Os traballadores de informativos de RTVE lanzan unha “mensaxe de socorro contra a escandalosa manipulación”

González García, Julián S2A

Captura de pantalla 2016-04-15 a las 22.12.12
Fonte: twitter

A pasada semana, nunha rolda de prensa que tiña como obxectivo presentar a segunda fase da campaña #defiendeRTVE, os consellos de informativos do ente público aproveitaban para lanzar “unha mensaxe de socorro á sociedade contra a escandalosa manipulación informativa que sufrimos en RTVE”. Á vez que animaron á cidadanía a enviarlle vídeos en demanda dunha información máis libre e independente.

Durante a comparecencia presentáronse dous vídeos. Un que contou cos testimonios de cidadáns anónimos e outro no que se podían ver rostros coñecidos coma os de Almudena Grandes, Pedro Duque ou Iñaki Gabilondo. Quen afirmaba que neste país temos a sensación de que “os partidos crían que se gañaban as eleccións tiñan como regalo un cañón aberto que era unha televisión pública”, máis que eso non debería ser así.

Sin ir máis alá, o pasado 5 de abril, cando se destapaban os papeis de Panamá, o consello de informativos de TVE denunciou que o telediario das nove omitiu a información. Asegurando que a primeira reacción da dirección dos servizos informativos foi a de ocultala. Así, unha nova que se dera a coñecer na Sexta unha hora antes nin sequera apareceu no telediario. Mentres que na canle 24H non se fixo eco dela ata as 11 da noite.

Outro dos exemplos denunciados polo Consello ten que ver ca marcha de César Alierta de telefónica. Cando o director do canal 24 horas e Online ordeou suprimir nesa nova un párrafo sobre o “caso Tabacalera”, polo que foi investigado xudicialmente. O que a xuizo do consello supón “un caso grave de censura dunha información, feito inaceptable en calquer medio de comunicación e máis todavía nun coma RVTE, que debe a súa existencia ao servizo público aos cidadáns”.

Para evitar que se volvan a dar casos como estes, dende o consello de informativos da cadea pública demandan unha rexeneración ética e profesional urxente dos seus informativos coma unha prioridade para a nosa sociedade. Así como a destitución do actual presidente da corporación e a elección dun novo responsable con perfil profesional e independente. Algo que lle trasladaron a Pedro Sánchez nunha reunión que mantiveron con el a pasada semana. Quen se comprometeu a “lexislar para que as institucións deixen de ser partidistas”. Algo que tamén demandaba en rolda de prensa Alejandro Caballero, presidente do Consello de Informativos de TVE, que pedía “unha lei que elimine a posibilidade de que un ou máis partidos dominen os medios públicos”.

Dende o Consello de Informativos de RTVE, e de cara a unha posible convocatoria de eleccións, tamén critican os bloques electorais. Que obligan a informar en función dos votos que cada partido ou coalición obtivo nas anteriores eleccións e non por criterios peridísticos. Un tema que tamén saía á luz no noso primeiro círculo de debate, no que os periodistas Belén Regueira, Carlos Roma e Susana Recouso mostraban a súa oposición aos mesmos.

Por último, cabe comentar que o impacto desta rolda de prensa nos medios de comunicación non foi demasiado grande. Apenas se mencionou nunha pequena nova de menos de 40 segundos de duración no telediario de televisión española, mentres que en moitos dos principais telediarios e medios impresos do noso país apenas se fixo eco dela. Será interesante ver, tamén, se os cidadáns respostan á chamada dos Consellos de Informativos de RTVE e envían os seus vídeos en demanda dunha información máis libre e independente.

Referencias

Consejo de Informativos TVE (Enero 2016). Urge la regeneración ética y profesional de los informativos de TVE. Recuperado de http://www.consejoinformativostve.es/comunicados/comunicados/17-comunicados-cditve/217-urge-la-regeneracion-etica-y-profesional-de-los-informativos-de-tve.html

Consejo de Informativos TVE (Febrero 2016). Reunión de los consejos con Sánchez. Recuperado de http://www.consejoinformativostve.es/comunicados/comunicados/17-comunicados-cditve/218-reunion-de-los-consejos-con-pedro-sanchez.html

Consejo de informativos de RTVE. Twitter, consultado 14/3/2016. Sitio web https://twitter.com/CdItve

Defiende RTVE. Plataforma de trabajadores de RTVE. Sitio web http://defiendertve.org

El País (8 de abril de 2016). Nuevos apoyos a defiende RTVE. Recuperado o 15 de abril de http://cultura.elpais.com/cultura/2016/04/08/television/1460118001_969293.html

Eldiario.es (5 de abril de 2016). El consejo de informativos de TVE denuncia que el informativo de las 9 omitió los papeles de Panamá

Infolibre (7 de abril de 2016). Los trabajadores de RTVE lanzan un SOS. Recuperado de http://www.infolibre.es/noticias/medios/2016/04/07/los_trabajadores_informativos_lanzan_sos_contra_escandalosa_manipulacion_quot_rtve_47536_1027.html

Rtve.es (7 de abril de 2016). Los Consejos de Informativos defienden que RTVE sea “de todos”. Recuperado de http://www.rtve.es/noticias/20160407/consejos-informativos-defienden-rtve-sea-todos/1333082.shtml

Revisión da editora: 15/4/2016 ás 20:40

Revisión do GBO: 15/4/2016 ás 21:00

Publicación: 15/4/2016 ás 22:40

 

 

Advertisements

8 comentarios en “Os traballadores de informativos de RTVE lanzan unha “mensaxe de socorro contra a escandalosa manipulación”

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    A televisión pública do noso país leva anos tildada de polémica pola súa nula independencia e por ser afín ao poder político. A sociedade demanada unha información independente e veraz, que nos informe con total independencia ao poder político instaurado. A información debe ser libre e independente aos poderes políticos para que sexa información limpia e sen ningún tipo de filtro que a ensucie. No xornal Público recopilaron algunhas das prácticas manipuladoras dos informativos da televisión pública durante la campaña electoral: http://www.publico.es/politica/han-sido-manipulaciones-y-malas.html , onde destaca que o PP duplicaba o tempo de información con respecto aos outros partidos políticos, e o feito de que nestes informativos solo se realizaron entrevistas a Mariano Rajoy y Pedro Sánchez, líderes dos principais partidos políticos do noso país. Tamén recordo o desatroso, anticuado e banal debate entre ambos aspirantes á Moncloa. ¿Onde quedan o resto de partidos? ¿Cal é o motivo de que non lle den voz nun debate que debería ser de vital importancia para os cidadáns? ¿Por qué este fomento do bipartidismo?
    A información de calidade debe ser independente dos poderes políticos que tentan controlar a sociedade a través dos medios de comunicación. Pódese chegar a entender (aínda que non a compartir) o posicionamento ideolóxico doutras canles privadas, pero a televisión pública debe ser libre, de calidade e independente, xa que se trata de un servicio público. Oxalá poida tornar esta situación cara unha información de calidade que respete a liberdade de opinión e información.

    Revision GBO: 16/04/2016 0:13

    Gústame

    1. Hola Alejandro. Antes de nada, quería agradecerche o teu comentario. Penso que tes toda a razón cando dis que a información debe ser libre e independente aos poderes políticos. Eu tamén opino que deberíamos facer todo o posible por conseguir unha televisión e radio públicas de calidade que respeten a liberdade de opinión e información. Durante esta última lexislatura, como ben dis, déronse moitas mostras do contrario. E iso é unha magoa. Máis agora, ante a posibilidade dun novo horizonte político máis aberto e plural, pode que tamén estemos ante un bo momento para apostar por unha información púbica renovada. Porque non lle viría nada mal un soplo de aire fresco.

      Non hai máis que ler os casos que se citan no artigo que citas do diario público para darse conta de que algo falla. Posto que non son un, nin dous casos aislados. Senon que son moitas as ocasións nas que se dan malas prácticas informativas e sempre en favor do partido do goberno. Supoño que a solución pasa por alexar a RTVE do goberno e asegurarse da súa independecia. Pero para iso, seguramente fagan falla novas leis como as que piden dende os Consellos de Informativos do ente público.

      Revisión GBO: 18/04/17:30

      Gústame

  2. López Fernández, Alejandro – S2D5

    Ola Julián, na miña opinión esta campaña para defender a pluralidade e independencia do xornalismo é o camiño adecuado para lograr a fin da manipulación mediática que exerce o goberno de turno. Considero que esta independencia é aínda máis importante no caso da RTVE, unha cadea pública que nun principio debería estar ao servizo do pobo. Sen embargo, este proceso de loita pola veracidade non vai ser nin rápido nin doado, pois mentres só sexa un pequeno grupo o que reivindica un xornalismo honesto e libre de manipulacións, o obxectivo tornase nunha utopía máis ca nunha realidade alcanzable. Só hai que analizar a escasa visibilidade que outros medios outorgaron a este movemento, a case nula repercusión mediática que un feito así tivo no xornalismo español.

    Non interesa cambiar o modelo, nin tampouco a libre información sen un ápice de control. No caso da RTVE, o partido que se atope no goberno manexa os fíos; no caso dunha cadea privada, os intereses económicos da empresa propietaria. É moi difícil atopar unha solución á constante desinformación á que estamos sometidos, máis aínda cando os propios xornalistas reivindican esa necesaria independencia en distintas ocasións pero co mesmo decepcionante resultado: unha repercusión mediática insuficiente.
    Ademais a manipulación configúrase coma un problema que se retroalimenta, pois canto máis desinformados esteamos, máis fáciles seremos de controlar.
    Isto de mentir estase convertindo nun arte, nunha disciplina que semella ser unha condición indispensable se queres dedicarte ao xornalismo. Existen ata estratexias, moi variadas e difíciles de erradicar, co fin de terxiversar a información en beneficio dunha entidade política ou económica. Quedan ben reflexadas no seguinte analise, moi aclaratorio no referente a como os medios logran manipular os datos
    http://www.academia.edu/7758829/Analisis_sobre_la_manipulacion_de_los_medios_de_comunicacion_sobre_las_masas

    Deixo por aquí tamén un artigo no que se exemplífica a constante manipulación que padece RTVE, algunhas pinceladas do moito que debemos arreglar. http://www.huffingtonpost.es/2015/06/02/manipulacion-informativos_n_7491510.html

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 19/04/2016 ás 19:00
    Revisión do editor: 19/04/2016 ás 19:58

    Gústame

    1. Ola Alejandro, gracias polo teu comentario. Estou de acordo co que dis, dende o consello de informativos de RTVE están a facer un gran esforzo a través de esta campaña por defender a pluralidade e a independencia do xornalismo. Algo fundamental, dende logo, para garantir unha información veraz e de calidade. Máis coma ti ben dis, semella que co seu esforzo non é abondo. Semella que os medios de comunicación máis importantes do noso país non ven neste feito unha noticia relevante, cando é fundamental para defender un dereito básico para os cidadáns coma é o dereito á información.

      Tamén sería moi importante, coma ti reclamas, que a xente se sumase a esta demanda. E unha boa maneira de facelo sería a través dos vídeos que animaban a mandar á cidadanía dende #defendeRTVE. Máis é unha magoa ver que a iniciativa non está a ter demasiado éxito, porque todo o apoio posible sería de gran axuda de cara a lograr unha televisión e radio públicas máis independentes. Na que a influencia do goberno sexa mínima e na que a manipulación brille pola súa ausencia.

      Tristemente, como ben se trata na análise, os medios teñen adoptado unha serie de técnicas enumeradas por Noam Chomsky para levar a cabo prácticas manipulativas e de mala información. Algo que cabe evitar aínda máis, incluso, nos medios públicos. Algo que, por desgracia, non se fai en RTVE. Así o podemos ver no artigo que citas do Huffington Post. Non cabe duda de que algo vai mal e deberíamos facer todo o posible por cambialo.

      Moitas gracias de novo Álex e saúdos!

      Revisón da editora: 20/4/2016 ás 13:20

      Gústame

  3. Rodríguez Arias, Icía S3A3

    Paréceme o que tema que ves a tratar neste artigo é especialmente importante, e ten moita historia ás costas. Ademais de ser un problema que precisa ser solventado para posibilitar unha información pública que poda servir para formar unha opinión pública crítica e ben nutrida. Hai medio ano publicábase en Público unha noticia semellante, onde se denunciaba que TVE censurara a emisión do manifesto pola independencia dos informativos. (http://www.publico.es/politica/tve-censura-noticias-emision-del.html)

    Paréceme unha noticia moi interesante e vencellada ao tema que ves tratando. Penso que tamén é problema da concepción que se ten dos medios de comunicación, que xa están tan desprestixiados que a súa veracidade non semella un valor polo que loitar.

    Outra lectura máis que recomendable paréceme a noticia que infolibre publicou sobre a censura do verán do 2015 en TVE. (http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/10/05/los_periodistas_tve_denuncian_verano_manipulacion_censura_los_informativos_38792_1027.html) Amosa, contrastando todo o que di, e o que se ven a denunciar agora con feitos máis que suficientes para crer que isto non é só unha sospeita, evidenciando.

    Gústame

  4. Hola Icía!

    Gracias polo teu comentario. Sen dúbida eu tamén penso que é moi importante que a televisión pública contribúa a formar unha boa opinión pública ben nutrida. Algo que se volve imposible se a xente perde a fe nela. Por eso debe ser creíble, libre e indepentente. Tamén e certo que non se trata de un problema novo, senón que ven de moi atrás. A noticia que citas ilustra moi ben a situación. Porque cando nin sequera os propios traballadores teñen voz nese medio ¿quen a ten? e o que é peor ¿quen a vai crer?

    Dende logo, así non facemos máis que desvirtuar a radiotelevisión pública, un servizo que se supón que é de todos e para todos, pero que só está en mans dunhos poucos. Nos últimos días teño lido moitas noticias sobre denuncias de malas prácticas informativas en RTVE. Pero esa que citas de infolibre é unha das máis me impactou, porque amosa que a manipulación se está a dar case a diario. Non cabe duda de que non podemos seguir así, algo debe cambiar.

    Moitas Gracias Icía e un saúdo!

    Revisión da editora: 20/4/2016 ás 13:45

    Gústame

  5. Fernández Ruiz Nagore, S2C3

    Ola Julián. Quero agradecerche a publicación deste artigo, xa que como futuros xornalistas temos que ser conscientes das trabas e dos límites que moitas veces se nos impoñen, polo que temos que tomar conciencia e intentar mudar esta realidade antes de que sexa demasiado tarde. Ás veces os medios céntranse en “vomitar” a información sen contrastala e sen verificala, o cal tamén é outro tipo de manipulación que a maioría das veces pasa desapercibida. Neste caso, os xornalistas tiveron a valía de criticar as imposicións e as esixencias ás que estaban sometidos, defendendo un xornalismo leal e veraz. Gustaríame que lle botaras unha ollada a este artigo, http://www.fundacionmelior.org/content/tema/medios-de-comunicacion-armas-de-manipulacion-masiva, no que ademais de falar do caso de RTVE fan un análise dos mecanismos de engano dos medios.
    Un saúdo.

    Gústame

    1. González García, Julián. S2A

      Ola Nagore, gracias a ti por comentar! Dende logo, esta é unha realidade que nos afecta de forma moi directa, por desgracia. E penso que é importante para nós saber cómo é a realidade do mundo que nos espera. Na que moitas veces, coma ti ben dis, os medios nin sequera contrastan ou verifican a información. Ou o que e peor, minten ou omítena. Para iso, é fundamental que os xornalistas se reivindiquen e defendan a súa liberdade, algo que dende o consello de informativos de RTVE fixeron con moita valentía. O artigo que enlazas está totalmente no certo, xa que aínda que non debera ser así, todos intentan usar os medios no seu beneficio.

      Moitas gracias de novo e saúdos Nagore!

      Revisión da editora: 26/4/2016 ás 23:40

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s