No punto de mira: Sudamérica

 Fonte Imaxe: Unique- Southamerica
Rodríguez Filgueiras, Eila – S3B3

É ben sabido que os medios de comunicación son os principais culpables da extensión de estigmas e prexuízos sobre os inmigrantes, desencadeando así o racismo. Poñemos por exemplo unha noticia de El Mundo sobre unha agresión a un policía que intentaba evitar un roubo. A terceira frase do corpo da noticia revela información innecesaria; a nacionalidade dos delincuentes: “Cuatro personas de origen sudamericano entraron a robar en un domicilio”.

O resto da noticia explica cómo os ladróns atacaron ao policía con violencia, tirándoo polas escaleiras. Ao revelar a súa nacionalidade, vai calando nos lectores uns estigmas contra todo o colectivo sudamericano, sementando un racismo latente.

Pero, é tamén así nos países do sur de América? Os medios de alí especifican a nacionalidade española dun delincuente cando presentan a noticia? Aínda que por Internet é complicado atopar un exemplo nalgún dos principais diarios como El Espectador de Colombia, Santiago Acosta, un mozo colombiano residente en Galicia, cóntanos que si, posto que “en cualquier medio de comunicación de cualquier país siempre va a haber una adaptación de los hechos y una estereotipación a favor de quien escribe y de para quienes escribe.”

Sen embargo notamos moita máis a presencia deste problema en España. Poñemos outro exemplo, esta vez de El Paísonde se especifica a nacionalidade dos detidos polo roubo con violencia a anciáns; “Los arrestados tienen entre 22 y 55 años y son de origen sudamericano —un venezolano, un colombiano y un hondureño—.” Pero, por que esta fixación cos inmigrantes? Santiago explica a súa opinión; “La mala fama siempre recorre los países que han pasado calamidades o que no son consideradas primer mundo. Y más en Europa, que empezó siendo el primer mundo, siempre tienen una idea de que lo que hay fuera de Europa está por evolucionar, y eso no es así. Este pensamiento hace que cualquier extranjero que no sea europeo va a tener un trato diferente” . Tamén nos achega unha moi interesante visión concreta sobre o tratamento mediático europeo, que extende esa “mala fama” sobre os países do sur de América; “Hay que entender la postura europea. Para mí, Europa fue el territorio colonizador por excelencia. Tiene una perspectiva equivocada respecto a los países que antes eran colonias suyas. América era una de esas grandes colonias, y siempre nos miraron por encima del hombro. Después de que la mayoría de América se independizase y crease sus propios gobiernos y recuperase sus costumbres y tradiciones, siempre quedó ese resentimiento por parte de Europa”.

Trátase de intereses políticos e sociais, rencores históricos que deciden aplicar como “castigo” a estes países unha condena ao desprestixio, á perpetualización dos prexuízos e dos estigmas utilizando a arma social e internacional máis poderosa; os medios de comunicación. Xa vimos que o fan sinalando con dedo culpable a nacionalidade dos sudamericanos cando cometen algún delito en España, pero moitas veces tamén recurren a métodos peores como a manipulación nunha das súas formas máis sutís; a descontextualización. O mesmo Santiago cóntanos de primeira man unha experiencia negativa cos medios que serve como perfecto exemplo; “Recuerdo bien cuando tenía 13 años que iba en bici por la calle cuesta abajo. Salió una anciana del portal y no me dio tiempo a maniobrar bien el freno. Rompió, caí y me la llevé por delante. Yo en el suelo, intentando ayudar a la señora, noté como un cúmulo de gente se acercaba y solo una me ayudaba. Al día siguiente en La Voz de Santiago había una pequeña reseña que tenía como título <<Joven atropella a anciana en su bicicleta>> pero el artículo especificaba cosas innecesarias como <<joven adolescente de nacionalidad colombiana atropella a anciana de 75 años enviándola al hospital>>. No ponía que la había ayudado a levantarse ni tampoco que después de que los policías me crearan una ficha policial lo primero que hice fue ir a verla al hospital junto a mis padres”.

A solución a esto é complicada, posto que como se indicou anteriormente, o problema pende de intereses políticos, e loitar contra ese sector é prácticamente imposible. Aínda así é cada vez máis fácil e máis libre expresarse grazas ás novas tecnoloxías. Na opinión de Santiago, dende a mirada interior de quen coñece o trato que recibe, explica: “Para que cambie esto tendría que haber una especie de colectivo honesto, una emancipación de todos estos factores que gobiernan desde arriba y para sí mismos. Cuanto menos politizados estén los medios de comunicación, mejor. Internet es una herramienta que puede ayudar muchísimo”.

Referencias:

Revisión do editor: 20:05
Revisión do coordinador: 20:35
Hora de publicación: 21:45
Advertisements

11 comentarios en “No punto de mira: Sudamérica

  1. Eu creo que o tema non é o medo aos sudamericanos en sí, senón todo tipo de estereotipos que sacuden día a día ás comunidades que están fóra das nosas fronteiras. Sen ir máis lonxe, cada vez que unha persoa de nacionalidade portuguesa se ve involucrada nun accidente de coche, se especifica que é portuguesa (supoño que polo prexuízo de que os portugueses conducen mal). E iso contando con que Portugal é unha sociedade avanzada, do “primeiro mundo” e europea en todos os sentidos.
    De todos xeitos, creo que ben é certo que hai un amplo espectro de prexuízos de cara ás persoas de nacionalidade sudamericana (que moitos dos meus familiares, arxentinos, levan sufrindo toda a vida), así como doutras nacionalidades que se cren “con tendencia á delincuencia” como rumanos, marroquíes, etc…
    Ademais, estes prexuízos van máis alá do tema da delincuencia, cousa que tamén hai que mencionar. A sociedade española (e europea en xeral) ten unha concepción de latinoamérica como un cacho de terra con selvas e xente morena case en taparrabos que debullan o millo entre cánticos indíxenas e pouco máis. Por suposto, esquecen que, a parte diso (que lle confire unha grande natureza e riqueza social e cultural como pobo), tamén existen grandísimas cidades, boísimas universidades, impresionantes tecnoloxías, inquedanzas culturais, políticas e económicas…
    Ademais, a problemática da muller é importante destacala nestes aspectos, pois existe a convicción social de que as mulleres latinoamericanas teñen unha “tendencia natural” a exercer a prostitución. Sen ir máis lonxe, eu convivín durante os meus anos de instituto cunha rapaza dominicana que estaba farta de que lle preguntaran nas discotecas canto cobraba polo mero feito de ser negra, ter acento e levar saia curta. A meu pai, preguntáronlle cando coñeceu a miña nai (arxentina), se fora nunha barra americana (e destes comentarios coñezo tres mil).
    Eu creo que o peor disto é que as persoas extranxeiras teñen que vivir continuamente xustificándose, afirmando que son boas persoas, que non rouban, non violan e non son prostitutas, demostrando cada día que pagan a pena, que son xente “normal”. Esa é a verdadeira lacra.

    Gústame

    1. Sen dúbida tes razón en todo o comentario. Agradezo as achegas de experiencias posto que son enriquecedoras á natureza deste artigo.
      Quedo pensando no exemplo que puxeches dos portugueses. Opino que ocorre, pero en moita menor medida que cos cidadáns sudaméricanos. Por desgraza o racismo e os estereotipos están en todos os países do mundo, polo que non se trata xa dun eurocentrismo, senón que se expande a un egocentrismo propio de todos e cada un dos países respecto aos demais. As razóns disto quedan un pouco lonxe do meu entendemento xa que se precisaría un estudo sociolóxico, pero pensando por riba opino que quizais a raíz sexa o instinto de competitividade e quizais os complexos humanos que nos fan precisar humillar aos demais para sentirnos superiores como sociedade.

      Gústame

  2. Lois Barcia, Mélani S2C1

    Este problema xorde en parte porque o xornalismo deixa de lado a obxectividade en favor dos seus intereses, é dicir, os medios tenden a engadir datos con pouco valor informativo, neste caso, para criminalizar aos inmigrantes.
    Habitualmente, cando un inmigrante comete algún crime parace importante resaltar dita condición, cando se se trata de unha persoa de nacionalidade española ese feito non é importante e só se centran no feito. Con isto conseguen que a sociedade española conciba aos estranxeiros como algo negativo.
    Sen embargo, segundo datos do Goberno o 80% dos delitos son cometidos por españois e non por inmigrantes: http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/espana/extranjeros-cometen-20-delitos-aclarados_55543.html . Pero este aspecto non é interesante para os medios de comunicación, provocando que se xere información que non é fiel á realidade. E inlcuso nos atopamos con casos de “hipocresía” como sucede con EL PAÍS, xa que a súa suposta liña editorial non se axusta á información que ofrece aos lectores: http://elpais.com/diario/2004/02/22/opinion/1077404406_850215.html .

    Pero este desprestixio que se dá nos medios españois, tamén sucede nos outros países como ben dis no teu post. Cada sociedade tende a defender os seus membros por enriba dos estranxeiros, pero isto non debería supoñer a criminalización deles. Unha cousa é mellorar a imaxe dun colectivo e outra é facer que un colectivo pareza mellor por desprestixiar outro. O máis grave e que a xente que consume a información acéptaa como verdade sen sometela a crítica, dándolle así demasiado poder ós medios.

    Gústame

    1. Dende logo, o poder dos medios é indiscutible. A solución ao problema que sintetizaches nas últimas liñas do comentario está en nós, nos futuros medios. A nosa educación debería ser cara a tolerancia, o respeto e a igualdade. As persoas que poden cambiar a situación son aquelas que a viven dende dentro e traballan con ela. Este tipo de proxectos axúdannos a ampliar a nosa visión, a darnos conta da realidade e polo tanto a concebir o afán de cambiala.
      Debemos traballar para mudar o enfoque dos medios de comunicación sobre estes temas, para unha información igualitaria e veraz.

      Gústame

  3. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

    Xa o decía Sabina: “Y si dos vascos atacan a un farmacéutico en Vigo, jura el testigo que eran Sudacas”. Estou totalmente de acordo con todo o que dis no teu artigo, Eila. Aínda que eso xa deberías de sabelo: tratáse de sentido común. A tendencia tremendista, o sensacionalismo e a búsqueda constante de elementos morbosos non resultan algo novo nos medios de comunicación. Hoxe en día, para que alguén se pare a ler por máis de dous minutos unha noticia, é necesario incluir un titular de impacto, e qué mellor que estigmatizar a un colectivo que xa de por si está excluido da sociedade, ¿Verdade? Resulta contrario a toda ética e moral do noso futuro oficio, pero tristemente é deste xeito. Colectivos de extranxeiros, prostitutas, discapacitados (físicos ou mentales) son sempre un elemento que exerce de gancho, que chama a atención. Pero, ¿isto é producido como consecuencia das publicacións nos medios ou é a mirada pública quen desencadeu ese comportamento nos medios? O que sí teño claro é que a perfecta simbiosis decadente e amoral que existe entre ambos mundos debe terminar, e se eso é posible, o cambio e a rectificación debe ter lugar nos medios de comunicación, para así chegar á cidadanía e establecer que todos somos iguales sen importar nosa procedencia, condición sexual, orientación relixiosa ou situación económica.
    http://www.congreso.es/consti/constitucion/indice/titulos/articulos.jsp?ini=14&tipo=2

    E é que, cando se tende á xeneralización, o único que se consegue é a repulsa hacia ese colectivo, criminalizando así a persoas inocentes e pagando xustos por pecadores.

    A descontextualización, a falta de ética e o terrible afán de conseguir máis lectores tenden a ser os principais erros que adoitan levar a este desastre. Unha vez establecido isto, o único que podemos facer é intentar empezar de cero e eliminar pouco a pouco as falsas ideas preconcebidas que cultivamos durante anos e anos.

    Revision GBO: 20/04/2016 12:33

    Gústame

    1. Tamén opino coma ti respecto ás causas desta situación. Penso que os medios de comunicación teñen un 80% da culpa posto que son eles quenes educan á sociedade, os que manexan e encauzan a maneira de pensar das persoas. Isto exténdese, como ti dis, a moitos máis colectivos estigmatizados e discriminados como as persoas que se dedican á prostitución, as persoas con trastornos mentais ou defectos físicos importantes, persoas de relixións que non sexan a cristiá… E isto é debido a un eurocentrismo radical que nos inculca a través dos medios e de maneira moi sutil que todo aquelo que non sexa branco, cristián, adiñeirado e “normal”, é perigoso.
      Sen dúbida é unha das maiores preocupacións e vergoñas que temos neste planeta a data de século XXI, nun mundo onde os avances e progresos significan moitas veces un retroceso humano.

      Revisión do editor: 19:35
      Revisión do coordinador: 20:29
      Hora de publicación: 21:42

      Gústame

  4. López Fernández, Alejandro -S2D5

    A experiencia que relata Santiago Acosta ao longo do artigo é sen dubida moi esclarecedora, e resume en gran medida ese racismo inxustificado fomentado polos propios medios de comunicación.
    A descontextualización é un dos grandes problemas do xornalismo, e parece darse en multitude de ámbitos. No tema que o meu grupo e máis eu estamos a analizar, a pobreza e a precariedade laboral, destácase continuamente a falta do por que das cousas, das causas que levan a unha persoa á falta de recursos. No tema que expós ao longo do artigo, a falta de contexto dáse non na orixe do problema, senón no conflicto en si mesmo, impulsando deste xeito esa actitude racista. Os medios de comunicación inflúen directamente na nosa forma de ver e percibir o mundo, e o constante bombardeo de este tipo de noticias, que terxiversan a realidade e destacan por riba do demais a nacionalidade do individuo, conciencia á sociedade da superioridade do propio país fronte ó resto. Por sorte, xa existen certas ONG loitando por un cambio no tratamento da información, como a organización SOS Racismo Madrid
    http://www.elconfidencial.com/espana/2015-01-04/sos-racismo-acusa-a-los-medios-de-alimentar-el-miedo-al-extranjero_616259/
    Dita organización, coma ti fas ao longo do teu artigo, destaca ese énfasis co que os distintos medios se refiren á cultura e orixe do implicado, cando en realidade isto non inflúe en ningún sentido no feito que se está a contar.
    Coido ademais que apenas se avanzou neste tema. Basta con ler calquera xornal para atopar ao pouco o nome dalgunha nacionalidade en pleno titular, como o recentísimo caso da muller asasinada en Lugo.
    http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/04/11/policia-detiene-senegales-exnovio-joven/1439309.html
    Moi poucas noticias (por non dicir ningunha) evaden o feito de que o seu ex novio é senegalés. Que ten que ver isto co crime en cuestión?
    Deixo por aquí un artigo que me proporcionou gran cantidade de información sobre a relación entre os medios e o propio racismo que fomentan, por exemplo asociando nacionalidades minoritarias nun país coa delicuencia ou a drogadicción.
    http://www.stopracism.ca/content/racism-and-media

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 19:00
    Revisión do editor: 21/04/2016 ás 16:01

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario!
      Unha das cousas das que me din conta traballando neste tema é que a nacionalidade dos estranxeiros nas noticias só se pon cando hai un delito ou a noticia non é “beneficiosa” para esa persoa. Cando a persoa é a víctima (poñamos por caso un senegalés) moi poucas veces se especifica. Isto é polo afán de criminalizar e crear estigmas sociais a través da mala prensa.
      Tamén hai que dicir que moitas veces este problema está tan interiorizado nos xornalistas que pasa desapercibido. Non se decatan do que están a facer, porque actúan de maneira case automática, sen ningún tipo de intención. Penso que unha das claves para solucionar isto é concienciar tamén aos profesionais dos medios de comunicación sobre esta realidade, para evitar así pouco a pouco a extensión e lograr a erradicación deste problema.

      Revisión do editor: 19:45
      Revisión do coordinador: 20:33
      Hora de publicación: 21:49

      Gústame

  5. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

    Está claro que o morbo e o sensacionalismo move as masas. Un claro exemplo ocorre cando hai unha liorta ou mesmo un accidente, que vemos que xa teñen axuda, pero achegámonos a ver o que pasou. Considero que seguir fomentando estes prexuízos con noticias como esta, http://www.elcomercio.es/oviedo/201602/20/detienen-cuatro-jovenes-banda-20160220002314-v.html , tan só nos leva ao odio e a manter estereotipos. Non precisamos saber se quen roubou era romano, colombiano ou brasileiro. Nunha situación moi semellante pasa coas persoas xitanas. Nos xornais ou informativos televisivos sempre indican se algún participante do problema era xitana. Como dixen ao comeza, considero que todo o move o morbo e o sensacionalismo. Está nas nosas mans mudar isto.

    Revisión do editor: 20:00
    Revisión do coordinador: 20:30
    Hora de publicación: 23:00

    Gústame

    1. Este é o punto do noso traballo, unha das cousas que descubrimos e das que nos decatamos traballando neste tema. Pasa moitas máis veces das que pensamos, non exactamente por morbo nin sensacionalismo, senón por prexuízos e racismo profundamente arraigado na mente da sociedade de maneira case inconsciente.
      Por suposto que está na nosa man cambiar isto, sobre todo nas mans das novas xeracións de comunicadores, que precisamos primeiro darnos conta da existencia destes problemas, e segundo arranxalo cambiando o uso destes termos e o enfoque das noticias.

      Revisión do editor: 11:45
      Revisión do coordinador: 12:23
      Hora de publicación: 12:40

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s