II Círculo de aprendizaxe sobre a precariedade e a pobreza

CÍRCULO II: Precariedade e pobreza

Cortizo Salgueiro, Noelia – S2D1

García Vegas, Cintia-S2D2

Gómez García, Silvia-S2D3

Gutiérrez Caneda, Beatriz-S2D4

López Fernández, Alejandro-S2D5

Mouriño Almeida, Jacobo-S2D6

O pasado 11 de abril tivo lugar o noso segundo círculo de aprendizaxe sobre pobreza e precariedade. Nesta ocasión apostamos por un foco maior no ámbito da precariedade laboral, polo que contamos coa presenza de Manuela Caneda Cabrera, especialista en prevención e precariedade laboral, que xa estivera presente no primeiro círculo, e co dous membros da CIG . O encontro tivo lugar nunha aula habilitada especialmente para o debate na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e desenvolveuse nun ambiente distendido, cercano, combinando momentos máis relaxados con outros máis serios segundo ían variando os temas a tratar. A participación foi moi activa por parte dos tres membros, os cales se mostraron rotundamente en contra co tratamento que se facía de algúns feitos nos medios.

O encontro iniciouse co comentario dunha noticia na que se mencionaba que Ada Colau ía multar ás empresas que cortasen a subministración eléctrica a persoas sen recursos. Os membros do círculo coincidían en que o titular non é adecuado, utiliza términos incorrectos (como por exemplo, o uso despectivo da palabra “pobres” para referirse as miles de familias que non poden pagar os servizos) e está descontextualizado. Tal e como dicía Manuela: “o que non se explica moi ben aí é como que hai unha norma, que hai unha lei que xa está e non se está aplicando.” Mentres un dos representantes da CIG confirmaba con respecto a atribución a Colau dunha medida que xa debería estar aplicándose que “o titular lévate a unha confusión total. Leva a confusión intencionada por parte de quen publica a noticia.”. O tema da descontextualización da información, xa tratado no debate anterior, ocupará gran parte das protestas deste.

A continuación, coa intervención do outro representante da CIG, saiu a relucir a invisibilización de certos temas e como os medios de comunicación sacan a luz aquelas noticias que máis lles conveñen ou ben por motivos ideolóxicos,é dicir, pola liña editorial, ou por motivos económicos ou políticos. Segundo Anxo, membro da CIG, “nesta noticia de Colau, chamaría a atención sobre unha situación (os cortes de servizos á xente con problemas económicos), que curiosamente, nos medios de comunicación case non se recolleu, ou se recolleu moi pouquiño. E coma unha das noticias que traio. En Galiza houbo unha iniciativa da lexislatura popular en canto a medidas para a creación de emprego, é dicir medidas para a creación de emprego e de acompañamento para ditas medidas, que foi boicoteada pola prensa.” Tamén aludiu á falta de datos e ao feito de que as noticias se quedan moito na superficie e non afondan no problema: “a noticia fala moito do que, pero nada do porque.” Para rematar con esta noticia, debaten sobre a súa presentación de nos medios de comunicación, a cal pode levar a confusión xa que pode ser entendida de diferentes maneiras, tendo unha interpretación por parte dos lectores, moi subxectiva. Con respecto a isto Manuela afirma que  “se alguén que o le ten unha forma similar de pensar a de Ada Colau pode dicir “ que ben que multen a estes”, sen embargo, se quen o le é o contrario da forma de pensar diría “que mala Ada Colau, mira estes, que van multar a tal..”.

Incídese tamén na idea de que os medios terxiversan a información ao seu antollo, dando a versión que máis lles convén. En canto ás noticias do incidente na praza do Toural, Manuela di, facendo referencia a dúas noticias do mesmo medio que “leo a primeira e saco unha idea, leo a segunda e saco outra distinta. Se lle dá a volta as cousas, non? Porque ahí o problema non é que os indixentes lles molesten os hosteleiros e comerciantes de zona, senón que detrás de esos casos hai persoas  que necesitan ser integradas etc. Entón, é como que lle damos a volta e poñemos que lle molestan ós comerciantes”. Anxo coincide con ela: “se resaltasen otros aspectos distintos, se tendría una noticia completamente distinta”. Con relación a esta noticia, fálase tamén da invisibilización da realidade dos grupos e da ocultación dos seus problemas e demandas. Anxo sinalaba que “non nos contan practicamente ningunha das dúas noticias por qué se  esa persoa está ahí, canto tempo leva ahí, qué medidas se adoptaron para paliar mínimamente a situación  destas persoas… absolutamente nada. “ e Manuela apuntaba que neste caso non se trata xa de discriminar a unha persoa por ser alcohólica senon que se trata dunha discriminación máis básica, a nivel social e económico. Realmente a discriminación prodúcese porque estas persoas “molestan” ao resto dos cidadáns. “O drogadicto fillo do rico non molesta”, apuntaba Anxo sobre as connotacións clasistas deste tipo de informacións.

Os tres membros coinciden ademais en que, nesta noticia, volve a faltar unha maior  contextualización dos feitos, non aparecendo as causas, o feito ben explicado e as consecuencias, ademais de carecer dun tratamento humano cós afectados. Respecto a este asunto, Anxo comentou que esta descontextualización e deshumanización permite aos medios manipular a información para dar a visión que queren os grandes poderes (económicos e políticos) poñendo como emplo o tratamento das folgas. Nestas noticias referentes a folgas sempre se criminaliza aos traballadores e se victimiza aos non asistentes e aos gobernos cando realmente só están exercendo o seu dereito. Tamén se menciona que non se conta como fonte informativa coa persoa ou grupos de atención ós que se refire a información, tal e como comentaba Manuela poñendo como exemplo a noticia dunha folga de limpeza fai uns anos en Málaga. Un dos membros da CIG exemplificaba a falta de contexto no tratamento da información en relación a un caso dun traballador, novamente de Málaga, do que únicamente se explicou o accidente que sufriu pero “non se falou o por que veu dado iso”. A orixe do problema, que recaía directamente na empresa Gas Natural Fenosa, apenas quedaba reflexada nos artigos relacionados co accidente. Estes aspectos fan que se criminalice ás vítimas destas noticias.

Con respecto a esta criminalización do débil, Anxo aporta o caso de como a vicepresidente Soraya Sáenz de Santamaría afirmou que había medio millón de parados cobrando irregularmente a prestación cando o dato real resultou ser ata dez veces menor. Critica, así mesmo, a falta de contextualización, citando como exemplo que a última reforma laboral transformaba en legais moitas situacións antes ilegais, permitindo así que determinadas conductas socialmente condenables non o fosen xudicialmente. Ademais, casos coma o dos traballadores en situacións irregulares, xa de por sí descontextualizados, xeralízanse, supoñendo unha homoxeinización dos afectados que perxudica a súa imaxe.

Outro dos temas recurrintes no debate foi a dependencia dos medios das grandes empresas, o que fai que en moitas ocasións se silencie aos perxudicados ou incluso se chegue a manipulacións para non perxudicar a empresa propietaria do medio. Ante isto, Anxo afirmaba que “ti non me vas a criticar a min se dependes de min. […] E o que nunca aparece, é a versión de aquel que resulta perxudicado, aquel que non tén ningunha maneira de condicionar o que di un medio de comunicación”.  Un claro exemplo destas condutas é o caso de todas as asociacións de axuda que ven como os seus reclamos non teñen cabida na prensa, tal e como expón un dos membros da CIG. Podemos concluir, por tanto, non se lle da voz a todas as partes implicadas nos feitos e que dentro dos medios existe unha dobre moral. Estritamente relacionado con isto, os nosos convidados aproveitan para denunciar a preferencia pola palabra dunha empresa fronte a dun cidadán, aínda que este teña documentos para apoiar a súa denuncia. O  Señor 1 contaba un exemplo persoal que lle acontecera hai pouco para evidenciar este problema: “Resulta que me chaman o último día do mes de abril para decirme que a empresa había chamado ós medios para denunciar unha situación e que  todo o que eu había dito era mentira. Entonces eu bueno, levo o que é documentación […] E hasta día de hoxe”.

Tamén se falou de que as fontes administrativas oficiais non contrastan con outros datos reais, non respetando o dereito á comunicación do público e invisibilizando a realidade: iso de que se crea emprego no sector (do metal) é mentira, porque eu paseime todas as empresas do sector en Santiago e non atopei empresas onde se fagan novas contratacións.Todo iso é facil de contrastar. Cando queren sacar algo, se o quixeran facer de verdade, con chamar xa non a min senon a inspección de traballo, que teñen todos os datos, xa chegaba”. Como criticaría máis adiante Manuela, a invisibilización de noticias é especialmente grave xa que impide que se abra un debate sobre estes temas , de forma que son os medios os que elixen de que temos que falar e de que non.

Outro tema a tratar foi o sensacionalismo dos medios, que en ocasións publican esaxeracións que chegan a ser “absurdas”. Manuela saca o tema dos comedores sociais en Santiago e de como se publica a información sobre este problema o diario El Correo Gallego. Critica ademais, que estas esaxeracións apareceron co cambio de equipo de goberno do concello mentras que os problemas veñen xa de antes, usándoos coma arma arroxadiza ou non dependendo de quen esté no goberno. Para Manuela resulta obvio que as críticas sobre este problema son un ataque ao novo concello. As esaxeracións chegaron a tal punto que resultaban incribles: “[…] deume a risa porque un día chegaron a decir que agora pasaban fame os nenos dos colexios de Santiago”. Anxo coincidía con Manuela e advertía do perigo que esto supón xa que, aínda que eles dous soubesen de primeira man que as cousas non eran así, a maioría da poboación non coñecía esta realidade e polo tanto podía considerar como certa a información publicada.

Manuela falaba tamén de que os medios contribúen a crear unha situación de desinformación en relación a algúns temas en concreto. En particular destacou a relación existente entre esa desinformación e a crecente desigualde entre homes e mulleres no ámbito do emprego. A descontextualización inflúe en gran medida nas diferenzas de xénero, pois non se explica “por que somos un país no que o 95% de reducións de xornada son de nais e non de pais”. O machismo benefíciase desa carencia de causalidade e visibilidade na información, perpetuando este feito grazas a escasa atención que os medios mostran hacia a situación da muller.

Para rematar o encontro, o,s membros do círculo concluiron que falta moita contextualización nas noticias que se publican na maioría dos xornais así como unha maior investigación dos feitos, causas e consecuencias xa que este descontextualización leva á manipulación da información. Por outra banda, tamén consideran que hai unha invisibilización do tema e que se debería loitar contra ela xa que ao non chegar ao público estas noticias xa nin sequera se abre o debate. Os tres coinciden na procura dun xornalismo máis serio que plantexe o que, pero tamén o cando, o como, o onde e o por que.

REFERENCIAS:

Blanchar, Clara. (2016). Colau multará a las suministradoras si cortan servicios a los pobres. Recuperado o 6 abril 2016, de El País Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/04/06/catalunya/1459939798_167200.html?id_externo_rsoc=FB_CM

Carreño, Belén. (2013). La vicepresidenta denuncia un fraude de 520.000 parados que no existe en las cifras oficiales. 11/04/2016, de eldiario.es Sitio web: http://www.eldiario.es/economia/Santamaria-denuncia-parados-oficiales-Empleo_0_184781977.html

CIG. (2014). Boicot da prensa á ILP da CIG polo emprego. 11/04/2016, de Avantar Sitio web: http://www.galizacig.gal/avantar/novas/11-6-2014/boicot-da-prensa-a-ilp-da-cig-polo-emprego

Delgado, Adrián. (2013). Los madrileños, rehenes de las huelgas. 11/04/2016, de ABC Sitio web: http://www.abc.es/madrid/20131123/abci-madrileos-rehenes-huelgas-201311222018.html

Europa Press. (2009). Los ‘nuevos pobres’ saturan los comedores sociales de la ciudad. 11/04/2016, de El Correo Gallego Sitio web: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/nuevos-pobres-saturan-comedores-sociales-ciudad/idEdicion-2009-08-16/idNoticia-458431/

Melchor, Xurxo . (2016). El último Pipí de Sara en O Toural. Recuperado o 31 abril 2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/03/29/ultimo-pipi-sara-toural/0003_201603S29C2995.htm

Redacción La Voz. (2016). Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago. 11/04/2016, de La Voz de Galicia Sitio web: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm

Revisión do editor: 14/04/2016 ás 17:04

Revisión GBO: 14/04/2016 ás 20:41 e segunda revisión 18/04/2016 ás 21:30

Publicación: 19/04/2016 ás 17:11

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s