II Círculo de Debate. Prostitución

Castaño Gosende, Noelia -S1B1

Costa Iglesias, Nerea -S1B2

Álvarez Martínez, Adrián -S1B3

Alonso Posada, Fabián -S1B4

Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5

NYX
Fotografía obtida de: Flickr

 

O xoves realizamos o segundo debate coas mulleres do noso círculo. Unha vez máis reunímonos na Asociación Vagalume, nun cuarto pequeno, pero acolledor,  cunha ampla fiestra. Unha a unha, tódalas participantes do debate fóronse sentando, preparadas e con gañas de falar con nós para analizar e traballar sobre como os medios informan sobre elas mesmas e o seu traballo.

Chegamos todos xuntos pola tarde ao local da Asociación, e recibíronnos con entusiasmo e con recortes de noticias. Se hai algo que nos chamou a atención foi o abertas e espontáneas que son, cousa que agradecemos moitísimo. De novo, as participantes no debate foron: Lourdes, a educadora do centro Vagalume, como moderadora do debate, e cinco das asistentes ao centro: Flor, María del Carmen, Amor, Dominica e Magdalena.

Unha vez que estivemos todos colocados nos nosos postos, revisamos as noticias que nos trouxeron. A pesar de indicarlle que os recortes debían ser de medios galegos, elas trouxeron de outros xornais tamén. Comezamos o debate coa primeira noticia, a cal a trouxo Flor, de ‘El Correo Gallego’, e o titular era “Uno de cada 5 varones en España admite consumir prostitución”. Na noticia falábase sobre o número de homes que admiten consumir prostitución no noso país. Nada máis rematar de ler os datos, as mulleres reaccionaron ante o titular ríndose e burlándose entre elas unha vez máis das cifras que publican os medios, xa que como ben dixeron na outra ocasión, tan só se interesan por publicar números. Por unha banda, estaban as que consideraban que estas cifras non son reais, que hai moitos máis homes que acuden aos servizos das prostitutas. Por outra banda, algunhas mostráronse de acordo, como por exemplo a muller que buscou a noticia, que dicía que “probablemente consúmeno oito de cada dez homes pero tan só o admiten dous ou tres, daquela é moi complicado acertar neste caso”. Lourdes comentou que existía unha vergoña xeralizada por parte dos homes á hora de ter que recoñecer que pagan ou pagaron nalgunha ocasión por manter relacións sexuais. Este comentario foi apoiado pola meirande parte das alí presentes, que defendían a veracidade da noticia mais crían que realmente había unha cantidade moito maior de clientes no mundo da prostitución. Mais como adoita pasar, outras participantes afirmaban e respostaban a isto con que entre os homes non é unha vergoña ir a clubs de alterne nin pagar por ter sexo.

A seguinte noticia que tratamos titulábase “El perfil de la prostitución: joven, extranjera y con hijos” e foi publicada no Faro de Vigo. As mulleres ao escoitar esto puxéronse serias, xa que todas cren que isto é certo, que desta vez os medios teñen razón, posto que varias das integrantes do noso círculo, cumpren estas características: mulleres solteiras ou viúvas e extranxeiras (República Dominicana, Venezuela, Brasil e Nixeria). O que non acababa de encaixar moi ben era o de ‘con hijos’. Algunha delas é aínda moi xove e outra, en cambio, xa é avóa. De todas maneiras, pensan que os medios non deberían meterse tanto neste detalle, por exemplo Flor pensa que “hai galegas que tamén exercen a prostitución, só que elas fano de maneira máis escondida, por así dicilo”. O medo a que se lle recoñeza, a que apareza por alí algún coñecido, fai que as galegas non traballen tanto nos clubs de alterne. Chamounos a atención, pero tampouco nos sorprendeu moito, o comentario dunha delas. Explicábanos que a noticia en parte tiña razón, que moita xente vía pola rúa unha muller con estas características e rapidamente se lle viña á mente a palabra “puta”. Unha vez máis, publícase o morboso, o que fai catalogar a prostitución como un problema que non pertence a España, que o traen os extranxeiros. Non consideramos necesario que os medios de comunicación dean detalles sobre os perfís das prostitutas.

Outras das novas que nos trouxeron tiña que ver co enfoque puramente económico que algúns medios lle dan prostitución. Concretamente foi un artigo que atoparon no xornal  El Confidencial. Titulado como Las mentiras, las grandes mentiras y las estadísticas sobre  prostitución, as mulleres presentes sentíanse bastante molestas xa que acusan á prensa de seguir a catalogar ao seu oficio como unha actividade delictiva. O artigo comeza contando que a prostitución  formará parte do PIB xunto con outros negocios ilegais. Magdalena sentiuse moi molesta de que clasificaran a prostitución no mesmo posto que as drogas e a venta de armas: “Poderá haber opinóns de todo tipo, pero poñer a prostitución  no mesmo posto que o consumo de drogas ou outras actividades delictivas,  está fora de lugar”. As outras membros do círculo apoiaban o dito por Magdalena. Aínda que tamén destacaban a positividade do último parágrafo no que se fala das estatísticas sobre as prostitutas que son vítimas de trata. Denuncian que moitas veces nos medios de comunicación non se contrastan os datos deses estudos que difunden unha idea equivocada sobre a prostitución.  Saber realmente a cantidade de persoas que son vítimas de trata chega a ser moi complicado, pois detrás de todo iso hai mafias perigosas traballando.

Eldiario.es tamén tivo o seu momento de gloria no noso círculo. Unha das integrantes presentou a nova titulada  “El estigma de ser mujer, inmigrante y prostituta”Se ben a escolla da mesma non nos pillou por sorpresa porque xa a trataramos un pouco anteriormente, si foi un desafogo saber que desde dentro se pretendía a inmersión cotidiá na prostitución. Por sorte puidemos contrastar estes datos cuns de previa elaboración, referentes a unha nova de RTVE, que explica a nacionalidade das empregadas do sexo de pago en España e a súa condición de traballo. Outra das distincións coas que conta o artigo é a de aquelas que exercen a prostitución por vontade propia, ou son vítimas de trata. Neste caso tódolos participantes do grupo pretendían ter a primeira palabra, e foi Lourdes quen deu o turno a cada unha delas. María falou que unha das dificultades ás que se enfrontan á hora de voltar ao mercado laboral, é que existe un medo ou certo reparo por parte dos empresarios cando chega o tempo de contratalas “é coma se levases unha cruz na fronte” citaba. Un dos problemas principais que teñen é a situación de irregularidade, é por iso, que trala lectura do noso documento, puidemos formularlles que a gran maioría das mulleres que exercen a prostitución en España son de nacionalidade rumana, e que aínda que supoñen o colectivo maioritario, son tamén as que sofren máis trata. Non existiu ningún tipo de comentario cara o colectivo, e temos que destacar que no centro non hai mulleres rumanas, mais acordamos afondar máis no tema no derradeiro círculo.

O reclamo que xurdiu por parte do faladoiro (e foi algo no que todos coincidimos) é que ningún medio de comunicación se fai eco das vivencias e do día a día que pasan cada unha delas, cos dedos dunha man contan os artigos de opinión ou reportaxes que poden ler na prensa, con respecto ao colectivo rumano non existiu ningún tipo de comentario, o cal chamou en certa maneira a nosa atención, pero acordamos voltar á trata do tema no próximo círculo.

  • Revisión do editor: 15/04/2016: 20:00
  • Revisión do GBO: 15/04/2016 : 21:20
  • Publicación: 15/04/2016 : 23:37
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s