A criminalización nas novas xeracións

Armas Baloira,Ricardo- S1E1

ricardo articulo

Imaxe recuperada de mediaresponse.es

En anteriores artigos falouse sobre a criminalización dos mozos pertencentes a certos sectores da sociedade. Posúen características diferenciadas que os fan ser estigmatizados polos demais, sobre todo grazas a acción(errónea) dos medios de comunicación.Sen embargo,¿ que pasa cando toda unha xeración é criminalizada?

A xeración actual de mozos españois, segundo varias fontes de Internet, é catalogada como materialista e inútil. Unha xeración en cuxa mente “ prima a satisfacción e aceptación inmediata”,onde os adolescentes, aparte de ser analizados como suxeitos centrados nas drogas, o alcol e o sexo( estigmatización xa estudada noutras entradas do blog), son máis consumistas e acomodados que non son conscientes do aforro e o que significa traballar de verdade, sobre todo en comparación as xeracións anteriores. 

Os propios xornais arrancan coa frase nos titulares: “ Adolescentes en la era Instagram e con leads como: Se mueven entre el pasotismo y el consumismo. Acostumbrados a una vida de entretenimiento y de series, los jóvenes describen el presente como inestable e injusto “. Sempre que se fala sobre eles nos artigos, en especial aqueles que tratan sobre os problemas escolares, non tardan os xornalistas en facer mención a todo o mundo consumista que, en teoría, xira soamente en torno aos mozos. Non se fai esperar a mención ao Whatssapp, Instragram e demais redes sociais, describindo aos mozos como verdadeiros adictos.

Como ven a ser unha costume nos medios de comunicación, os xornalistas toman de exemplo aos suxeitos máis estereotipados, aqueles que poidan acender o morbo dos lectores: uns mozos desconectados da realidade polas redes sociais, que culpan de todos os seus problemas ao sistema no que eles nin participan.Estes datos non melloran xunto a outros artigos dispostos a atacar os baixos resultados dos mozos españois con respecto ao resto de países, o cal calza coa imaxe de inútiles( os propios titulares o afirman) que os medios lle dan. Por desgraza, tamén resulta ser dos maiores índices na UE  en canto ao consumo de cocaína e cannabis, polo cal unha gran porcentaxe deles o asocian á diversión.

¿ Por que é noticia o que os mozos encontren divertido consumir drogas ou que sexan adictos as redes sociais? Os principais focos desas noticias deberían ser que as drogas estean tan ao alcance dos menores ou o pobre que é o sistema educativo español. Non obstante, o sensacionalismo de novo se decanta por criminalizar os mozos, fomentar a visión de que esta xeración esta perdida, que eles son os únicos culpables dos problemas presentes en cada noticia na que aparecen por vagos, descoidados e irresponsables.

Os mozos nados entre 1985 e 1994, chamados a Xeración do Milenio ou Xeración Y, non ven máis futuro que un no que conten con acceso a Internet e Smarthphone,aínda que non teñan unha casa onde durmir. A cuestión é se dita xeración ten realmente voz nos medios para ben, cando normalmente son protagonistas en noticias onde comentan que as drogas son divertidas, que non queren estudar e que a culpa de todo é do sistema.

En conclusión, temos a uns mozos só visibles nos medios de comunicación polo que fan e non polo que din, onde non se fala das causas que levan a súa situación, só é exposto o presente perdido por unha xeración “ conflitiva”. A súa vez, reforzase a estabilidade do mundo adulto, os cales terán que intervir para guiar aos mozos e educalos, pois eles non cumpren co papel de adulto que lles tocaría desempeñar e viven una “ adolescencia eterna”( porque a adolescencia é un período de idade criminalizado de por si) centrada na satisfacción persoal. Os medios xeran unha opinión improvisada na realidade sen un estudo real das causas, o cal xera unha alarma social que predispón o pensamento que arraiga no resto da poboación: a xeración esta perdida.

Referencias:

-20 minutos. (2006). ¿Por qué hacen cosas estúpidas los adolescentes?. 18 de abril, 2016, de 20 minutos Sitio web: http://www.20minutos.es/noticia/183841/0/adolescentes/estupidos/estudio/

-A. Fernández S.. (2012). Millennials: la generación malcriada que quiere cambiar al mundo. 18 de abril, 2016, de ABC.es Sitio web: http://www.abc.es/20121103/sociedad/abci-millennials-generacion-201211021603.html

-Amelia Castilla. (2015). Adolescentes en la era Instagram. 18 de abril, 2016, de El País Sitio web: http://politica.elpais.com/politica/2015/01/01/actualidad/1420136881_404916.html

-A. L.. (2015). Los jóvenes españoles, segundos de la UE en consumo de cocaína y cuartos en cannabis. 18 de abril, 2016, de 20 minutos Sitio web: http://www.20minutos.es/noticia/2480455/0/drogas/europa/memoria-emcdda/

-El confidencial digital. (2014). ¿De verdad los jóvenes españoles son tan inútiles?. 18 de abril, 2016, de El confidencial digital Sitio web: http://www.elconfidencialdigital.com/te_lo_aclaro/verdad-jovenes-espanoles-inutiles_0_2251574829.html

-Europa Press. Casi un 60% de los jóvenes españoles asocia el consumo de drogas a diversión. 18 de abril, 2016, de Heraldo Sitio web: http://www.heraldo.es/noticias/suplementos/salud/2015/02/04/casi_los_jovenes_espanoles_asocia_consumo_drogas_diversion_337281_1381024.html

-L. Morgade. (2015). El «smartphone», primera necesidad para la generación del Milenio. 18 de abril, 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internet/2015/08/13/smartphone-primera-necesidad-generacion-milenio/0003_201508G13P49992.htm

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor:19/04/2016-16:00

Revisión do GBO: 19/04/2016-18:00

Publicación:19/04/2016-22:15

Advertisements

8 comentarios en “A criminalización nas novas xeracións

  1. Feijoo García, Luís (S1D4)

    É indubidable que os medios de comunicación social teñen un papel de suma importancia ao ser unha ferramenta para informar e sensibilizar á sociedade, para construír imaxinarios e realidades, poden facer unha enorme achega á promoción dunha opinión pública, criminalizar a unha persoa ou colectivo, así como favorecer a discusión social, a exigibilidade de políticas públicas que garantan dereitos fundamentais ou mesmo a impulsar procesos de integración social exitosos.

    A este respecto, débese considerar que toda información relacionada coas novas xeracións debe ser sempre considerada sen xeneralidades e na súa relación coa situación social, económica, familiar, comunitaria e institucional, non só desde a descrición do acontecemento illado. Os xornalistas tamén necesitarían identificar diferentes fontes de información, as cales deben ser contrastadas e ter veracidade.

    Ademais, debemos nós xornalistas ter en conta que os avances tecnolóxicos e a ampliación das coberturas nos medios de comunicación aceleraron os procesos de formación dunha opinión pública homoxeneizada con respecto aos temas sociais, entre eles a consideración negativa das novas xeracións. Por iso non debemos parcializar a información co fin de lograr un maior alcance noticioso das audiencias.

    Así, os medios de comunicación teñen un papel preponderante en influenciar respecto da percepción da sociedade cara a colectivos estigmatizados. Neste sentido, convertéronse en modeladores dun imaxinario colectivo e dun discurso social na opinión pública.

    Por todo, creo interesante como amosa este artigo poñer en coñecemento esta problemática nos discursos de índole xornalística para evitar esta práctica común ao referirse a determinados colectivos ou grupos de persoas.

    Revision GBO: 20/04/2016 12:05

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Bos días, Luís!

      É certa a gran influencia que teñen os medios de comunicación na sociedade, pois son os seus principais informadores.Sen embargo, moitas veces non se limitan estes medios a informar, senón que tamén opinan. Ditas opinións son chamadas a formar parte da opinión pública, xa sexan boas ou malas.

      Por este motivo é especialmente prexudicial que os colectivos minoritarios sexan marxinados, pois o alcance dos medios é incrible e, unha vez emitida unha opinión, é difícil que sexa retirada e incluso será recordada co tempo.Para mostra, basta con ver como prevalecen na nosa sociedade os estigmas que os medios amosa cara as persoas homosexuais ou persoas afectadas polo VIH varios anos atrás.

      Como solución deben frearse xa estes prexuízos,aínda que non se poidan esquecer, asegurarémonos de que non afecten aínda máis á visión que ten a sociedade de certos colectivos.

      Un saúdo!

      Gústame

  2. María Aneiros Aneiros S1A1

    Boas Ricardo,

    Non quero negar que os medios colaboren á creación de certos estigmas respecto aos que somos máis mozos, pero creo que e esaxerar un pouco dicir que os medios fan ver a todos os adolescentes como delincuentes, adctos ás redes socias e xente que non fai nada polo seu futuro. Creo que existe unha incomprensión por parte dos máis adultos cara ás xeracións que crecimos rodeados de ordenadores, teléfonos móbiles e redes WIFI e que de ahí nace o de chamarlles adictos aos das xeracións máis novas. De todas formas non creo que ninguén considere que se fale dunha xeración perdida e iso se debe principalmente a que é xente nova a que está saíndo nos medios cos seus proxectos, cos seus traballos, coas súas investigacións. A prensa tamén colabora a difundir unha imaxe de xóvenes emprendedores, ademais considero que todas as xeracións se consideran a mellor e cando estamos nunha sociedade na que os medios os realizan aqueles dunha xeración pasada existen certos tintes de esto no que escriben e no que din. A proba disto e que moitos dos que agora son traballadores de 40 ou 50 anos, no seu momento foron xulgados de ser unha xeración perdida e impregnada de drogas, o mesmo que agora o estamos a ser nos.

    Revisión do GTB: 20/4/16 20:00

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Bos días, María.

      A estigmatización sempre se dá ás novas xeracións, pois adoitan mostrar un gran contraste en canto ao seu comportamento e metas para o futuro con respecto aos xa adultos. Estes mesmos adultos na súa época de mozos opoñíanse ás normas de comportamento dos seus maiores, sendo catalogados como unha xeración perdida.

      Con todo, si non fóra por estes cambios no modo de pensar (que moitas veces crean conflitos cos adultos) a sociedade non habería evolucionado en todos estes anos, pois nos limitariamos a imitar a aqueles que xa non son revolucionarios, que se atopan a gusto vivindo nunha sociedade imperfecta.

      No entanto, están no certo os medios ao catalogar a xeración como perdida? Eles mesmos contradinse ao publicar noticias onde aparecen mozos emprendedores, con grandes proxectos e éxito. Está claro que estes mozos existen. Por desgraza, a idea que cala na sociedade é a dos españois que non queren estudar, os que asisten a botellones e son adictos a Internet, xa que son as que aparecen con máis frecuencia nas noticias.

      Non esquezamos o énfasis dos medios no morbo e sensacionalismo, unha tendencia para atraer lectores que en varios artigos do blog tratamos polos prejuicios que provoca cara a certos sectores da poboación. Non se sabe con certeza o que será da xeración no futuro pero temos claro que as opinións dos medios en moitas ocasións son ambiguas, chamadas máis a atraer a atención que a informar correctamente ás súas consumidores.

      Un saúdo!

      Gústame

  3. Martínez Graña, Paula – S2B4

    Bos días, Ricardo:

    Paréceme moi interesante o contido do teu artigo, xa que explicas dunha forma sublime a situación actual. Creo que a orixe do problema está na xeneralización, o feito de crer que podemos referirnos as novas xeracións con denominacións comúns. En concreto, destacaría o seguinte fragmento: “temos a uns mozos só visibles nos medios de comunicación polo que fan e non polo que din, onde non se fala das causas que levan a súa situación, só é exposto o presente perdido por unha xeración conflitiva”.

    O problema está na falta de información: se un gran porcentaxe de estudantes non mostra interese polos estudos e se obteñen uns dos peores resultados académicos de Europa, non pode ser que o problema está no sistema educativo?

    Na busca da verdade, os xornalistas deben analizar os feitos en profundidade, dotándoos dun contexto que permita establecer as causas e consecuencias do mesmo.

    Cun simple análise da realidade, podemos comprender mellor o mundo que nos rodea. A continuación, adxunto un exemplo que sí reflexa a realidade dos xoves en España.
    http://www.20minutos.es/noticia/1709522/0/generacion-perdida/jovenes-espanoles/desempleo-estudios/

    Un saúdo!

    Publicación: 21/04/2016 12:06

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 12:29

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Bos días, Paula.

      Moitas grazas pola túa opinión. É interesante que tamén nós, que somos outra xeración da que os medios dan para falar, saibamos como funciona a visibilidad que nos dan en relación ás noticias que prexudican a nosa imaxe, mentres que naquelas nos que saímos ben parados pasamos moitas veces pasamos desapercibidos.

      Como ben dis, a falta de información existe e é a causante de que a causa principal, a que tería que ser a protagonista da noticia, perda relevancia para centrar a atención nos mozos de devandita noticia. A actitude destes mozos é tamén ás veces un problema, como cando consumen droga e se emborrachan, sendo xeneralizada esta imaxe a todos os mozos, pero é un problema derivado dunha causa maior, como son o sistema educativo e a facilidade de conseguir drogas no país. Causas ignoradas polos medios.

      Afortunadamente non todo é asi sempre e tamén hai noticias nas que indagan nas causas, como a que ti aportaches no teu comentario. Esperemos que o resto de xornalistas sigan o exemplo desta noticia.

      Un saúdo!

      Gústame

  4. Costoya, David (S1C1)

    Este é un artigo que resume o que se ven falando durante tanto tempo e sobre todo desde 2010, momento no cal a crise económica atopábase no punto máis precoupante. A xeración perdida, ou supoño que tamén chamada “ni-ni” (nen estudian, nen traballan) é unha etiqueta que intenta engloblar este periodo de anos de nacemento, pero non quere dicir que todos os nados comprendidos nesas datas se engloben dentro dos parámetros do nome que se lle puxo a esa xeración.
    De feito, dende fai uns anos, a situación revertiuse, e parece ser que tamén existe todo o contrario, a xeración “sí-sí”, que estuda e traballa compaxinando os horarios. Aquí podes obter máis información:

    http://www.elcorreo.com/vizcaya/v/20110124/pvasco-espana/generacion-prepara-euskadi-20110124.html

    Ainda que as dúas etiquetas para de xóvenes que comparten a mesma xeración teñen modus vivendi completamente distintos, compartenun horizonte común, como o son as consecuencias da crise económica.
    E coma sempre, o tema dos “ni-ni” trátase con moito sensacionalismo por parte dos medios e acapara toda a atención, mentras tanto, os “sí-sí” continúan discretamente aparecendo nos medios e loitando polas poucas oportunidades da época de incertidume xeralizada na que vivimos.

    Revision GBO: 22/06/2016 22:50

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Bos días, David.

      Coincido contigo no uso do término “etiqueta”. Os mozos de toda unha xeración que creceu coa crise non puido librarse desta etiqueta, con todo o que iso conlleva: ser considerados uns vagos que non queren nin estudar nin traballar.

      Con todo, a súa forma de ser na gran maioría das ocasións contrasta por completo coa imaxe que ten a sociedade deste colectivo. Entón, por que seguen chamándolles nin-nis? Porque os mozos máis visibles nos medios de comunicación desgraciadamente encarnan o estereotipo presente nesta etiqueta, mentres que os que son traballadores pasan, en moitas ocasións, desapercibidos porque a súa situación non transmite tanto morbo e sensacionalismo como queren os medios.

      Esperemos que esta xeración poida demostrar dunha vez por todas nos medios a súa verdadeira realidade e a poboación sexa consciente de como son estes mozos, parando coas estigmatizaciones á nova xeración.

      Un saúdo!

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s