O mundo que merecen os discapacitados auditivos

Viqueira Giovachini, Mikaela. S3A6

Image da fonte: pixabay.com

A prioridade dos medios de comunicación é, sen dúbida, vender. É evidente que, de non ser así, tentarían aportar información que sensibilizara á sociedade. O principal problema que presentan os sucesos das minorías sociais recae no feed-back que provocan na audiencia consumidora da súa información.

A redacción está preparada para albergar un sentimento de tristeza que non corresponde coa necesidade que precisan as persoas con discapacidade auditiva, xa que buscan que a sociedade axude a estes colectivos coa súa reivindicación, para que se recoñezan os seus dereitos. O recurso que empregan os medios, pois, non se corresponde coa demanda que precisan os xordos para exercer presión social.

Así, temos como exemplo o dunha profesora que impartiu a lingua de signos en todas as súas clases para integrar a unha nena xorda. Un suceso semellante aconteceu en Bosnia, cun alumno que se sentía aillado na escola, ante a imposibilidade de establecer comunicación cos seus compañeiros.

Trátanse de historias de superación e de loita por enfrentarse á realidade. Chegan ao lector, pero non cobran máis importancia da que trascende na noticia. É dicir, a audiencia felicita e premia os actos. Sen embargo, non se involucra na causa. José Antonio Estévez, membro do noso Círculo de Lectura Crítica, cun 50% de perda auditiva, comenta sobre estos sucesos que “no deberían ser noticia, porque debería de nacerle ya a la sociedad ser así de solidaria”, como resposta á ignorancia que practica o goberno.

Neste sentido, os medios non manifestan os dereitos que precisan estas persoas para que a súa problemática sexa recoñecida na sociedade, e poder, en consecuencia, exercer máis presións gubernamentais que palien as súas necesidades. E, en caso de alegar inxustizas, os seus argumentos cargan contra a xestión do goberno, sen dar relevancia algunha ao feito; utilizan o sensacionalismo para criticar ás altas esferas, desatendéndose así do verdadeiro feito e restandolle importancia á súa finalidade: realizar unha chamada social.

Está claro que os colectivos minoritarios, desta forma, non van a poder adaptarse á sociedade, posto que ninguén vai facerlles caso. Polo tanto, debemos buscar alternativas que faciliten aos xordos expresar as súas esixencias. A base, polo tanto, incide nos motores de busca de contidos relacionados co colectivo.

Ningún medio de comunicación español facilita o acceso a noticias relacionadas coa discapacidade auditiva, salvo El País ou o rotativo El Informador. Non obstante, a pesar de que debamos agradecer a bondade destos dous xornais, non consiguen establecer unha integración do todo correcta, xa que a temática de xordos atópase etiquetada baixo o término de “xordomudo”, un concepto que caracteriza a un sector do colectivo, non á entidade enteira.

É evidente que os medios deben aterse a unha serie de valores noticia. Polo tanto, non pode haber noticias sobre xordos todos os días se non houbo un suceso trascendente na axenda informativa. Pola contra, a progresión que se podería realizar para mellorar a súa condición e visibilidade nos medios é habilitar unha etiqueta de “Discapacidade auditiva”, – exemplo do diario El Espectador, de Colombia – na que se englobe a todas as noticias, posto que, tal e como apunta Andrés Caamaño, o membro do noso Círculo, “sería la terminología más correcta y digna de representación al colectivo”.

Dado que apenas dispoñemos de estudos que poidan aportarnos máis información sobre a poboación xorda, hai propostas e iniciativas lucrativas que se emprenderon para fomentar a investigación. É o caso de FIAPAS e CNSE. Ambas propoñen concursos anuais, financiados por entidades bancarias, para que os científicos e interesados poidan emprender un proxecto de investigación que axude á comunidade xorda.

Estas propostas poden mudar o futuro destas persoas, xa sexa innovando novas tecnoloxía para ter acceso a máis necesidades ou, simplemente, desenvolvendo ferramentas comunicativas que axuden a manifestar os seus dereitos sen ser tratados como unha minoría social. Hai unha grande diversidade de temas que, cun pouco de inxenio, motivación e interese, poden saír adiante.

Trátase de temas que non trascenderon máis alá das webs especializadas. Se os medios os desen a coñecer, poderían derrubar unha barreira comunicativa que podería desencadear en procesos meramente positivos: por unha banda, os científicos apostarían por mellorar as condicións de vida dos xordos, invertindo en I+D; os xordos, pola contra, terían máis facilidades, ao incrementar o interese por reivindicar a súa falta de necesidades. Polo tanto, conviviríamos nunha sociedade máis xusta e igual.

BIBLIOGRAFÍA

Ballesteros, M. (2015, 9 de junio). Pequeños que hablan con las manos. Lavozdegalicia.es. Recuperado de: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/oleiros/2015/06/09/pequenos-hablan-manos/0003_201506E9P60993.htm

CNSE (Confederación Estatal de Personas Sordas). Fundación Repsol lanza el concurso “Tu proyecto cuenta. Rompiendo Barreras”. Cnse.es. Recuperado de: http://cnse.es/home_detalle.php?id_inicio=101

Espectador, El. Discapacidad Auditiva. Elespectador.com. Recuperado de: http://www.elespectador.com/tags/discapacidad-auditiva

FIAPAS (Confederación Española de Familias de Personas Sordas). Convocatoria abierta. Fiapas.es. Recuperado de: http://www.fiapas.es/FIAPAS/premio_b.html

Información, La. (2016, 16 de abril). FIAPAS convoca el XV premio de investigación en deficiencias auditivas. noticias.lainformacion.com. Recuperado de: http://noticias.lainformacion.com/asuntos-sociales/discapacitados/DISCAPACIDAD-CONVOCA-INVESTIGACION-DEFICIENCIAS-AUDITIVAS_0_896910638.html

Informador. Últimas noticas Sordomudos. Informador.com.mx. Recuperado de: http://www.informador.com.mx/1638/sordomudos

País, El. Sordomudo. Elpais.es. recuperado de: http://elpais.com/tag/sordomudos/a/

RTVE (Radio Televisión Española). (2014, 27 de septiembre). Más de un millón de personas tienen alguna deficiencia auditiva en España. Rtve.es. Recuperado de: http://www.rtve.es/noticias/20140927/mas-millon-personas-tienen-alguna-deficiencia-auditiva-espana/1018540.shtml

3, Antena. (2016, 9 de febrero). Los alumnos de una clase aprenden lengua de signos para comunicarse con un compañero sordo. Antena3.com. Recuperado de: http://www.antena3.com/noticias/mundo/alumnos-clase-aprenden-lenguaje-signos-comunicarse-companero-sordo_2016020900414.html

  • Revisión do editor: 15/04/2016 21:00
  • Revisión do coordinador: 15/04/2016 21:30
  • Publicación: 15/04/2016 22:11
Advertisements

11 comentarios en “O mundo que merecen os discapacitados auditivos

  1. As minorías, por desgracia, son grupos vulnerables en todos os ámbitos da sociedade, xa que nunha sociedade capitalista que se move por interese monetario, as monirías como no caso dos xordos, ven vulnerados os seus dereitos porque non poden exercer a suficiente presión ante os gobernos y demais entidades que deberían ser máis solidarios coas persoas que teñen algunha discapacidade.
    Os medios de comunicación só buscan o impacto do titular cando dan unha noticia sobre persoas discapacitadas. Pero os medios teñen a capacidade de exercer unha gran influenza e esta debería usarse para transformar e educar á sociedade para normalizar a imaxen das persoas que poidan sufrir calquer discapacidade e impulsar as súas reivindicacións e non usar as súas limitacións para dar lástima que non é en ningún caso o que pretenden.

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6
      Totalmente de acordo coas tuas moi acertadas palabras, Lara. É evidente que as grandes cabeceiras se aproveitan da súa tiraxe para inculcar os valores que eles buscan na sociedade ou deixarse vender polas altas esferas. Trátase de conceptos que non corresponde coa finalidade do profesional da comunicación, cuxa finalidade debería destinarse únicamente a informar, ser un filtro dunha realidade que acontece. A pluralidade dos medios enriquece por completo a información, posto que pode verse dende perspectivas distintas.
      Sen embargo, cando os condicionantes de popularidade e competitividade entran en xogo, o medio empeza a crecer tanto que é incapaz de ver a quenes o sustentan. É así como as minorías se ven desfavorecidas, posto que importa máis a difusión dos eventos que a información, o contido, a redacción; a elaboración dunha noticia que, en maior ou menor medida ten trascendencia e relevancia social.
      É moito máis sinxelo informar sobre conferencias, reunión e roldas de prensa ás que estamos invitados. E, en caso de ausencia, a nota de prensa no correo sempre queda como último recurso. Polo tanto, realizar traballos de análise, interpretación e contacto con fontes para elaborar nós mesmos unha peza informativa convertiuse nunha vaga tarefa que practican moi poucos. En palabras de Xavier Ares, xornalista do rotativo dixital Sportyou, “Algunos periodistas se acomodan y prefieren mendigar las noticias”. (http://www.sportyou.es/noticias/javier-ares-algunos-periodistas-se-acomodan-y-prefieren-mendigar-las-noticias-445736).
      É dicir, estase castigando severamente a labor á que decidimos someternos toda a nosa vida profesional. Estámonos acomodando e todo o mundo contempla así que as expectativas dun profesional da comunicación son meramente baixas, en canto somos o cuarto poder dunha sociedade que esixe información, contidos, actualidade e crear a súa propia opinión.
      O uso das tecnoloxías facilitou a labor de divulgación e de alcance mediático. Pero nunca vai poder sustituir o noso traballo. A directiva de El Diario de León, apuntou nunha conferencia dirixida aos futuros estudantes de xornalismo: “estamos nun momento difícil, pero creo que nunca lo hemos tenido fácil, teniendo vocación y ganas se puede trabajar en esta profesión tan bonita” (http://www.diariodeleon.es/noticias/cultura/lago-la-tecnologia-facilita-trabajo-fundamental-son-periodistas_611515.html).

      Revisión editor: 20/04/2016 20:00
      Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
      Publicación: 25/04/2016 15:00

      Gústame

  2. Martínez Graña, Paula – S2B4

    Boas tardes, Mikaela:

    Creo que os cidadáns e os medios de comunicación debemos ser partícipes da loita social que reclaman as persoas pertencentes ao colectivo de discapacitados auditivos. Son moitos os exemplos de superación que podemos atopar na realidade. Mais, nos medios de comunicación non se reflicten este tipo de novas, só aquelas que presentan un ton dramático. A continuación, adxunto unha noticia que foi publicada por moi poucos medios de comunicación en España:
    http://www.cdn.com.do/noticias/2016/03/18/la-rechazaron-una-y-otra-vez-porque-es-sorda-pero-la-joven-bailarina-nunca-se-dio-por-vencida/

    Ademais, existe a outra cara da verdade: se o obxectivo é a normalización, ata que punto é positivo que os medios de comunicación se centren neste tipos de novas?

    Estou de acordo con que os medios son parte fundamental da “chamada social” que se está levando a cabo. Este movemento levaría implícito o ámbito da investigación, xa que é fundamental aproveitar as melloras tecnolóxicas no campo da discapacidade auditiva.

    A noticia que adxunto a continuación é un exemplo da importancia da mellora tecnolóxica neste ámbito:
    http://www.elperiodico.com/es/noticias/sanidad/avance-tecnologico-permite-tratar-cualquier-sordera-3289385

    Un saúdo!

    Publicación: 18/04/2016 19:47
    Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 21:00

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6

      Ola Paula,
      Estou de acordo coas túas palabras, pois moitas das historias de moitas persoas ás que tiveron que enfrotarse a situacións moi inxustas e severas da vida, non obteñen toda a trascendencia nos medios como deberían. Os medios encárganse de recoller, como ben dis, relatos moi dramáticos e, en todo caso, eles mesmos son quen aportan este toque de emotividade pertinente para acaparar a mirada dun lector totalmente inocente e alleo da travesura.
      Vemos, así, exemplos de novas como o que che deixo a continuación.(http://www.lasexta.com/noticias/viral/emotiva-reaccion-nino-sordo-tocar-flauta-primera-vez-vuelve-viral_2016041700034.html)
      Personalmente, no deixa de ser unha historia preciosa para que a xente a coñeza. Non obstante, trátanse de sucesos que non transcorren máis alá do que vén sendo o presente; é un suceso desbotable. É dicir, de ler rápido e esquecer. A partir de estas novas dámonos conta da humanidade das persoas, pero non solucionan as necesidades das persoas xordas.
      Eso mesmo é o que reivindica o noso círculo de lectura: que tentemos redactar as novas que conciencen realmente á sociedade para lograr facer presión ás autoridade. Se non somos nós quen nos poñemos man á obra para dar voz ás minorías, quen o fará?
      Outro modelo que me gustaría mostrar é outra nova emotiva, onde vemos que unha caixeira do Starbucks atende a un cliente xordo en linguaxe de signos (http://elcomercio.pe/redes-sociales/facebook/facebook-emotiva-atencion-cajera-hacia-adolescente-sorda-noticia-1885804).
      É evidente que o feito sorprende á sociedade. Sen embargo, o medio, en ningún momento manifesta a necesidade de aprender Linguaxe de Signos para comprendernos cos discapacitados. Calquer cidadán pode entrar nun establecemento, por que non recibirle da forma máis cómoda posible e tentar facilitar a comuniación? Non deixan de ser clientes…
      Respondendo a túa pregunta, para concluír, considero que os medios deberían, simplemente, centrar as novas en base aos valores noticia, posto que hai moitas novas de grandes personaxes na axenda informativa que sobran e moitas outras que non descubrimos porque se desestima o seu alcance. Esta carta seguro que moi poucos a coñecen e é moi importante para entender a situación do colectivo (http://deportes.cienradios.com/2016/04/15/vivimos-la-discriminacion-dia-a-dia-la-emotiva-carta-de-una-nadadora-sorda-que-pide-ayuda/).
      Poderíamos dicir, entón, que o seu nivel de implicación debe ser o mesmo que o de calquer outra nova de ámbito político que conteña a mesma carga/relevancia informativa.
      Un saúdo!

      Revisión editor: 20/04/2016 20:00
      Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
      Publicación: 25/04/2016 15:20

      Gústame

  3. Tarrío Rodríguez, Eva – S3E3

    Ola Mikaela!
    Coma moi ben nos expoñas no post, os medios de comunicación non son precisamente desinteresados á hora de escoller as noticias a dar. Temas que poden non ser considerados interesantes son deixados de lado, provocando un enorme descoñecemento por parte do resto da poboación. Estamos ante un problema grave que, por desgraza, a comunidade con discapacidade auditiva sofre día a día.
    Esta clase de feitos poden levar a que, ante o descoñecemento común acerca deste tema, non saibamos como tratar coas persoas xordas e nos olvidemos de darlle a importancia necesaria que, coma calquera outra minoría, merecen.
    Con isto non pretendo dicir que teñamos que tratar de maneira especial ás persoas xordas, como moi ben dicías a normalización é algo ao cal deberíamos aspirar a chegar, pero sí ser capaces de informar sobre eles de tal maneira que sexamos capaces de entender a súa vida diaria. Como, por exemplo, as dificultades coas que viven e teñen que superar.
    Neste artigo de El País podemos observar unha desas dificultades (http://cultura.elpais.com/cultura/2014/03/22/television/1395519553_238166.html). Algo tan simple coma ver a televisión resúltalles unha molestia se os subtítulos non se adaptan correctamente.
    “Un millón de personas con discapacidad auditiva tienen dificultades para acceder a la televisión en España. La ley obliga a las cadenas a emitir un determinado porcentaje de su programación subtitulada o en lengua de signos (para sordos) y audiodescrita (para ciegos). Las cuotas se alcanzan mayoritariamente, pero la calidad de las emisiones no siempre alcanza el nivel deseable.En el caso de los canales infantiles de TDT nacionales (Clan, Boing y Disney Channel), un estudio universitario advierte de que el subtitulado no cumple todos los parámetros establecidos en la guía que detalla los requisitos que deben acatar estos contenidos.”
    Noticias coma esta fan posible que podamos entender e valorar a comunidade xorda e coñezamos mellor a súa discapacidade. Pero como ben dicías só xornais como El País, por exemplo, contan cunha sección especializada en artigos e noticias sobre a deficiencia auditiva. Hai que visitar outras webs e xornais estranxeiros para atoparnos con noticias de esta temática. Por exemplo esta: http://www.derechoshumanosya.org/comunidad_sorda que nos aporta noticias tales coma:
    “Una diplomática británica educada en la Universidad de Cambridge y aquejada de sordera profunda ha demandado al Foreing Office por discriminación, después de que se negase a enviarla como segunda de la embajada en Kazajistán.”
    Ou, por outra banda, esta páxina web(http://www.webvisual.tv/index.php?seccio=3) que se dedica a dar as noticias do día a día de forma escrita pero tamén en vídeo e cunha persoa transcribíndoo á linguaxe de signos.
    Son esta clase de detalles cos que non nos atopamos en España, e moito menos Galicia, onde un desinterese xeneralizado por parte dos medios e, polo tanto, da poboación, afecta tan gravemente a este colectivo cada día máis abundante.
    Data de publicación- 19/04/2016 17:41
    Data de revisión do coordinador-
    Data de revisión do editor-

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6

      Ola Eva,
      Quería compartir contigo, xa que expoñes algúns exemplos moi útiles sobre as distintas ferramentas que emplean algúns medios -aqueles que teñen a bondade de preocuparse polo colectivo dos xordos-, outros métodos iniciaron diversos rotativos dixitais: un é o informativo diario que notifica sobre a actualidade en Linguaxe de Signos (http://www.webvisual.tv/) ou o caso de Difusord (http://difusord.blogspot.com.es/), unha web dixital que compartía novas e historias protagonizadas por xordos, do que expuse en mi anterior artigo, e que pechou por falta de unha directiva capaz de levala a cabo.
      O caso de este rotativo é bastante exemplar, pois mostra como a invisibilidade e o descoñecemento desta iniciativa terminaron por apagar a pouca luz que tiña. E por tanto, é bastante lóxico, pois, que os directivos desinterésense por seguir adiante coa proposta: apenas reciben feed-back e súa voz é demasiado aguda para escandalizar a unha gran masa social que poida axudarlles.
      Como matiz, dicir que me produce unha gran lástima o feito de que na comunidade galega non se empezase a implantar estas propostas no mundo da comunicación. Porque, aínda que non o creas, existe a Lingua de Signos Galega (LSG), a pesar de que El Mundo asegurou nun dos seus artigos que, tras estandarizarse a LSE como tal, a LSG deixaba de existir (http://www.elmundo.es/especiales/2003/03/sociedad/hacia_la_igualdad/noticias/2007/06/noticia2182.html). Trátase dun contenido que, ademáis de falso, discrimina e cohibe o uso dunha lingua que merece o mesmo trato que calquer outra.
      Moitos investigadores galegos loitan porque esta verdade se sepa, tanto na sociedade coma no colectivo, xa que estase a perder o privilexio de aprender a comunicarse coa súa lingua autonómica, do mesmo modo que pode facer un galego-falante. É por iso que hai páxinas webs que, a pesar de non recibir a difusión e trato que merecen, defenden e visibilizan a lingua galega. Os medios son, agora, quenes teñen o poder de virilizar este suceso para que a sociedade sea consciente.

      Revisión editor: 20/04/2016 20:00
      Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
      Publicación: 25/004/2016 15:30

      Gústame

  4. María Barcón Lage (S1A2)
    Ola Mikaela,
    Hai que normalizar as noticias de discapacitados auditivos sen necesidade de englobalas nunha sección dos poucos periódicos que as tratan, como El Pais. Porque desta forma o que conseguimos é apartar ao colectivo das demais noticias que se publiquen no medio, dado que engaden unha sección intentando integrar ao colectivo e darlles voz no medio, pero non de forma de todo correcta. Para a acción de igualar o trato cara todas as persoas sen importar enfermidades ou discapacidades tanto físicas como psíquicas creo que é necesario indagar no tema e non excluílas do resto de noticias que salgan no xornal.

    En canto a esta situación de loita do colectivo po la igualdade debemos apoiar entre todos e darlles mais facilidades ante as ideas preconcibidas da sociedade e as poucas aportacións para a integración por parte do estado.

    Revisión da editora: 20/04/2016 18:05
    Revisión do GBO: 20/04/2016 18:19
    Publicación: 20/04/2016 18:28

    Gústame

    1. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6

      Ola María,

      Grazas polo teu comentario, paréceme do máis elocuente. Penso que houbo unha cuestión que non quedou de todo clara. A miña intención non era dicir que as noticias dos xordos que aparezan na axencia informativa deban estar separadas do resto. Sen dúbida, isto non favorece ó colectivo, como apuntas. Por unha banda, porque discriminamos as noticias dos xordos, ó estar expostas nun rincón aparte. Por outra, non se respectarían os valores noticia establecidos que el buen comunicador debe establecer. Deixaríamos, entón, de ser bos xornalistas.

      A miña proposta baséase en facilitar as noticias nos motores de busca. Así como temos grandes facilidades para atopar información sobra a actualidade política (http://elpais.com/buscador/?qt=pol%C3%ADtica&sourceid={referrer:source?}), (http://www.lavozdegalicia.es/politica/) as persoas con deficiencias auditivas non teñen esa facultade. Polo tanto, isto fai máis difícil a súa integración. En tal caso, agradezo que me fagas este matiz posto que poderíase dar algún caso de confusión. É importante que os conceptos queden claros.

      En canto ó reclamo social que esixe o colectivo, non se vai poder facer efectivo se non poñemos un pouco da nosa parte. Debemos, entón, tomar conciencia coa causa e axudar á súa integración. É a única forma de conseguir unha sociedade máis xusta.

      A base deste reclamo reside na educación. É importante establecer, como indica neste artigo, uns puntos que determinen unha boa educación, non só de calidade, senón tamén de igualdade (http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/72/cd/curso/unidad1/u1.I.6.htm).

      Isto é o que reclama un membro do noso círculo de debate: “Non debe importar si es xordo, cego u outra discapacidade; tes o mesmo dereito a recibir a educación que te mereces, a mesma que calquera outra persoa da túa idade. Non se nos pode meter a todos no mesmo saco e asegurar que temos menos capacidade educativa, porque non é certo. Se actualmente carecemos de coñecementos é porque dende pequenos nos simplifican a información. Pensan que ser xordo é ser menos listo, cando temos moi ben desenvolvidas as nosas capacidades cognitivas”.

      Un saúdo!

      Revisión editor: 22/04/2016 20:00
      Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
      Publicación: 25/04/2016 15:10

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s