Entrevista a Juncal Álvarez (S1C)

Alicia Casas Fontán (S1D3) y Carmen Badía Deltell (S1D2)

Entrevista Juncal Álvarez, Grupo S1C

DISCAPACIDADE

c1b82751-9d40-4f1e-bc0d-43d902ececb2

Asistiu Juncal, soamente. Foi suficiente ainda que ao principio non semellaba que fora a ser doado, Juncal fala pouco e pensamos: se cadra as preguntas son máis longas que as respostas. Non foi así e tan pronto chegamos xa había palabras, moitas palabras. O ambiente era agradable, mais sinalou Juncal que a palabra “agradable” non lle gustaba. Non o argumentou, dixo que non era importante pero o importante é que sí argumentou o resto das respostas. Prendemos a luz, prendemos a grabadora e fixo café. A entrevistada foi anfitriona e a anfitriona entrevistada.

Contounos cousas a pequenos e grandes rasgos, pero sobre todo fíxonos entender que unha mesma cidade muda a pel cando un discapacitado pisa a rúa. Que hai diferentes formas de ver unha cidade e algunhas son máis cómodas  que outras.

Para comezar, Juncal cóntanos que a súa elección do tema da discapacidade competiu co tema do paro, porque ambos reciben un tratamento equívoco nos medios, pero que finalmente por votación optaron polo primeiro. Insiste en crer escoller correctamente xa que os problemas que sofre este colectivo son maiores dos que pensaban. Algúns dos artigos que xa publicaron son, por exemplo, o seu tratamento nos medios ou a  accesibilidade en Compostela

Juncal bota unha ollada aos seus papeis por se se deixa algo atrás que  poida ser do noso interese mentres nós preguntámoslle como formaron o seu Círculo de Aprendizaxe e as dificultades que tiveron para iso. Explícanos que Cogami e a Once foron as asociacións principais a través das que conseguiron participantes, catro e un, respectivamente. Ao grupo S1C pareceulle máis complexo contactar coas devanditas asociacións que conseguir participantes, xa que eles están interesados en que se difunda esta problemática debido a todos os problemas e neglixencias que se atopan no seu día a día.

No primero encontro, Juncal e compañía concluíron que os medios non cobren nin a metade dos problemas de accesibilidade que poden chegar a atoparse e o mesmo sucede cos concellos. Susi e Toni, dous integrantes, mencionan a inclinación das ramplas, chanzos antes dos ascensores, baños mal adaptos ou ben, baños ben adaptados pero sen accesibilidade.  O grupo propón, por tanto, tres medidas que deberían adoptar os medios. A primeira sería empezar a dar voz a este colectivo e fomentar a súa autodeterminación. A segunda, deixar de usar a estas persoas como medio de publicidade ou elemento morboso. Na maioría de noticias a verdadeira información nunca recae nos feitos obxectivos (en caso de sucesos) ou en información útil para o lector (en caso de noticias sobre avances, por exemplo). A terceira medida, que a pesar de ser a que máis se repite, para o círculo quizais sexa a menos importante, sería empezar a usar unha linguaxe apropiada á hora de referirse a persoas con discapacidade. Existen guías de estilo sobre o tema en moitas páxinas web, pero parece que a moitos xornalistas aínda lles custa usalas.

Para finalizar a entrevista, o grupo agradece a súa colaboración a todo aquel que formase parte da súa análise e, sobre todo, ao Círculo, con cal tendran nuns días a segunda reunión. Eles fixéronlles ver a cidade de forma distinta grazas a darlles voz no Observatorio. Ademais, Juncal fainos un adianto: o grupo vai gravar algúns percorridos de Santiago para difundir publicamente os problemas de accesibilidade que hai. 

Que a cidade cambia segundo a ollada que mire, e que algunhas olladas son máis cómodas que outras.

Revisión editor: 15/04/2016   16:00

Revisión GBO: 15/04/2016 20:20

Publicación: 15/04/2016  21:07

Advertisements

Un comentario en “Entrevista a Juncal Álvarez (S1C)

  1. Este texto ten problemas de ortografía en galego e grallas de dixitación, de máis dos hipervínculos necesarios tal como indican as normas de estilo. A foto non corresponde. Corrixan axiña. Ollo editores e coordinadores.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s