermidade( sobre todo por parte dos mozos), es marxinado. A solución debe partir da educación sexual que se lle da a estes mozos co fin de que pouco a pouco sexa coñecida a fondo esta enfermidade,máis ala dos datos sensacionalistas que proporcionan os medios de comunicación.

      Un saúdo!

      Gústame

  5. López Fernández, Alejandro – S2D5

    Ola Ricardo, concordo contigo no pésimo tratamento que os medios de comunicación fan da información relativa ás persoas que padecen o virus VIH. Boto de menos unha falta de implicación por parte do xornalismo, desa empatía que permita comprender a situación do afectado. Aínda así, penso que esta “criminalización” non ten a súa orixe no tratamento dos medios, senón na escasa educación sexual coa que contamos desde a nosa infancia. Son moitas as enfermidades que aparecen diariamente nos xornais, pero moi poucas as que sofren unha marxinalización tan perigosa coma a do VIH. Os medios de comunicación fomentan esa actitude, pero o problema xorde da concepción que a xente tivo históricamente desa enfermidade, moi ligada a pobreza ou a prostitución. Neste artigo concrétanse moita información sobre este tema, así como as principais formas de discriminacións e a relación que a sociedade establece entre o VIH e outras problemáticas.
    http://www.monografias.com/trabajos4/elsida/elsida.shtml

    Por outra banda, vexo moitas semellanzas nesta criminalización coa que se da nos ámbitos da pobreza e da precariedade laboral, temas que trato nos meus artigos. Do mesmo xeito que acontece aquí, os medios de comunicación tenden a usar termos que en moitas ocasións supoñen unha falta de respeto hacia o afectado, ou polo menos non son os máis adecuados. Se ben neste caso, e como ti exemplificas, o xornalismo avanza cara un mellor tratamento da información na procura do respeto hacia a dignidade dos demais, séguense a dar situacións inaceptables.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2015/12/27/cochambre-convive-pocos-metros-vino-tapasrinconada-minola-murallarua-catedralrua-falcon/0003_201512L27C2993.htm
    Noticias nas que se refiren á xente sen recursos como “cochambre” non poden ser o modelo a seguir, da mesma forma que o uso de “SIDA” no lugar de “virus VIH” non debe consentirse.
    Outro dos factores que eu considero importante á hora de analizar o tratamento deste tipo de informacións é o sensacionalismo. O morbo atrae ás grandes masas, e o xornalismo actual bebe en gran medida dese impacto que causa relacionar o VIH coa droga ou a prostitución, coa vida privada de quen o padece. Como ti dis, destacan estes conceptos por riba do que supón a marxinación dos afectados. E aínda que o problema veña da concepción que a sociedade ten desta enfermidade, o xornalismo é unha das poucas ferramentas capaz de cambiar a situación.
    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 19:20
    Revisión do editor: 19/04/2016 ás 19:58

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Ola Alejandro. Estas no certo en relación ao tema do morbo e o sensacionalismo: o despectivo e alarmista chama a atención dos consumidores dos medios e os xornalistas non fan máis que abusar desta fórmula. Este problema non só afecta aos infectados polo VIH, pois no blog tratan moitos grupos prexudicados a súa vez polos medios, como son aqueles de clase baixa e colectivo LGTBI, por poñer exemplos.

      Para romper con esta situación, convén mellorar a educación en todos os termos. Sen embargo, á hora de mellorar a educación non me refiro soamente á que imparten en colexios e institutos, senón a que posúen os xornalistas. A influencia dos medios pode ser certamente perigosa en malas mans, polo que é necesario que os profesionais da comunicación sometan ao seu traballo a un lavado de cara e deixen de estigmatizar aos colectivos con tal de chamar a atención, pois esta labor non provoca máis que prexuízos en lugar de informar de forma correcta á poboación.

      Un saúdo!

      Gústame

  6. María Barcón Lage (S1A2)

    Ola Ricardo,
    A sociedade ten moitos prexuízos e moitas veces estes se ven reflexados nos medios debido a ignorancia do tema da persoa que esta a escribir, en este caso sobre o VIH.
    Cando apareceu no país na década dos oitenta, se relacionaba coas persoas que consumían drogas ou practicaban o acto sexual sen protección, e os primeiros contaxios pode que se deran deste xeito dado o descoñecemento da sociedade do uso de profilácticos e o auxe da movida madrileña apareada do consumo de sustancias psicotrópicas. Cando a enfermidade comezou a cobrarse moitas vidas foi cando o estado actuou facendo campañas de concienciación no uso de protección durante o acto sexual e outros consellos como non compartir materiais que houberan estado en contacto con persoas con VIH.

    A día de hoxe a enfermidade e coñecida a nivel mundial e se intenta buscar unha cura para poder freala, pero dado que son poucas as axudas por parte do goberno, hai campañas como a do videoxogo (http://www.telecinco.es/epidemia/ ) da que é imaxe Jesús Vazquez entre outros para financiar e seguir investigando para acabar con ela.

    Revisión da editora: 20/04/2016 18:05
    Revisión do GBO: 20/04/2016 18:19
    Publicación: 20/04/2016 18:29

    Gústame

    1. Ola María.

      É de gran axuda que varias campañas tomen medidas para financiar as investigacións desta enfermidade. Con todo, é lamentable que os gobernos non poñan do seu parte a súa capacidade de influenciar á sociedade para acabar coa criminalización aos afectados polo VIH.

      Ao falar de influencias na sociedade vénnos á mente os medios de comunicación que, aínda que non deixaron de lado aos portadores de VIH, prexudicáronlles o tratamento que lles deron en todos estes anos.

      Espero que, así progresen as campañas que buscan curar o VIH e a Sida, tamén o faga a ignorancia que mostra a sociedade cara a esta enfermidade.

      Un saúdo!

      Gústame

  7. Ola Ricardo. Eu nunca vin nun medio de comunicación chamar sidoso/a a unha persoa portadora do VIH ou co sida. No caso de que existan noticias que o recollan do feito no que dis paréceme unha falta de respeto indescriptible, xa que se está a facer mofa dunha enfermidade que pode provocar a morte da que a padeza.
    O sensacionalismo ao que se acollen os medios á hora de seleccionar os titulares das súas noticias deixa entrever as carencias da profesión na actualidade, entregada ás mínorías institucionais e amparada en titulares morbosos que o único que procuran é conseguir máis diñeiro, máis subvencións por parte do estado etc. Un exemplo disto é esta noticia de como se reparten as subvencións a medios de comunicación en España, recomiendo a súa lectura: http://www.eldiario.es/zonacritica/control-politico-medios-comunicacion_6_409869024.html. Saca as túas propias conclusións pero as miñas son que quen ten o diñeiro ten o poder, tamén á hora de facer xornalismo.
    Un saúdo.

    Revisión coordinador: 23:22
    Revisión editor: 23:43
    Publicación: 23:50

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Ola, Nerea. Nun enlace que achego no meu artigo utilizan no propio titular o término “sidoso” cun menosprezo total cara aos afectados por esta enfermidade. Aínda que non provén esta fonte dun xornal, é alarmante que existan en medios de comunicación como Internet contidos que, pretendendo informar aos lectores, sexan tan dados aos prejuicios e a falta de ética. Por fortuna os xornalistas melloraron o seu trato cara a este colectivo co paso dos anos, polo cal é completamente normal que non vexamos hoxe en día o como designan “sidoso” a unha persoa nos medios de comunicación principais.

      Coincido contigo na influencia que, para mal, ten o poder económico e político sobre os medios de comunicación. É unha mágoa que todo eses recursos, que poderían usarse para fomentar un mellor trato para as persoas con VIH nos medios ou ata para avanzar na investigación da cura desta enfermidade, sexan utilizados para mostrar os feitos de forma interesada ou, no peor dos casos, ocultalos por completo. Desgraciadamente non podemos sacar máis conclusións que o diñeiro pode comprar aos medios.

      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s