Círculo de Lectura Crítica 1: deficiencias auditivas

IMG-20160418-WA0001

Fonte: grupo S3A. De esquerda a dereita están: Noemí, Maite, José Antonio e Andrés

Reino Gorín, Lola Antía-S3A1

Riande Cortizo, José Carlos-S3A2

Rodríguez Arias, Icía-S3A3

Rodríguez Obregón,Lucía-S3A4

Villar Manso, Susana-S3A5

Viqueira Giovachini, Mikaela-S3A6

Comezamos o debate o día 7 de Abril ás seis e media da tarde, con un pouco de retraso, na aula de vídeo que nos facilita a Residencia Universitaria de O Burgo das Nacións. Andrés chegan con ánimo de contarnos moitas cousas mentres que José vese que está algo máis nervioso. Noemí e Maite coordínanse moi ben e signan con moita naturalidade facen posible o debate, traducindo incluso as súa propias aportacións. Sentámosnos nos sofás e iniciamos o círculo de lectura crítica.

José Anotnio Estévez, que é hipoacusio, trae unha nova sobre os xogos paraolímpicos para xordos, que o ano que ven serán en Turquía. Andrés Caamaño explica que os xordos de España estiveron reclamando poder participar porque tamén teñen unha discapacidade, coma os cegos, polo que deberían poder participar. Porén, Andrés descoñecía totalmente a inclusión dos xordos nos xogos paraolímpicos, so era coñecedor doutro tipo de competicións específicas para xordos. Isto deixa patente a falta de información que hai neste ámbito, a pouca visibilización que teñen nos medios de comunicación.

Seguindo co debate, Andrés critica a programación da TVG e despois en xeral, porque os subtítulos case non caben ou non se ven, “por ejemplo si veo el telediario, casi no cogen los subtítulos en la TVG” (polos titulares das novas e a barra de novas actualizadas da parte inferior). E unicamente hai pola noite subtítulos para algunhas películas, pero recalca que non é moi boa hora. Continúa cunha reivindicación ben clara: na TVE teñen intérprete en LSE pero na TVG non hai e os signos entre o LSE e o LSG son distintos.

Por outra banda, ter intérpretes axudaría a mellorar a comprensión, xa que en moitas películas os subtítulos non son correctos, cortan frases, etc. E aínda que Andrés asegura que a Federación de Persoas Xordas de Galicia está loitando contra iso, non se solucionou nada. En xeral, os subtítulos non están ben adaptados e explica brevemente que o 888 é o código que se emprega na televisión para poñer os subtítulos específicos para xordos. Porén, estes subtítulos son os mesmos que os que se poñen para ouvintes, aínda que di que así poden aprender e, por outra parte, facelos específicos suporía un gasto maior. Pon o exemplo do galego: “Si pusieran subtítulos en gallego, yo aprendería gallego, pero no los ponen ni nada…”. Xosé di que el tamén emprega subtítulos na televisión e que aínda que non están ben adaptados comprende que é imposible ir ao tempo que falan, porque a voz é moito máis rápida. Andrés rebáteo dicindo que en diferido hai moitas máis posibilidades de poder facer ben unha subtitulación que non nun informativo que vai en directo e Xosé respóndelle que non está de acordo, os telediarios levan certa preparación polo que deberían ter ben os subtítulos: “eu ahí non vexo tanta dificultade, onde está a dificultade é nos directos directos, por exemplo un Sálvame… si que non o colles”.

Seguidamente, Andrés cóntanos a súa experiencia tratando coa TVG para que puxeran os subtítulos en galego… e a súa proposta foi denegada poñendo varias excusas que Andrés conclúe que teñen que ver coa política. Para pechar este tema cóntannos cal é o telediario que ven habitualmente: Andrés ve a TVE e Xosé, cunha mirada máis crítica cara os medios de comunicación, aposta por noticias alternativas en internet como Infolibre ou El diario.es . Ademais Andrés destaca a boa labor da TVE 2 coa subtitulación e asegura que “nosotros tenemos sed de información, hace falta que nos llegue, que ya estamos un poco cansados de no poder acceder a ella”. Nesta parte do debate vemos como os participantes coinciden en que debe defenderse o dereito á comunicación dos xordos e que si é posible mellorar os medios de comunicación para facer chegar as novas a todo o mundo.

Na seguinte nova que trouxeron para debatir, fálase do caso dun colexio concertado, o CEIP Ponce de León, que é bilingüe: fálase castelán e a linguaxe de signos española. Andrés comeza dicindo que na nova non se especifica que porcentaxe de nenos son xordos profundos e cales levan implantes cocleares, porque iso é promoción para o colexio, e tacha ao artigo de ser moi superficial (apreciamos aquí a falta dun contexto que explique mellor a situación dese colexio e as diferencias que existen entre ouvintes e xordos profundos). E Xosé apostilla que non sabe se este tipo de medidas son unha boa medida de integración e Andrés tamén admite que non o sabe. Aproveitando que falou de que pode ser unha nova para “publicitar” ese colexio, recórdanos o anuncio que fixeran a ONCE e o Gadis no que un xordo con implante coclear dicía “accesibilidade para todos”, pero iso realmente non fai xustiza á realidade dos xordos profundos, que teñen moitas máis barreiras comunicativas. E volvendo ao tema da nova Andrés di que tamén sería discriminación que os xordos solo puideran ir a colexios de xordos. Os pais queren que os seus fillos se integren, pero isto é difícil. Ás persoas xordas cústalle integrarse no mundo. Por iso, o ideal é que teñan un profesor especial.

Andrés apunta que unha persoa xorda é mentalmente distinta a un ouvinte. E dille a Xosé que é o que ve nesa mochila tirada no chan, mentres a sinala co dedo. Xosé non comprende moi ben o exemplo que lle quere poñer e sostén que el funciona coma un xordo. “A miña mente tamén funciona visualmente como a túa. Nas clases e películas apenas ouvía, e tiña que acudir aos libros despois”.

Andrés, sin estar convencido do todo, di que el é xordo ao 100% e polo tanto o seu visual é diferente ao de Xosé. “Por exemplo, cando pides a mamá auga. Vostedes piden e din con palabras que teñen sede e queren auga. Eu teño que sinalar facendo o xesto de levarme un vaso á boca”.

Xosé parece molesto pola distinción que realiza Andrés e responde que el non pediría a auga. “Eu non a pido. Iría a por ella. Xa me adapto”.

Respírase un pouco de tensión no ambiente e para tratar de rebaixala, Xosé saca unha sonrisa e nos convida, algo nervioso, a que participemos.

Pero Andrés non quere dar por finalizado isto e continúa no seu empeño. “Imaxina un neno pequeño. Estamos falando diso. Non pode ir el a por un vaso. Pide de comer, por exemplo, e se é xordo está obrigado a sinalar”.

Xosé, finalmente, acepta que son diferentes pero tamén di que comparten semellanzas. “Eu estimo que funciono un 70% de forma visual”. Coma os xordos, sentiuse apartado, discriminado e por esa razón, recollíase na casa. Conclúe con que hai que tratar de adaptarse. “Eu non vexo os telexornais porque non os entendo, perdo moita información. Que lle fago? Pois vou a internet, que é un medio visual e ademáis podo poñer os cascos e escoitar algo mellor”.

El non coñece, non comprende a situación dunha persoa xorda profunda porque non é a súa. Pero si que sabe a súa e sabe como tivo que adaptarse a un mundo de ouvintes.

Continuamos pola vía de ensinanza.

José di que a un xordo profundo lle custa máis integrarse e por iso hai que facilitarlle as cousas. Pero a solución non é aislalo nun colexio especial para xordos, senón e aquí están de acordo, que este neno vaia a un colexio coma todo o mundo pero que conte cun profesor ou alguén que lle permita seguir as clases.

Andrés quere apuntar que moitas persoas xordas teñen problemas tras os estudos, é dicir, ao chegar ao mundo laboral. Aquí hai que ter en conta a diversidade e homoxenización das persoas xordas, xa que non todas son iguais e non se pode encasillar nun colectivo concreto. Habería que avaliar as súas capacidades particularmente e non xeneralizar. “Eu teño unha amiga que fixo maxisterio e ten problemas para dar clases como profesora. Os pais dos nenos a ven rara. Aínda que ela fala perfectamente”.

Mentres, José di que no mundo laboral (parece referirse a ser profesora) é comprensible que prefiran a outros. Hai que saber das limitacións. El mesmo ponse de exemplo. “Eu escollín secretaría e administración sabendo os meus límites. Gustaríame máis ensinar, pero sei que non podería dar unha clase. Se es xordo, pois es xordo. E se es cego, non vas conducir un taxi”. Tamén apunta que este problema débese á falta de medios, como podería ser un micrófono para o profesor mentres explica. “Ao mellor a un grupo reducido si que podes dar clase. Pero a máis xente, xa é complexo porque tes que manter a orde, perdes preguntas que te fan…”

Eso si, matiza que para estudar non teñen que existir limitacións de ningún tipo. Hai medios, hai tecnoloxía… O que non hai é vontade política nin diñeiro para poñer.

Tras finalizar isto, animamos ás intérpretes a que entren a participar, dar a súa opinión e visión sobre este tema, xa que podería ser interesante. Andrés, sorrinte, signa que “con moito gusto as escoitaría”. Tras un silencio, dinos que están en horario laboral, e non procede nin é correcto que o fagan.

Preguntamos entón, se reciben algún tipo de axuda ou que si cren que deberían ter algunha máis. A resposta é clara e Andrés contesta que “os recursos que hai son insuficientes. Hai que formar a profesores.”

Xosé di que no seu caso en particular “boto en falta as axudas nos audífonos. Estas prótesis, como a que levo, custan o seu diñeiro, e ademáis hai que cambialos cada catro ou cinco anos, porque perden eficiencia”. Comprende que hai outras necesidades, e que non son cousas de grupo, pero personalmente o solicita.  Ademais  fala de que non todas as persoas parcialmente xordas teñen o mesmo tipo de discapacidade, é dicir, vólvese ó tema da diversidade e homoxenización. Dependendo da frecuencia da persoa que lles falen oen ou non. Hai persoas que gritan e a pesar diso, el escoita mellor a outras persoas polo seu tono de voz, cadaquén ten as súas particularidades que haberá que atender de maneira idividual.

A continuación pedímoslles ideas para mellorar os medios de comunicación e poder adaptalos doadamente  ás necesidades das persoas con discapacidade auditiva. A Andrés se ocórreselle que podería incluirse dentro do Qr, un escáner que traduxese  diretamente  a linguaxe de signos ao apuntar o código. Pola súa banda, José dí  que as televisións xa alcanzaron o desenvolvemente tecnolóxico  suficiente como para ter cadeas paralelas para xordos sen necesidade de que exista un canal de xordos con programación distinta.  Di que el comprende que para o ouvinte sexa tamén un inconveniente o  feito de estar vendo unha película e ter que telos subtítulos acesos. A pesares dos custos económicos, opina que a sociedae debe saír na defensa destas necesidades, ao igual que se fixera  polos discapacitados cando non tiñan rampas de acceso para o transporte público ou  fumar en sitios públicos. “Non tense que dar por excluído a ninguén por ter unha deficiencia”

Finalmente propónse a última nova “proxecto sistema de  interactivos para usuarios con capacidades diferentes de la universidad de Veracruz(…) que nos lee a intérprete. Queremos saber se a forma na que está explicada é demasiado densa e  complicada para eles a pesar de irlles dirixida. Andrés coméntanos que neste caso trátase dunha noticia de contido tecnolóxico, pero que de todas formas, os xordos levan moito tempo loitando porque as frases non sexan iguais que para os ouvintes xa que as sus estruturas son moi distintas ás nosas.

Advertisements

4 comentarios en “Círculo de Lectura Crítica 1: deficiencias auditivas

  1. Este círculo xa vai moi tarde. Coidado con presentar a transcripción de corrido que é o que parece: Mellorar a redacción, para unha mellor interpretación dos datos e testemuñas. Precisamos enlaces as novas comentadas. Ollo editor e coordinador.

    Gústame

  2. Boas.
    Gustoume moito o gran número de ideas que se poden resaltar deste círculo de debate.
    Hai varios aspectos dos que me gustaría falar. Por un lado, estou moi de acordo en que os subtítulos das televisións son moi escasos e se funcionan fano con moitas deficiencias. Puden vivir en primeira persoa varias ocasións nas que un amigo meu se viu moi discriminado mentres viamos un programa e non era capaz de integrarse nas conversas que surxían nin no debate que establecemos porque os subtítulos ían moi mal. De esta forma os medios de comunicación, os programas, as canles non só non funcionan como un apoio de acollida senón como un aspecto de exclusión moi profundo. Este problema debería topar unha solución coa vontade dos dirixentes de políticas sociais e das canles para unha inclusión social pronta.
    Por outra banda, e relacionado con esto mesmo, por estas carencias o dereito dos xordos a ser informados vese moi minorizado. Así, a súa inclusión de forma xusta na sociedade é imposible porque non son quen de formar unha continuidade na súa concepción crítica e no eido de comprensión do mundo que lles rodea.
    En canto ás noticias sobre persoas con deficiencias auditivas e a súa falta de contexto penso que podemos igualar o problema ó dos demais grupos do Observatorio. Sen dúbida é algo que os unifica: a falta de contexto nos medios sobre as súas problemáticas. Relacionado co tema que tratamos no meu círculo en concreto, a manipulación, a falta de contexto é unha ferramenta máis para facer ver cousas que non son e xogar coa ignornancia dos lectores, visores, oíntes dos medios.
    En canto a linguaxe que utilizan os medios tamén deben ter tino e usar unha pedagoxía máis lóxica nos seus textos.

    Gústame

    1. Moita gracias polo teu comentario Marina! Os subtítulos á hora de ver a televisión e as películas acaban sendo un tema recurrente nos círculos que facemos. Isto é probablemente, porque algo tan trivial e cotidiano como é para nos ver a televisión, para unha persoa con discapacidade auditiva convírtese nunha gran traba. A situación con respecto ós subtítulos cambiou moito no noso país nos últimos anos. Neste artículo de El País http://cultura.elpais.com/cultura/2013/04/15/television/1366022226_595754.html podes ver un pouco como está a situación neste momento. Ademáis, Belén Ruiz, directora técnica del Centro Español de Subtitulado y Audiodescripción ( http://www.cesya.es/ ); organismo dependiente do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, confirma que os subtítulos para xordos na televisión estase convertindo nun campo “que vai a requerir máis profesionais”.
      Sen embargo, a pesares das melloras aínda queda moito camiño por percorrer, xa que moitas das frases pérdense ao falar rápido as persoas ou pola contra, aparecen subtituladas cousas que non necesitan tradución. Algunas das novidades que se están comezando a pór en práctica son, por exemplo, emplear varios colores para distinguir ós personaxes ou a opción de ver os subtítulos en inglés, francés ou alemán. Unha boa iniciativa sería poder ter na tve1 e t2 a opción de poner os subtítulos en galego, catalán ou vasco para que así as persoas xordas poidan ver a televisión na súa lingua materna. Todas estas iniciativas teñen que ser aprobadas por AENOR http://www.aenor.es/aenor/inicio/home/home.asp antes de ser postas en práctica.
      Está claro que aínda estamos lonxe de países que lle prestan máis atención ás necesidades ds xordos, como por exemplo Portugal, no que todas as películas americanas que aparecen nas televisións veñen directamente subtituladas; pero polo de agora, as facilidades para os xordos parece que van aumentando.
      Revisión editor: 26/04/2016 16:30
      Revisión coordinador : 26/04/2016 16:45
      Publicación: 26/04/2016 17:03

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s