Fama e homosexualidade

Imaxe: www.impactony.com

 

Martínez Lorenzo, Inés – S2B5

Se che dixeran que fixeras una lista de dez famosos homosexuais, ¿canto tardarías? Seguramente non máis dun par de minutos, terías en mente unha gran cantidade de nomes, xa que os medios de comunicación sorpréndenos cunha nova “saída de armario” de algunha que outra celebridade cada vez con máis frecuencia. Pero isto non sempre foi así, e incluso hoxe en día segue sen selo nalgunha das famosas profesións, porque, ¿que pasaría se a pregunta cambiara e en vez de pedir dez famosos, che pediran que nomeases a dez  deportistas homosexuais? A cousa complicaríase.

Houbo un tempo no que a homosexualidade e a fama parecía non ter relación ningunha. O que hoxe a prensa parece que ata incluso converteu en moda, antigamente era un foco de amargura para aqueles famosos e famosas que non eran heterosexuais. Podemos atopar unha gran cantidade de casos nos que a pesar de que non se soubera, ou que si que se soubera pero non fose público, de antigas celebridades homosexuais. No caso de Hollywood, incluso os estudios manipulaban as súas vidas. Un exemplo disto e o de Rock Hudson, “sex simbol” de la época, casado coa súa secretaria para acabar cos rumores da prensa, un matrimonio que parecía perfecto, polo menos na alfombra vermella, pero cuestionable de ser real cando Hudson admitiu a súa homosexualidade. Outro exemplo, é o da tamén famosa actriz, Greta Garbo, da que se dixo que mantivera unha relación amorosa cunha amiga súa.

Co paso do tempo, a mentalidade foi cambiando, a homosexualidade comezou a ser respectada na sociedade e na fama, o que fixo posible que as celebridades que o ocultaban o fixeran público. Agora, anunciar unha homosexualidade con naturalidade é algo ao que as “celebrities”  fóronos acostumando, disuadindo así o tabú que representaba nos anos cincuenta. Ricky Martín, Angelina Jolie, Megan Fox, Matt Bomer, Drew Barrymore, Neil Patrick, Mika, Carmen Electra,Lady Gaga, Miley Cyrus, Ellen DeGeneres… Son só uns poucos exemplos da larga lista das celebridades que anunciaron a súa homosexualidade ou bisexualidade nos últimos 15 anos.

Con vídeos, cartas, espontaneamente ao recoller un premio, ou nas súa redes sociais, hoxe en día os famosos non teñen problemas á hora de comunicar a súa orientación sexual, pero “saír do armario” non sempre é fácil. Ás veces pode chegar a ser traumático, como é o caso de Fernando Tejero, que na entrevista que Pepa Bueno lle fixo en abril do ano pasado no programa “Viajando con Chester”, admitiu que para el foi complicado, especialmente coa súa familia, que a pesar de que xa coñecen a súa orientación sexual, el nunca se atreveu a contáresllo por medo a facerlles dano.

E de comunicar a especular. Parece que aos medios de comunicación non lles chegan os anuncios dos famosos sobre a súa orientación sexual, e deciden rumorear. Son continuas as especulacións na prensa. Cristiano Ronaldo e o seu amigo especial marroquí, John Travolta e a súa relación con Tom Cruise, George Clooney… Para os medios sempre é pouco, e para eles sempre haberá unha “celebritie” por “saír do armario”.

O morbo dos medios de comunicación

Pero a prensa non so especula e rumorea. Cada vez máis medios de comunicación publican os comunicados das celebridades sobre a súa orientación sexual, co fin de intentar normalizar o feito de ser homosexuais. ¿Pero ata que punto e ese o verdadeiro motivo?

En ocasións parece que é máis polo simple morbo que por intentar facer  dunha vez por todas que a homosexualidade se vexa como algo totalmente normal. Continuamente podemos ver en revistas, na tele ou en páxinas web, numerosos top 10 de “famosos que son homosexuais e non o sabías” o das “mulleres máis influentes de Hollywood lesbianas”. E que ademais, nos casos das famosas que saen do armario, o morbo vese aumentado. Un claro exemplo é o de Cara Delevigne, no que tras anunciar a súa relación con Michelle Rodrigez, os medios non dudaron en amosar fotos e fotos da parella.

Por outra banda, moitas veces podemos atopar noticias relacionadas con temas de famosos e homosexualidade que se poderían considerar fóra de lugar. ¡Qué me dices! publicaba un artigo titulado “Famosas lesbianas y bisexuales ¡Hay de todo!”, no que sen dúbida ese énfases final é innecesario, ¿ou é que acaso sorprende que no mundo das “celebrities” haxa mulleres non heterosexuais? Outro claro exemplo é o de People no que tras a saída do armario de Ricky Martin fixo un artigo especial titulado “26 razones para amar a Ricky Martin tras salir del closet” ¿É agora Ricky Martin diferente e por iso hai que convencer a xente de que o queira a pesar da súa nova orientación sexual?

Os  medios de comunicación saben o que lle gusta ao público, e por desgraza, en moitos casos, o morbo aínda lidera as listas.

Referencias

Madrid, J. (2016). Hollywood gay: los que salieron del armario y los que nunca pudieron hacerlo. Fotogalerías de Celebrities. [online] El Confidencial. http://www.vanitatis.elconfidencial.com/multimedia/album/celebrities/2015-05-30/hollywood-gay_863290/#6 [Consultado 13 Abril 2016]. 

Jimenez, S. (2016). Cuando Hollywood no se atrevía a salir del armario. [online] Estrella Digital.

http://www.estrelladigital.es/articulo/artes/cuando-hollywood-no-atrevia-salir-armario/20150508170441238936.html [Consultado 13 Abril 2016].

Redacción (2015). Fernando Tejero sale del armario en ‘Viajando con Chester’. [online] La Vanguardia. http://www.lavanguardia.com/television/personajes/20150427/54430873667/fernando-tejero-viajando-con-chester-homosexualidad-pepa-bueno.html [Consultado 13 Abril 2016].

Redacción (2010). Ricky Martin: “Hoy acepto mi homosexualidad”. [online] http://www.peopleenespanol.com/article/ricky-martin-hoy-acepto-mi-homosexualidad [Consultado 13 Abril 2016].

Revisión da editora: 15/04/2016 ás 23:38

Revisión GBO: 16/04/2016 ás 15:45 e segunda revisión 18/04/2016 ás 21:01

Publicado: 18/04/2016 ás 17:00

 

Advertisements

23 comentarios en “Fama e homosexualidade

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    Efectivamente, buscando en medios de comunicación tradicionais galegos, atopamos que a maioría de noticias que relacionan fama e homosexualidade semellan publicacións máis propias da prensa rosa que dun medio informativo como tal. Por exemplo, neste artigo do Faro de Vigo titulado “Ellas también airean sus armarios”. http://www.farodevigo.es/vida-y-estilo/gente/2014/02/28/airean-armarios/976509.html

    Neste outro caso exemplifícase a pouca integración á que están suxeitas as orientacións e condicións sexuais, xa que en lugar de informar verdadeiramente sobre o personaxe que encarnará o actor, céntranse soamente nunha característica do mesmo, que en absoluto podería definir a toda unha persoa. http://ocio.farodevigo.es/tv/series/miguel-angel-silvestre-gay-mano-hermanos-matrix-nws375440.html

    No seguinte enlace atoparedes unha publicación que recolle unha lista dos deportistas e políticos gays máis famosos, que precisamente son algúns dos colectivos nos que como vos diciades, parece existir menor “orgullo LGTB”. http://www.poprosa.com/deporte/todos-fuera-del-armario-los-deportistas-y-politicos-gays-mas-famosos O texto semella ser unha reivindicación para o colectivo, unha maneira de romper o tabú, e pode que cumpra o seu obxectivo. Non obstante, hai algo que boto en falta na vosa publicación, ou quizais un punto de vista diferente.

    Por que a xente sinte a necesidade de comunicar a súa orientación ou condición sexual? Xamais vimos a un heterosexual que se puxera serio a contar que se sinte atraído por persoas doutro sexo. Déixovos o enlace dunha web na que se tratou de abrir horizontes neste tema a través do tratamento dunha nova cultura, moda ou como se queira denominar: o rexeitamento das etiquetas. https://i-d.vice.com/es_es/article/todava-es-necesario-salir-del-armario Penso que aínda que a información non sexa moi ampla nin estea tratada da forma máis correcta, apórtanse ideas que pretenden abrir as mentes dos lectores a unha concepción máis extensa da sexualidade humana. Non quero suxerir que as persoas que se identifican como algo fora do estándar non deban informar sobre a súa propia condición, xa que en casos de presión social, esta divulgación pode ser algo incluso terapéutico. Simplemente creo importante deixar constancia da necesidade de crear unha comunidade na que informar sobre a sexualidade dun, non sexa un requisito para selo oficialmente, e que “saír do armario” soamente teña un sentido literal.

    Como decides, os medios especulan e rumorean sobre a sexualidade dos famosos precisamente porque é algo que non esta normalizado, e esa obsesión por divulgar saídas de armario de famosos co fin de concienciar da naturalidade do tema, dubido en se non estará facendo máis que retrasar e deformar a comprensión da existencia de distintas orientacións e condicións sexuais.

    Hora revisión do editor: 19.30h.
    Hora revisión do coordinador: 19:42h.
    Hora de publicación: 20.00h.

    Gústame

    1. Ola Rita! É exactamente o que ti dis, os medios de comunicación prefiren buscar os morbo e tratar estes asuntos como un cotilleo de prensa rosa. Dende o meu punto de vista, na gran maioría dos casos non buscan o que realmente debería de estar a facer: simplemente informar e intentar normalizar un colectivo que por desgraza xa debería de estar normalizado fai tempo. O que hoxe trátase como unha noticia xa moi común no mundo das “celebrities” antes era practicamente inexistente. Por exemplo, neste artigo explicase a situación de Hollywood nos anos cincuenta, de cómo os guionistas e directores camuflaban este tema tan tabú naquelas épocas e que agora parece estar tan de moda.
      http://www.estrelladigital.es/articulo/artes/cuando-hollywood-no-atrevia-salir-armario/20150508170441238936.html

      En canto o caso do personaxe de Miguel Angel Silvestre estou totalmente de acordo, creo que unha persoa, tanto na ficción como na realidade debería de definirse por moito máis que a súa orientación sexual.

      Por outra banda está o que dis sobre os político e os deportistas. Como digo no artigo, a homosexualidade está mais ou menos aceptada dependendo moito da profesión, e non só no mundo da fama, senón tamén na sociedade en xeral. Normalmente e como de costume tendemos a estereotipar tamén as profesións.

      Ademais, tes moita razón no que falas da necesidade de comunicar a súa orientación sexual. O perfecto, e para min de momento unha utopía, sería que nun momento, o colectivo LGTBI chegase a estar tan normalizado que non houbera esa necesidade, e que si un famoso di que é homosexual xa non sexa noticia, pero polo momento, como digo, esta situación a vexo unha auténtica utopía.

      Por último, tamén te dou a razón na túa conclusión. Dende o meu punto de vista moitos medios de comunicación non están a conseguir a normalización destes colectivos, senón que están a facer deste tipo de noticias puro morbo, e non creo que sexa o máis concreto. Ser homosexual non é máis ou menos morboso que ser heterosexual, o problema é que os medios están a crear esa imaxe.

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 19:31

      Gústame

  2. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

    Máis que escamoso, o tema referente á tanxible moda de sacar do armario sen reparo algún a famosas “celebrities” sen saber tan sequera a súa orientación sexual, resulta estridente. Certo é que a situación actual que os medios provocan axuda a normalizar a homosexualidade pero, ¿o fin xustifica os medios? Opino que detrás de esta crecente tendencia escóndense motivos escuros: O que se busca en realidad non é normalizar unha situación, senón vender e, pese a ser triste, o certo é que actualmente o único que vende é o que chama a atención. ¿Dónde queda entón a ética do veraz? Miles de noticias falsas e de dudosa relevancia aparecen nas redes sociais, como por exemplo, a que adxunto neste comentario: “15 Lesbianas famosas sin miedo a salir del armario” ¿Deberían terlo?
    http://www.elmundo.es/album/loc/2014/12/18/5492ce3ce2704eb25e8b457b_2.html

    Pese a todo, Inés, opino que tés toda a razón cando dis que a homosexualidade está aceptada dependendo da profesión que cada persoa realice. ¿Por qué vemos normal que unha cantante ou actriz sexa lesbiana e, sen embargo, que un político declare que é gay xenera o caos na sociedade?

    Á hora de buscar culpables, é indiscutible que os medios de comunicación lévanse a palma. Xeneralizando a homosexualidade dentro do conocido como “mundo da farándula” normalizamos só a idea de que as estrelas de Hollywood tamén poden ter unha orientación sexual diferente á que é marcada debido aos tabúes e estigmas que a nosa sociedade impón, pero ¿qué sucede cós demáis ámbitos da vida pública?

    ¿Por qué tanta insistencia nos traumas e vivencias que sufren os famosos? ¿Só eles sofren para “saírr do armario”? O que a prensa consegue con noticias como as que ti amosas é facernos olvidar que, antes de ser celebrities, son persoas de carne e óso, e que como elas miles de persoas soportan debido a confesar a súa orientación sexual.

    Revision GBO. 20/04/2016 12:24

    Gústame

    1. Ola Lucía! Sen dúbida ambas estamos de acordo no temas dos rumores e do morbo. Como xa dixen no artigo, eu tamen creo que a prensa está deixando de lado a súa labor de intentar normalizar a este colectivo para acabar convertendoo nun cotilleo de prensa rosa. Como ven dis ti, realmente ¿o fin xustifica os medios? Dende o meu punto de vista non, pero porque directamente creo que o fin que busca a prensa non é o de normalizar, senón o de vender creando morbo. Para min esto é un serio problema, ¿dende cando é maís importante vender en vez de intentar normalizar algo que por desgraza aínda segue sen estar aceptado completamente na nosa sociedade? Sen dúbia a labor do periodista debería de ser de intermediario entre este tipo de colectivos e o resto da sociedade, axundando a que estes sean máis visibles e se lles acepte dunha vez por todas.

      Por outro lado está a cuestión dos rumores e das continuas especulacións por parte dos medios de comunicación. Estamos fartos e fartos de ver na tele ou nos xornais e revistas continuas historias que non son certas. Este tipo de rumores son o que realmente ao final acaba creando o morbo do que falabamos, e que acaba enganchando á xente, vendendo así moitísimo máis. Deixoche esta noticia na que falan do suposto amigo especial de Cristiano Ronaldo, no que se pode ver como se referín a el como o mozo de Cristiano. Tamén chama a atención a sección á que pertence: Deportes. Sen duda podrás comprobar que falan de todos menos de fútbol.
      http://www.libertaddigital.com/deportes/futbol/2015-12-09/quien-es-badr-hari-el-supuesto-novio-de-cristiano-ronaldo-1276563345/

      En canto o que dis sobre como os medios teñen tanta insistencia na homosexualidad e nos traumas dos famosos coincido contigo. Moitas das veces o modo no que son tratados estes casos en famosos fai que se nos olvide que realmente por moita “celebritie” que sea, non seixa de ser unha persoa, e non debería de soprender cosas como que Fernando Tejero pasarao mal ó salir do armario, ¿o que non coñecemos todos un ou varios casos de persoas do noso entorno que o pasaran mal tamén nesas situacións?

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 19:37

      Gústame

  3. Cabado Vázquez, Aarón (S1E2)

    Si que é certo que, segundo cal sexa a profesión ou ocupación do famoso ou famosa en cuestión, a súa orientación sexual percíbese dunha forma ou doutra. Como comenta a miña compañeira, especialmente no mundo do espectáculo (televisión, cine, música…) son cada vez máis os homosexuais ou bisexuais que non teñen reparo en facelo público, pero noutros casos, coma os deportes, non é así.

    Un dos casos máis destacados é o do exfutbolista alemán Thomas Hitzlsperger. O centrocampista teutón, que chegou a ser internacional co seu país, retirouse en 2013. Poucos meses despois de colgar as botas, declarou a súa homosexualidade (http://elpais.com/elpais/2014/01/09/gente/1389262228_166055.html). Foi casual que agardase a deixar o fútbol para recoñecer a súa orientación sexual? Lóxicamente non. Cada un terá a súa opinión con respecto a se o futbolista debería habelo dito mentres estaba en activo ou non, pero a súa decisión é comprensible: o fútbol é un deporte absolutamente masculinizado, no que os cánticos homófobos e machistas están á orde do día.

    É unha mágoa que no mundo do deporte, no cal si se están facendo campañas para acabar, por exemplo, co racismo, apenas se mova un dedo para acabar cos roles de xénero. É comprensíbel se miramos como é a xente que ten o control: o presidente da Liga de Fútbol Profesional, Javier Tebas, é de ideología de ultradereita e declarouse recentemente como antiabortista (http://www.elmundo.es/deportes/2016/02/27/56ce37ade2704ebf748b45b5.html). Non parece a persoa máis axeitada para loitar pola integración das mulleres e dos homosexuais no ámbito de deporte.

    A gran escala, nos encontramos con máis do mesmo. Os intereses económicos imperan sobre os sociais. O próximo mundial, en 2018, disputarase en Rusia, país que prohibe, persigue e castiga as organizacións e a propaganda homosexuais. O seguinte, en 2022, estará emprazado en Qatar, onde a homosexualidade é castigada con penas de ata cinco anos de cárcere (http://www.bbc.com/mundo/noticias/2010/12/101214_qatar_futbol_homosexuales_fifa_fp.shtml). Aínda que a sociedade avance, é difícil lograr que todas as orientacións sexuais sexan aceptadas e toleradas no mundo de deporte se a xente que toma decisións non loita por cambiar a situación.

    Hora revisión do editor: 20:47h.
    Hora revisión do coordinador: 21:30h.
    Hora de publicación: 23.05h.

    Gústame

    1. Ola Aarón! O tema da aceptación da homosexualidade en certas profesións como os deportistas é moi complicado. Está claro que cando é no mundo do espectáculo xa non se trata dun tema tabú e cada vez está moito máis normalizado. Non nos chama a atención que unha actriz ou cantante “salga do armario”, pero un deportista en cambio, si que crea moita máis sorpresa. A pesares disto, cada vez son máis os que se atreven a dar o paso. En España tan só hai un caso dun deportista que salira do armario, Kike Sarasola, xinete de élite, pero en outros paises europeos e en Estados Unidos son moitos os que fixeron xa pública su orientación sexual, eso sí, en moitos casos despois de retirarse. Entre eles está o nadador Ian Thorpe, a tenista Martina Navratilova ou John Amaechi, que foi o primeiro xogador da NBA en sair do armario.

      En canto ao mundo do fútbol, que é ao que ti fas máis referencia, a homosexualidade está moi pouco acptada. Como ben dis ti, é un deporte moi masculinizado, no que os cánticos homofóbicos reinan nos estadios. Podemos atopar poucos exemplos de futbolistas que sairan do armario a parte do que xa ti nombraches.O primeiro en revelar a súa homosexuialidad foi en 1990 o xogador da liga inglesa Justin Fashanu. Outro exemplo máis reciente é o do xogador estadounidense Robbie Rogers, que tras sali do armario no 2013 e retirarse do fútbol, decidiu volver aos terreos de xogo uns meses despois. Sen duda, tan so hai que ver os poucos futbolistas que dan o paso para reafirmar o que ti dis. É normal que nun deporte como este os xogadorers non revelen as súas orientacións sexuais, xa que por desgracia podería chegar a ser un gran escándalo e perxudicar ao futbolista.

      Deixoche estos dous artigos relacionados sobre o deporte é a homosexualidade que estou segura que encontrarás moi interesantes, xa que profundizan máis no tema. Moitas grazas polo teu comentario!

      http://negrowhite.net/la-homosexualidad-en-el-deporte-closet-cerrado/

      http://www.huffingtonpost.es/2013/06/29/deportistas-homosexuales_n_3508287.html

      Revisión da editora: 22/04/2016 ás 19:45
      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 19:55

      Gústame

  4. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

    Grazas a Deus o mundo das “celebrities” cambiou á par que evolucionou a sociedade con temas coma este. Pero aínda que como ben dis foron moitos os famosos e famosas que reconoceron públicamente e de forma aberta a súa condición sexual, aínda están a “saír do armario” agora, e moitos deles seguirán sen atreverse. Isto, baixo o meu punto de vista, é motivado pola condición conservadora e incluso machista de industrias coma a do cine ou a da música. Achégovos un enlace dun artigo que fala sobre isto:

    http://entaquillados.com/2016/01/28/homofobia-en-hollywood/

    Con respecto ao trato por parte dos medios de comunicación, unha vez máis o sensacionalismo e o morbo ganan a batalla. Pero quizáis a culpa non a teña toda o medio se precísamente eses artigos dos que falas son os que máis consume a xente. Esta problemática vai máis aló do propio medio, e ao fin e ao cabo o medio o que quere é ter a maior cantidade de público posible.

    Gústame

    1. Ola Santi! Está claro que o mundo das “celebrities”, e como o resto en xeral, avanzou moitísimo, a homosexualidade xa non é un tema tabú entre os famosos. Cada vez son máis os que salen do armario e dan ese paso para intentar normalizar unha situación que xa fai tempo que tería que haber cambiado. De todos modos é o que dis, a pesar deste avance ainda queda moito camiño por percorrer, e a homofobia sigue sendo algo moi presente tamén no mundo dos famosos. De todos os xeitos é o que comentaba no artigo, nalgúns ámbitos ou profesións a homofobia está moito máis presente, é o que ocurre no mundo do deporte, por exemplo. Deixoche este artigo que profundiza máis sobre esta discriminación aos deportistas.

      http://www.primerahora.com/deportes/otros/nota/homofobiaeneldeporteelultimocloset-434232/

      En canto ó que falas sobre o trato dos medios de comunicación non podería estar máis de acordo contigo. Está claro que a culpa é da sociedade, xa que é a consumidora. Somos nos os culpables de que ese tipo de artigos sigan escribíndose, xa que os medios publican para vender, e se non se consumise tanto ese tipo de información está claro que a prensa non a publicaría.

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 20:05

      Gústame

  5. Ricardo Baloira Armas – S1E1

    Boas días Inés!

    É verdade que a mentalidade da poboación con respecto ao trato que se lle da aos homosexuais cambiou. Non obstante, ¿foi un cambio para ben?Esta claro que é unha mellora este novo comportamento se o comparamos ao de anos atrás,cando os homosexuais, con máis frecuencia que agora, eran agredidos e incluso asasinados pola súa orientación sexual.

    Sen embargo, o comportamento da sociedade agora se move ao outro extremo. Moitos famosos ven unha mellora no interese que suscitan polo resto da poboación ao saír do armario, pero non dun modo san, senón morboso, como ben dis.

    http://www.que.es/gente/201412120800-famosos-espanoles-salieron-armario.html

    ¿Por que se considera noticia o ser homosexual? ¿Por que suscitan máis interese aqueles que saíron do armario? Os homosexuais son persoas normais e deben ser tratadas como tales, algo con o que eles tamén están de acordo despois de tanta invasión por parte da prensa amarillista na súa vida privada, que incluso de forma agresiva considera sacar a todos os famosos de “heterosexualidade dubidosa” (segundo eles) do armario.

    http://www.notodo.com/tendencias/estilos_de_vida/4901_heterogays_desarmarizados.html

    Finalizo o meu comentario aportando un arquivo que investiga acerca de como prácticas xornalísticas incorrectas afectan a grupos sociais vulnerables( como os homosexuais e inmigrantes), en concreto, referíndose á práctica do amarillismo.

    file:///C:/Users/Ric/Downloads/51738-56909-1-PB.pdf

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 13:00

    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 13:30

    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 16:17

    Gústame

      1. Boas tardes Ricardo!

        Está claro que o cambio é evidente, ben sexa para ben ou para mal. O que antes era un tema tabú, especialmente no mundo das “celebrities”, agora está moito máis normalizado e xa a ninguén lle sorprende que unha actriz ou cantante sexa homosexual. Eso si, dende o meu punto de vista esto tivo cosas boas e cosas malas, xa que a pesar de que odesapareceu como tema tabú, en moitos dos casos as saidas do armario dos famosos non son tratadas como se debería, e acaban convertíndose en puro morbo para vender, como digo xa no propio artigo.

        Ademáis é o que dis ti, que parece que agora esta en dúbida a heterosexualidade de todos os famosos. Constantemente, os medios de comunicación, publican artigos e rumores sobre a orientación sexual dos famosos. Este artigo é de fai de 6 anos, no que fan un repaso daqueles famosos que parecen ser gais. O título xa fala por si solo.

        http://www.taringa.net/posts/info/4308841/Hombres-famosos-con-fama-de-Gay-Saldran-del-closet.html

        Moitas grazas polo comentario!

        Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 20:12

        Gústame

  6. Carrea Álvarez, Jesús – S1E3
    (por problemas técnicos comento eu no seu lugar)

    Os medios tanto en prensa, radio, tv, etc., viven dos seus lectores, oíntes, do público en xeral, o morbo nos medios é a base principal dos ingresos sobre todo a denominada prensa amarela. Neste tipo de xornalismo sensacionalista, ten como obxectivo buscar o interese do público e gañar diñeiro apartándose da veracidad. O morbo colectivo, leas de saias , chismes e rumores benefician aos editores, os poderes democráticos nunca consideraron aprobar unha lei que defendese aos cidadáns dos posibles abusos dos medios no exercicio da súa liberdade, xa que lle compensa máis pagar unha indenización, aínda que poucas veces ocorre xa que o ofendido ten que enfrontarse judicialmente aos bufetes de avogados que os xornais teñen ao seu servizo.
    http://elpais.com/elpais/2016/04/18/estilo/1460970458_943600.html

    Aínda que custe facelo, dar a coñecer a orientación sexual unha persoa famosa, pode ser traumático,dar a coñecelo, pero hoxe en día está case asumido pola sociedade e desa forma evitaríase a especulación en prensa, radio, etc., quen menos o acepta é a familia, posto que sempre viron aos homosexuais doutra forma, a diferenza das xeracións nadas en democracia, xa que o antigo réxime e forzas de seguridade do estado perseguíanos e encarcelaban.
    http://www.publico.es/espana/homosexuales-yugo-franco.html

    Queda moito camiño por percorrer e cando a sociedade entenda que cabemos todos mediante o respecto , educación e aceptación de como é cada individu@, todo será máis fácil.

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 19:00
    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 19:15
    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 19:37

    Gústame

    1. Ola Jesús!
      Esta claro que é o que ti dis. O importante para os medios de comunicación é vender, e o morbo, como xa dixen no artigo, a día de hoxe, vende máis que calquera outra cousa, e máis neste tipo de periodismo do que ti falas, onde en moitos dos casos a veracidade pasa a un segundo plano. ¿Hasta que punto o fin xustifica os medios nestes casos? ¿Podemos permitir unha falta de veracidade por parte da prensa tan so polo feito de que iso leva a vender máis? Sen dúbida os lectores merecemos unha información veraz, nada de rumores e especulacións. Esta publicación profundiza un pouco máis na prensa sensacionalista de España.

      https://llegalaultima.com/2012/08/28/periodismo-espanol-y-sensacionalismo/

      Tamén coincido contigo no de que sair do armario pode ser traumático pero que hoxe en día a sociedade está moito máis acostumada que fai uns anos, polo que ese trauma debería de ir disminuindo co paso do tempo. Está claro que hoxe en día, o sector que menos acepta a homosexualidade e que lle costa máis entendela son aqueles que viviron na época do antigo réxime, e de aquelas todo era moito máis diferentes.
      Sen dúbida queda moito por conseguir, pero estou segura que paso a paso irémonos achegando a esas utopía de sociedade onde ninguén sexa discriminado pola súa orientación sexual.
      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 13:31

      Gústame

  7. Casas Da Rocha, Paula- S1E4

    Ola Inés!
    Cada vez é máis habitual ver noticias onde un famoso decide facer pública a súa homosexualidade pero, como ti ben dis, no caso dos deportistas é máis complicado encontrar casos nos que confesaran a súa homosexualidade, sobre todo cando se atopan en activo. Un exemplo de deportista que confesou a súa homosexualidade cando xogaba foi o xogador da NBA, Jason Collins,(http://www.20minutos.es/noticia/2301517/0/jason-collins/deportista-eeuu/revelo-homosexualidad-retira/) que o fixo publico uns anos antes da súa retirada. No momento da súa retirada afirmaba que: “Necesitaba vivir los años anteriores como un jugador abiertamente gay para estar en paz al retirarme”.
    Por desgraza, en España non ocorre isto e ningún deportista fixo publico por agora a súa homosexualidade cando nos demais ámbitos como a música, a política, no periodismo e incluso na relixión si o fixeron.¿ Por que teñen tanto medo os deportistas en confesar a súa orientación sexual? Segundo a asociación COGMAN,http://www.elmundo.es/loc/2014/07/19/53c96e1b268e3eeb708b456c.html) os deportistas non confesan a súa orientación sexual para evitar o rexeitamento dos aficionados e das marcas comerciais. ¿ Por que teñen este medo a que os rexeiten? Por que son conscientes de que a pesar de que o matrimonio homosexual este legalizado, moitas persoas aínda non o ven con bos ollos e algúns o utilizan para facer dano. Por por un exemplo,nos campos de fútbol son moi habituais os cánticos e comportamentos machistas e homófobos que dificultan que os deportistas tomen a decisión de facer pública a súa condición sexual.
    A sociedade quere amosar tolerancia cara as parellas homosexuais pero cando as persoas implicadas son famosas e ademais deportistas, entrase nun círculo de críticas, opinións ofensivas e a un morbo innecesario que o único que consegue é que lles de máis reparo amosar a súa sexualidade.
    Un exemplo deste tipo de actitude púidose apreciar cando apareceu unha fotografía dos futbolistas culés, Gerard Pique e Ibrahimovic, onde saian nunha actitude cariñosa. Dita fotografía tivo moita controversia dando incluso a volta o mundo e foi moi criticada incluso chegando a crear grupos en Facebook burlándose da instantánea con comentarios bastante ferintes e para nada correctos. http://www.elmundo.es/elmundo/2010/05/07/comunicacion/1273227673.html
    Con isto quero dicir que a principal causa de que os deportistas non fagan pública a súa condición sexual é pola actitude da propia sociedade que di ser tolerante pero cando aparecen imaxes como estas critícanas e utilízanas para facer dano as persoas implicadas. Os medios de comunicación debemos axudar a normalizar a situación e que fotografías ou noticias sobre deportistas que confesen a súa homosexualidade sexan tratadas con normalidade e afastalas da morbosidade e o sensacionalismo.
    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 21/04/2016- 10:00
    Data de revisión do GBO: 21/04/2016- 10:45
    Data de publicación do comentario: 21/04/2016- 11:13

    Gústame

    1. Ola Paula!
      A homosexualidade na fama está cada vez máis normalizada, pero é iso do que falamos, no mundo do deporte parece seguir a ser un tema totalmente tabú. A pesares de que cada vez hai mais deportistas de élite que saen do armario, como é o caso de Ian Thorpe, a gran maioría o fan unha vez que xa están retirados.

      Por outra banda é o que ti falas, a gran maioría dos deportistas abertamente homosexuais son estadounidenses ou do resto de Europa, de feito tan so hai un caso no deporte español dun deportista que se atreveu a dar o paso, Kike Sarasola, xinete de élite.

      http://www.lavozdigital.es/cadiz/20091230/gente/kike-sarasola-unico-espanol-20091230.html

      Ademais tamén cabe destacar o que falas acerca do fútbol e a pouca homosexualidade
      presente nel. Este deporte está moi masculinizada, e como dis ti, os cánticos homófobos están moi presentes nos terreos de xogo. Parece que é imposible que un futbolista sexa gai, xa que sinon non é “o suficientemente macho” para xogar.Por desgraza, este tipo de homofobia por parte dos aficionados,o medo por ser rechazado por un equipo ou sponsor, ou a posibilidade de crear un escándalo como do que falas ti de Piqué e Ibrahimovic, poden ser algúns dos motivos polos que de momento moitos futbolistas homosexuais non se atreven a dar ese paso e sair do armario. Actualmente, podemos atopar dos xogadores de fútbol abertamente homosexuais: Robbie Rogers y Thomas Hitzlperger.

      Esta situación debería de cambiar dunha vez por todas, e a homosexualidade non debería de ser aceptada dependendo da profesión que un exerce, xa que temos que recordar que todos somos persoas cos mesmos dereitos.
      Por último déixoche estes dous artigos sobre a homofobia no deporte, que profundiza máis no tema.

      http://www.abc.es/sociedad/20150510/abci-homofobia-deporte-reino-unido-201505092014.html
      http://www.eltiempo.com/estilo-de-vida/gente/homofobia-en-el-deporte/15728615
      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 13:35

      Gústame

  8. Marta Eireos Currás – S1C4

    ¡Boas tardes, Inés! Cando terminei de ler o teu artigo, púxenme a pensar e tratei de contestar a túa pregunta: Nomear a dez famosos que sexan homosexuais. Sen problema e sen tan sequera mirar en Internet, puiden nomealos. Pero, ao pensares en políticos, deportistas ou incluso xornalistas famosos gais, a cousa complicouse. ¿Por qué hai tanta liberación en algúns sectores da sociedade e tan pouca noutros? Supoño que, por unha parte, a xente relaciona “o mundo da farándula” ou do estrelato coas excentricidades e co “que sae do normal”. Por eso, as estrelas son máis aceptadas e admiradas ao “saír do armario”. Pero, ¿qué pasa se a persoa homosexual traballa de médico ou avogado? ¿Non son igual de humanas ou non teñen igual de dereitos que unha persoa “famosa”?

    Gustaríame aportar ao teu artigo un enlace que creo que atoparás de interés. É un vídeo da famosa blogger española Dulceida, que fai uns meses confesaba a súa bisexualidade nun vídeo:

    No vídeo, podemos ver como Aida Domenech (máis coñecida como Dulceida) case rompe a chorar e se emociona ao confesar a todo Internet a súa verdadeira orientación sexual.

    Para min, o verdadeiro avance estará cando una persoa homosexual non teña que “saír do armario” e confesar que sente atracción polas persoas do seu mesmo sexo. Ao igual que as persoas heterosexuales non vamos pola vida contando que nos gusta o sexo contrario. Os medios deberían potenciar a discrección relacionada con estes temas e respetar a privacidade das persoas, tanto se son famosas ou non.

    Ademais, como ti ben apuntas no teu artigo, numerosas revistas aportan información completamente irrelevante sobre as persoas homosexuais. O artigo que ti mencionas, sobre a homosexualidade do cantante Ricky Martín, paréceme inapropiado e fóra de lugar. Engado outro enlace dun artigo da revista ‘Diez Minutos’, no que podemos atopar unha lista das “celebrities gays máis influíntes no mundo”. A pregunta que me suscita este artigo é: ¿O importante é que sexan influíntes ou que sexan homosexuais?

    http://quemedices.diezminutos.es/reportajes-famosos/las-celebrities-gays-mas-influyentes-de-espana-y-del-mundo

    Revision GBO: 21/04/2016 16:18

    Gústame

    1. Ola Marta!

      Encántame que fixeras a proba dos dez nomes. Como podes ver, e por moi triste que sexa é certa. Hai algunhas profesións máis relacionadas cos homosexuais, e non solo no mundo da fama, se non tamén na sociedade en xeral. En canto as “celebrities” é certo que un dos motivos polos que tal vez a xente tende a aceptar máis as saidas do armario no mundo da música e do cine e polo que ti dis de que está máis relacionado cos escándalos. No mundo do deporte isto é moi diferente. Por exemplo, o futbol segue a estar moi masculinizado, e en moitos campos abundan os cánticos homofobos, polo que para os xogadores homosexuais ten que ser compricado falar sobre a súa orientación sexual polo medo ao rexeitamento.

      O vídeo que mandas é un exemplo perfecto de cómo moitos dos famosos deciden facer pública a súa homosexualidade a través de vídeos, comunicados, redes sociais ou incluso discursos. Engado un par de vídeos máis. O primeiro é Jodie Foster, saindo do armario tras recibir o Globo de oro, e o segundo é de Ellen Page, facendo o mesmo nun discurso nas Vegas.

      Por outra banda, estou totalmente de acordo de que o verdadeiro avance estaría en que non houbera a necesidade de dar explicacións á xente sobre a túa orientación sexual. De todos modos, eu creo, que no mundo da fama, moitas veces deciden facer pública a súa homosexualidade para acabar con os continuos rumores e especulacións por parte da prensa.

      En canto os medios de comunicación está claro que aínda queda moito camiño por percorrer, e esperemos que algún día venda máis a moral que o morbo.

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 13:43

      Gústame

  9. Lestón Lago, Antón S1E6

    Boas Inés!

    Pareceume moi interesante o teu artigo. Sobre todo o que contas sobre o morbo e o seu aproveitamento por parte dos nosos medios. Nos últimos tempos, penso que estamos a perder moita calidade nas informacións que recibimos. Creo que a causa mais notable de isto, é a falta de ingresos que trouxo a crise. Entón, úsase o morbo como imán para atraer cada vez mais lectores. Por exemplo, algúns dos casos que citas, nos que se dubida da sexualidade dalgún famoso.

    Esperemos que este asunto solo fora consecuencia da crise, e que sensacionalista deixe de ir sempre detrás do termo xornalismo.

    Revisión do editor: 24/04/2016 – 20:30
    Revisión do coordinador: 24/04/2016 – 20:40
    Publicación final: 25/04/2016 – 14:16

    Gústame

    1. Boas tardes Antón!

      Estou de acordo contigo en que a falta de diñeiro e a crise tamén puido influenciar nos contidos que os medios de comunicación deciden publicar. De tódolos xeitos, eu creo que nestes casos non é unha cuestión económica, sinon que simplemente o morbo e algo que vende, e por iso os medios deciden publicar este tipo de noticias.
      Como xa dixen no artigo, eu creo que é unha cuestión compricada, e que por desgracia, mentres o morbo siga reinando as listas de interese, este tipo de información non vai a ser tratada doutro xeito.

      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 19:55

      Gústame

  10. Hola Inés! Está claro que este tipo de noticias ás que critican só aparencen en medios sensacionalistas cuxo único obxectivo e vender información de calquera xeito posible. Si buscamos nun xornal de carácter informativo como pode ser El país, El mundo ou La voz de Galicia, vemos como só se fala do colectivo homosexual cando hai algo novo que contar deles, non por noticias do tipo de “10 famosos que son gais e ti non o sabías”
    Casualmente buscando no diario o País descubrín que este ano se cumplen exactamente dez anos dende que o matrimonio homosexual se legalizó en España http://elpais.com/especiales/2015/matrimonio-homosexual/ cambio a situación dende entón? Evidentemente sí. Dende o meu punto de vista, a situación dos gais está moito máis normalizada. Ninguén se sorprende se ve dous homes collidos da man pola calle e o desfile do orgullo gai de Madrid é sen dúbida alguna un dos máis relevantes do mundo. De feito teen ata unha páxina web n que se fala deste evento http://www.madridorgullo.com/
    Sin embargo, a situación para ás lesbianas é totalmente distinta e non se ve como algo natural. Fai pouco vin precisamente unha película chamada “La vie de Adele”, adxuntoche o tráiler por si che interesa https://www.youtube.com/watch?v=3uHcRnzRPpQ na que se conta a historia de unha xoven adolescente que comenza unha relación cunha muller de trinta anos. Creo que a película é un claro exemplo de como incluso os amigos da nena menospreciana por estar saíndo cunha muller e ao final termina por deixalo con ela. Pero quen somos nos para xulgar se está ben ou mal o feito de estar cunha muller ou cun home?
    Está claro que aínda queda un longo camiño por recorrer, non se trata soamente de dicir que non temos nada en contra dos gais e lesbianas, senón tratar a situación con total normalidade. Este tipo de información que nos ofrecen as revistas deberían desaparecer, xa que non informan de nada e o único que fan é alimentar o sensacionalismo e facernolo ver a homosexualidade como algo diferente e extraño.
    Revisión editor: 26/04/2016 13:40
    Revisión coordinador : 26/04/2016 15:30
    Publicación: 26/04/2016 16:50

    Gústame

    1. Bos días Susana!

      Está claro, que no noso país existen toda clase de medios, e por sorte temos xornais serios nos que prima a información. Como ven decimos este tipo de información atópase na prensa sensacionalista, onde parche que un rumor é moito maís importante que un feito. Nestlé tipo de medio o que reina é o morbo, e mentores ese siga a vender, a situación non creo que varíe moito, e seguiremos a ver ese tipo de noticias nas noticias.

      Efectivamente, cúmplense 10 anos desde a legalización do matrimonio gay en España. Como ven dis ti a situación cambiou moitísimo e o colectivo LGTBI está moito máis normalizado, xa estamos acostumados a par ellas homosexuais e xa non existe esa discriminación tan presente no noso país nas épocas franquistas.

      Por outro banda, tamén coincido contigo en que, hoce en día, parece que os gays teñen máis visibilidade que as lesbianas, e parece que aceptamos máis unha relación entre dos homes que entre dúas mulleres. Desde o meu punto de vista eso se debe a que estamos acostumados a ver moitas más par ellas gays que lesbianas nos medios, na televisión ou no cine.

      A pesares da normalización que están a conseguir estes grupos, sorprenderíate saber a gran cantidade de persoas que aínda teñen un pensamiento retrógrada. Ti dicias que xa non nos sorprende ver a dos homes ou mulleres da man pola rúa, o problema e que non siempre é así, e que seque a haber moita xente que discrimina e desprecia esto, Facundo que a homofobia siga moi presente aínda no mundo no que vivimos, e podamos seguir vendo noticias como esta na prensa máis habitualmente do que deberíamos.

      http://elpais.com/elpais/2016/04/01/videos/1459530292_748909.html

      Aínda queda moito por cambiar, por conseguir esa sociedade utópica na que ninguén sexa discriminado.

      Moitas grazas polo tu comentario!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s