Compostela Diversa. II Reunión Círculo de Aprendizaxe

David Costoya López (S1C1)

Gemma Aguete Sancho (S1C2)

Juncal Álvarez Álvarez (S1C3)

Marta Eireos Curras (S1C4)

Lucía Casas Piñeiro (S1C5)

O mércores, 6 de abril de 2016, tivo lugar en Santiago de Compostela a segunda reunión do noso círculo de aprendizaxe, Compostela Diversa. O noso propósito é profundizar no tema da accesibilidade a espazos públicos en Santiago de Compostela e a súa visualización e interpretación nos medios. Esta vez reunímonos no centro comercial Area Central, que segundo os compoñentes do círculo, ten unha accesibilidade boa a pesar de ser un centro comercial algo anticuado.

Os participantes de dito círculo son cinco pesoas voluntarias con distintos tipos de discapacidade: Tito Cabo, Toni López, María Jesús Pérez, María Dolores Piñeiro e Shaila Tarela. Esta vez, Toni e María Jesús non puideron acudir á reunión por motivos persoais. Polo tanto, o círculo estivo composto por Tito, Lolita e Shaila, que tras tomar un café, comezaron a debatir sobre diversos aspectos da accesibilidade a lugares abertos ao público baseados en experiencias persoais que lle ocorreron, a Tito cando realizou unha etapa do camiño de Santiago e a Shaila cando quixo ir a o cinema.

Tito, que facía uns días que realizara un tramo  do camiño de Santiago con demáis personas do colectivo, afirmou que non se encontrou con grandes dificultades na ruta en sí, senón que encontrou problemas de accesibilidade nos establecementos hoteleiros da ruta que seguiu. Concluíu que non so era unha realidade nos hostais e hoteis de baixa categoría senón que recalcou que nalgunha ocasión encontrou hoteis de cinco estrelas sen estar adaptados para persoas con discapacidade.

De seguido, Shaila quixo comentar un problema que lle xurdiu recentemente ao acudir ao cinema do Centro comercial de As Cancelas, en Santiago de Compostela. Segundo relatou, viuse obrigada a poñer unha folla de reclamacións debido a que este cinema (aberto ao público en novembro de 2012) non está adatado para persoas con problemas de mobilidade. As persoas en cadeira de de rodas tan só poden acomodarse na primeira fila. No caso de querer sentarse máis arriba, vense obrigadas a pedir axuda ou a levar un acompañante para subir os escalóns.

Estas breves experiencias persoais marcaron o punto de partida para a posta en común de ideas e opinións sobre as noticias que se saíron a debate no círculo.

DSC_0019
Tito e Shaila antes de comezar a análise das noticias

A primeira noticia do círculo, “Un discapacitado, sin puntos, cazado a 300 km/h con un Porsche”, publicada polo diario El Mundo o 22 de Marzo de 2016, narra como un home foi detido por circular a 300km/h cando o límite para este conductor era de 100km/h. Un home discapacitado, dato que parece resultar de vital importancia para xustificar o sucedido ou, polo menos, iso parece expornos o xornal. Así o viu Tito, quen pensa que a noticia exite polo simple feito de que foi un discapacitado quen conducía.  O verdadeiramente chamativo é que teña máis relevancia o feito de que o conductor sexa un discapacitado e non o detalle de que vaia a 300km/h, tal e como dixo Shayla no círculo “Un discapacitado en primer lugar. es lo primero que lees. No lees: “cazado en un porsche a 300km/h un discapacitado ”..

Así mesmo, estableceron que tampouco a linguaxe utilizada é a axeitada, de principio a fin. Tras un titular morboso que só pretende chamar a atención subliñando que a persoa detida era un discapacitado, atopámonos con que a persoa verdadeiramente afectada non ten ningunha declaración ao longo da noticia.

O sensacionalismo e a procura de elementos morbosos é unha constante ao longo da noticia, onde se subliñan as cuestións polas cales o protagonista está en cadeira de rodas ou por outra banda os altercados pasados do individuo por cuestións de tráfico de drogas. Elementos que non resultan importantes para relatar este suceso e que ditaminan como, finalmente, o tratamento da información nesta noticia non foi o axeitado.

DSC_0032
Lolita debate aspectos da noticia “Un discapacitado, sin puntos, cazado a 300km/h con un Porsche”

Outra noticia de contido chamativo foi a debatida no círculo debido á súa dubidosa finalidade social para o colectivo. “Una App para personas con discapacidad, Premio Accesibilidad Universal 2015”, publicada en http://www.republica.com o 29 de setembro de 2015, reflicte a existencia dunha nova aplicación tecnolóxica que busca facilitar a accesibilidade para persoas con algún problema de diversidade funcional.

Partindo dunha total descontextualización, promúlgase o desarrenrolo dunha nova aplicación da cal nada se concreta. Non aparecen ligazóns nin nomes sobre marcas para que os lectores poidan informarse sobre a creación da devantita aplicación, o cal xera a sensación de non aprender nada tras ler a noticia, tal como dixo Tito: “Te dicen que hay la aplicación, pero no te explican que están haciendo”.  Neste caso, o que caracteriza á noticia é a falta de información necesaria e unha gran cantidade de datos e nomes que realmente non son de gran utilidade. O corpo da noticia céntrase máis nos premios de accesibilidade que nas novas axudas tecnolóxicas, o cal leva a crer aos membros do círculo de xeito unánime que o feito de que se publique esta noticia non sexa axudar e informar o colectivo de persoas con discapacidade, senón nomear á fundación encargada de conceder o premio. Abúsase entón da autopromoción por parte desta organización para facer publicidade a calquera prezo, tal como opinou Lolita no debate: “les conviene este tipo de publicidad”.

DSC_0027 (1)
Os membros do círculo debaten os pros e os contras da aplicación a cal se refire a noticia “Una App para personas con discapacidad, Premio Accesiblidad Universal 2015”

A tan soada noticia de Inditex converterá su Pull&Bear de Ferrol en un“outlet” atendido por personas con discapacidad” publicada o 5 de abril de 2016 na Voz de Galicia, edición Ferrol, saíu a debate. As opinións respecto diso aquí eran variadas. Tito non podía esconder o seu rexeitamento as políticas da empresa e a este movemento. Mentres que Shayla difería: “Eu véxoo ben. É unha oportunidade. Se o fai ben, critícase, se non tamén se critica”. Lolita estaba máis ou menos na mesma posición que Shayla, para ela sempre é positivo, ao ofrecer un emprego a persoas que o teñen un tanto difícil. Aínda que dicía que “así debería ser sempre, eu poñeríao en todas as tendas”.

Con todo, lendo máis atentamente a noticia, coincidiron en que o organismo que impulsara esta iniciativa, máis aló de Inditex, fora seguramente Cogami. Probablemente sen a súa axuda isto xamais pasase, mais non se menciona ata o final do lid e non se volve a falar diso. O foco de interese é máis a tenda en sí que Cogami ou as persoas con discapacidade. Velahí o que os mebros do círculo coincidiron en que quizáis era un  intento de publicidade cara á marca.

De feito, ata no titular terminaron por ver ese fin comercial. Todo o mundo coñece Inditex e sabe que Pull&Bear pertence a esa marca, pero afírmano dúas veces. Mentres que Cogami afástase do titular, de forma incomprensible. Finalmente, Tito lémbranos a forma en que Inditex foi criticada nun dos últimos programa de La Sexta, Salvados, polo que pensa que esta noticia non é máis que unha forma de limpar a súa imaxe.

DSC_0008

Para rematar, Tito quixo compartir connosco máis detalles acerca da súa aventura no camiño de Santiago, do que falaba ao principio da reunión. Díxonos que o pasaron xenial, que foi unha viaxe para un recordo e contounos numerosas anécdotas que conseguiron sacarnos un sorriso á todos. Repetiunos que a accesibilidade do camiño non é mala. “É un camiño, non tén por qué estar adaptado”, admitiu. O problema chegou cando entraron na catedral de Santiago, despois do longo recorrido. “Puxéronnos no centro para que todos puideran vernos e darnos a noraboa”. Engadiu que tanto el como os seus compañeiros sentirónse intimidados e incómodos ao ter tanta atención dos alí presentes.

Falamos de diversos temas antes de marchar. Para cerrar a sesión, coma sempre, preguntamos se disfrutaran da reunión. Amosáronse satisfeitos, aínda que todos coincidimos en que notamos a falta de Toni e de Susi, os dous membros ausentes.

Despedímonos e marchamos xuntos ata a entrada do centro comercial, onde continuamos a falar uns minutos máis. Todos chegamos ás nosas casas cun bo sabor de boca: a reunión foi realmente amena, cun debate moi interesante sobre noticias de accesibilidade e numerosas anécdotas, nas que os tres participantes da nosa mesa redonda mostráronse máis abertos e confiados que a primeira vez.

Revisión editor:15/04/2016 15:30

Revision GBO: 15/04/2016 16:11

Publicacion: 15/04/2016 22:20

Advertisements

2 comentarios en “Compostela Diversa. II Reunión Círculo de Aprendizaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s