Que é o que determina a valía dunha persoa?

Lois Barcia, Mélani S2C1

Fonte foto: cuartoscuro

A sociedade, apoiada polos medios de comunicación, concibe as persoas maiores como un lastre social e familiar. Pero esta situación agrávase cando os propios anciáns adoptan esta mentalidade, levando a un alto porcentaxe de suicidios entre persoas da terceira idade.

Este grave problema que afecta a cada vez máis anciáns,é bastante ignorado. Por unha parte, pola súa baixa frecuencia como causa de morte da terceira idade, e por outra banda poque se ve como a morte dunha persoa que xa non é produtiva no sentido social, económico e que xa viviu os seus días, en conclusión, concíbese como un acontecemento moito menos tráxico que a morte dunha persoa nova, reflectíndose así nos medios.

O indicador que estamos estudando é a inutilidade física, produtiva e técnica, que provocan unha sensación de lastre familiar e social, en gran parte por consecuencia dos medios como dixemos. Se observamos os grandes medios, case non hai publicacións sobre estes sucesos a pesar de que ocorren moi habitualmente, mentres que noutros medios menos extendidos xa lle dan máis importancia.

 Outro problema que presentan os medios é que cando tratan este tipo de acontecementos tráxicos só se centran na morbosidade dando detalles da morte, e esquecen ofrecer datos sobre as causas ou sobre o protocolo de actuación.

Polo xeral, os intentos de suicidio das persoas maiores son moi serios, tanto en termos médicos como psicolóxicos. Con frecuencia recorren a métodos “duros”, como o aforcamento, o afogamento, lanzarse contra vehículos en movemento, tirarse dende algunha altura ou ferirse con algunha arma, isto implica que os anciáns están máis decididos a morrer que a xente xoven.

O profesor e psicólogo José Carlos García Fajardo afirma que moitos anciáns que viven sós nas grandes cidades e que “aparecen” mortos, non se pegaron un tiro, nin se tiraron pola fiestra nin inxeriron velenos, senón que se deixaron morrer ao abandonarse na comida e na hixiene, perdendo así forzas. (hiper:  ).

Tendo en conta os datos ofrecidos, que probablemente a maioría da poboación non coñecía, debemos facer unha reflexión sobre a ética dos medios cando tratan estes sucesos. A súa actuación é unha das causas polas que os anciáns se sinten pouco valorados e que sirven como argumento para apioar que os medios de comunicación están cada vez máis deshumanizados.

Revisión do editor 19:00

Revisión do coordinador 19:30

15/04/2016

Advertisements

6 comentarios en “Que é o que determina a valía dunha persoa?

  1. Casas Fontán, Alicia- S1D3

    A valía dunha persoa reside no feito de ser unha persoa. Que todos os seres humanos somos iguais é mentira en canto a que somos diferentes, pero non en canto a que valemos o mesmo.
    Non creo, como é lóxico, que a vida dun mozo teña máis valor que a vida dun vello; mais entendo que á sociedade lle impacte máis a morte dun mozo porque leva a pensar “era moi novo, aínda lle quedaba moito por ver”. Un “o natural é que os pais vexan morrer aos fillos, e non ao revés”, en certo modo.
    Dito isto, creo que hai un problema en como a sociedade trata ás persoas maiores. E creo que ten que ver un pouco cunha sorte de materialismo. Cunha idea de “se serve menos, vale menos”. Coma os xoguetes vellos, que deixamos apartados nun rincón porque resultan aburridos. Coma cando un neno compra un can e ás poucas semanas xa non recorda que hai que coidalo…
    Creo que hai un problema en como a sociedade trata ás persoas maiores; e como a sociedade está en gran parte construida polos medios de comunicación, creo que hai un problema en como os medios de comunicación tratan ás persoas maiores.
    Os medios teñen un gran poder é debe servir para algo, para cambiar as cousas. Para melloralas.
    Recordo un pequeno relato que atopei hai uns anos no Libro de los abrazos, de Eduardo Galeano. Falaba da importancia de facer ver ás persoas que queremos que as queremos. http://palabraspesadas-bcr.blogspot.com.es/2010/01/de-eduardo-galeano-llorar.html´
    Di o cantautor cubano Silvio Rodríguez que “hay que quemar el cielo si es preciso por vivir. Por cualquier hombre del mundo, por cualquier casa”. https://www.youtube.com/watch?v=iBL_9VM4DVM

    Revision GBO 15/04/2016 23:45

    Gústame

  2. Estou totalmente de acordo coas túas aportación, pero gustaríanme engadir que non só é que a sociedade considere máis importante a morte dun mozo que a dunha persoa maior, senón que non consideran grave que un ancián decida suicidarse. Trátase dun acontecemento tráxico do que a sociedade debería sentirse culpable porque ao fin e ao cabo é provocado pola valía que se lle dá á terceira idade.
    En relación ó relato que incluíches no teu comentario sobre a importancia de facer ver ás persoas que queremos que as queremos, é importante que esta demostración de valía parta da familia e se extenda a toda a sociedade, emprezando polos medios de comunicación.
    A pesar de que os medios non adoiten tratar este tema, son moitos os comentarios de opinión que se publican en defensa da terceira idade: http://www.diariocordoba.com/noticias/opinion/valores-morales-tercera-edad_182608.html

    Aínda que non supoña un grande avance, é gratificante saber que xa existen manifestacións e reivindicacións con respecto ás persoas maiores. É un proceso longo pero que xa comezou e que debemos apioar e contribuír todo o que poidamos, con iniciativas como a deste blog.

    Gústame

  3. Rodríguez Arias, Icía S3A3

    Paréceme un tema de grande interese o que ves a tratar neste artigo, Mel. Preto de cada un de nós hai persoas que probablemente teñan esa sensación de lastre familiar da que falas, e penso que é dunha vital importancia que os medios aporten cada vez menos datos morbosos e den información de utilidade para quen ten un caso así, por exemplo, na súa familia. Atopei unha nova sobre unha curiosa iniciativa que leva por nome “Adopta un abuelo” e que comezou hai xa un tempo en Madrid:

    http://www.abc.es/familia-mayores/20150506/abci-mayores-vivir-solos-201505041721.html

    Penso que cousas deste estilo están moi ben, pero que tampouco nos debemos ir tan lonxe, e cada un debería facer balance do que ten na casa. Tamén o rol dos avós cambiou moito nos últimos anos, e antes tendíase máis a que estes foran unha figura máis respectada pola súa sabedoría, e non debería perderse. Aqueles que aínda tivemos a sorte de sentar a carón da lareira (ou agora, da cheminea) e escoitar historias sobre como se coñeceron o avó e a avoa, ou como o avó traballaba vendendo tabaco sen sequera fumar… Esas historias deberíanse poñer en alza. ¿Quen non difundiu un vídeo coma este:

    mentres que moitos dos nosos avós e maiores foron testemuñas ou partícipes dun conflito como foi a Guerra Civil? E eles teñen milleiros de historias que contar, peores ou mellores ca esta. Penso que os medios tamén nos deberían facer reflexionar sobre que non poñemos en valor o que temos na casa.

    Gústame

    1. A iniciativa que recolles no teu comentario paréceme moi interesante, e estou segura que serviu de moita axuda. Pero como ben dis non debería ser necesario ir tan lonxe.
      Cada vez somos menos humanos e iso repercute na sociedade e en cada individuo. Está na man de cada un de nós cambiar iso, e comezar a darlle valor aos nosos maiores que protagonizaron a nosa historia e conseguiron grandes progresos para poder vivir como vivimos hoxe en día.
      Alégrome de que compartas a miña idea de necesidade de cambio neste aspecto. Gracias pola túa aportación.

      Gústame

  4. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

    Teño que recoñecer que nunca antes me parara a pensar neste tema. Paréceme unha conduta tan deshumana a de non dar o aprecio requirido á saúde, tanto física coma mental, das persoas que nos axudaron a crecer e a formarnos. Estou totalmente de acordo contigo, unha vida é unha vida con 20 ou con 80 anos. Persoalmente valoro moitísimo ás persoas maiores que me rodean, e cada día máis. Darlle as costas a quen no seu día nos levantou cos seus brazos non ten pes nin cabeza. Debemos valoralos igual que a nós nos gustará que nos valoren nun futuro. Fai pouco menos de un mes, o vídeo do ancián que agardaba triste polos seus netos no día do seu aniversario deu a volta ao mundo. Déixoo por aquí, para reflexionar e valorar. http://www.lasexta.com/noticias/viral/abuelo-triste-porque-acudieron-sus-nietos-cena-cumpleanos-conmueve-red_2016031800362.html

    Revisión do editor: 20:00
    Revisión do coordinador: 20:30
    Hora de publicación: 23:00

    Gústame

    1. Gracias pola túa aportación Noelia, o video é moi axeitado para este tema.
      Hai poucas publicacións que recoñezan a valía da terceira idade. Máis ben, o que atopamos a diario e digo a diario porque case todos os días saen noticias sobre as persoas maiores, son cifras e estudos económicos. Os anciáns son cargas económicas para a sociedade, non saben concebir a súa valía. Os medios cada vez son menos humanos, e non traballan ao servizo da sociedade senón dos poderes políticos e económicos. A maioría das noticias esconden un interese, e non precisamente informar ou educar simplemente.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s