Contaminados por estereotipación

Fotografía extraída de cuidadores.unir.com

Noguerol Fernández, Ana ~ S2C4

O paso dos anos é un látigo atormentador que maltrata o físico e o ánimo de quen é vítima do seu fluír. Observar como xa non tes tantas habilidades coma sempre convértese nun castigo inherente ao mesmo feito de vivir, sobre todo cando pasas un límite de idade que che sitúa, queiras ou non, no colectivo da terceira idade. Aínda así, a perda de distintas capacidades non debe convertir a consideración da persoa de útil a inútil, xa que é algo natural, intrínsico e que pouco ten que ver co riquísimo valor físico e intelectual do individuo.

No mundo actual circula polo aire -e tamén pola rede- un xerme malévolo que pretende adulterar os nosos discursos coa estereotipación. O luns 11 de abril publicábase en ElCorreo.com un artigo que responde ao título de Los jóvenes se lesionan por zambullirse en el agua y los ancianos, por caídas, propiedade de Marta Madruga e Pablo del Caño. O titular é totalmente excluínte e etiquetador. É unha cita da doctora María Luisa Jauregui, que seguramente ao longo da súa disertación emitiu enunciados con máis carácter informativo que o escollido. De todos os xeitos, non pode ser posible que un elemento tan relevante na conformación dunha nova sexa tan carente de contido e, á vez, irrespectuoso. Isto pode relacionarse cun dos nosos indicadores, que corresponde á inutilidade física, produtiva e técnica, que provocan unha sensación de lastre familiar e socialO feito de que algunhas persoas encadradas no desvalorizante +65 caesen convértese nun todos os maiores caen debido a súa incapacidade. E así é como nace un estereotipo.

Nunha nova publicada na edición online do ABC titulada La policía alerta a niños y a ancianos sobre un repunte de atracos y robos en Vicálvaro atopámonos cun exemplo similar ao do parágrafo anterior. É o froito da absorción dun estereotipo creado pola ignorancia e a xeralización. No corpo da noticia cóntase que axentes dos corpos de seguridade advertiron da posibilidade de roubo en asociacións de veciños, colexios e centros de maiores. Porén, o titular non implica na recepción da alerta ao adulto medio, de 30 ou 40 anos. Amósase así a concepción de que o ancián é un individuo débil e marchito.

Esta nas mans dos novos comunicadores o conseguir que a nosa profesión conserve a súa dignidade. Esa dignidade que, a día de hoxe, parece estar máis que sobornada polos intereses dos homes con traxe e maletín. Agora interesan os cartos, xa non importa o saber ou non transmitir dun xeito máis ou menos empático e cordial. Esqueceuse a esencia, a arte do que se fai.

REFERENCIAS:

 

HORA DE REVISIÓN EDITOR: 18:34 19/4/2016

HORA DE REVISIÓN COORDINADOR: 19:47 19/4/2016

HORA DE PUBLICACIÓN: 0o:54 20/04/2016

Advertisements

4 comentarios en “Contaminados por estereotipación

  1. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    En primeiro lugar dicir que as etiquetas sociais e estereotipos, son inherentes á cultura e asúmense polos membros da mesma, incluindo aos que soportan estas etiquetas.
    En en segundo lugar dicir que estou moi dacordo co teu artigo sobre o danino dos esteroetipos, a terceira idade, como a xuventude, son etapadas que as persoas temos que pasar, cunhas características fisiolóxicas determinadas.
    Un porcentaxe elevado da sociedade está convencida de que os nosos maiores carecen, en moitos dos casos, de capacidade para, xa sexa tomar decisións ou incluso valerse por si mesmos, polo mero feito de ser maior de 65 anos, e iso non pode ser así. Isto fai que o estereotipo de anciano sexa en ocasións negativo, incluso para os propios ancianos.

    A organización Mundias da Saúde (OMS) alerta sobre os riscos que entrañan os estereotipos entorno a este colectivo, que en apenas 30 anos representará o 22% da poboación mundial.
    Polo que hai que acabar ca idea de que é normal relacionar vellez coa pérdida completa de autonomía física e incapacidade mental.A idea de que a súa mentalidade é máis conservadora e desactualizada é outro canon asociado á vellez, ao igual que a súa predisposición á intolerancia e ao mal xenio.
    Pero non só son estas características negativas as que crean unha imaxe errónea e falsa sobre a terceira idade se non tamén algúns rasgos positivos como poden ser a serenidade, inxenuidade, tamén desvirtúan a personalidade de quen é un ser humano con identidade propia, e salvo enfermidade, coas mismas facultades mentales que aquelas persoas de menor idade.

    É fundamental comprender o grave do asunto, non podemos conseguir un envellecemento saudábel se seguen existindo este tipos de estereotipos, que están tan arraigados na nosa sociedade. Debemos loitar, e empezando, como ben dis, polos medios de comunicación, que contan cun gran poder social.
    Un exemplo moi claro son os anuncios publicitarios que empregan a imaxe das persoas maiores para vender produtos relacionados con enfermidades ou problemas físicos, todo isto ben moi ben explicado nun trabbalo realizado por Fuentes Gómez-Calcerrada, Juan LuisNavarro Cortés, Nuria Los mitos y estereotipos sobre la vejez en los medios de comunicación y la importancia de la educación intergeneracional
    http://envejecimiento.csic.es/documentos/documentos/fuentes-mitos-01.pdf
    Tamén atopei un estudio realizado por Sáez Narro. N. Meléndez Moral, J. C. Aleixandre Rico, M. do Dpto. Ps. Evolutiva y de la Educación. Universitat de València que aborda este tema
    LOS ESTEREOTIPOS EN LOS ANCIANOS: UN ESTUDIO EMPÍRICO Y SUS RESULTADOS.
    http://www.uv.es/melendez/envejecimiento/esterotipos%20ancianos.pdf

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 19:01
    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 19:47
    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 20:44

    Liked by 1 person

    1. Ana Noguerol Fernández – S2C4

      Ola Adrián!

      Moitas grazas polo teu comentario. Gustaríame que leras o artigo realizado pola miña compañeira Nagore que versa sobre a publicidade e a terceira idade.
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/a-publicidade-dirixida-a-terceira-idade/

      É un feito que leva atacando á autoestima da xente maior dende hai tempo. O peor é que venden as cousas coma se eles fosen máquinas estropeadas que precisan ser arranxadas para poder ser algo.

      Gústame

  2. Natalia Yáñez Vila- S3C5

    Sen dúbida, a humanidade négase a envellecer, ninguén quere pertencer ao grupo de persoas da terceira idade, isto débese a grandes estereotipos como a beleza (beleza relacionada con corpos perfectos, modificados no quirófano, atemporais e sen rasgos de expresión). Pero a terceira idade é fermosa tamén: cabelo plateado, enrugas,sabiduría, experiencia… Gran parte destes prexuízos residen na industria filmográfica, ese Hollywood no que as persoas son caducas e só importan as apariencias http://centromujer.republica.com/cine/el-miedo-a-la-vejez-en-hollywood.html

    As que máis sufrimos somos as mulleres, que sempre somos xulgadas dende os ollos do patriarcado: a nosa función é estar perfectas, fermosas, arranxadas sempre para saír na televisión. Esta presión é a que leva a moitas a operarse, a arriscarse nunha sala de operacións por motivos innecesarios, por cuestión de “estética”. Despois fanse este tipo de artigos nos que se fai mofa delas http://www.enfemenino.com/news-famosos/desastre-en-la-sala-de-cirugia-famosas-que-mal-operadas-s1572296.html#d770565-p4

    Outros dos prexuízos teñen que ver como ben dis coa suposta inutilidade das persoas maiores. Animo a todos aqueles que cren iso que collan un coche e viaxen a unhas cantas aldeas de Galicia para coñecer a homes e mulleres ben entrados nos 80 anos e que siguen traballando o campo, que se moven con total independencia. Tamén estou de acordo en que son tratados pola prensa como persoas ignorantes, é certo que moitos non tiveron a sorte de ir á escola, pero iso non é impedimento para eles, posto que nas súas mans está a sabiduría popular, que vai moito máis alá do que din os libros que nós limos, son unha fonte de coñecemento inesgotable e que precisa ser escoitada. Aquí embaixo un pdf sobre os estereotipos da vellez nos medios:
    http://envejecimiento.csic.es/documentos/documentos/fuentes-mitos-01.pdf

    Liked by 1 person

    1. Ola Natalia! Moitas grazas polos links que me aportaches. En canto á cuestión da beleza, gustaríame falarche dun tema no se observa o máximo expoñente da absurdez da industria da moda e da estética: o blanqueamento de pel. Neste enlace, recóllese que Emma Watson está a ser fortemente criticada por fomentalo ao ser a imaxe dun anuncio deste produto. O patriarcado ataca de novo e, esta vez, ata consegue algunha xente queira cambiar de ton de pel.

      http://www.merca20.com/emma-watson-es-acusada-de-fomentar-el-blanqueamiento-de-piel/

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s