A Xunta, verdadeira defensora da información en galego?

Imaxe: crebas.blogaliza.org

Gil Cordido, Sara – GBO

Analizamos, co ollo posto na autodenominada “promotora dos valores de Galicia, normalizadora da súa lingua e defensora da súa cultura”, as axudas económicas que os medios de comunicación reciben en Galicia. Como interese primordial? Ver realmente canto importa o emprego e difusión do galego á hora de recibir esas cantidades monetarias.

Na web da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia non é complicado acceder ao apartado de “axudas e subvencións” e, polo tanto, ter de primeira man a convocatoria de axudas aos medios de comunicación. Obsérvase dende un primeiro momento que hai dous tipos distintos de bolsas. Por unha banda están as destinadas a “empresas xornalísticas e de radiodifusión” e pola outra, as destinadas a “empresas que realicen publicacións escritas integramente en galego”. Na primeira delas, son 1’3 millóns de euros os repartidos entre xornais impresos, empresas privadas de radiodifusión e difusión por internet. Segundo esta propia publicación no DOG é a defensa da identidade de Galicia, xunto coa promoción da lingua e a cultura, bases principais para a asignación destas cantidades. Sen embargo ao mesmo tempo figura nas bases da convocatoria que o mínimo establecido para recibir estas bolsas é dun 8% de emprego do galego no medio. En canto ás empresas radiofónicas deben empregalo nun 50%. É realmente esa unha cantidade que simbolice a defensa da cultura ou lingua da nosa terra?

A resposta é doada: non. La Voz de Galicia foi no ano 2015 a principal beneficiaria neste ámbito. Recibiu máis de 600.000€ seguida de Faro de Vigo e El Progreso. Non é complicado entender, logo, que o que menos importa para a recepción desas cantidades é o uso da lingua galega. A calidade informativa? A debate está. Por todos é sabido que a independencia do poder non é precisamente característica destes xornais.

Por outra banda existe a convocatoria de “empresas que realicen publicacións escritas integramente en galego” con Sermos Galiza como principal beneficiario. As cantidades? Uns 33.000€. Ségueno Barrios Deportivo e A Nova Peneira con algo máis de 10.000€ cada un. A conclusión? O total da cantidade que reciben todos os medios beneficiarios desta convocatoria é unha terceira parte do que recibe só La Voz de Galicia.

É Ubaldo Cerqueiro de Que pasa na Costa, diario dixital da Costa da Morte, quen transmite o seu descontento afirmando que eles non reciben nin un só euro da Xunta. Hai que ter en conta o factor de que facturan como autónomo, e polo tanto élles imposible chegar aos requisitos para poder recibir as axudas. Como membros da Asociación de Medios en Galego aseguran que todos os medios que forman a organización non reciben nin un 1% das axudas que o goberno galego dá anualmente polo uso do galego. Un dos principais inconvenientes, din, é que hai que ter un mínimo de 7 traballadores para acceder a ser beneficiario. É inalcanzable para moitos dos medios dixitais en galego chegar a esa cifra, co que xa quedan excluídos directamente da convocatoria. Ademais para medir as audiencias pídeselles que empreguen ferramentas de pago como Comscore, tendo, como ben din “o Google Analytics de balde e igual ou máis fiable aínda”. Defende, finalmente, que co 4% do que reciben as grandes editoriais do país poderían manter os seus medios, contratar máis persoas e realizar unha información de calidade lonxe dos poderes políticos. A pregunta é, é iso o que interesa ao goberno?

Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial, confirma esta falta de apoio por parte da Xunta. Tan só facturan uns 1.000€ polos banners do 17 de maio e do 25 de xullo. De voz de Pedro Telmo, director de valminor.info, chéganos incluso que houbo un proxecto de Lei para regular a Publicidade Institucional, e que foi rechazado cos votos en contra do actual goberno galego. Segundo di, se non fora polas donacións dos lectores non poderían sobrevivir. Precariedade, afirma. E así parece ser.

Non queda aquí, senón que o pasado xaneiro no Consello de Europa instábase á Xunta a un maior respecto e protección da lingua galega, comezando no ámbito do ensino. Con base ao período 2010-2013 a institución europea atopou insuficiente o traballado conforme á Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias, ao contrario da visión do goberno de Feijoo, que admitía con positivismo o crecente fomento da lingua galega. A finais de febreiro Agustín Baamonde mantiña a postura, con orgullo, da labor que a Xunta fai polos medios escritos en galego. No informe que os países facilitan ao Consello Europeo, e que se basean na información obtida das Comunidades Autónomas, a Xunta remitiuse ao apoio a medios como Galicia Hoxe ou Xornal de Galicia, ambos medios que non están a editar contidos propios ou que mesmo agora publican en castelán. Mencionan tamén nese documento axudas vertidas a Praza Pública, que segundo o propio diario non chegou a recibir ningún apoio económico ou doutras características. Non hai que esquecer tampouco a sentenza de que “a maioría dos medios cunha presenza importante en soporte papel contan cunha versión dixital en galego grazas aos tradutores automáticos”. Nada que comentar ao respecto.

Non se debe obviar que na actualidade non existe ningún medio impreso que o faga completamente en galego, logo do peche de Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, de Luns a Venres e o semanario A Nosa Terra. Será por falla de ganas ou polas trabas e falta de apoio que se lles impón?

….

REFERENCIAS

Portada – Secretaría Xeral de Medios. (2016). Medios.xunta.gal. [Consultado 10 Abril 2016] de http://medios.xunta.gal/portada

DOG do 17 de xaneiro de 2015. Número 17. Convocatoria de axudas a empresas con publicacións periódicas escritas íntegramente en galego. [Consultado 10 abril de 2016] de http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150127/AnuncioG0244-190115-0001_gl.html

DOG do 28 de decembro de 2015. Número 247. Publicación dos beneficiarios das axudas concedidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego. [Consultado 10 Abril 2016] de http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151228/AnuncioG0244-181215-0004_gl.pdf

DOG do 28 de decembro de 2015. Número 247. Publicación dos beneficiarios das axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión. [Consultado 10 Abril 2016] de http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151228/AnuncioG0244-181215-0003_gl.pdf

DOG do 17 de febreiro de 2015. Número 29. Convocatoria de axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión. [Consultado 10 Abril 2016] de http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150212/AnuncioG0244-050215-0001_gl.pdf

Belmonte, E. (2015). Feijóo reparte medio millón a los medios a dedo. El BOE nuestro de cada día. [Consultado 10 Abril 2016] de http://elboenuestrodecadadia.com/2015/06/02/feijoo-reparte-medio-millon-a-los-medios-a-dedo/

Os medios en castelán reciben nove veces máis cartos da Xunta cós xornais en galego – Praza Pública. (2015). Praza Pública. [Consultado 10 Abril 2016] de http://praza.gal/politica/8826/os-medios-en-castelan-reciben-nove-veces-mais-cartos-da-xunta-cos-xornais-en-galego/

Así presumiu a Xunta en Europa de apoiar os medios en galego – Praza Pública. (2016). Praza Pública. [Consultado 10 Abril 2016] de http://praza.gal/politica/11219/asi-presumiu-a-xunta-en-europa-de-apoiar-os-medios-en-galego/

A Xunta repartiu 4 millóns entre os medios tradicionais nos primeiros tres meses de 2016. (2016). Galicia Confidencial. [Consultado 10 Abril 2016] de http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28578-xunta-repartiu-4-millons-medios-tradicionais-primeiros-tres-meses-2016

Galicia Confidencial (GC) – Información sobre Subvencións. (2016). Galiciaconfidencial.com. [Consultado 10 Abril 2016] de http://www.galiciaconfidencial.com/tema/subvencins

A Xunta gasta 59.999,99€ na publicidade do Día da Muller Traballadora. (2016). Galicia Confidencial. [Consultado 10 Abril 2016] de http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28321-xunta-gasta-5999999-publicidade-dia-muller-traballadora

Galego, V. (2015). Asociación de Medios en Galego: A Xunta, en contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación. Vitaminasparaogalego.blogspot.com.es. [Consultado 10 Abril 2016] de http://vitaminasparaogalego.blogspot.com.es/2015/02/a-xunta-en-contra-da-transparencia-nas.html

Telmo, P. (2015). Asociación de Medios en Galego: AMEGA denuncia a exclusión de medios en galego das axudas institucionais. Vitaminasparaogalego.blogspot.com.es. [Consultado 10 Abril 2016] de http://vitaminasparaogalego.blogspot.com.es/2015/02/amega-denuncia-exclusion-de-medios-en.html

Telmo, P. (2014). Asociación de Medios en Galego: AMEGA denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos. Vitaminasparaogalego.blogspot.com.es. [Consultado 10 Abril 2016] de http://vitaminasparaogalego.blogspot.com.es/2014/10/a-amega-denuncia-politica-de.html

Telmo, P. (2014). Asociación de Medios en Galego: A Asociación de Medios en Galego presentan no Parlamento unha proposta de Lei de Publicidade Institucional. Vitaminasparaogalego.blogspot.com.es. [Consultado 10 Abril 2016] de http://vitaminasparaogalego.blogspot.com.es/2014/09/a-asociacion-de-medios-en-galego.html

Proposta Lei de Publicidade Institucional (1). (2016). Scribd. [Consultado 10 Abril 2016] de https://es.scribd.com/doc/240903943/Proposta-Lei-de-Publicidade-Institucional-1

Nova inxección económica de máis de 800.000 euros da Xunta aos medios tradicionais. (2016). Galicia Confidencial. [Consultado 10 de abril de 2016] de http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/28577-nova-inxeccion-economica-800000-euros-xunta-aos-medios-tradicionais

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s