A discapacidade nas aplicacións e portais de contactos

untidfdsfdstled
Imaxe: Elaboración propia

Costoya, David S1C1

Hoxe en día, ter unha aplicación no smartphone para coñecer xente é xa un habitual na vida de moitas persoas. Dependendo do que se procure, hai aplicacións adaptadas ás necesidades dos usuarios: aplicacións para coñecer xente, para facer amigos, para buscar parella ou mesmo para ter encontros sexuais.

Aparte do servizo de mensaxería instantánea, o perfil dos usuarios e usuarias das páxinas e aplicacións de contactos consta normalmente do nome ou alcume, idade e unha breve descripción persoal (moitas veces apoidada na descripción dos rasgos físicos). Pero o que realmente determina o éxito na procura de contactos, ten moito que ver cas fotos persoais que acompañen e fagan destacar o perfil

Nos últimos tempos, este tipo de páxnas e aplicacións parecen erixirse coma grande e práctico avance da humanidade: ter ao alcance das mans un mundo de persoas por coñecer, e nun intre, poder mostrar interés ou rexeitar as persoas interesadas en coñecernos con tan só tocar a pantalla do smartphone. Adeus ao mito dunha soa única media laranxa.

Probar sorte dentro mundo dos contactos online levou a Kristen Parisi a facerse un perfil nunha popular aplicación de contactos, Tinder. Esta estadounidense de 30 anos encontrase en cadeira de rodas desde pequena, debido a un accidente de coche e isto inspirou a Kristen a facer crónicas sobre as súas experiencias. Colabora ca web Refinery29, unha plataforma web de Estados Unidos orientado ao público feminino que abarca temática de estilo de vida e moda e que ten máis de 25 millóns de visitantes mensuais. Segundo ella mesma afirma no seu articulo “I Told My Tinder Matches About My Disability & Got The Worst Reaction” (Díxenlle aos meus contactos de Tinder que tiña unha discapacidade y tiven contestacións horribles) a discapacidade que padece foi o detonante de rexeitamentos, insultos e preguntas ofensivas por parte dos homes cos que contactaba: << Aínda que tivese química ao chatear cun home interesado, pasaba ao instante de ser “a rubia atractiva” a ser “a moza en cadeira de rodas “, así entendín que a cadeira de rodas definiríame >>. Despois dun ano de moitas malas experiencias (e unha boa), Kristem decidiu eliminar o seu perfil da aplicación, convencida de que o problema real non era a súa discapacidade, senón a intolerancia, a incomprensión e a impertinencia dos homes cos que contactou. << Cheguei a sentir vergonza por estar en cadeira de rodas e cheguei a pensar que sería afortunada se algún deses homes pasase por alto a miña discapacidade. Pero, ao final, dinme de conta de que un home de verdade tería a sorte – e sentiríase orgulloso -de estar comigo, con ou sen cadeira de rodas>> sentencia.

Parecido conclúe Pierre Brasseur, sociólogo da Universidade de Lille e autor da tese “Sens interdits : une enquête sociologique sur Amour et Handicaps” sobre a discapacidade e sexualidade . Nunha entrevista en 2014, Braseur determina: <<teñen a impresión de que non hai lugar para eles neses sitios>>. Esta afirmación xorde dos resultados dunha enquisa na que participaron 50 franceses con discapacidade física que utilizaron portais de contactos en Internet.

Entre as dificultades, os enquisados encontráronse con que, se na fotografía do seu perfil era visible a súa discapacidade, os moderadores do sitio web rexeitaban a súa solicitude de ingreso e, unha vez dentro, ao explicar a súa situación de discapacidade, tiña un impacto negativo nos seus contactos.

A falta de adaptación no acceso a lugares de dominio público e actividades da vida diaria non so é un problema de accesibilidade, senon que repercute noutros aspectos da vida das persoas con diversidade funcional. Parece ser que a sexualidade das personas con discapacidade aínda é un tabú na nosa sociedade, xa que poucas veces aparece nos medios, e é de todos sabido que se algo non aparece nos medios, non existe.

O que sí parecen existir, como experimentou Kristen (e como seguramente experimentaron máis persoas na mesma situación), son as infranqueables barreiras mentais dunha parte da sociedade, que son moito máis dificultosas de superar que as propias barreiras arquitectónicas.

 

REFERENCIAS

  • Eleconomista.es (2015, 21 de mayo). Las diez mejores apps para ligar y cinco consejos para conseguirlo. Eleconomista.es. Recuperado de:

http://www.eleconomista.es/tecnologia-internet/noticias/6729086/05/15/Diez-aplicaciones-para-ligar-y-cinco-consejos-para-conseguirlo.html

  • Parisi, Kristen (2016, 11 de febrero). I Told My Tinder Matches About My Disability — & Got The Worst Reaction. refinery29.com. Recuperado de:

http://www.refinery29.com/disabled-tinder

  • Corporate, R29 IN NUMBERS. (2016) Recuperado de:

http://www.corporate.r29.com/

Revisión editor: 15/4/2016 16:00
Revisión GBO: 15/04/2016 16:20
Publicación: 15/04/2916 17:25

 

Advertisements

4 comentarios en “A discapacidade nas aplicacións e portais de contactos

  1. Silvia Gómez García – S2D3

    Ola David, o que comentas no teu artigo é unha realidade incómoda, de esas que á sociedade lle doe recoñecer. Hoxe en día parece que a sociedade está moi concienciada respeto ás persoas discapacitadas, pero ela misma ten un hándicap ao non ser capaz de ver nunha destas persoas a súa sexualidade. Con isto quero dicir que aínda non está o sufientemente educada como para asimilar isto, e nesta labor de concienciación desde logo que os medios fan ben pouco. Actualmente, existen páxinas web que queren demostrar tanto a perosoas con e sen discapacidade, que o amor existe máis alá desta. Un exemplo é a francesa “Amour&Handicap”, que hai pouco abriu a súa versión web para compartir testemuñas reais, tal e como se viña facendo na páxina de Facebook.
    http://www.amour-et-handicap.fr/commentaires.html
    Parece que neste ámbito, os franceses seguen a estar un paso por diante, xa que son numerosas a páxinas de encontros dedicadas a estas persoas, ou que canto menos animan ás persoas sen prexuízos a inscribirse nelas.
    Aquí che deixo algúns exemplos, aínda que hai moitos máis.
    http://www.idylive.fr/
    http://www.handistory.com/
    http://www.serechercher.com/
    En canto a ese tema tabú que é o sexo entre as persoas discapacitadas, a ONG británica Scope fixo a finais do ano pasado un vídeo no que Paul Paterman, un recoñecido grafista con incapacidade para andar, responde con un ton de humor. Emily Swiatek, unha bloguera que forma parte de Scope, tamén comentaba algunha anécdota sobre as súas relacións sexuais tendo en conta os seus ataques de epilepsia. O obxetivo? responder ás persoas que sintan unha curiosidade e promover que se fale do tema ao igual que se fai co sexo entre persoas sen discapacidade. Aquí che deixo o video, moi interesante.

    http://www.7sur7.be/7s7/fr/1520/Sexe-Relations/article/detail/2483482/2015/10/09/Comment-les-personnes-avec-un-handicap-font-l-amour.dhtml

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 12:03

    Gústame

    1. Costoya, David (S1C1)

      Silvia, moitas grazas polo teu comentario, a verdade e que este é un tema moi pouco tratado na nosa sociedade.
      Tal e como comentaban no noso círculo de debate Compostela Diversa, a veces as persoas discapacitadas síntense tradatas coma un “bulto”, pasando por alto todo o que son como persoas polo mero feito de non poder moverse como o fai o resto das persoas. A interpretación do I Círculo de Compostela Diversa podela atopar aquí: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/31/primera-reunion-compostela-diversa-circulo-de-lectura-critica/

      O romper as leis, coma fixo Kristen Parisi, ao presentar en primeira persoa a visión dun tema tan descoñecido para a maior parte da humanidade ten moito mérito. En primeiro lugar, porque o resultado para ela foi pésimo, recibindo insultos e vexacións, e hai que ser moi valente nestes tempos para querer confesar a crúa realidade. En segundo lugar porque case sempre tratamos o tema da discapacidade desde a nosa perspectiva, moitas veces sen darlle voz ou procurar os puntos de vista das propias persoas con discapacidade.
      E por certo, a mesma Kristen Parisi colaborou cunha web na que se trata de visualizar que as persoas con discapacidade tamén poden ser obxeto de desexo e non só un ente apegado a cadeira de rodas: http://www.visualnews.com/2016/04/12/differently-abled-beach-body-series/
      Está claro que aínda hai moito que facer para que esta situación se normalice, e neste proceso, os medios de comunicación teñen un papel fundamental ao darlle voz a aqueles que son os que mellor poden relatar o que realmente sucede.

      Revision GBO: 22/04/2016 23:13

      Gústame

  2. María Barcón Lage (S1A2)

    Ola David,
    A sexualidade é un problema para todas as persoas que teñen unha discapacidade dado que a sociedade non os concibe sen prexuízos equivocados por desgraza. Por este motivo moitas das persoas como as que tratades no voso círculo séntense desprazadas e teñen complicado ter parella.

    Tamén hai que ter en conta que todas as aplicación para encontrar parella na rede están creadas por empresas privadas e polo tanto eles deciden a quen queren dirixir o seu produto, aínda que sexa desigual para algúns colectivos e sería de agrado que deixasen os prexuízos de lado para darlles a oportunidade a todos.

    Revisión da editora: 25/04/2016 17:40
    Revisión do GBO: 25/04/2016 17:50
    Publicación: 25/04/2016 18:31

    Gústame

    1. Grazas polo comentario, María. Os prexuízos son o grande muro que nos impide avanzar e que, sexamos francos, a todas as persoas nos costa superar.
      Está claro que detrás das aplicacións, hai empresas, que, aínda ofrecendo a posibilidade de utilizar devanditas aplicacións, sacan algún tipo de rendemento económico. Como xa é sabido, no mundo dos negocios nada se fai polo amor ao arte. Estou moi dacordo contigo, e está claro que as empresas non poden controlar todo o que os usuarios fan coas aplicacións, pero si deberían existir unhas normas máis estrictas de uso, para que todos os usuarios, con ou sen descapacidade, non se sintan agredidos ou discriminados por outros usuarios.

      Revision GBO: 21/04/2016 16:13

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s