Desmontando mitos con Julio Regueiro

Imaxe de Marco Fieber

Ana Lemos Alonso (S2B2)

Ultreia LGTBI naceu como centro de activismo en diversidade sexual en Compostela hai máis dun ano. Fíxoo da man de Julio Regueiro, responsable da área de Saúde e Tesoureiro e con quen tivemos (e temos) o pracer de traer aos nosos círculos de debate. Sen dúbida, é quen de contraargumentar os máis coñecidos lemas homófobos. Porén, expuxémoslle algúns deles para que demostrase o falso destes razoamentos.

Ser homosexual é antinatural.

Detectáronse comportamentos homosexuais en máis de 1500 especies, pero só unha padece de homofobia: a nosa. Realmente non é algo antinatural: moitos animais e plantas reprodúcense de formas non sexuais, por exemplo, por esporas.

En todo caso, poderíase dicir, desde un punto de vista homófobo, que é antihumano. Porque nos construimos a nós mesmos.

O da aberración déixoo á elección de cada persoa, aínda que me parece denigrante.

Os pederastas teñen inclinacións homosexuais.

Esa sempre foi unha moi boa maneira de atacar. Pederastas hainos de todo tipo. Nunca vin un estudo e non sei se un pederasta prefirirá a nenos ou a nenas, pero con ese argumento, o que digo é que a pederastia o que destroza é á Igrexa. E ahí sí que son homes con nenos, porque non hai outra forma.

A homosexualidade é curable.

Non o é. Ata o ano 1973, a asociación estadounidense de psiquiatría considerábaa unha enfermidade, polo cal debería ter cura e se pode tratar dalgunha maneira. De feito, a homosexualidade tratábase con electroshocks, con bestialidades, como se trataban outro tipo de enfermidades mentais que hogano non se tratarían así a ninguén.

Pero desde o ano 1990, a OMS di que a homosexualidade xa non é unha enfermidade mental.

En lexislacións actuais, séguense a prohibir as terapias de conversión.

Os homosexuais non deben poder casarse, xa que o matrimonio é entre un home e unha muller.

O matrimonio é un contrato firmado entre dúas persoas. Chámalle unión civil se non queres chamarlle matrimonio, pero prego unha equiparación de dereitos para as persoas homosexuais. Que non por ser unha unión civil os meus dereitos van a ser menores que os de outros.

Ritos fóra, unha boda é un contrato no rexistro civil. E se ese contrato se rompe, é como se rachases un contrato laboral. Non vexo en que lle pode afectar a unha persoa que eu esté casado, nunca o entendín.

Os homosexuais non deben poder adoptar.

Que se pretende con isto? Que unha parella de homosexuais suponse que vai criar homosexuais? Non. Cada un cría cadanseus fillos moitas veces como pode e non como quere.

Todo recae no debate de se a homosexualidade é biolóxica ou educacional. Se resulta ser educacional, ao evitar a adopción, supérase.

Os nenos criados por homosexuais teñen altas probabilidades de que eles tamén se volvan homosexuais.

A homosexualidade non se contaxia. É ese tema de que se pensa que é unha enfermidade contaxiosa, e de que pode haber unha maneira de frear ese contaxio. “Que se volvan”, “que se convirtan”, “que se fagan”. Non. Non somos unha secta, non lle lavamos o cerebro a ninguén, é moi difícil convencer a unha persoa de que faga algo que non lle apeteza ou non lle gusta, excepto se esa persoa está baixo a influencia do alcohol ou das drogas.

Os homosexuais vulneran os valores tradicionais da familia.

Aí está moi metido o tema da relixión. As relacións heterosexuais teñen como obxectivo a procreación, e eu podo procrear cunha muller se quero. E máis aínda coas técnicas actuais. Pero non destrúo nada.

Cando falan de destruir a familia, queren dicir “destruir o meu modelo de familia”. Pero é que eu teño unha familia, e teño relacións familiares con ela, independentemente de se decido reproducirme ou non. Entón, as parellas heterosexuais que deciden non ter fillos, están destruindo o concepto de familia, que se supón que é matrimonio e fillos.

As persoas que son homosexuais públicamente non deben poder ensinar en escolas públicas.

Xeralmente, os gais que ensinan ocúltano. Hai un grande problema nas etapas infantís, cando os nenos de tres ou catro anos non teñen un bo control de esfínteres. Os mestres homes levan a unha compañeira con eles ao servicio para evitar malos entendidos. A gracia está en que se o toca unha muller, non pasa nada.

En ensinanzas superiores, o problema está nese ese espíritu de machacar ao distinto. Coñezo a homes que o din abertamente e non teñen problemas, xa que o expoñen como algo que non lle afecta.

A homosexualidade é respetable, pero debería reservarse ao ámbito privado.

É sempre o mesmo: “respeto o que sexas, pero non o quero ver”. Iso non é respecto, non quero que se negue unha realidade. Que facemos para non ter pobres na cidade? Mandalos a outra? Non.

Isto crese polo medo de que alguén copie comportamentos.

Como vemos, quedan moitísimos mitos que desmontar, e a sociedade, que dixerilos. Moitísimas grazas a Julio pola súa colaboración.

Revisión da editora: primeira revisión 19/04/2016 ás 10:02 e segunda revisión 19/04/2016 ás 17:33

Revisión do GBO: 19/04/2016 ás 12:39, segunda revisión 19/04/2016 ás 18:00 e terceira revisión 19/04/2016 ás 19:36

Publicado: 19/04/2016 ás 18:40

Advertisements

10 comentarios en “Desmontando mitos con Julio Regueiro

  1. Cabado Vázquez, Aarón (S1E2)

    O certo é que eses lemas homófobos, a meirande parte deles vetustos e atávicos, esvaécense por si mesmos. Non teñen argumentos nin algunha evidencia sólida que apoie a súa validez, máis alá da propia intolerancia. O avance da sociedade con respecto a este tema na teoría foi moi importante, non tanto así na práctica. Porque actualmente considérase que o respecto á diversidade, sexa do tipo que sexa, é unha cuestión de puro senso común. Non é necesario indagar excesivamente para ver que moitos estudos científicos indican que na determinación da orientación sexual inciden diversos factores, entre eles a xenética. Pero que teña unha incidencia non significa que esa incidencia sexa determinante. (http://www.javeriana.edu.co/Genetica/PDFDOC/MONOGRAFIA%20HOMOSEXUALIDAD.pdf).

    Así, a xenética non indica se alguén é ou non homosexual , senón se é máis ou menos proclive a selo. Ao igual que a xenética non determina totalmente se unha persoa é intelixente, ou se se lle dan ben os deportes, ou se é destra ou zurda. A identidade sexual confórmase xeralmente durante a infancia (http://cursosaepap.exlibrisediciones.com/files/49-142-fichero/10_curso_Identidad%20sexual%20y%20orientacion_lopez_sanchez.pdf), en función de varios factores, os cales afectan de diferente forma en función do contexto e da persoa.

    Por tanto, o realmente perigoso é establecer dogmas. Como ben explica Julio Regueira, ter dous pais ou dúas nais non é mellor nin peor que ter un pai e unha nai. E o feito de ser fillo ou filla dunha parella homosexual non implica que o rapaz ou a rapaza en cuestión vaian a ter dita orientación sexual. O que si é bastante probable é que iso garante que vai ser criado dende os valores do respecto e a tolerancia.

    Data e hora de revisión da editora: 21/04/2016 20:35
    Data e hora de revisión do coordinador: 21/04/2016 21:17
    Data e hora de publicación: 21/04/2016 22:33

    Gústame

    1. Ola, Aarón

      É tal e como dis, e refírome ao teu último parágrafo. Neste artigo (http://www.bebesymas.com/ser-padres/el-testimonio-de-un-hijo-criado-por-dos-lesbianas-como-defensa-del-matrimonio-gay) reafírmase en primeira persoa que ser criado por homosexuais non “convirte” á rapaza ou rapaz en homosexual, e moito menos, van ser criados en valores distintos do respecto ou a tolerancia, como dis. Non está de máis botarlle unha ollada.

      Moi interesante o informe que adxuntas sobre a idade na que se, digamos, “adopta” unha sexualidade ou outra. Non obstante, considero que hai que esperar a que saian máis estudos que contrasten ou que apoien a tese de López Sánchez. De todas formas, ten toda a pinta de ter razón, xa que parece difícil que a conduta sexual sexa herdada.

      Moitas grazas polo comentario e un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 12:01

      Gústame

  2. Cascales Quiroga, Gádor S1E5
    Moi bo artículo Ana, gustoume moito que desmontases aqueles mitos homófobos que imperan en moitas persoas incultas neste tema, e non so en persoas heterosexuais, se que parece raro, pero algúns destes mitos tamén os teñen algunhas persoas homosexuais, xa que eu mesma escoitei, de boca dunha persoa abertamente homosexual, que non lle parecía correcto o uso da palabra “matrimonio” para referirse á unión entre dúas persoas do mesmo sexo, xa que a palabra matrimonio ven do latín “matrimonium”, á súa vez formada por mater (madre) e monium (calidad de), e que por iso, o matrimonio representa a unión entre un home e unha muller. Cando escoitei esta afirmación non daba crédito, non so porque esta persoa estivese errada en parte da súa información, xa que, aínda que ben é certo que matrimonio provén de matrimonium e á súa vez de mater, a palabra latina para designar a unión xurídica entre dúas persoas era “connubium”, aínda que hoxe en día empreguemos a palabra matrimonio para designar esa unión, polo tanto, non podemos basarnos na etimoloxía para tratar de defender o indefendible. Con todo esto pretendo dicir que estos mitos están nas cabezas de moitas persoas, e que fai falla máis visibilidade e artigos como o teu para tratar de frenar esto. E por último, gustaríame engadir que a persoa da que falei formaba parte da asociación Ultreia, esperemos polo ben de todos que non siga alí.

    -Revisión editor: 23/04/2016 14:32
    -Revisión coordinador: 23/04/2016 14:46
    -Hora de publicación: 23/04/2016 14:54

    Gústame

    1. Boas, Gador, e grazas pola felicitación.

      Moi forte o prexuízo desta persoa da que falas, e máis aínda tendo en conta que pertence ao colectivo LGTB. Supoño que o teu coñecido estaría, digamos, alienado pola vertente social homófoba. Pouco hai que facer ao respecto.

      Con respecto ao das etimoloxías, resultoume moi interesante esa defensa, non a coñecía. Pero no que estamos dacordo é en que non é permisible que a unión entre dúas persoas do mesmo sexo só sexa legal en menos de 20 países de todo o mundo. Neste artigo (https://xornalismosocial6.wordpress.com/2016/03/31/nunca-apagareis-sus-siete-colores/) falo sobre a situación do matrimonio homosexual tanto dentro como fóra de España. E anticípoche: é lamentable, tanto dentro coma máis aló das nosas fronteiras, a situación na que se atopan os homosexuais, neste caso.
      E conclúo coa famosa frase de John Lennon (todo o que necesitas é amor), á que fago alarde en dito artigo e que vén sendo a cura do mal que é a homofobia.

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 12:06

      Gústame

  3. Carrera Álvarez, Jesús – S1E4
    (por problemas técnicos publico eu no seu lugar)

    A ciencia suscitou múltiples teorías e infinidade de estudos sobre a orixe da homosexualidad. Ningunha é concluínte e deixa aberta moitas posibilidades. Aínda que en 1973 a American Psychiatric Associaton (APA) eliminou a homosexualidad da lista de desordes mentais , grupos relixiosos e científicos aínda buscan a resposta para esa pregunta. O tema da homosexualidad é un dos máis discutidos no campo da conduta humana. Tal discusión, que hai pouco tempo aínda era pouco menos que clandestina, fíxose pública e aberta durante os últimos anos.Na sociedade hai unha diferenza moi marcada entre os individuos heterosexuales e os da comunidade gay, pois en numerosas ocasións os dereitos dos individuos LGTBI non son respectados. Os dereitos das persoas teñen unha relación directa co benestar da sociedade, estes se fundamentan na moral e si non se respectan non haberá unha adecuada regulación da sociedade. Segundo o artigo 27 da Constitución Española, ? A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais?

    No ámbito familiar tamén xorden problemas a ausencia dun coñecemento mínimo sobre esta cuestión xera conflitos sociais, enfrontamentos entre iguais e problemas no interior das familias. Sobre todo cando se decide adoptar fillos e isto non se lles permite, aínda que demostren ser unha parella estable, con ingresos adecuados, polo feito de ser dous homes ou dúas mulleres os que poderían adoptar o rol de pais, a sociedade cre que isto podería repercutir no fillo ou afectar negativamente o seu saúde mental e emocional. A familia e a igrexa están ligadas de certo modo, pero desde o punto de vista relixioso non aceptan e consideran que os homosexuais están cometendo pecado ao sentir atracción ou desexo por persoas da súa mesmo sexo, polo que os xulgan e discriminan, opóñense a que se respecten os seus dereitos como persoas pois non son heterosexuales, son diferentes e non se lles dá oportunidade de poder realizar as súas metas ou soños.
    http://www.larazon.es/opinion/editorial/una-iglesia-abierta-a-todos-OG12369236#.Ttt1VyT0x2ZxArY

    O ser humano é ciertamente discriminador e non acepta o que cada un elixe, pois cada persoa dalgún xeito quere que os demais membros na sociedade teñan as súas mesmos ideais e conviccións, dentro dunha sociedade a educación e os valores son necesarios para poder respectar e tolerar incluso as condutas ou ideais que son diferentes gusten ou non.

    -Revisión editor: 24/04/2016 21:38
    -Revisión coordinador: 24/04/2016 22:10
    -Hora de publicación: 25/04/2016 9:35

    Gústame

    1. Ola, Jesús!

      Grazas polo teu comentario. Tratas bastantes aspectos nos que podería estenderme, pero centrareime en dúas cuestións sobre as que xa lles respondín aos teus compañeiros.

      Primeiro, o tema da adopción. Nesta nova (http://www.bebesymas.com/ser-padres/el-testimonio-de-un-hijo-criado-por-dos-lesbianas-como-defensa-del-matrimonio-gay) temos en primeira persoa a testemuña dun rapaz que foi criado por dúas mulleres homosexuais. Resumindo, o que d é que recibiu unha educación de valores igual ou mellor que outros rapaces da súa idade criados por heteroseuais. Non existe diferencia, como explica Julio Regueiro neste artigo, na crianza.

      E segundo, o das igrexas. Recoméndoche visitar o mesmo enlace que lle puxen á túa compañeira Gador. Trátase dun pequeno artigo no que fixen unha análise amena sobre a situación dos homosexuais no mundo. Concretamente a ti quero remitirche ao último apartado, “Hay Iglesias que casan”. Sorprendinme a min mesma facendo unha lista de Igrexas que casan homosexuais. Canda menos, interesante.

      Un saúdo!

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 14:55

      Gústame

  4. Riande Cortizo, José Carlos-S3A2
    Ola Ana.
    Moi interesante e novidoso a forma en que está escrita a publicación. Noraboa porque penso que terá o efecto desexado.
    Está claro que Julio Regueira, sendo o presidente de ultreia LGTBI, é unha voz autorizada para tratar de espantar os estereotipos e tabúes instaurados nunha sociedade que parece, de boca polo menos, querer abrirse.
    O artigo enlazado sobre a homosexualidade animal resultoume moi útil. Supoñía que nos animais tamén habería diferentes tendencias sexuais á heterosexual, mais nunca había visto unha nova ou unha reportaxe que falase disto. Quizáis, coma di, é porque a ciencia sempre estivo vixiada pola dura censura posta pola Igrexa.
    Resúltame curioso que a homofobia apareza en exclusiva na raza humana. Nós, que nos diferenciamos dos animais pola capacidade de razonar. Paradóxico. http://www.bez.es/789327926/futbol-lgtb-homofobia.html. O deporte de masas por excelencia, o fútbol, xamais tivo un futbolista profesional que confesase unha orientación homosexual. E hainos, seguro. Ocorre por medo, porque comparte popularidade e homofobia. Pasan os anos e aínda ningúen foi o valiente que rompe o xeo. Porque como un efecto dominó, se o primer futbolista o di, outros moitos atreveríanse e sentiríanse con máis confianza. O problema é a posible reacción que tería un público moitas veces irrespetuoso. Por iso continuamos crendo a falsa realidade de que o fúbol, ese deporte de homes, non ten homosexuais.
    En canto á Igrexa, eu non digo que estea a retroceder, mais tampouco teñen que vender a moto de que agora dan pasos hacia o aperturismo. Eses valores católicos e de familia parecen haberse estancado polos séculos dos séculos. A última, o rexeitamento do embaixador francés por ser gay. http://www.elmundo.es/internacional/2015/04/10/5527f4e722601dd4678b4575.html
    Parece mentira que estemos tan avanzados nunhas cousas e todavía tan atrasados noutras. Moito falta por facer e mellorar, e a base está na educación http://www.eltiempo.com/estilo-de-vida/salud/educacion-sexual-por-parte-de-los-padres/16567920. Un adulto que ensina e forma aos nenos de maneira responsable e respetuosa, tendo a tolerancia como máxima. Ese é o obxectivo para que máis pronto que tarde, podamos vivir nun mundo máis flexible.
    Revisión editor: 9:53
    Revisión coordinadora: 10:32
    Publicación: 11:50

    Gústame

    1. Boas, Carlos

      O primeiro de todo, moitas grazas polo teu comentario. Precisamente falaches dun eido, digamos “escuro” para a comunidade LGTBI: o do fútbol.
      Como dis, non hai ningún futbolista homosexual. Agora, podes atopar ríos de tinta de especulacións sobre se Cristiano Ronaldo é nou non homosexual (http://www.elespanol.com/corazon/20151208/85241512_0.html). E se o fora? Que problema habería? Xogaría mellor? Peor? E a pregunta do millón… que ocorrería nos vestiarios?
      Pois non pasaría nada, simplemente que todo o mundo coñecería que as preferencias sexuais deste xogador.

      Non obstante, é curioso que si podemos atopar transexuais no fútbol. E máis concretamente, no fútbol sala. Falo de Izaro Antxia, e podes coñecer todos os detalles sobre o seu debut deportivo como muller aquí (que por certo, foi hai tan só uns poucos días): http://www.mundodeportivo.com/futbol/20160410/401016891910/la-transexual-izaro-antxia-juega-su-primer-partido-oficial-como-mujer.html

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 12:15

      Gústame

  5. Lestón Lago, Antón – S1E6

    Boas, e noraboa por este artigo. A idea de comezar as conversas con eses lemas homofobos, pareceume xenial. Así, penso que este debería ser un tema continuo nos nosos medios e na sociedade. É dicir, desmontar estes falsos mitos(http://www.batanga.com/curiosidades/4306/5-mitos-sobre-la-homosexualidad-derrumbados-cientificamente) debería ser prioridade para unha comunidade desenvolta e “primermundista” como a nosa.

    Ademais, paréceme moi interesante a reflexión que fai na última resposta. Esa comparativa ca xente pobre, deixa retratada a todas esas persoas que se creen mais maduras por dicir que respecta ós homosexuais. No obstante, é evidente, que cando un non admite a presenza doutro pola súa orientación sexual, está a discriminalo e non a respectalo.

    Tamén, penso que estas condutas, deben comezar a ser penadas por lei. Sobre todo, cando se intenta motivar á xente para que as siga. Así, podemos meter de exemplo, distintos programas de candidatos fascistas. Proba desto é a campaña que levou a cabo o partido Amanecer Dorado(http://www.publico.es/internacional/amanecer-dorado-homosexuales-siguientes.html) , candidato nas eleccións gregas de 2012. Os principios polos que se movía esa candidatura, deberían ser sancionados e penados dende organismos superiores, pois incita a millóns de persoas ao odio. Por iso, considero tan importante a regulación, a nivel mundial desta materia.

    Revisión do editor: 21/04/2016 – 9:00
    Revisión do coordinador: 21/04/2016 – 10:00
    Publicación final: 25/04/2016 – 14:00

    Gústame

    1. Ola Antón!

      Como xa puideches ver, artigos que desmitifiquen estos argumentos, hainos. Pero rebatidos por homosexuais desde a experiencia, non coñecía, por iso pareceume unha boa idea darlle voz a este colectivo. Grazas por notalo!

      Sobre penar condutas homófobas por lei, por agora, nos EEUU hai un listado de organizacións antigai, incluídas nos chamados “grupos de odio”. Na wikipedia (https://es.wikipedia.org/wiki/Grupos_de_odio_antigay) podes atopar máis información sobre eles e incluso adxunta unha relación delas.

      Un saúdo e grazas por comentar.

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 15:00

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s