II Círculo de Debate. Manipulación nos medios de comunicación

IMG_0283De esquerda a dereita: Daniel Salgado, Lara Salgado e David Lombao

Figueroa Torres, Iria- S2A1

Fontela Alvelo, Lara-S2A2

García Diéguez, Marina-S2A3

García Fernández, Ana-S2A4

González García, Julián-S2A5

González Nuñez, Ana-S2A6

DEBATE II MANIPULACIÓN NOS MEDIOS

O luns 11 de Abril tivemos o segundo encontro co noso círculo de debate na Facultade de Ciencias da Comunicación. Desta vez, acudiron David Lombao, director do diario online Praza Pública; Daniel Salgado, ex traballador de El País e actual membro do gabinete de comunicación de AGE, e Lara Salgado, xefa de prensa do alcalde de Compostela e antiga traballadora da Cadena Ser. Esta última sería, a encargada de moderar o debate.

Un debate que comezaría, ao igual que anterior, dando unha definición sobre o concepto manipulación. Despois da pregunta da moderadora, David Lombao argumentou que máis que de manipulación, el prefería falar de mala praxe profesional, xa que como ben dixo “a manipulación podería presentarse de moitas formas”, ao que engadía que manipular non sempre era mentir sobre os feitos. Lara contestoulle que cumpría diferenciar entre “manipulación con culpa ou con dolo”; é dicir, con mala fe ou sen ela. Chegaron á conclusión de que unha persoa que non coñeza ben o contexto que rodea aos medios galegos na actualidade podería pensar que a manipulación se dá sen mala fe, pero coñecendo o noso panorama informativo, poderíamos decatarnos de que moitas veces é intencionada. Para pechar esta parte introdutoria, intervén Daniel Salgado, concluindo que “se hai intención non é mala praxe, é manipulación”.

A continuación, pasarían a comentar as distintas noticias que traían preparadas. As primeiras serían as de David Lombao, noticias de La Voz de Galicia e El Correo Gallego  que recollían o feito de que unha senteito orinara no medio dunha procesión en Compostela. Isto deulle pé a evidenciar a falta de contextualización coa que se publican a meirande parte das noticias relacionadas coa pobreza. Mentres, Lara non só apela a esa falla de contexto, senón tamén a esas medias verdades que se agochan tras as xeneralizacións. Sinálase que hai un exemplo disto que se recolle nesta mesma noticia:  “Comerciantes y vecinos del centro monumental de Santiago expresaron su indignación ante una nueva muestra de incivismo de los indigentes”. Coméntase que este tipo de enunciados axudan a xerar na sociedade ideas preconcibidas e falsas, o que é unha das vertentes da manipulación.

IMG_0282

En relación a esta noticia que trata o tema da pobreza, David Lombao introduce un aspecto que podería ser importante para o círculo da pobreza, que é que nos medios de comunicación non se adoitan dar datos nin números concretos acerca do número de persoas que non teñen un fogar.

Aquí entra outro aspecto que Lara tamén entende que é manipulación: empregar un medio de comunicación para darlle voz a unha problemática en concreto, mais non á súa contrarresposta. Ou sexa, que cando non existe feedback, en certo xeito, estase manipulando. David Lombao apunta tamén que en moitos casos acódese ás voces máis problemáticas en vez das máis expertas no tema, coa intención de xerar conflito.

Daniel Salgado di que poderíamos afirmar que “a prensa galega está vendida por razóns obxectivas que teñen que ver co seu modelo de negocio”. Aquí introduce unha das súas noticias, da que afirma que se trata dunha información directamente pagada. E non só iso, senón que nin sequera hai un seguimento posterior da noticia, o que a converte nunha publirreportaxe. Todos están de acordo na evidencia de que non está especificado en ningún sitio o tipo de reportaxe publicitario que é.

David Lombao e Daniel Salgado, que intercambiaron sorrisos de complicidade e apoio mutuo durante todo o debate, apuntan a un modelo de manipulación creado explicitamente polos gobernos. Chegan á conclusión de que un dos grandes aspectos que imposibilitan a recuperación ou o bo funcionamento do xornalismo galego é a súa estrutura económica. So-a de financiación acaba xeralizándose  en prácticas xornalísticas como entrecomiñar un titular sen facer referencia directa no mesmo á fonte”. Esta mesma idea está apoiada pola noticia , que ela trae ao debate.

Apuntan outra idea, que é se atacando estas malas praxes e denunciándoas, se ataca tamén á liberdade de prensa. Con esta puntualización de Daniel Salgado, que sempre fai as súas explicacións mirando cara á nós, co obxectivo de se asegurar que todo nos quede claro, ábrese un debate en torno ao tema.

Lara, xesticulando moito, como na maioría das súas intervencións, engadiu que “non se trata de que os medios alaben todo o teu traballo, pero tampouco de que intenten quitarche credibilidade manipulando os feitos amparándose na liberade de prensa”. O exercicio da capacidade crítica cara aos medios non é algo que realicen todos os cidadáns, e é aí onde se atopa un dobre gume moi importante para manipular a determinadas seccións ou a determinados grupos da sociedade.

Apuntan, como un dos grandes problemas actualmente, a perda de credibilidade que teñen os medios por estas malas praxes. Concretamente, bota en falta a propia autocrítica do xornalista como profesional individual, non como grupo, e mais o seu exercicio de honestidade. Sinálase que a única forma na que os xornalistas actualmente poden protestar é non asinando as súas publicacións.

 

Daniel Salgado comparou as subvencións que obtén un medio de comunicación coas que obtén unha empresa produtora de leite á hora de producir un produto de calidade. No caso da fábrica, se este produto no pasa os estándares de calidade estabelecidos, retíraselle a subvención. “Por que coa información non sucede o mesmo para que o produto que se obteña sexa de calidade?”, pregúntase. Lanza tamén a pregunta de se o que fai esta subvención é manchar o produto informativo.

A continuación, David Lombao introduce o tema do xornalismo de datos, que talvez podería contribuír a termos un xornalismo máis veraz, xa que “os datos dan datos nomeadamente obxectivos”. Porén, os demais fixeron referencia ao posíbel uso interesado dos datos.

Daniel Salgado, falando dos datos, fai referencia a que “na actualidade téndese ao xornalismo de datos porque é máis complicado rebater un número; porén, moitas veces empréganse en exceso os datos, no só desde o xornalismo, senón os políticos desde o seu discurso para despistar a poboación.  David Lombao putualiza que “ás cifras hai que engadirlles honestidade para que axuden como elementos de xuízo”. Todos coincidiron en que un dos métodos de manipulación máis habituais eran as enquisas, achegando algún exemplo de enquisas manipuladas nalgún medio concreto nas datas previas ás últimas eleccións xerais.

Lara e David Lombao coincidiron en que os xornalistas eran os que poñían e quitaban os Gobernos, ao que Daniel Salgado contestou que non sabía se isto era plenamente así pero que “desde logo axudan”.

Dada a longa duración que xa estaba a ter o debate, a moderadora decidiu pechalo con estas últimas reflexións, agradecéndolles aos convidados a súa participación no mesmo.

Despois do debate sacamos en conclusión que non debemos informar en nome de ningunha empresa ou organismo, debendo sempre focalizar a noticia cara un punto neutral, intentando ser o máis imparciales posibles. Temos que dar voz a todos os implicados sen xeneralizar pois cada noticia ten unhas circunstancias propias que teñen dereito a ser atendidas.

A liña editorial non debe menoscabar o traballo do xornalista influindo na veracidade da mesma e os cidadáns deben ser críticos coas noticias que leen xa que se son conscientes de que existe manipulación deben interesarse en contrastar e buscar outras ideas ou outras versións dos feitos sen quedarse co primeiro que leen.

Con todo isto conseguiremos que o xornalismo non perda a súa esencia.

Revisión editor: 15/04/2016 21:32

Revisión GBO: 15/04/2016 22:34

Publicación: 15/04/2016

Data: 28/03/16

 

 

Advertisements

2 comentarios en “II Círculo de Debate. Manipulación nos medios de comunicación

  1. Sen entrar en comentarios, e máis das conclusións tiradas, a interpretación realizada merece un traballo de revisión formal non tanto sobre a ortografía, que si algún problema hai, senon respecto da súa mellor comprensión dalgunhas cuestiós e respostas manifestadas no círculo

    Gústame

  2. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6

    Ola S2A,

    Sen dúbida, vexo que no voso debate tratáronse moitos temas que poden axudar a aclararme termos que, tanto o meu grupo coma min, estamos intentando analizar no noso círculo de debate: a discapacidade auditiva.

    En primeiro lugar, destacan a importancia do comunicador, co poder, como ben apuntaban Lara e David Lombao, de poñer e quitar gobernos. Con esta afirmación, poderíase trasladar entón, ós contidos que realiza e manexa o xornalista. É evidente, como xa sabemos, que a información obxectiva non existe, pero é necesario colaborar por intentar cumprir este requisito.

    Non obstante, o xornalista de hoxe en día non fai máis que deixarse influír polo seu propio xuízo ou ir ó sinxelo: copiar e pegar notas de prensa. Neste sentido, a nosa información perde credibilidade a longo prazo, ademais de que a profesión perde valor de cara ó público. Aquí comeza unha competición co intrusismo laboral (http://generaciondospuntocero.com/intrusismo-laboral-en-el-periodismo/).

    É evidente que non podemos seguir así. Esta situación ven determinada por unha realización incorrecta do noso traballo, facendo pensar que calquera pode permitirse o luxo de dicir que é xornalista.

    Nunhas xornadas de radio en Verín, fixen un obradoiro que consistía na realización dunha emisora local e municipal que atendese ás necesidades de tódolos veciños da localidade, e as propiedades dos arredores. Marc Vila, coordinador desta actividade, apostou por un proxecto de emisión xestionado por xornalistas. “O núcleo debe ser constituído por un profesional da comunicación e técnicos expertos que podan conducir, xestionar e aconsellar a todos aqueles que precisen un espazo de comunicación na emisora de como deben facelo” declarou.
    Tras este consello, nace unha dúbida no debate establecido. Por qué os xornalistas deben ser quen leve a iniciativa e non a administración local, financiadora do proxecto? Marc responde que os concellos están máis para apoiar dende a bondade, sen querer aproveitarse do beneficio publicitario que poda causarlle, posto que os gobernos cambian cada período de eleccións. Por tanto, isto implica que o persoal da radio debería estar composto por profesionais partidarios da ideoloxía presente durante a lexislación. “Isto non debe ocurrir. Hai que saber distinguir. Polo tanto, a emisora debe levarse á marxe das necesidades que precise a institución e intentar que as minorías teñan un espazo para manifestarse”.

    Como conclusión, debo dicir que para a construción dunha emisora precisamos profesionais ós que soamente lles importe comunicar, cooperar, participar e ser o pobo quen consume e fabrica a información. En palabras máis simples; retroalimentación. Como diría a xornalista Pepa Bueno, “o bo xornalismo está onde hai un bo xornalista”. (http://generaciondospuntocero.com/intrusismo-laboral-en-el-periodismo/).

    Revisión editor: 24/04/2016 20:00
    Revisión coordinador: 24/04/2016 22:00
    Publicación: 25/04/2016 15:05

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s