A pobreza hereditaria nos medios

 

Fonte Imaxe: Notimex

Silvia Gómez García – S2D3

Nas últimas semanas, os medios audiovisuais veñen publicando varias noticias sobre a Transmisión Interxeracional da Pobreza (TIP). Isto quere decir, que as persoas que viviron na súa primeira etapa vital nun fogar con dificultades económicas, terá maiores posibilidades de vivir esta situación na vida adulta. Nalgunhas Comunidades Autónomas do país, esta situación agrávase máis aínda, e Galicia é, xunto a Cataluña, unha delas.

O estudo publicado o 7 abril pola Fundación FOESSA para Cáritas, “La transmisión intergeneracional de la pobreza: factores, procesos y propuestas para la intervención”,  relanzaba o debate sobre a pobreza hereditaria na sociedade moderna. Nel, expóñense os diversos factores que fan que esta situación se dea. A educación que recibe o rapaz, o nivel educativo dos proxenitores ou o entorno no que crece son algúns dos máis relevantes. Sen embargo, nos medios de comunicación déuselle máis importancia ao feito de que se poida heredar e poñen un ton sentencioso desde a primeira liña, como fai La Voz de Galicia: “La pobreza se hereda y el mayor riesgo de exclusión social se da en las familias con hijos”.

Pero o informe vai máis alá dos simples datos morbosos. FOESSA, publicou tamén un breve resumo na súa páxina web sobre qué aspectos da sociedade agravan esta situación. Ademáis da educación e da situación laboral, sinálase a renta familiar. Sorprendentemente, este é un dos datos que menos se comentan os medios, xa que resulta difícil de asimilar que, a pesar de que a educación é universal e gratuíta, a renta segue a influír na continuación dos estudos.  Así, a medida que os problemas financieiros nas familias decrecen, o nivel de estudos dos membros aumenta.

Se escribimos no buscador de Google “pobreza hereditaria”, os primeiros resultados estarán dominados por titulares de prensa; dos cales unha boa parte destínanse a falar da Obra Social La Caixa, e algún que outro do estudo de Cáritas. O problema disto é, que unha vez máis, prefírese reforzar a imaxe positiva das grandes empresas, deixando en segundo plano a ONG, que foi a que sacou o problema a relucir. Ben é certo que as axudas do programa CaixaProinfancia e o proxecto “Aprender juntos, crecer en familia” son relevantes, pero non se debe olvidar por qué fan falla en España en pleno 2016.

O que sí está claro é que se bota en falta é unha labor de contextualización e conclusión. esta labor é moi habitualmente realizada por obervatorios cidadáns, coma o Observatorio de la Exclusión Social y los Procesos de Inclusión en la Comunicación. Este sitio web é un bo exemplo de cómo se pode acercar a información á cidadanía. No caso do estudo de ADESSA fixo un breve informe de constatacións que, sen dúbida, axiliza a comprensión.

REFERENCIAS

20minutos.com (07 de abril de 2016). La pobreza se hereda: ocho de cada diez niños pobres también lo serán de adultos. D.M., España. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: http://www.20minutos.es/noticia/2716072/0/pobreza-hereda-ninos-familas-numerosas-caritas/

ABC.es (09 de diciembre de 2015). La Obra Social La Caixa amplía su programa contra la pobreza infantil hasta 60.000 niños. ABC, Barcelona. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: http://www.abc.es/espana/catalunya/abci-obra-social-caixa-amplia-programa-contra-pobreza-infantil-hasta-60000-ninos-201512091342_noticia.html

Antena3.com, (07 de abril de 2016). Cáritas alerta de que el 80% de los niños españoles pobres lo son también a la edad adulta. Agencias, España. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: http://www.antena3.com/noticias/sociedad/caritas-alerta-que-pobreza-transmite-generaciones-ninos-pobres-son-adultos-espana_2016040700331.html

FOESSA, (07 de abril de 2016). El nivel de estudios, la ocupación laboral y la renta contribuyen a que la pobreza se herede de padres a hijos. Cáritas, España. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: http://www.foessa.es/noticias_tags_noticiaInfo.aspx?Id=8894

La Voz de Galicia, (07 de abril de 2016). Ocho de cada diez niños pobres seguirán siendo pobres de adultos. EFE, Madrid. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/04/07/ocho-diez-ninos-pobres-seguiran-siendo-pobres-adultos/00031460031132526922805.htm

OSPIC, (10 de abril de 2016). La transmisión intergeneracional de la pobreza. Observatorio de la Exclusión Social y los Procesos de Inclusión en la Comunicación, Madrid. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: https://observatorioinclusion.files.wordpress.com/2016/04/transmisic3b3n-intergeneracional-pobreza.pdf

OSPIC, (10 de abril de 2016). Constataciones TPI Foessa. Observatorio de la Exclusión Social y los Procesos de Inclusión en la Comunicación, Madrid. Recuperado el 17 de abril de 2016 de: https://observatorioinclusion.files.wordpress.com/2016/04/constataciones-tpi-foessa.pdf

 Revisión do editor: 18/04/2016 ás 11:26

Revisión GBO: 18/04/2016 ás 19:03

Publicación: 19/04/2016 ás 10:12

Advertisements

10 comentarios en “A pobreza hereditaria nos medios

  1. Rivas Pérez, Ramón. S3B2.

    Xa en 2014 sinalábase isto, que os xornalistas estaban presionados por intereses máis poderosos que os seus propios, máis grandes que o seu deber e desexo de informar á cidadanía (http://cincodias.com/cincodias/2014/12/18/pyme/1418919642_158504.html). A política e as grandes empresas non cambiaron en dous anos, e parece que non tiñen intención en facelo. Isto actúa, por suposto, en detrimento das minorías máiis afectadas. Xente empobrecida, deshauciada e sen un fogar no cal durmir, sen comida que levarse á boca, inmigrantes que son observados cunha lente de desprecio e racismo. A prensa falla á hora de cumplir o seu cometido de informar libre e plenamente á sociedade para a cal escribe, criminalizando a xente inocente por unhas circunstancias alleas a eles. Todo porque ditas circunstancias están estreitamente relacionadas con figuras que fan gala dunha gran influencia no ámbito público e privado do noso país. Algo que, sen dúbida algunha, non deberíamos seguir tolerando.

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola Ramón, estou de acordo contigo en que os medios de comunicación teñen un deber que é, como o seu propio nome indica, comunicar. Tristemente, moitas veces abusan deste tamén privilexio, para favorecer aos seus financiadores, sen mirar moito cal é o feito noticioso. O artigo que deixaches é moi interesante e gustaríame reclacar unha frase que di “El 47,8% de los periodistas califican su situación laboral de inestable e insegura”. Esta inseguridade é o talón de aquiles do bo xornalismo. que as empresas non dubidan en atacar.
      A Asociación de Prensa de Madrid (APM), publicaba a finais de 2015 un artigo que fai balance da situación do xornalismo no país, no que destaca o feito da pouca credibilidade do xornalista e da súa independencia. Así, puntuábanse con un 5’5 e un 4’2 respectivamente, datos preocupantes que sen dúbida son resultado da crecente influencia da publicidade nos medios e do “maquillaxe” das noticias.
      Aquí che deixo o artigo, creo que o poderás encontrar moi interesante se che apetece coñecer en datos a realidade la profesión:
      http://www.apmadrid.es/noticias/generales/informe-anual-de-la-profesion-periodistica-2015

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 10:04

      Gústame

  2. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    Resulta interesante observar, como ben sinalas, o titular que resalta La Voz de Galicia de todo o extenso informe da fundación FOESSA, facendo énfasis no tema hereditario, por riba da educación ou o entorno social. Os medios adoitan tratar o tema da pobreza como algo alleo á sociedade, como se fora un feito puntual, máis a realidade é que está más presente no noso país do que os cidadáns cren, do que os gobernos queren facernos crer e do que os medios nos contan. Fai un par de semanas, Jordi Évole entrevistou a Mariano Rajoy, e o presidente en funcións afirmou que o salario mínimo era baixo, pero que “son poquísimas las personas que cobrar el salario mínimo en España”. Pois ben, os últimos datos de comezos de ano amosan que un 34% da poboación cobra o salario mínimo. http://www.larazon.es/economia/el-gobierno-propone-subir-el-salario-minimo-un-1-en-2016-KD11569120#.Ttt14XYxDcIZGTL (O dato ven por ahí en medio, evidentemente La Razón tiña que destacar esa ínfima subida so salario mínimo). ¿Mentira ou desconñecemento do presidente? O certo é que nos medios tampouco é facil recalar esta información. Medios de comunicación e gobernantes intentan que a pobreza semelle un gran de area nun deserto, pero o certo é que a pobreza estase a convertir en dunas. A pobreza non son só as persoas que durmen na rúa, tamén son aquelas que non poden vivir dignamente. Un exemplo de que a pobreza non para de medrar son a afluencia dos comedores socias, que desde o ano 2008 seguen aumentando o número de visitas, tal como informan Voz Populi e 20 minutos. http://vozpopuli.com/actualidad/73835-la-crisis-por-navidad-los-comedores-sociales-mas-llenos ; http://www.20minutos.es/noticia/2705075/0/comedores-sociales/barcelona-mas-menus/crisis-economica-pobreza/

    Revision GBO: 20/04/2016 12:57

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola Alejandro, estou completamente de acordo contigo no que dis, a pobreza cóllese “con pinzas” porque é unha realidade incómoda.Trátase de escondela, de alonxala dos núcleos urbanos para finxir que non exite e, como se soe decir, “ollos que non ven, corazón que non sinte”. O que máis me alarmou dos artigos sobre a Obra Social La Caixa é que dan a entender que esas pequenas labores (sen dúbida necesarias), son suficientes para a morea de casos de diversa índole que existen hoxe en día.
      Gústame, sen embargo, moito máis, o enfoque que lle da La Vanguardia á ampliación da axuda na comunidade catalá, explicando cómo esos cartos se destinarán a diversas fundacións locais, xa que estas coñecen de primeira man as necesidades das persoas.
      http://www.lavanguardia.com/vida/20151208/30669295438/catalunya-la-obra-social-la-caixa-amplia-su-programa-contra-la-pobreza-infantil-hasta-60-000-ninos.html
      Pero non debemos perder a perspectiva xeral, na que se seguen a botar en falta unha explicación, uns piares nos que se apoie ese feito “morboso” chamado a Transmisión Interxeracional da Pobreza.
      En outros países coma no Perú, este problema tómase moito máis en serio, quizáis porque alí a pobreza é imposible de agochar, pero o certo é que xorden iniciativas para palialo. Un bo exemplo é este libro titulado “¿Cómo ‘desconectar’ la transmisión intergeneracional de la pobreza?”, que se focaliza no caso das nais adolescentes. Déixoche o link xa que é de lectura gratuíta.
      https://www.inei.gob.pe/media/MenuRecursivo/publicaciones_digitales/Est/Lib0890/Libro.pdf

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:26

      Gústame

  3. Parada Vila, Laura – S3B1

    Ola Silvia

    Como ti ven dis os medios de comunicación soamente publican o que queren ou o que outros lle aconsellan que publiquen. Moitas das noticias conteñen información verdadeira, pero iso non quere decir que se trate dunha boa noticia que aborde todos os puntos, e nos dea unha visión neutral do asunto. Na maioría das noticias que se publican falta a veracidade na información. Na noticia da que falas, moitos dos datos que o medio menciona non son importantes para coñecer a realidade. O que nos interesa é cales son as causas polas que esas persoas están a vivir na rúa e as posibles solucións que o goberno debería levar a cabo para poder axudalas.

    Nesta noticia por exemplo (http://economia.elpais.com/economia/2016/04/14/actualidad/1460625255_236891.html) : “Un 20% de los españoles, en riesgo de ser “pobre energético”. Para continuar, en todo o corpo da noticia non hai ningunha testemuña destes “pobres enerxéticos”. E segundo, parece ser que existen distintas categorías de pobreza. É dicir que os medios de comunicación utilizan eufemismos para contarnos a realidade

    Nesta outra: “Barcelona hará un recuento de sin techo el próximo 18 de marzo”. No titular xa se pode ver a pouca consideración que o medio lle dedica a estas persoas. Dá a sensación que son animais, ou pezas que hai que contar. No resto do corpo, cóntanos que a iniciativa xurde para concienciar á cidadanía sobre este colectivo, en cambio o medio de comunicación prefire obviar o testemuño dunha persoa que coñece perfectamente o que é vivir na rúa.

    Os medio de comunicación fanse eco de iniciativas que pretenden reducir os prexuizos e concienciar á sociedade sobre os colectivos en exclusión social, pero son os primeiros que coa súa forma de informan non o fan.

    Revisión do editor: 19/04/2016 18:10
    Revisión do coordinador: 19/04/2016 18:16
    Publicación: 19/04/2016 18:25

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola Laura, xustamente esa é a intención do meu artigo, mostrar cómo se obvian as causas, para pasar directamente ás consecuencias. A pesar de que o informe, ao igual que Cáritas na súa páxina web, deixan moi claro cales son os factores de que a pobreza se perpetúe no noso país, a maioría dos medios prefiren non publicalos. O motivo? porque se escribe para un público demasiado acostumado ao número, ao feito, e non ao contexto, que non vai a esixir o por qué ata que non tome conciencia da situación. Por iso quixen recalcar a labor doutro observatorio, “Observatorio de la Exclusión Social y los Procesos de Inclusión en la Comunicación”, que fixo unha moi boa labor sintetizando os puntos do informe, que por desgraza non é accesible gratuítamente.
      https://observatorioinclusion.files.wordpress.com/2016/04/constataciones-tpi-foessa.pdf
      Aquí é donde se constata a boa labor dos servizos comunicacionais locais, que sempre están dispostos a dar libre acceso á información.
      Unha situación similar prodúcese no caso da pobreza infantil, onde abundan as noticias cheas de porcentaxes nas que soamente mostran o feito: España é o antepenúltimo país da UE en pobreza infantil asentada, pero non din cómo se chegou a esa situación. É, básicamente, o vello conto de “tirar a primeira pedra e esconder a man”, simplemente para alborotar o galiñeiro. Estou de acordo contigo en que o feito de que se diga a verdade non implica unha boa noticia, e este é un caso. Déixoche aquí o meu primeiro artigo, sobre a pobreza infantil, e invítoche a compartir impresións conmigo na caixiña de comentairos.
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/14/a-pobreza-infantil-nunha-sociedade-moderna/

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:20

      Gústame

  4. García Fernández, Ana. S2A4

    Nos nosos círculos de debate o tema da manipulación e o tratamento da información van da man sempre. E é que, a manipulación é unha maneira (pouco lícita) de tratar a información.

    No último debate(https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/ii-circulo-de-debate-manipulacion-nos-medios-de-comunicacion/) fixéronse claras alusións ao tratamento informativo dos medios de comunicación actuais, con declaracións como: “se hai intención non é mala praxe, é manipulación”.

    Pero non só existe manipulación só nos medios de comunicación visual, na prensa escrita tamén. Sobre este tema vai o meu último artigo persoal (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/14/a-manipulacion-dá-linguaxe/comment-page-1/#comment-655 ) que che convido a ler para que vexas como a prensa utiliza adxectivos, verbos, substantivos específicos para persuadir ao lector.

    Como ben dis no teu post: “ou que si está claro é que se bota en falta é unha labor de contextualización e conclusión”. Calquera tema, se ten un claro obxectivo de informar, é necesario abordalo desde un punto de vista contextual. Pódese publicar si, pero non todo o que se publica é información.

    Revisión editor: 19/ 07/ 2016 16:35

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola Ana, a verdade é que sigo moi de cerca as publicacións do teu círculo de lectura, resultan esclarecedores en moitos temas que tamén concernen ao tratamento da pobreza.
      Gustoume especialmente o apuntamento que fixo Lara sobre as xeralizacións, que fan que “este tipo de enunciados axudan a xerar na sociedade ideas preconcibidas e falsas, o que é unha das vertentes da manipulación”. No noso círculo témoslle especial manía a esta tendencia de sustantivar as persoas, facéndoas parte dun colectivo cheo de etiquetas. No eido da pobreza, por exemplo, os casos son moi diversos entre sí; non todas as persoas que son pobres viven na rúa nin todas as que viven na rúa son alcohólicas, e isto é o que denunciamos. De feito, no primeiro último círculo tamén falamos do caso dos indixentes que viven na praza do Toural e, como poderás apreciar, houbo bastante indiñación:
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/
      Sobre o último que apuntaches, Laura reflícteo moi ben no seu comentario neste artigo: “Moitas das noticias conteñen información verdadeira, pero iso non quere decir que se trate dunha boa noticia que aborde todos os puntos, e nos dea unha visión neutral do asunto”. Creo que é interesante ter esta idea en perspectiva, sobre todo cando nos dispoñemos a leer unha noticia sobre estas minorías que tratamos de visibilizar no Observatorio.

      Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 11:01

      Gústame

  5. María Barcón Lage (S1A2)

    Ola Silvia, lendo a túa entrada e imposible non cuestionarse o que é unha información de interese ou non. Poderíase dicir que os medios o que intentan buscar e o morbo con este tipo de noticias (http://politica.elpais.com/politica/2016/04/01/actualidad/1459518174_747554.html ) e deixan totalmente de lado o factor humano e o que isto conleva e os estigmas sociais aos cales persoas sen recursos económicos deben de enfrontarse por ler unha información sesgada ou inexacta. En definitiva o que intentan na maior parte deste tipo de publicacións e un titular que chame a atención, sen importar o trato pexorativo, polo interese de gañar cartos.

    Tamén é canto menos chamativo que nunha sociedade que presume de ser igualitaria, onde todos temos os mesmos dereitos, quebranta de forma inaceptable os Dereitos Humanos, neste caso os dos rapaces, que como ti ben dis no texto “a pesar de que a educación é universal e de balde, a renta segue a influír na continuación dos estudos” causa principal de denuncia ao estado que presume duns dereitos que coarta na realidade e imposibilita o aprendizaxe dos pequenos. Po lo tanto, os medios deben de mellorar a súa labor de informadores da sociedade e dar a realidade non rodearse de prexuízos.

    Revisión da editora: 20/04/2016 18:05
    Revisión do GBO: 20/04/2016 18:19
    Publicación: 20/04/2016 18:24

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola María, góstame moito o feito de que resaltases o tema do titular. Hoxe en día vivimos nunha sociedade na que o titular debe constituír unha unidade informativa exacta, xa que moitas veces a recopilación de información básese nunha lectura de titulares. Como moi ben di este estudo, a gran parte dos lectores encóntranse nas redes sociais coma Twitter e Facebook, sitios aos que entran con un propósito diferente. http://www.ticbeat.com/socialmedia/quien-lee-noticias-en-facebook-lo-hace-por-casualidad/
      Así que o que lee unha noticia faino porque o titular que aparece na notificación lle chama a atención, case por casualidade podería decirse. Ahí é onde os medios sacan a artillería pesada, o click será decisivo para contabilizar un lector máis na páxina web, e nesta guerra todo vale. Por iso, frases sentenciosas como a que puxen de exemplo conseguen atraer á xente, porque se presenta como unha verdade rotunda e fatídica.
      Menos mal que a sociedade segue tendo dous dedos de frente e dase conta de cando o xornalista (ou non) non busca informar, senon un click. Un bo exemplo foi este titular do xornal Público, http://www.libertaddigital.com/espana/2015-06-01/perplejidad-en-la-red-ante-el-titular-de-publico-1276549449/ , que fixo sonar o descontento en Twitter.
      En canto ao dos rapaces, vexo que puideches apreciar o alarmante da noticia, que sen embargo os medios decidiron obviar. Se queres coñecer un pouco máis sobre a pobreza infantil e cómo fai mella nas sociedades modernas, déixoche o link ao meu primeiro artigo no Observatorio.
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/14/a-pobreza-infantil-nunha-sociedade-moderna/

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:06
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s