Accesibilidade dos servizos de emerxencias

Rodríguez Arias, Icía – S3A3

16117406137_41b76dd915_o
Imaxe recuperada de Flickr 

Hoxe pretendemos examinar o cumprimento e a cobertura da lexislación nun dos eidos máis básicos: os servizos de emerxencias. O 112 “trata de ser a asistencia máis inmediata posible ás demandas dos cidadáns de todo o país que se atopen en unha situación de risco persoal ou colectivo”. Sen embargo, á hora da verdade, os cidadáns do noso país que padezan xordeira só terán accesibilidade a este dependendo dos medios que a comunidade autónoma na que se atope lle facilite.

Como xa viñamos adiantando nos nosos anteriores artigos, as diferenzas cognitivas entre xordos e ouvintes fan necesaria a interpretación en Linguaxe de Signos para que a mensaxe entre estes sexa comprendida ao cen por cen. Por iso, a lexislación vixente recolle que:

Os poderes públicos promoverán as medidas necesarias para que os medios de comunicación social, conforme o previsto na súa regulamentación específica, sexan accesibles ás persoas xordas, con discapacidade auditiva ou xordocegas mediante a incorporación das Linguas de Signos Españolas.

No caso de Galicia, foi en 2014 cando por primeira vez se habilitou este servizo para as persoas xordas. Este acontecemento foi cuberto polos principais medios, entre os que figuran El Correo Gallego, La Opinión A Coruña, ou La Voz de Galicia. Nestas noticias cóntase o que se implanta (un sistema de chat), pero non se fala do problema de comunicación que supón para as persoas xordas que non se poda facer unha videoconferencia en LSE nin falan da situación na que estaban a vivir anteriormente.

A nivel estatal si podemos atopar artigos que cando publican unha noticia sobre a implantación de este servizo  e que ademais falan da situación á que se estaba sometendo ás persoas xordas. É o caso do diario El País:

Hasta la fecha, los métodos para avisar de una urgencia sanitaria o policial por parte de los mudos y sordomudos de la región era un auténtico problema. En el caso de la sanidad, podían mandar un fax al centro de emergencias sanitarias. Más difícil resultaba alertar a las fuerzas de seguridad.

Cando nos referimos ao servizo sanitario do 061, a cuestión mellora. O ano pasado implementouse na nosa comunidade un servizo de videochamada que permite que as persoas xordas si se comuniquen na súa propia lingua coas persoas encargadas de proporcionarlle a axuda sanitaria que precisan. Esta noticia foi recollida de novo por unha gran cantidade de medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo… Porén, de novo, nestes non dan visibilidade dos problemas que a comunidade xorda continúa a ter en cuestións de emerxencia, como por exemplo, co 112 anteriormente nomeado. Ademais, todos estes artigos están claramente construídos a partires dunha nota de prensa proporcionada pola Xunta de Galicia, caendo moitos deles en actuar como unha especie de propaganda.


Referencias

¿Qué es el 112?. 112.es. Recuperado o 18 Abril 2016, de http://www.112.es/

BOE,. (2007). LEY 27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas de signos españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicación oral de las personas sordas, con discapacidad auditiva y sordociegas. Madrid.

Gabinete de Prensa Xunta de Galicia,. (2015). A páxina web do 061 de Galicia permitirá atender a persoas xordas a través do sistema de videointerpretación da lingua de signos. Santiago de Compostela.

La Sexta., (2016) Las empresas privadas se suman a la accesibilidad para personas sordas con un servicio de video-interpretaciónlaSexta.com. Recuperado de http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/empresas-privadas-suman-accesibilidad-personas-sordas-servicio-videointerpretacion_2016040200263.html

  • Revisión do editor: 18/04/2016 18:51
  • Revisión do GBO: 19/04/2016 08:04
  • Publicación: 19/04/2016 09:41
Advertisements

4 comentarios en “Accesibilidade dos servizos de emerxencias

  1. Meda López, Xiana- S2b6

    Boas tardes Icía
    O teu artigo paréceme moi interesante xa que descoñecía totalmente o tema. O certo é que se deberían facilitar os servizos de atención de urxencia para as persoas con xordeira, xa que todos temos dereito a unha atención digna e de acordo cas nosas posibilidadades. En España existe o dereita á sanidade pública, polo que o acceso de todas as persoas a mesma debería ser un elemento básico.
    Fai dous anos publicábase en el diario.es que as persoas con xordeira terían plena accesibilidade a servizos como o 112 http://www.eldiario.es/inspira/emergencias-accesible-sordos_6_242935710.html grazas a un invento dunha empresa de Badaxoz. Lendo o teu artigo, considero que iso de que o acceso é “plenamente igual” que para calquer outra persoa, aínda non é certo. Paréceme de vital importancia que se melloren este tipo de cuestións para facilitar unha igualdade de condicións entre todos os cidadáns.
    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:19

    Gústame

    1. Exactamente, como ben ves comentando moitas veces se publican noticias nas que se proclama unha accesibilidade a un servizo cando isto non é así. Agradezo que achegues esta, xustamente para que quede de todo claro. Só hai que poñerse na súa situación, facer que cando che está a acontecer unha emerxencia teñas que poñerte a escoller os debuxiños que máis se axustan ás túas necesidades, cando nese momento precisas expresarte da forma máis sinxela posible. Agardemos que pouco a pouco isto cambie.
      Outro saúdo!

      Gústame

  2. Figueroa Torres, Iria – S2A1

    Boas, Icía! Pareceume interesantísimo o artigo, porque ao igual que Xiana, descoñecía completamente o tema e ademais nunca me parara a pensalo.
    As dificultades que poidan ter as persoas mudas para comunicar unha emerxencia é algo que persoalmente nunca me cheguei a plantexar, o cal dá que pensar sobre a pouca información e a escasa concienciación que temos sobre os problemas que certos colectivos en perigo de exclusión social afrontan na súa vida diaria, e mesmo en situacións de urxencia coma estas.
    Considero moi boa opción a das videochamadas implantadas polo 061, sen dúbida un moi bo xeito de poñer solución a esta grave carencia por parte dos servizos de emerxencia. Agardemos que o 112 tome exemplo canto antes.

    Gústame

    1. Moitas grazas polo teu comentario, Iria. Como ben apuntas, é algo que moitas veces nin nos prantexamos pero de vital importancia. Paréceme absurdo que antes unha persoa xorda tivera que alertar dunha urxencia mediante o uso do fax.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s