Firma convidada: Mª del Carmen Alborés Maceiras

A nosa experiencia e reflexións sobre a vida

S2C

(fonte imaxe: informador.mx)

Firma convidada

 Mª del Carmen Alborés Maceiras

O presente traballo fai unhas reflexións sobre os desafíos da nosa vida cotiá, como persoa maior cunha experiencia vital e no meu caso tamén como muller. Trátase dunha observación de como cambiou o mundo que antes coñeciamos, todo o que nos ensinou a vida e polo tanto, a valía que temos os anciáns por levar con nós un gran cúmulo de experiencias e coñecementos. Todo isto fai que constituamos unha voz importante no presente. Guiareime polo seguinte índice:

  • Psicoloxía
  • Os avances tecnolóxicos
  • As viaxes e a xeografía
  • A historia
  • A oratoria
  • O consumo
  • A aprendizaxe como muller

  1. PsicoloxíaFoi a vida a que nos ensinou psicoloxía, así aprendemos a ver as miserias e grandezas do ser humanos, coñecemos a falsedade, a mentira, a traición, o odio… Pero tamén a grandeza do ser humano. Ninguén non falou de intelixencia emocional, tivemos que aprender a controlar as nosas emocións e a xestionalas dunha maneira intuitiva. En cambio hoxe en día, cóntase con psicólogos profesionais que axudan a superar múltiples vicisitudes.
  2. Os avances tecnolóxicosA vida ensinounos moitos avances tecnolóxicos: manexar automóviles, videos, televisións e un sen fin de electrodomésticos. Todos recordamos a nosa primeira televisión ou a nosa primeira lavadora. Foi como meterse nunha espiral que cada vez se volvía máis complexa, como o foi o acceso a internet. Observamos con asombro como todo se comezou a expoñer sen pudor na rede e ao mesmo tempo como comezamos a vivir nunha sociedade con claves de acceso, códigos e máis códigos que cada vez nos costa máis recordar. Todo está encriptado e á vez exposto a moitos perigos e a un saqueo da nosa privacidade.
  3. As viaxes e a xeografíaA vida ensinounos xeografía. Fomos coñecendo os límites do noso barrio, da nosa aldea e logo tivemos que saír a lugares máis lonxanos e coñecemos outras culturas e outras paisaxes. Descubrimos o noso planeta e incorparamos un novo concepto: globalización.A necesidade de viaxar impúxose e xa non soñamos lendo senón que vivimos e exploramos o noso mundo. Pero cada vez substituímos esa necesidade de coñecer pola necesidade de constatar que estivemos alí traendo produtos típicos ou recordo para ensinarlle aos amigos ou obsequialos.
  4. A historiaA vida ensinounos historia, pois asistimos a cambios políticos, económicos e sociais. Vibramos con emoción con moitos deses cambios pero tamén sufrimos profundas decepcións. Pero tamén aprendemos a “pequena historia”, o que nos ensinaban os nosos pais e avós, que só nós poderemos trasnmitirlle aos nosos descendentes.
  5. MedicinaFoi a vida a que nos ensinou medicina, dende que nos facían nosos pais e avós (habitos hixiénicos, remedios natuarais…) ata as experiencias de saúde que sufrimos agora como maiores. Pero a pesar de que na actualidade se preocupan pola nosa saúde, doe ver que detrás hai un afán crematístico, así nos acosan os vendedores de audífonos, prótesis, fixadores dentais… E disto aproveitanse os publicistas, que só se centran en nós cando se trata de remedios para a saúde como os mencionados.
  6. A oratoriaAprendemos oratoria. A nosa linguaxe foi cambiando cos novos termos e tratamos de uniformizarnos cos medios de comunicación, a diferenza da nosa infancia e xuventude onde a nosa fala era máis distendida e espontánea. Deste xeito, aprendemos a saber estar e expresarnos segundo o contexto.
  7. O consumoPero a gran cousa que aprendemos é a consumir. Nós que aprendemos de nenos a aproveitar o papel, a roupa, xoguetes… E en definitiva todo tipo de elementos cotiáns, fomos aprendendo paulatinamente a usar e tirar, a non reparar e centrarse en xerar exclusivamente, provocando unha gran xeración de desperdicio e un problema medioambiental.
  8. A aprendizaxe como mullerA nosa traxectoria, aínda que paralela, ten connotacións diferentes á dos homes. Ensináronnos a ser sumisas e a adoptar o rol que querían que tivésemos. Pero co tempo fomos conseguindo múltiples conquistas cara a igualdade, e a liberdade. Moitos homes aprenderon a estar ao noso lado e a comprender que se ninguén está sometido a ninguén, o mundo é máis xusto e rico en valores.

Aprender sempre é necesario e os maiores estamos deseosos de aprender. Loitamos contra o paso do tempo pero os desafíos do século XXI son alucinantes e a sociedade non nolo pon fácil.

Non nos cerren as portas aos maiores porque queremos continuar aprendendo e tamén temos moito que ensinar ás novas xeracións. Temos moita experiencia avalada por un largo camiño de ensaio e erro. Urxe, como gran desafío para o século XXI, unha nova configuración de roles, onde os maiores gocen dunha maior consideración como auténticos pilares moi necesarios para a constución dun futuro mellor.

Advertisements

Un comentario en “Firma convidada: Mª del Carmen Alborés Maceiras

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s