Os erros das publicacións fronte á verdade

Barcón Lage, María – S1A2 

1
Imaxe de “El diario de Córdoba”

Nas publicacións da maior parte dos medios non deixan de aparecer artigos relacionados a personas con algún tipo de enfermidade mental no apartado de sucesos. Claro está que todos podemos ter un momento de exaltación ou reaccionar de xeito incorrecto e aparecer nunha noticia. Pero a noticia débese centrar no feito noticiable e non dramatizar, como ocorre no artigo a tratar, como exemplo claro de mala publicación, onde o propio titular indica un problema persoal do individuo que cometeu o feito.

Explicita no titular que padece unha enfermidade: “ Un enfermo mental quema su casa y profiere amenazas de muerte” intentando manipular a noticia e xeneralizando unha acción violenta, o que consigue crear unha estigmatización errónea, por parte do lector, encasillando a todo o colectivo que padeza enfermidades mentais.

Despois, describe os feitos, e parece expoñer as causas e as consecuencias argumentando, dado que como se contextualiza, os familiares máis próximos puxeron unha denuncia con anterioridade, pero está totalmente sesgada polo estigma social creado dende a lectura do titular. Pero o tratamento informativo da noticia deixa ver así mesmo unha vulnerabilidade hacia o dereito ao honor e á intimidade das persoas con fins comerciais deixando o valor humano de lado. Cando o xornalista escribe no primeiro parágrafo, a localización da casa “habitaba en el número 15 de la calle Terremote”, a idade “ 48 años de edad” e as iniciais do seu nome “J.F.G”.

Por outra banda se o xornalista documentárase extensamente indagando sobre as posibles causas do tráxico suceso daríase de conta de que este tipo de enfermidades requiren dun seguimento médico e axuda tanto psicolóxica como de medicación  . Tomando estas medidas como rutina preveñense os problemas que poida provocar no propio enfermo. Grazas aos medicamentos as enfermidades están controladas  e as habilidades psíquicas dos enfermos non se ven variadas ao comparalas con outras persoas que non as padezan.

Pero como se pode ler no artigo é a propia familia a que afirma que esta persoa tiña unha enfermidade mental, en ningún momento diagnosticada por un psicólogo, algo clave para saber se estamos a falar dunha ocurrencia dos achegados ou dunha suposición que a familia fai cando esta persoa ten unha actitude que a sociedade tende a relacionar con enfermidades como bipolaridades, esquizofrenia e demais. Neste caso concreto fallou algún dos métodos para controlar a enfermidade e non se puido controlar un episodio de descontrol.

Faltando a varios dos principios básicos na elaboración dunha publicación en prensa xa poderíamos dar por rematado unha análise aos principais erros nunha publicación, pero esto non queda nun xornal. Dado que o 84% das persoas que padecen algunha enfermidade mental sintese rexeitado por incomprensión da sociedade hacia a súa enfermidade. E non é, polo tanto canto menos sorprendente para os lectores deste tipo de publicacións, que nen sequera un 5% cometen algún acto violento no longo das súas vidas e cando se comete soe ser de forma aillada, é dicir, polo abandono do tratamento, en situacións de hostilidade ou aillamento social.

2
Imaxe do Centro de Adiccións Can Rosselló

Como conclusión cabe dicir, que todavía queda moito que cambiar no terreo da información, porque a información que se recibe neste e noutros moitos casos  non está libre de opinión e polo tanto está manipulada polo informador. Asociacions como FEAFES teñen a disposición de todos un libro de estilo para tratar de manera correcta estes feitos nos medios. Temos que basearnos na cualidade da verdade e a documentación para escapar do sensacionalismo hacia o que tanto se inclinan cando se escribe sobre enfermos mentais. Outras asociacions como a AGTB ( Asociación Galega do Trastorno Bipolar)   e a AGP (Asociación Galega de Psiquiatría)  loitan contra o estigma da sociedade na nosa comunidade. Intentando non dar un enfoque negativo da realidade dunha persoa ou grupo, como se dixo no principio do texto, dado que na maior parte dos xornais está ausente un enfoque positivo, e destacan os problemas das persoas ou colectivos fronte aos logros e avances. Hay que facer fronte ao enfoque informativo erróneo da criminalización a grupos sociais e xerar alarma social. Eximir o discurso do medo por un discurso informativo dende a igualdade.

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 14/4/16 16:30
  • Hora de revisión do GBT: 14/04/16 18:45
  • Hora de publicación: 18/04/16 10:00
Advertisements

4 comentarios en “Os erros das publicacións fronte á verdade

  1. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Estou completamente dacordo coa túa reflexión e pareceme lamentable que aínda a día de hoxe haxa xente que leve ao pe dá letra o que pon en artigos como o que compartiches na publicación. Grazas a este observatorio tiven a ocasión de indagar máis profudamente no tema do sensacionalismo e as noticias de sucesos dous medios de comunicación. Reflexionando, dinme de conta de que a única forma de que, para que o estigma dous enfermos mentais e o doutros colectivos que aparecen menosprezados neste tipo de noticias sexa eliminado, hai que deixar de lado os sucesos nos medios. Se se pensa detidamente, esta sección de noticias cumpre unicamente co proposito de alimentar o morbo daquelas persoas que non interésanse polo que realmente lle repercute na súa vida e os medios de comunicación o saben dabondo. Chean paxinas dous xornais e minutos dous telexornais desviando a atención do que realmente importa. Creo que se falasemos de xornalismo serio, as noticias de sucesos non deberian ter cabida salvo casos moi excepcionais. E se isto fose unha realidade, os medios de comunicación non poderian adornar as súas noticias con titulares sensacionalistas que perxudican a colectivos como ou dous enfermos mentais. invito a aqueles que lean este comentario a que reflexionen sobre isto. Realmente é necesaria unha sección de noticias de sucesos na prensa?

    Data de emisión do comentario: 18/04/2016- 19:31
    Data de revisión do GBO: 18/04/2016- 20:34
    Data de publicación do comentario: 18/04/2016- 21:52

    Gústame

    1. María Barcón Lage (S1A2)

      Moitas grazas Jaime. Estou convencida por desgraza de que a maior parte dos medios fan o que sexa necesario para vender un xornal máis, por iso o sensacionalismo e os titulares, como o que tratei no post, non se adecúan a un trato igualitario para persoas que teñen enfermidades mentais e as que non as teñen. Por outra banda, non me din de conta da inutilidade das seccións de sucesos, pero coas túas palabras puiden reflexionar sobre os erros que teñen, o pouco tacto en tratar certas novas e a falta de respeto ás persoas que sufren ou realizan o feito noticiable. Dalgún xeito a sociedade debe estar informada de todo o que ocorre pero antes que nada o xornalista debe indagar sobre o suceso e ser obxectivo sen deixarse levar por prexuizos.

      Gústame

  2. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
    Desgrazadamente, o que publicaches neste post leva pasando durante moito tempo e segue a pasar na actualidade. Os medios de comunicación a miúdo esquecen que os enfermos mentais non poden ser tratados como tal nas novas, pois tan só os diferencian dos demais certos detalles invisibles aos ollos. Que utilicen termos para designalos que poden ofendelos é algo moi triste, pero se ademais engadimos a publicación das iniciais do seu nome, xa é o colmo. Os xornais, e os medios en xeral, deberían ter uns manuais de estilo ou códigos deontolóxicos nos que se especifique o tratamento destes colectivos prioritarios, como por exemplo esta guía de estilo sobre o tratamento da saúde mental nos medios http://www.msssi.gob.es/ciudadanos/saludMental/docs/Salud_Mental_Guia_de_estilo.pdf. Na maioría de casos, a peor parte é que contan con estes documentos e aínda así, non lle prestan atención, fan caso omiso ou incluso neses manuais non aparece mención algunha ao tema en cuestión.
    Hora de revisión da editora: 25/04/2016 ás 9:15
    Hora de revisión do coordinador: 25/04/2016 ás 9:35
    Hora de publicación: 25/04/2016 ás 10:17

    Gústame

  3. María Barcón Lage (S1A2)
    Así é Sheyla, aínda queda moito por resolver na concepción e trato no tema das enfermidades mentais. É moi importante como un xornalista analiza as noticias e busca informacións para contrastala dado que a súa publicación vai chegar como mostra do que sucede ao lector e este a le cómo un feito veraz. Polo tanto o teu enlace a guía de estilo de Feafes está moi ben para indicar unhas pautas como exemplo do bo tratamento do tema.
    Hora de revisión editora: 25/04/2016 ás 14:10
    Hora de revisión coordinador: 25/04/2016 ás 14:22
    Hora de publicación: 25/04/2016 ás 14:40

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s