Entrevista a Lucía Rodríguez, Icía Rodríguez y Mikaela Viqueira (S3A)

D8C9F1

Cristina Pombo Silva (S3E1) e Eva Tarrío Rodríguez (S3E3)

“A miña ignorancia fixo que non vise o gran mundo que eles teñen. ”

Pensamentos coma este  foron comentados por algúns dos membros do grupo que trata o tema das deficiencias auditivas. Lucía Rodríguez (S3A4), Icía Rodríguez (S3A3) y  Mikaela Viqueira (S3A6) dedicáronnos un pouco do seu tempo para falarnos do proceso á hora de facer o traballo, ademais das súas experiencias persoais e impresións acerca de este colectivo silenciado tanto polos medios coma polo desinterese da poboación.

 Neste Observatorio podemos atoparnos con distintos post redactados por este grupo e no que tratan moi de cerca o tema das deficiencias auditivas: A educación en Lingua de Signos,  Non Son Xordomudo: Linguaxe Inclusiva , O mundo que merecen os discapacitados auditivos .

En primeiro lugar falamos sobre por que razón escolleron este tema e foi Icía quen tomou a iniciativa en comezar a contestar dicindo: “A proposta foi miña, é un tema que me interesa”. A continuación as tres afirmaron que non tiñan ningún familiar nin coñecido xordo, e ademais non coñecían nada de como podería ser a vida cotiá sen poder escoitar. Cando explicáronnos as razón polas que escolleron o tema o que mais destacaron foi a linguaxe de signos e tamén o pouco que está tratado o tema nos medios ou presente na sociedade. Así, Lucía afirmou: “ Parecíanos que estaba menos tratado que outro tipo de discapacidade como a visual, un pouco máis deixada de lado”.

Pola súa parte, Mikaela exaltou a reivindicación por parte destes grupos que non son escoitados tanto como deberían, engadindo: “Unha vez que profundizas no tema, dáste de conta de que hai cousas que tratar, ás que facer fronte e que esas persoas necesitan que estemos constantemente informando”.

Como todos os grupos de traballo, tiveron que buscar organizacións e asociacións e nalgúns casos foi complicado, Icía cóntannos que no seu caso foi relativamente fácil e que a organización estivo disposta a traballar con eles, afirmou que “tardaron dúas semanas en contestar que sí ían a traballar con nós”. Atopámonos con unha das súas colaboracións neste Círculo de Lectura:  Círculo de Lectura Crítica 1: deficiencias auditivas.

 Ademais das asociacións, os afectados xogan un papel importante para poder complementar o traballo e sexa así completo. Neste caso si explícannos que tiveron máis problemas, xa non só por acceder a eles, pois na maioría dos casos o fixeron a través da asociación con a que estaban en contacto, pero a comunicación foi moi difícil. Xa non só polas dificultades que pon o feito de que sexan xordos, senón que moitas destas persoas non fala castelán ou non é a súa primeira lingua, cosa que empeora as cousas, xa que nin sequera poden ter unha comunicación rápida por correo electrónico. A solución pola que tiveron que optar foi mandar o correo coas preguntas pertinentes a asociación e estes a súa vez a esa persoa. Por outra parte, Lucía tivo a sorte de poder contactar co pai dunha amiga súa, que ten o 50% de perdida auditiva. Neste caso, ao ser unha persoa máis coñecida, dunha maneira ou outra, non tiveron moitas dificultades.

Este tema, tendo en conta a cantidade de persoas que abarca e a súa magnitude, pódese enfocar de diversas maneiras, Lucía afirma que “van facendo o que lles vai facendo falta”. Ademais din que a organización no grupo é moi boa e que grazas a iso non teñen unha labor única, senón que traballando pouco a pouco entre todos, aínda que Mikaela destaca que ten máis contacto directo coa coordinadora, todos están sempre moi implicados no que é o traballo.

 Por outra parte, os grupos teñen que facer a maior parte do proxecto xunto pero algunhas actividades son feitas de forma individual e nalgúns casos preséntanse problemas para poder compenetrar un traballo individual co grupo. No seu caso, Lucía di que non, que poñen a maioría das cosas en común e non teñen ningún problema en axudarse entre si cos posts ou outras actividades. Ademais, as entradas, que deben publicar semanalmente, as teñen organizadas segundo un calendario feito por Mikaela, onde publican cada luns, xoves e venres, así a organización é maior e non sofren ningún contratempo.

A prensa, en moitos casos, funciona como axuda ou fonte para desenvolver artigos ou entradas dedicadas ao blog, porén, neste caso, como comezou dicindo Lucía “Tendo en conta un dos nosos indicadores de invisibilidade do colectivo pois é un pouco complicado, por que xa estamos dando por sentado que é un problema e non ten visibilidade nos medios. Tiramos da prensa o que podemos e de noticias das asociacións, aínda que eu en particular tiro dos estudios e de noticias que van saíndo”. Icía porén intenta utilizar tanto estudos como a prensa por igual, así afirma “eu non podería facer as noticias sen as dúas partes”; pero tamén admite que existen algúns datos que só aparecen en estudos e deberían ser as asociacións quen faciltara estes datos. Ademais, dentro dos estudios, utilizan algúns españois, pero non son o suficientemente completos por iso vense obrigadas a tirar de estudos do estranxeiro, maiormente americanos, que teñen información mais completa.

En cada grupo de traballo deben ter uns indicadores que recollan brevemente o tema tratado e da maneira na que está tratado, é dicir, o enfoque que se lle vai dar. Mikaela explicounos os indicadores do seu grupo: “O dereito á comunicación, a visibilidade e invisibilidade nos medios, o uso de ferramentas, diversidade e homoxeneización, é dicir, non tratar a todos como si fosen xordos e xa esta, hai diferentes tipos de xordeira, e hai que diferenciar entre cada un”.

 Ademais disto, elas afirman que os medios en xeral victimizan bastante a este colectivo, e puñan un exemplo dunha noticia onde diferenciaban a nenos e nenos xordos. Criticaban a utilización do linguaxe na súa maioría, xa que al ser periodistas temos que ter coidado coas palabras escollidas, para este elemento puxeron un indicador concreto, o uso das ferramentas comunicativas, que trata basicamente de iso, da victimización, o uso das palabras como “xordomudo”… Se isto non fora pouco, tamén esta a incongruencia que atopamos en moitas noticias; Icía afirma que encontraron algunhas noticias onde se fala dos xordos pero non se contan como tales e aquí falla o dereito á comunicación, outro indicador importante dentro deste grupo.

Engadindo a todo ó anterior, as integrantes do grupo encontraron información, pero a súa maioría en documentos ou estudos estranxeiros. Algo que lles chamou a atención a todas foi que é moito máis fácil encontrar noticias, datos, documentos en países estranxeiros que en España. Mikaela pon por exemplo  a Colombia, onde os medios dedican apartados especiais para os xordos ou noticias relacionadas con eles, cosa que en España non ocorre, tes que buscar ti a noticia e moverte para poder encontrar algunha asociación, na súa maioría descoñecida, para poder saber algo sobre estas persoas. Mikaela engade: “Pouca xente sabe información sobre os audiófonos ou implantes e só sacan información nos medios un día ao ano. E non se trata de falar dos implantes cocleares e a súa importancia, senón que se dedican a criticar ao Goberno e as poucas axudas que dan para financialos”.

Pola súa parte Lucía, totalmente de acordo con Mikaela, afirma que non só nas noticias senon tamén nos documentos e estudos. “Hai una gran diferenza entre o número de estudos de Universidades Americanas que se centran nestes temas, con España. Aquí é case imposible encontrar cousas, e se te metes no campo de Galicia moitísimo mais.”

Sumando a este aspecto Lucía dinnos o que máis lle chamou a atención facendo a investigación neste tema foi cando falas coas persoas e a impresión de que te comecen a falar en linguaxe de signos. “Recordo en unha das primeiras reunións e cando chegou a persoa tratou de comunicarse con nós. Da tanto reparo ao principio e el comentouno: as persoas oíntes teñen medo a que non podamos comunicarnos con eles e non é así”.

O que máis lle sorprendeu a Icía neste tema é similar a Lucía. Eran persoas que non tiñan ningún coñecemento sobre os xordos e a súa vida, e o que máis lle impactou foi a facilidade, aínda que tendo en conta as barreras existentes, con a que se expresan. Moitas persoas xordas poden ler os labios e algúns adultos incluso son capaces de controlar a voz. Elas mesmas din que hai moito descoñecemento e hai que perder o medo a falar cos xordos.

Para finalizar, pedímoslles que nos deran unha visión xeneralizada do traballo e da súa investigación neste tema, así como as sensacións con este.

Lucía dixo que se encontra moi contenta e satisfeita, ademais que lle abriu un novo mundo a un colectivo que descoñecía totalmente, así di: “É un tema que moita xente descoñece, non por que non saiban que hai persoas xordas, senón por que non te paras a pensar niso”

Mikaela o que máis destaca da toda investigación é o pouco tratamento nos medios sobre este tema e que existen aínda moitos problemas sociais a os que hai que facerlles fronte.

E por último, Icía que para ela o problema non é tanto de recursos como de que non se teñen en consideración ao colectivo de persoas xordas. “O que eu vexo é un desinterese xeneralizado. En nós, cando o vemos e non facemos nada, e nos medios, que non o sacan á luz. É como se a alguén lle pos un bozal.”

Advertisements

Un comentario en “Entrevista a Lucía Rodríguez, Icía Rodríguez y Mikaela Viqueira (S3A)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s