Cine e discapacidade

Marta Eireos Currás – S1C4

foto cine discapacitados

Fonte imaxe: www.fcom.us.es

 

As persoas con discapacitade sempre estiveron representadas no cine, dalgunha forma ou doutra. A día de hoxe, o cine é un dos grandes representantes dos discapacitados, ao igual que a publicidade ou os medios de comunicación. Non obstante, este linguaxe global adoita tratar á persoa discapacitada dun xeito incorrecto e non adecuado á realidade, o que fomenta a desigualdade e contribúe e  mantén os prexuízos e as actitudes negativas e inxustas.

Xa nos medios de comunicación a persoa que sufre de discapacidade acostuma a aparecer representada ou ben de xeito heroico ou ben de maneira paternalista; e na filmografía sucede algo parecido. Xeralmente, o sétimo arte adoita a representar ao discapacitado de dúas formas: Pode ser o antagonista, un ser marxinal, deforme e malvado, cuxo único propósito na vida é entorpecer os plans do héroe; ou pode ser un personaxe secundario, que nin sinte nin padece. Podemos citar diversas películas nas que podemos ver esta representación inadecuada como “El jorobado de Notre Dame” o “La parada de los monstruos”.

Pese a todo, hai que recoñecer que, a pesar de todo, o cine, en ocasións, tamén axuda ou ten axudado ao colectivo de discapacitados, presentando á persoa con discapacidade como protagonista. Deste xeito, o cine consegue trasmitir problemas que doutra forma a sociedade non coñecería ou ideas ou sentimentos que as persoas que non padecen discapacidade nunca se plantexarían. Podemos destacar “El milagro de Ana Sullivan”, que conta a historia dunha adolescente sorda e muda que aprende a comunicarse grazas a axuda da súa institutriz.

Fai uns días, o equipo de Teinteresa.es sacaba unha noticia titulada: Una campaña de publicidad pide respeto para las personas con discapacidad en el cine y los medios en EEUU. O artigo trata sobre a organización sen ánimo de lucro estadounidense Family Member, a cal realizou un anuncio para disuadir ao cine e aos medios de empregar termos que podan resultar ferintes para as persoas que sofren de discapacidade e as súas familias.

En conclusión, está demostrado que o cine e os demais medios de comunicación, en moitos casos, non representan fielmente a realidade. Especialmente no tema da discapacidade, xa que con frecuencia se alentan prexuicios, o que contribúe a fomentar unha sociedade inxusta e desigual, onde se marxina e incluso se maltrata aos diferentes.

Un dos principais obxectivos dos colectivos de discapacitados é que os seus membros consigan facerse presentes nos diversos medios de comunicación. Xa sexa no cine, na televisión ou na publicidade, os discapacitados deberían ter a oportunidade de aparecer nos medios e falar con voz propia. Só deste xeito, as persoas con discapacidade serán escoitadas e por fin conseguiremos a igualdade.

 

REFERENCIAS:

Hora de revisión do editor: 17/04/2016 19:12

Hora de revisión do GBO: 17/04/2016 20:33

Hora de publicación: 18/04/2016 15:03

 

Advertisements

16 comentarios en “Cine e discapacidade

  1. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    A pesar de que pode que teñas razón na túa reflexión e os discapacitados as veces aparezan non cinema en papeis que lles poñen como os malos dá pelicula, creo que non debemos mesturar isto con xornalismo. Ou cinema, como ben sabemos, é unha arte que trata de contar historias e ou xornalismo é un oficio que ten que cinguirse a realidade e contala sen terxiversala. Non podemos, nin debemos plantexarnos, poñerle portas ao campo. O septimo arte ten a cualidade de mostrarnos a realidade que ou director quere crear, e considero que nos como espectadores non podemos criticar isto. Ademáis, existen multitude de exemplos nos cales as persoas que sofren calquera tipo de discapacidade gozan de papeis moi interesantes sen necesidade de ser perxudiciais para ou colectivo que representa aos discapacitados. Forrest Gump, O clube dá loita ou a recente serie de televisión Mr. Robot, fan que nos metamos na pel dos enfermos e que vexamos a sua problematica moito máis preto do que os medios de comunicación podémonos amosar. Creo que ou cinema debería ser intocable e que pensar que nel os discapacitados estan menosprezados e chegar demasiado lonxe. Outra cousa é ou que suceda nos medios. Eles se ten que dar a voz suficiente a aqueles que non a teñen. http://e-archivo.uc3m.es/bitstream/handle/10016/17101/DyL-2011-25-rivaya.pdf?sequence=5

    Data de emisión do comentario: 18/04/2016- 20:01
    Data de revisión do GBO: 18/04/2016- 20:45
    Data de publicación do comentario: 18/04/2016- 21:23

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      ¡Ola, Jaime! Estou de acordo contigo en que hai que diferenciar entre o cine, que é un arte, e o xornalismo e os medios de comunicación. Son dúas cousas ben distintas e debemos saber diferencialas. Ata aí ambos de acordo. Pero, non obstante, a miña opinión persoal é que hai que coidar o tratamento de certos temas, xa que podemos perxudicar á dignidade de certos colectivos de individuos e as súas familias tamén poden sentirse ofendidas.

      Creo que, a día de hoxe, é indudable o poder do cine para transmitir informacións, para provocar emocións e para estimular a empatía cós personaxes e as súas situacións. Por ese motivo, é primordial a utilización de películas con protagonistas ou persoaxes principais con discapacidade para favorecer a visibilidade, a normalización e o acercamento á realidade e á situación das persoas con discapacidade. Non obstante, coma ti ben dis, hai varios exemplos de películas que tratan de forma moi respetuosa aos discapacitados.

      Revisión GBO: 19/04/2016 10:22

      Gústame

  2. Rodríguez Menéndez, Cristina-S3B4

    É certo que o cine a diferenza do xornalismo carece da obriga de dar unha información veraz, e a súa función non é educar senón entreter, porén non hai que olvidar que os seus contidos influén na sociedade tanto como o fan os xornalísticos. Polo tanto, comparto a túa idea de que as actitudes racistas non deberían ter cabida neste ámbito. O cine, dende meu punto de vista, non deixa de ser un medio de comunicación xa que trasmite unha determinada información aos seus oíntes. Aos teus exemplos, gustaríame engadir esta película na que a discapacidade é tratada de forma respetuosa: http://www.filmaffinity.com/es/film217719.html
    Pese a todo, creo que o comezo para cambiar as cousas ten que estar no xornalismo xa que ten un gran poder para facelo, para eliminar dunha vez os prexuizos e conseguir unha sociedade máis igualitaria, onde independientemente das túas características poidas ter voz para expresarte e na que a discriminación non teña un rincón onde acomodarse.

    Data revisión GBO: 19/4/16 19:30
    Data publicación:19/4/16 19:45

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      ¡Ola, Cristina! Estou totalmente de acordo co teu comentario. O cine, ao igual que os medios de comunicación, teñen o poder para cambiar o mundo e lograr por fin unha sociedade máis igualitaria. O cine sempre foi coma unha porta aberta para entender e coñecer as múltiples miradas que ten a vida, así que, ¿por que non aproveitala? Se proxectamos unha imaxe correcta e normalizada, das persoas que sufren discapacidade, o resto da sociedade será capaz de integralas mellor.

      Aínda que non sempre a imaxe que o cine mostra da discapacidade é a máis adecuada, hai numerosas películas que salientar que sí que tratan este problema de xeito respetuoso e correcto. Sen ir máis lonxe, a película que ti comentas.

      Revision GBO: 20/04/2016 12:48

      Gústame

  3. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    Ao longo dos meus comentarios critiquei moito o papel que fan os medios coas persoas con discapacidades, por empregar termos pexorativos, por non dar voz á victimas discapacitadas, por deixalas quedar como alguén indefenso e inferior, etc.
    Pero no que non me parara a pensar e en como o cine trata a estas persoas, como se reflicte a situación delas nas películas. Si é certo que moitas veces quedan de malas persoas sen embargo outras quedan como personaxes secundarios sen importancia ou como seres inofensivos. Aínda que as películas poidan ser ficticias ou estar baseadas en feitos reais, se a figura dunha persoa con discapacidade aparece sempre como mala ou sen importancia esto inflúe na sociedade, e séguese apoiando a idea de que este colectivo e inferior e que non pode desenrolar un papel importante.
    Unha das miñas películas favoritas chámase INTOCABLE, o seu protagonista é un home que quesou tetrapléxico por causa dun accidente, polo que necesita alguén que o coide. Tras facer varios castings elixe como o seu coidador a domicilio a un inmigrante dun barrio marxinal que acaba de saír da cárcere. Acaban tendo unha amistad moi importante.
    Aquí vemos como os dous protagonistas son persoas que normalmente son discriminadas e criticadas pola sociedade, é de feito é unha película basada en feitos reais. Gústame o feito de que trata aos dous protagonistas como unha persoa máis, como se debería facer nos medios ou no cine. Xuntos levan unha vida normal, se críticas e facendo o que se lles antolla, desixando atrás prexuízos. Creo que é unha maneira de ver que todos somos iguais, e que todos merecemos ser informados, informar, ser protagonista, ser un máis, disfrutar e levar a misma vida que os demais, porque son iguai a nós, a única diferenza é que por causas inxustas acabaron nunha cadeira de rodas, cegos, etc.
    O cine e os medios de comunicación inflúen moito na sociedade, e infúen tanto para ben como para mal, por iso o mellor é que actúen dando un exemplo de actitude correcta

    Referencias:
    http://www.filmaffinity.com/es/film217719.html
    http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temasdiscapacidad.htm
    Película Intocable

    Data de emisión do comentario: 19/04/2016- 14:01
    Data de revisión do GBO: 19/04/2016- 15:03
    Data de publicación do comentario: 19/04/2016- 18:54

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      ¡Ola, Aixa! Comparto a túa opinión en que tanto o cine como os medios de comunicación exercen unha gran influencia (tanta, que ás veces nin somos conscientes) e un gran poder na sociedade actual.

      Por sorte, houbo unha gran evolución desde que, nos principios do cine, a discapacidade era tratada desde unha visión cargada de estereotipos e prexuicios, ata chegar a súa posterior normalización, na que o cine presenta a problemática das personas con discapacidade desde o punto de vista do propio afectado, cos seus problemas reais, coas alegrías e as penas e, por enriba de todas as cousas, co seu infinito esforzo e afán de superación.

      Non obstante, aínda queda un longo camiño por recorrer, tanto no cine como nos medios de comunicación. E nós, como futuros xornalistas, debemos de telo sempre moi presente e buscar a verdade e non o morbo nas nosas publicacións. Películas como a que ti mencionas axudan enormemente de forma indirecta a normalización da situación das persoas con discapacidade.

      Revision GBO: 20/04/2016 12:46

      Gústame

  4. María Barcón Lage (S1A2)

    E sabido que moitas películas tratan de xeito canto menos cuestionable moitos temas, como as enfermidades mentais, as discapacidades físicas, etc pero estamos a tratar dunha forma de entreteñemento na que pode entrar a creatividade do propio director, as comedias, os contos e outros moitos xéneros dentro da cinematografía que poden variar a realidade e incluso ser totalmente historias ficticias. E aínda que estou totalmente de acordo cando dis que pode prexudicar o mofarse da imaxe de persoas discapacitadas tamén se pode entender como simple distracción sempre e cando se explicita que é algo inventado.

    Por último quero destacar os nome dun actor a nivel nacional que se chama Juan Manuel Montiña, mais coñecido como “El Langui” e ten unha parálise cerebral claro exemplo de que unha discapacidade non é impedimento para realizar o que te propoñas na vida. Deixo un exemplo no que se recoñece o seu traballo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=pV4SARc3tfY

    Data de revisión do editor: 20/04/2016 18.10
    Data de revisión do coordinador: 20/04/2016 18.15
    Data de publicación: 20/04/2016 18.25

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      Moitas grazas pola túa achega, María. É certo que o cine, ademais dun arte, é unha forma de entretemento. Aínda así, creo que tanto o cine como os medios de comunicación deberían de coidar máis o xeito de tratar temas delicados, coma a discapacidade. Xa que, se esta clase de tema son tratados incorrectamente, poden chegar a ferir aos aludidos e as súas familias.

      Non obstante, antes que cambiar ó cine ou ós medios, o principal é cambiar á sociedade, xa que o xornalismo e o cine adoitan ser un reflexo dela.

      Por certo, o teu enlace é de gran utilidade, xa que o “Langui” amósanos que calquera persoa pode lograr o que se propoña.

      Revision GBO: 22/04/2016 23:23

      Gústame

  5. Parada Vila, Laura – S3B1

    Bos días, Marta.
    Un artigo moi interesante, é verdade que no cine a presencia de persoas discapacitadas é mínima, e cando aparece algún actor en silla de rodas por exemplo, realmente non é unha persoa que non poida camiñar. Por exemplo na película Avatar, o seu protagonista non pode mover as pernas, pero cando se transforma no seu avatar é unha persoa que sí que o pode facer. Desta forma, na película parece que se transmite a idea de que unicamente o personaxe foi feliz cando era un avatar e polo tanto cando puido camiñar.

    As veces, consciente ou inconscientemente os medios de comunicación transmiten unha imaxe negativa ou débil sobre este colectivo. Fai un tempo, a prensa fíxose eco de que o actor El Langui, bloqueara un autobús porque non lle deixaba subir. Deixote a noticia por se queres votarlle unha ollada. (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/23/madrid/1456219674_834440.html ). A noticia foi tratada como unha situación nunca vista, o mesmo ocorreu nas redes sociais que comentaron o feito como algo impensable por unha persoa discapacitada.

    Como vemos unicamente se a persoa discapacitada é famosa sairá nos medios, e aínda así será unha noticia anecdótica que non terá apenas repercusións para o resto do colectivo. Pero non debemos esquecer que situacións como estas dánse na nosa vida cotiá e que somos os nós os que podemos evitalas.

    Un saúdo

    Revisión do editor: 21/04/2016 11:26
    Revisión do editor: 21/04/2016 11:30
    Hora de publicación: 21/04/2016 11:43

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      Bos días Laura e moitas grazas pola túa achega. Vin moitas veces á película Avatar e penso coma ti: o persoaxe, que está en cadeira de rodas, aparece moi pouco, apenas uns minutos deste xeito. Decide arriscar á vida, dando a entender que, dada a súa situación, todo lle da igual. Logo, cando xa se converte nun “avatar” e é capaz de camiñar, xa todos olvidamos á persoa con discapacidade, para centrarnos no arriscado protagonista.

      Noutras películas, non só se invisibiliza ao colectivo de discapacitados, senón que son maltratados (física o psíquicamente). Nin unha nin outra forma de tratalos é correcta: o adecuado sería tratar ás persoas con discapacidade dun xeito natural e normalizado, só así conseguiremos integralos na sociedade dunha vez por todas.

      Pero, coma ben ti apuntas, este cambio non só se debe dar no cine, senón tamén nos medios de comunicación, publicidade e demais escaparates da sociedade. Non obstante, o principal cambio está en nós, xa que os medios son un simple reflexo da sociedade. Os medios e o xornalismo só evolucionarán cando o fagamos nós antes.

      Revision GBO: 22/04/2016 23:22

      Gústame

  6. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)
    Respeto ao teu comentario estou dacordo ca pouca sensibilidade que se pode a chegar a ter no séptimo arte cas minuvalías, pero en definitiva non chega a provocar un conflicto tan exarcebado como o que pode causar o xornalismo. Tanto o cinema como os programa de televisión teñen un carácter de entretenimiento, o que fai que as preocupacións por perpetuar os estereotipos negativos sobre un colectivo non estén ao orde do día. Polo que paréceme doado facer fincapé neste tema, en profundizalo e chegar a conclusións serias que posibiliten unha boa discusión sobre o tema, e que se chegue a solventar o problema de raiz.
    http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temasdiscapacidad.htm
    Este enlace corresponde a un analise crítico sobre a situacion das minusvalias no arte do cinema.
    Pero o que está claro é que precisase primeiro unha reconversión da sociedade para que sea doado a integración total.

    Data de emisión do comentario: 22/04/2016- 02:52
    Data de revisión do GBO: 22/04/2016- 08:05
    Data de publicación do comentario: 22/04/2016- 09:27

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      Bos días, Adrián. Estou de acordo contigo: o principal é cambiar á sociedade para despois cambiar ós medios de comunicación, xa que éstes son soamente un reflexo da realidade. Pero, o que está claro, é que tanto o cine como os medios de comunicación teñen un gran poder na sociedade actual, tanto para ben como para mal, así que sería un gran avance mellorar o tratamento informativo das persoas que sufren discapacidade. Esto podería axudar a normalizar a situación e contribuiría a que as demais persoas tiveran unha mellor imaxe deste colectivo. Por certo, o enlace que facilitaches resulta de grande interese para o noso círculo de debate; xa que nel se analiza o tratamento da discapacidade no cine actual. ¡Un sáudo e grazas por comentar!

      Revision GBO: 22/04/2016 22:46

      Gústame

  7. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

    Boas, Marta.

    Resultoume moi interesante o teu artigo porque é certo que cando estamos a ver unha película ou serie non nos paramos a pensar en como se trata a discapacidade. Estou de acordo con algúns dos compañeiros que comentaban que o cinema non ten a obriga de mostrar a realidade ou de ser “políticamente correcto” aos mesmos niveis que o debe facer o xornalismo. Non obstante, o cinema é un reflexo da sociedade occidental do momento e ao mesmo tempo, inflúe moito nela, sobre todo agora que practicamente todos podemos acceder a el ou coñecemos os filmes grazas a redes sociais. Por este feito en concreto creo que é moi importante que se coide a linguaxe e que traten de evitarse actitudes discriminatorias ou paternalistas presentadas como correctas nas películas e series. Especialmente, en películas infantís, xa que o público ao que van dirixidas é moito máis influenciable que o público adulto. Se un neno ve que o “malo” da película é unha persoa discapacitada e non ten máis referencias na súa vida de persoas con discapacidades, pode chegar a facer unha conexión directa entre “ter unha discapacidade” e “ser malo”. Polo tanto, considero que sobre todo en películas, programas, series etc. infantís debemos ter especial coidado.

    Por outra banda, quería compartirche este artigo (http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temasdiscapacidad.htm) que fala precisamente deste tema. En concreto fala dunha cuestión que ti tamén mencionas que me parece de vital importancia: a invisibilización dos afectados nos medios. É certo que si aparecen pero non como persoas “sen máis”, a súa discapacidade convírtese sempre en algo que chama a atención e que modifica o seu personaxe. En moi poucas ocasións vemos a persoas con discapacidades de actores secundarios ou protagonistas nos que esa discapacidade non importe, simplemente existe igual que existe na nosa sociedade, pero non marca ao personaxe.

    Para rematar xa, quería comentarche o caso dunha serie española “Chiringuito de Pepe”, no que un dos protagonistas sufre unha discapacidade. Juan Manuel Montilla, alias “El Langui”, interpreta a Vicente Leal, fillo dun cociñeiro tradicional que sufre unha discapacidade física pero que non lle impide seguir coa súa vida. Nalgún fragmento que vin pareceume que o tratamento que fan da discapacidade deste personaxe aseméllase máis esa normalización que coincidimos en que é necesaria para unha sociedade de igualdade. Déixoche aquí o link por se lle queres botar unha ollada (http://www.mitele.es/series-online/chiringuito-de-pepe/temporada-1/capitulo-1/) e unhas entrevistas realizadas aos actores (http://detele.es/2014/06/entrevistamos-a-los-actores-de-chiringuito-de-pepe/).

    Un saúdo.

    Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:11
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      Bos días, Beatriz. Antes de nada, moiitas grazas pola túa achega. Aínda que tes razón: o cine é un arte, unha forma de entretemento, a visión persoal dun director que crea e inventa. De todos xeitos, penso que tanto o cine como os medios de comunicación deberían de coidar máis a forma de tratar temas coma a discapacidade. Estos temas son delicados e poden afectar ás persoas que sufren discapacidade e ás súas familias. Non obstante, antes que cambiar ó cine ou ós medios, o principal é cambiar á sociedade. Nós, como futuros xornalistas, temos que ter moi claro que o noso principal obxectivo é contar a verdade, sen filtros, sen mentiras, sen manipulacións. Non obstante, se a sociedade ten prexuízos ou unha visión negativa da discapacidade, nós, como “canalizadores da información”, non podemos cambiala.

      Por certo, os teus enlaces son de gran utilidade e moi interesantes, ¡moitas grazas! Paréceme xenial que nunha serie española incluán a un persoaxe que sufre de discapacidade. Esto axudará a normalizar a situación deste colectivo a ollos dos españoles.

      ¡Un sáudo!

      Revision GBO: 22/04/2016 22:36

      Liked by 1 person

  8. Campos Castelos, Patricia – S1A4

    Ola Marta! Moi interesante o teu artigo, antes de nada. Sempre en calqueira medio de comunicación e na gran pantalla discriminan a este colectivo. Sen irrnos ao cine, na serie ‘Física e Química’ nas últimas temporadas aparece un actor, Álex Fernández, que fai dun rapaz que está en cadeira de rodas e xa na propia serie discrimínano, facendo así que a sociedade que consumiu esa serie durante todas as temporadas teña os estigmas que existen.

    ‘El Jorabado de Notre Damm’ como tamén dis ti na entrada ao principio o tachan dun ser malvado que eu mesma cando era pequena e vía a película tíñalle medo polos trazos faciais que posuía o personaxe. Pero a medida que pasou o tempo e vía a película dinme conta que era unha persoa máis coma min e non podía xulgar a ninguén así.

    E xa para rematar e seguir co cine como trata a túa entrada fágote mención de Christopher Reeve, o actor que por moitos años representou a Superman. No 1995, tras un curso de equitación caeu do seu cabalo e isto provocoulle a fractura de dúas vértebras cervicais levándoo así a unha grave operación da que só saíra con mobilidade na man esquerda. É un gran exemplo posto que a pesar de quedar en cadeira de rodas tirou para adiante e seguiu saíndo na gran pantalla. Tamén destaco que financiou a Fundación Americana de Parálisis a cal ten o nome de “The Christopher Reeve Foundation” para servir de axuda as persoas que quedaron parapléxicos ou tetrapléxicos como el, xa sexa por causas naturais ou en accidentes. Deíxote de enlace o vídeo do seu discurso nos Oscars de 1996: https://www.youtube.com/watch?v=ffSy3-PJ5QI , no cal pide a industria cinematrográfica máis tempo e esforzo para presentar atención aos problemas sociais nos que se atopan miles de persoas.

    Data de revisión do editor: 22/04/2016 12.00
    Data de revisión do coordinador: 22/04/2016 13.00
    Data de publicación: 22/04/2016 13.15

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás – S1C4

      ¡Boas tardes, Patricia! Moitas grazas pola túa achega. Ao longo de toda a filmografía podemos atopar numerosas referencias á persoaxes con discapacidade que non son tratadas dun xeito acertado, coma as que ti acabas de sinalar. Especialmente, a película “El jorobado de Notre-Dam”, pensada para un público infantil, trasmitíralle aos máis pequenos esa sensación de medo ou odio ao diferente, aos que non son iguais que nós.

      Ademais, a serie española á que fas referencia, ‘Física o Química’, trataba dun xeito incorrecto ao persoaxe en cadeira de rodas. O target desa serie era principalmente adolescentes, moi influenciables, e seguro que a maioría creceron cheos dese tipo de prexuízos. Aí xusto é onde radica a importancia do correcto tratamento informativo das persoas con discapacidade nos medios.

      ¡Un saúdo!

      Revision GBO: 22/04/2016 22:29

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s