LGTBI: Avanzamos ou retrocedemos?

Imaxe: Wikipedia

Losada Miguéns, María-S2B3

Pequena radiografía das últimas noticias sobre a comunidade LGTBI, que está conseguindo abrir cancelas, pero que segue a ver como outras se pechan. O papel dos medios de comunicación, segue a ser unha peza fundamental na constitución da opinión pública, polo que a súa función na conquista da igualdade é imprescindible.

O acontecido esta semana en materia LGTBI é un claro exemplo da situación que atravesa este colectivo no momento actual no súa loita pola igualdade. Así fai tan só uns días enterrabámonos do recoñecemento do matrimonio gai en Colombia, celebrado con bandeiras arco iris como un grande avance para o colectivo homosexual. A partir deste 2016, as parellas homosexuais poderán casarse no país latinoamericano, sen que os xuíces ou funcionarios  poidan negarse a realizar a unión, como viña sucedendo dende o ano 2011. Este avance, ven seguir ó recentemente recoñecido dereito da adopción homosexual a finais do ano 2015, que destapou un grande debate nun país que non acaba de asumir os cambios.

Fai tan só uns días produciuse outra noticia no ámbito dos dereitos LGTBI, pero nesta ocasión, non foi precisamente un avance: o  Estado de Mississippi (EE.UU), acabase de aprobar unha lei que permite a empresas privadas, e nalgúns casos ó propio Estado, a utilizar a obxección de conciencia para denegar servizos tales coma a estancia nun hotel, a organización dunha voda, ou a entrada nun comercio ó colectivo LGTBI

Ambas noticias, contraditorias e que amosan dúas caras dunha realidade que non remata de normalizarse, son un reflexo da situación do colectivo LGTBI no mundo, que ve como mentres unhas portas comezan a abrirse outras volven pecharse. A situación que se está a dar en estados como o nomeado Mississippi ou Carolina do Norte (que recentemente aprobou unha lei na que obriga as persoas transexuais a utilizar o baño correspondente ó sexo co que foron inscritos ou inscritas ó nacer), contrasta coa apertura doutros países como é o caso de Colombia. Porén, se nos fixamos no mapamundi, atopamos que 9 países aínda castigan con pena de morte a homosexualidade.

Un informe realizado dende o Observatorio sobre o Asasinato de Persoas Trans, revela que entre 2008 e 2014 máis de 1700 persoas transexuais foron asasinadas por este motivo.

É por iso polo que a euforia debe ser medida, e debese tomar consciencia de que a realidade LGTBI aínda lle quedan moitos pasos que dar ata acadar a igualdade.

E é que na mesma Unión Europea, os dereitos da comunidade LGTBI seguen sen ser respectados. Un estudo realizado no ano 2015 pola Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea (FRA), revela que o colectivo transexual continúa a ser un dos máis discriminados. Países como Rumanía consideran a transexualidade “un trastorno mental”.

Segundo este informe existen 4 países da Unión Europea que poñen trabas na realización de eventos ou manifestacións en favor dos dereitos LGTBI.  E existen aínda 8 países da Unión Europea que seguen se penar de xeito expreso na súa lexislación a discriminación contra o colectivo LGTBI.

No tócante á intersexualidade, o asunto volvese máis que preocupante. Tan só 4 países recollen a posibilidade de atribuírlle a un neonato, o “sexo neutro”, un dato que segue a recordarnos o esquecemento no que está sumido este colectivo.

A situación amosase máis que preocupante. Porén existen brotes verdes, e paseniño vanse conseguindo avances significativos, que nalgúns casos se reflicten máis na lexislación que na visión social e na mudanza dos prexuízos existentes. É nestes casos cando os medios de comunicación xogan un papel fundamental, xa que a súa influenza na sociedade é máis que evidente, e o tratamento informativo, rigoroso e contextualizado, e a principal vía de comunicación cos cidadáns cando se están producindo cambios e avances en favor da comunidade LGTBI.

 

Referencias

Olías, L. . (2015). Diez avances y puntos negros en los derechos del colectivo LGTBI en Europa. Eldiario.es. Recuperado o mércores 13 abril  de 2016. http://www.eldiario.es/desalambre/avances-derechos-colectivo-LGTBI-Europa_0_463004836.html.

 

Redacción de The Guardian (2016). Las grandes empresas censuran las leyes homófobas de Mississipi o Carolina del Norte . Eldiario.es . Recuperado o xoves 14 abril de 2016.

http://www.eldiario.es/theguardian/posicionan-homofobas-Mississipi-Carolina-Norte_0_503949973.html

 

Fajardo, J (2016). Colombia aprueba el matrimonio homosexual. El Mundo. Recuperado o mércores 13 abril de 2016:

http://www.elmundo.es/sociedad/2016/04/07/5706c748268e3ea82c8b45a2.html

Horas de revisión:

Revisión editor: venres 15 abril, 16:08

Revisión GBO: venres 15 abril, 21:34 e segunda revisión 18/04/2016 ás 16:12.

Publicado: 28/04/2016 ás 12:37

 

 

Advertisements

15 comentarios en “LGTBI: Avanzamos ou retrocedemos?

  1. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5

    Dende épocas remotas o mundo non avanzou da mesma forma en todos os extremos deste. Tanto economicamente, politicamente ou socialmente uns país avanzan máis rápido que outros, e isto é algo contra o que é difícil loitar. Non cabe dúbida que o ideal sería que en todos os países aceptasen ao colectivo LGTBI da mesma maneira, sen trabas á hora de buscar traballo, sen impedimentos no momento no que estes quixeran casarse tanto polo civil como pola igrexa, sen problemas á hora de querer adoptar un neno, pero por desgraza, non todas as civilizacións pensamos igual, e aínda queda moita xente cunha mente moi cerrada para aceptar que a orientación sexual non afecta, e que todos somos iguais.
    A loita de Colombia que iniciou o colectivo LGTBI para conseguir os dereitos de ser iguais ao resto da sociedade foi longa. Primeiro foi , tal e como citas no teu artigo, o dereito de adopción homosexual a finais de 2015 e agora a aceptación do matrimonio homosexual. Germán Humberto Rincón Perfetti, é o avogado que máis loitou por estes dereitos. El mesmo di que o movemento social ao que pertence foi o que máis conquistas xurídicas logrou en Colombia, e o que menos tempo e co menos número de vítimas conseguiu os seus obxectivos. Aconséllovos que leades o libro de Mauricio Albarracín Caballero “La despenalización de los actos homosexuales en Colombia: un cambio legal desde arriba” nel aparece todo proceso de despenalización dos actos homosexuais, así como as disputas, e amósase como o cambio legal foi realizado por unha elite de xuristas, e non como resultado dun proceso de mobilización social.
    Sen embargo, como resaltei anteriormente, no todos os países actúan da mesma forma. Tal e como dixo nunha conferencia o secretario xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-Moon “Todos deberíamos estar indignados cuando vemos cómo hay personas que sufren discriminación, agresiones e, incluso, asesinatos por ser lesbianas, gays, bisexuales, transexuales o transgénero. Todos deberíamos alzar la voz cuando alguien es arrestado y encarcelado por a quien ama o por la apariencia que tiene” . Hai que ter claro que a cultura, a relixión ou a tradición non poden ser utilizadas polas autoridades dun país para xustificar a discriminación a persoas da comunidade LGBTI, os gobernos teñen a obrigación de protexer a todos, aínda que todavía moitos non recoñezan a inxustiza da violencia homófoba e a discriminación. Por iso paréceme unha atrocidade o sucedido en Missisipi, pois ser ou non ser homosexual non vai ferir a fé dunha persoa ou a súa relixión.
    “La homosexualidad es una manifestación vulgar de la sociedad occidental” esta frase pertence ao presidente de Uzbekistán, Islam Karimov, neste país a relación de dous homes e castigada con prisión de ata 3 anos e en Crimea o primeiro ministro Sergei Aksyonov prohibiu todas as manifestacións a favor do colectivo LGBTI. http://www.ragap.es/actualidad/gente/la-union-europea-alerta-del-preocupante-aumento-de-la-represion-y-la-violencia-contra-el-colectivo-lgbti-en-crimea/1027094
    Sen embargo, existen países aínda máis alonxados socialmente da liberdade e igualdade entre as persoas. Un claro exemplo é Kenia, onde manter relacións entre homosexuais pode chegar a estar na cárcere 14 anos, e amosar en público un certo acercamento carnal entre un home con un home ou muller e muller pode conlevar 5 anos de cárcere. Isto provoca que as persoas que son agredidas por ser homosexuais non son capaces de denunciar. A difícil situación de explicar ás autoridades o que estaban facendo con persoas do seu mesmo sexo prodúcelles un medo debido a que nese país iso é “un delito”. Polo que a penalización das relacións homosexuais supón, a indefensión completa ante as agresións homófobas. No seguinte enlace explícase a situación que vive o colectivo LGTBI en Kenia, e como intentar loitar para cambiala: http://www.dosmanzanas.com/2016/04/activistas-lgtb-de-kenia-presentan-una-demanda-contra-las-leyes-que-penalizan-las-relaciones-homosexuales.html
    E para terminar, estou totalmente de acordo, os medios de comunicación son os encargados de educar este mundo no que aquilo que sae nos medios é o que queda na mente da xente. O mundo non debe retroceder como o fai, debe actualizarse e conseguir a igualdade entre as persoas para conseguir a paz.

    Data de emisión do comentario: 19/04/2016- 10:51
    Data de revisión do GBO: 19/04/2016- 11:54
    Data de publicación do comentario: 19/04/2016- 13:44

    Liked by 1 person

    1. Losada Miguéns, María- S2B

      Moitas grazas Tatiana pola túa achega. Dende logo estou dacordo contigo en que as distintas cullturan afrontan a homosexualidade dun xeito diferente. E como ti moi ben dicías a relixión e a tradición son dous factores moi importantes para as distintas visións que existen hoxe en día da realidade LGTBI. Como comentaba no artigo, as diferenzas arredor do mundo son inmensas: dende un castigo con pena de morte ata a aceptación do matrimonio homosexual.
      De feito a ONG Aministía Internacional, está a realizar en Donosti a exposición fotográfica “Amar no es un delito, nuestr lucha en África” acerca da homosexualidade nese continente, tratando de amosar a poboación a situación de persoas que foron á cárcere por enviar un mensaxe de texto dicindo “quérote” a alguén do seu mesmo sexo: http://blogs.20minutos.es/1-de-cada-10/2016/04/15/amar-no-es-un-delito-nuestra-lucha-en-africa/
      Porén, non se debe de esquecer, que, incluso nos países máis desenvolvidos, segue a existir discriminación e incluso violencia contra a comunidade LGTBI: Na nosa mesma cidade, Santiago de Compostela,, aconteceu un acto de homofobia deste tipo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/10/pareja-denuncia-haber-victima-agresion-homofoba-santiago/00031455101323904714384.htm
      Noticias e actos como este, fannos decatar de que aínda queda un longo camiño por percorrer, do que os medios deben de ser partícipes e tomar conciencia de que xogan un papel fundamental na erradicación da exclusión.

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:13

      Liked by 1 person

  2. Carrera Álvarez, Jesús – S1E3
    (envío o comentario no seu lugar por cuestións técnicas)

    Queda moito camiño por percorrer, pero aos poucos vaise conseguindo, na UE, Latinoamerica, etc…, é o caso de Colombia, unha votación con dereito de seis votos a tres, foi suficiente para aprobar dita lei. Eses seis maxistrados consideraron que non hai ningunha razón para seguir discriminando a LGTBI. Aínda así, o 55% dos colombianos está en contra dos matrimonios homosexuais.

    Os medios de comunicación teñen un papel importante, así como organismos ou tamén persoas famosas que recoñeceron a súa homosexualidad. O cantante Bryan Adams ou Bruce Springsteen tamén apoian ao movemento LGTBI suspendendo os seus concertos:
    http://www.eldiario.es/cultura/musica/Bryan-Adams-concierto-homofobas-norteamericanas_0_504649638.htm

    Non somos donos de nin de nós mesmos. Sempre aparece unha lei que prohibe ser gay, decidir a morrer sen sufrimento, abortar e mentres non se acepte así o camiño será duro (faise camiño ao andar). Para iso os poderes públicos teñen que aceptar, hai que camiñar cara á igualdade social e iso conséguese sendo tolerante e con educación.

    Liked by 1 person

    1. Losada Miguéns, María S2B

      Moitas grazas pola túa achega Jesús.
      Dende logo, as reaccións a noticias coma a de Mississipi, non se fixeron esperar, e varias caras coñecidas quixeron amosar a súa postura, e servirse da súa posición de influenza para criticar un asunto como é a nova lei aprobada neste Estado. A coñecida presentadora norteamericana Ellen DeGeneres, aprobeitou o seu programa para recordar que “non se trata dunha cuestión política, senón de dereitos humanos, e esta lei é a definición exacta de discriminación”: http://elpais.com/elpais/2016/04/07/estilo/1460029726_281357.html

      Por outra banda,estou de acordo contigo na importancia que ten a educación como ferramente para mudar a sociedade e facela máis aberta e tolerante. Unha sociedade formada, e con coñecementos en materia LGTBI, é unha sociedade con menos posibilidade de seguir amosando prexuízos. Aquelo que se descoñece, é o que xera máis odio.
      Por isto penso que os medios de comunicación deberían cultivar a vía educacional nas súas informacións, xa que deste xeito, a poboación estaría máis informada e comprendería mellor tanto as noticias, como as realidade dun colectivo. Ademais, ante os avances do colectivo nos utlimos anos, é preciso que os medios coñezan e divulguen a realidade, contextualizando, definindo e explicando as situacións e termos que poidan ser alleos ós lectores ou á audiencia. A necesidade dunha comunicación máis rigorosa coa realidade LGTBI é un asunto pendente dos medios, Baixo o meu punto de vista, esta necesidade educativa, estaría encadrada na necesidade máis ampla dunha comunicación comunitaria, que se preocupe realmente do que precisa a comunidade á que se dirixe, e que teña como meta a información e o ben común da mesma.

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:04

      Gústame

  3. Cascales Quiroga, Gador S1E5
    Estou totalmente dacordo contigo, creo que nos atopamos nunha difícil cuestión á hora de responder se en verdade estamos avanzando en materia de igualdade no que se refire á comunidade LGTBI. Por unha banda, atopámonos con noticias como a que mencionaches sobre o recoñecemento do matrimonio homosexual en Colombia, pero, por outra banda botamos un ollo a Italia, ao noso país veciño, e vemos que, lonxe de avanzar, seguimos tendo unha mentalidade retrógrada que xulga as persoas como axentes, e non como persoas individuais con dereitos. http://www.elmundo.es/sociedad/2016/02/25/56cf41bf46163f011e8b456c.html a anterior noticia recolle o “gran avance” do Senado Italiano ao aprobar un proxecto de lei que recoñece as unións civís entre persoas do mesmo sexo, un dereito que viña sendo reclamado dende hace moitos anos nun país que, como ben di a noticia, “se encuentra a la cola en los derechos de los homosexuales”. Non habería nada que reprochar se non fose que o proxecto non recoñece o dereito destas persoas á adopción por medo a contradicir o que pensan os grupos máis conservadores do país, que insisten en que un neno debe ter un pai e unha nai. Por outra banda, este proxecto chega tarde e con moitos fallos, e, ante isto, ao primer ministro italiano, Matteo Renzi, non se lle ocorre outra cousa que encher a boca cun discurso demagóxico e falso, ao dicir que “ha vencido la esperanza contra el miedo. El coraje contra la discriminación. Ha vencido el amor”, mentras que no seu proxecto todavía falta o recoñecemento de dereitos fundamentais destas persoas, dereitos que foron eliminados para satisfacer a formación conservadora Nuevo Centroderecha, e non perder o seu apoio no executivo.
    En fin, todavía hai moito polo que loitar, hai que seguir traballando polos dereitos de cada unha das persoas que conforman esta comunidade, para que a igualdade social por fin sexa patente.

    Gústame

    1. Losada Miguéns, María S2B
      Moitas grazas pola túa achega Gádor . Dende logo, a situación das persoas do colectivo LGTBI, segue sen ser normalizada e aceptada. Aínda que nalgúns casos poidamos pensar que a situación está solventada, queda aínda un longo camiño por percorrer. A discriminación segue patente en todos os ámbitos, dende a eduación ata a busca de traballo. Nesta noticia, que che deixo a continuación, faise un resumo da situación das persoas transexuais na Unión Europea, hai pouco máis dun ano. Parece alarmente que o 76% dos membros que pertenzan a esta comunidade se sentiran disciminados nos seus centros educativos: http://www.eldiario.es/sociedad/transexuales-europeos-haberse-sentido-discriminado_0_332817195.html
      As vías nas que teriamos que traballar son moitas. A educación é un punto clave, así como a sanidade e a busca de traballo. Só coa igualdade en ámbitos coma estes, tan cotiás e habituais pero que en moitos casos seguen a ser pechados e reacios a aceptar as diferenzas, se conseguirá acadar a normalización. En moitos casos pensamos, que a igualdade se logrará coas leis e os cambios lexislativos. Pero realmente, o papel da sociedade e dos medios na consecución da integración é fundamental

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:40

      Gústame

  4. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

    María, o teu artigo paréceme incriblemente acertado. Resulta incrible que, en pleno século XXI, aínda existan países nos cales unha condición sexual sexa motivo de repudio e discriminación. (Adxunto unha noticia que atopo do máis interesante: http://www.elpais.com.uy/mundo/discriminacion-clima-hostil-rusia-contra-homosexuales.html

    O verdadeiramente incrible é que esa discriminación se leve a extremos nos que os países que sosteñen con descaro banderas da libertade e progreso, como é o caso de EEUU ou países europeos. De feito, hoxe en día en Europa a xurisprudencia que se deixa en materias legais aos países que pertencen á Unión permite que se chegue incluso a negar aos homosexuais doar sangue debido ás “posibles infeccións” que éstos poidan portar, o cal resulta preocupante:
    http://www.eldiario.es/politica/justicia-europea-homosexuales-excluidos-sangre_0_382512155.html

    Todo esto lévanos a pensar o que ti ben apuntas: ¿Estamos dando un paso cara adiante ou cada vez retrocedemos máis en materia de libertades? Na miña opinión, as penas debido á violencia exercida hacia este colectivo deberían agravarse para así facer ver que os dereitos personalísimos realmente existen. Opino que realmente é unha pena alegrarnos por noticias como as sucedidas en Colombia, pois como dixen anteriormente, en pleno século XXI a normalización do colectivo LGTBI non debería ser sorpresa.

    Como conclusión, creo que aínda queda moito camiño por recorrer. O punto de partida, por suposto, debe ter lugar nos medios de comunicación, xa que son o punto de referente para a vida en sociedade.

    Revision GBO: 20/04/2016 12:41

    Liked by 1 person

    1. Losada Miguéns, María S2B

      Moitas grazas pola túa achega Lucía.
      Parece increíble a pouca tolerancia existente en países considerados avanzados. No artigo que me proporcionabas vemos como en Rusia, a poboación é despedida dos seus cargos públicos polo mero feito de ser gai, e na propia noticia poñense o exemplo de varios xornalistas, así como se advirte da forte censura infrinxida ós medios de comunicación para que non difundan noticias relacionadas co colectivo LGTBI.
      Recoméndoche o seguinte artigo para seguir profundizando no tema, sobre unha agresión homófoba en Marrocos, e na que as propias vícitmas foron condenadas a cárcere pola súa orientación sexual, cunha pena inferior á dos seus agresores. No artigo trátase tamén a importancia da presión mediática, xa que o vídeo da agresión cometida no país africano fíxose viral, e medios de comunicación de todo o mundo fixeronse eco desta noticia, creando unha ola de solidaridade. O resultado foi que se lle rebaixou a condena ás víctimas: http://www.eldiario.es/desalambre/mediatica-consigue-homosexuales-linchados-Marruecos_0_504300561.html

      Este é só un exemplo máis da importancia que teñen os medios de comunicación no tratamento da información da comunidade LGTBI, e do papel que poderían xogar na integración do colectivo na sociedade.

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:51

      Gústame

  5. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

    É moi triste atopar hoxe en día noticias como as que ti expós neste artigo. Coartar a liberdade das persoas e, aínda por encima xulgalas coa pena de morte é algo que xa non debería acontecer nestes tempos, pero esa é a realidade. Aínda que nós non poidamos ir a eses países e cambiar a súa lexislación e a súa mentalidade, si podemos visibilizar estas cuestións que atentan contra os dereitos dos humanos.
    En España, aínda que avanzaramos moito neste ámbito, é necesario seguir facendo fincapé ata que a situación estea totalmente normalizada e novas como a historia de Eli non teñan que aparecer na prensa. Aquí tráioche a historia de esta rapaza, unha das primeiras nenas transexuais: http://www.elmundo.es/papel/historias/2016/04/04/56fd100ce2704e0c378b461d.html. O bo deste tipo de novas é que divulgan o tema desde a perspectiva dos implicados, neste caso os pais de Eli, mentres que a ela lle fan unha reportaxe fotográfica que gañou o Pride Photo Award, o premio de fotografía máis prestixioso sobre diversidade de xénero e sexual. Aínda que, como xa dixen, penso que este tipo de feitos non deberían ser novas dun xornal, vexo necesario que se publiquen porque a súa situación aínda non está normalizada polo que é preciso que os xornalistas se encarguen de que a sociedade teña en conta tamén a estas minorías. Tamén foi destacable o documental Trànsit emitido no programa 30 minuts da TV3 de Cataluña (aínda que está en catalán enténdese bastante ben http://www.tv3.cat/30minuts/reportatges/1984/Transit-menors-transsexuals pero senón tes aquí un artigo de opinión que o resume http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/documental-tv3-menores-transexuales-5053764). O documental céntrase na testemuña de varios transexuais a raíz do tema de Alan, o adolescente transexual que se suicidou por acoso fai poucos meses. Foi un éxito de audiencia con maís de 650 mil espectadores e iso significa que a xente tamén está interesada por coñecer o tema e informarse.
    Volvendo un pouco ao que ti comentas no teu artigo, eu tamén me pregunto se estamos a avanzar tanto como pensamos. Chamoume especialmente a atención que en Colombia se aprobasen as vodas homosexuais, xa que en Latinoamérica en xeral segue aínda habendo unha forte tendencia cara a homofobia. Porén, no tocante á tarnsexualidade parece que haberá que esperar moito máis para que novas como a que se publicou a semana pasada non se repitan. Nesta nova (http://www.noticiascaracol.com/ojo-de-la-noche/acusan-dos-personas-transexuales-de-amenazar-con-acido-taxista) o titular xa chama a atención de por si, porque penso que é totalmente innecesario dicir: “Acusan a dos transexuales de amenazar con ácido a taxista”. Por que se especifica que son transexuais? Este tipo de encasillamentos fan que se acaben relacionando termos que nada teñen que ver, un transexual pode ser un criminal pero tamén pode ser unha boa persoa… hai que ter moito coidado co tratamento informativo que se fai das novas porque esta relación de conceptos levan consigo prexuízos que despois se trasladan á sociedade.

    Gústame

    1. Losada Miguéns, María S2B3

      Moi boas Antía, moitas grazas pola túa achega. Estou dacordo contigo en que na actualidade segue sen tratarse de xeito igualitario ó colectivo LGTBI nos medios de comunicación. Exemplos como o que achegas amosano claramente, as referencias innecesarias á orientación ou identidade sexual, só fan amosar unha marxinación que non debera ser tolerada nas publicacións dos medios.

      Dende logo, hai que facer fincapé na necesidade de que os medios de comunicación comecen a abrir os seus patróns de familia, relacións e sociedade, e os integren plenamente na actualidade informativa. Tratando temas coma o pasado San Valentín, ou a volta ó cole para as familias, nos que se contemplen as realidades existentes na sociedade, sen facer especial fincapé na súa “rareza”. A aparición do colectivo na prensa debe ser normalizada, expoñer a súa actualidade coma a das demais persoas, sen distinguilas pola súa pertenza ó colectivo LGTBI.

      Porén a normalización segue sen chegar, e acontecen a diario actos de violencia contra as persoas que pertencen a este colectivo. Deixoche unha noticia que trata este tema en Cataluña, e creo que deixa patente, a importante labor de formación que teñen os medios de comunicación para mudar esta situación.
      http://www.lavanguardia.com/vida/20160413/401088846993/observatorio-contra-homofobia-alerta-de-que-agresiones-a-lgtbi-son-habituales.html

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:24

      Gústame

  6. Ricardo Baloira Armas – S1E1

    Bos días, María!

    Esta claro que a situación do colectivo LGTBI é, por moito, mellora á existente no pasado. Sen embargo, esta aceptación do colectivo LGTBI non chegou a toda a sociedade, nin sequera en aqueles países nos que se permite o matrimonio igualitario e ser homosexual non se condena con pena de morte.

    A marxinación dada a este colectivo, o estigma, aínda persisten na actualidade. Por por un exemplo preto, temos a unha parella homosexual que foi agredida en Galicia pola súa orientación sexual fai tan só uns meses. Os agresores vociferaban termos despectivos cara este colectivo,tales como “maricón” e ”sidoso” (outro tema discriminatorio o ver a todos os homosexuais como portadores de VIH).

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/10/pareja-denuncia-haber-victima-agresion-homofoba-santiago/00031455101323904714384.htm

    Polo tanto, desgraciadamente deixamos constancia de que o que un país acepta o colectivo LGTBI non ten por que estenderse ao pensamento da súa poboación, como é no caso de España, a pesar de ser un dos países que en teoría aproba máis a homosexualidade, con dez anos de matrimonio homosexual e máis de 31600 parellas casadas.

    http://elpais.com/especiales/2015/matrimonio-homosexual/

    Esperemos que no futuro, ademais de ser aceptado polos países o colectivo LGTBI( aparte de que sexan máis coñecidos os intersexuais e transexuais), a totalidade das persoas que o habitan acepten a diversidade sexual con naturalidade. Polo momento os cambios marchan ben, a pesar de sucesos como os da noticia anterior sigan dándose.Como curiosidade deixo a situación mundial con respecto aos dereitos deste colectivo segundo o país no que estean.

    http://elpais.com/elpais/2015/05/21/media/1432230538_572904.html

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 15:30

    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 16:00

    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 16:15

    Gústame

    1. Losada Miguéns, María- S2B3

      Moi boas Ricardo, non podo estar máis dacordo co teu comentario. En moitas sociedades, as leis non van tan avanzadas como o resto da sociedade. Neste punto os medios de comunicación teñen un papel moi importante, aportando información rigorosa e contextualizada sobre os novos avances, para que a sociedade poida interpretalos quitándose por fin a rémora dos prexuízos.

      En temáticas como esta, na que a existencia destes prexuízos é máis que salientable os medios xogan un papel fundamental. Na noticia que che amoso a continuación explicase un caso como este, no que a sociedade, non acepta e non está aínda preparada para os cambios lexislativos que se están a producir en Colombia, onde se recolleron máis de 2 millóns de firmas para botar abaixo a adopción homosexual en Colombia, da que fallou a favor a Corte Constitucional Colombiana o pasado ano.
      http://cnnespanol.cnn.com/2016/03/29/mas-de-2-millones-de-colombianos-firmaron-contra-la-adopcion-gay/

      Un saúdo,

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:28

      Gústame

  7. Lestón Lago, Antón- S1E6

    Estou totalmente de acordo, con case todo, o que se di neste texto. Porén, discrepo nun asunto. Noticias como as de Colombia non deberían ser xa motivo de celebración para a comunidade LGTBI. Pois é unha decisión que leva á normalidade. A aprobación do matrimonio homosexual non é ningún éxito, senón o triunfo da cordura. E penso, que estas celebracións apoian, aínda mais, a idea de moitos homófobos, que os ven como algo antinatural.
    A raíz deste tema, son consciente de que aínda hai moito polo que loitar, como se di neste artigo : http://www.fucsia.co/personajes/internacionales/articulo/dia-del-orgullo-gay-2015-por-que-celebrar/64302 , pero temos que ser conscientes que a legalidade dos principios polos que loita, é un obxectivo de sentido común.

    Por outra parte, tamén concordo en que os medios deben promover sempre medidas para a súa aceptación e non discriminación. Recordemos, que o deber dos xornalistas é o de informar honestamente, con informacións contrastadas, e sen emitir xuízos persoais. Así, forman a opinión pública da sociedade que se sitúa a prol ou en contra do tema informado. É aí, cando o conservadorismo presente na nosa prensa inflúe de maneira moi negativa para o colectivo LGTBI. Por exemplo, déixovos esta noticia, na , aínda rectificando,se fala “dun paso grande para a homosexualidade”: http://www.elmundo.es/sociedad/2016/02/25/56cf41bf46163f011e8b456c.html

    Revisión do editor: 21/04/2016 – 12:00
    Revisión do coordinador: 21/04/2016 – 12:20
    Publicación final: 25/04/2016 – 17: 26

    Gústame

  8. Lestón Lago, Antón – S1E6
    (Publico eu no seu lugar por cuestións técnicas que fixo que non aparecese nos comentarios)

    Estou totalmente de acordo, con case todo, o que se di neste texto. Porén, discrepo nun asunto. Noticias como as de Colombia non deberían ser xa motivo de celebración para a comunidade LGTBI. Pois é unha decisión que leva á normalidade. A aprobación do matrimonio homosexual non é ningún éxito, senón o triunfo da cordura. E penso, que estas celebracións apoian, aínda mais, a idea de moitos homófobos, que os ven como algo antinatural. A raíz deste tema, son consciente de que aínda hai moito polo que loitar, como se di neste artigo : http://www.fucsia.co/personajes/internacionales/articulo/dia-del- orgullo-gay- 2015-por-que- celebrar/64302 , pero temos que ser conscientes que a legalidade dos principios polos que loita, é un obxectivo de sentido común.

    Por outra parte, tamén concordo en que os medios deben promover sempre medidas para a súa aceptación e non discriminación. Recordemos, que o deber dos xornalistas é o de informar honestamente, con informacións contrastadas, e sen emitir xuízos persoais. Así, forman a opinión pública da sociedade que se sitúa a prol ou en contra do tema informado. É aí, cando o conservadorismo presente na nosa prensa inflúe de maneira moi negativa para o colectivo LGTBI. Por exemplo, déixovos esta noticia, na , aínda rectificando,se fala “dun paso grande para a homosexualidade”:
    http://www.elmundo.es/sociedad/2016/02/25/56cf41bf46163f011e8b456c.html

    Revisión do editor: 21/04/2016 – 12:00
    Revisión do coordinador: 21/04/2016 – 12:20
    Publicación: 26/04/2016 – 12:14

    Gústame

  9. Losada Miguéns, María- S2B3

    Moi boas Antón, moitas grazas pola túa achega. Estou de acordo contigo en que a comunidade LGTBI debera estar xa integrada nos medios de comunicación na súa totalidade, isto é, que non fora noticia os novos avances en materia de non discriminación, porque xa estarían conseguidos. Porén, isto na actualidade non deixa de ser unha utopía.

    Porén, os medios de comunicación, deben tentar tratar a información relacionada coa comunidade LGTBI coas mesmas características que calquera outra, pero discrepo contigo: creo que si que deben ensalzar os logros do colectivo LGTBI cara adiante, amosandoo e dandolle visibilidade e sobre todo enmarcandoo e contextualizando para que a sociedade poida entender e aceptar os novos avances, e non se queden só nunha lei sen aceptación dunha comunidade na que perviven os prexuízos.

    A labor dos medios de comunicación como instrumento de formación sobre a situación da comunidade LGTBI é fundamental, e debo recoñecer, que na actualidade esta labor deixa moito que desexar: é moi habitual ver noticias nas que se utilizan termos relacionados co colectivo de forma pexorativa, nas que se tende a tratar a comunidade LGTBI como un todo, sen especificar as súas diferenzas,…. e un longo etcétera. Dende logo concordo contigo en que este tratamento debería ser mudado, para que as noticias que cheguen á poboación informen e non desinformen.

    Deixoche a continuación a reseña do libro Arcoiris Mediático, da profesora Elisa Marquina Bailo da UNiversidade Complutense de Madrid, que analiza a situación da comunidade LGTBI, e en concreto das lesbianas nos medios, internet, o cine e as telenovelas, que creo que pode resultarche de intersese:
    file:///C:/Users/maria/Downloads/48082-81230-1-PB.pdf

    Un saúdo

    Revisión da coordinadora: 26/04 ás 15:45

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s