Persoas con enfermidade mental no cumio da celebridade

Laura Casal Tizado – S1A5

angelinaportada

A sociedade tende a pensar, erroneamente, que as persoas con enfermidade mental son incapaces, antisociais, raras e non poden vivir en normalidade. A realidade é ben distinta, pois son persoas coma outra calquera, que coa atención sociosanitaria adecuada poden convivir en total normalidade e exercer unha vida sa en sociedade. Os medios de comunicación perpetúan estes estereotipos día a día cando nos falan das persoas que teñen este tipo de enfermidades como persoas que non se relacionan, que son violentas ou totalmente dependentes.

Para demostrar a perfecta vida normal que pode levar a cabo unha persoa que ten unha enfermidade mental, podemos botar man á longa lista de persoas célebres que teñen recoñecido sufrir unha enfermidade mental e, aínda así, teñen triunfado nas súas carreiras, saltando por enriba dos muros que lles impón a sociedade.

Marilyn Monroe

Richard Avedon Marilyn Monroe, New York, 1957
Imaxe Richard Avedon

Actriz de cine, cantante, modelo… Unha das mulleres máis desexadas da historia, e tamén das máis intelixentes (contaba cun coeficiente intelectual de 165, superior ao de Eintein e Stephen Hawking), tiña un trastorno límite da personalidade. Afectaba á súa vida persoal, pero tamén á súa carreira, pois debido ás súas flutuacións de ánimo, tiñan que suspender e continuar constantemente os ensaios e gravacións das súas películas. Nembargantes, podemos dicir con tranquilidade que Monroe chegou ao cume da súa carreira, e hoxe en día recordámola como unha das figuras esenciais da historia.

O que podemos ler sobre Marilyn e o TLP nos medios de comunicación é moi pouco, e o que lemos está completamente descontextualizado, atribuíndo a esta enfermidade a súa suposta conducta promiscua, inestable, suicida e o consumo de drogas; sempre especulando sobre todos estes feitos.

Angelina Jolie

angelina
Imaxe National Enquirer

Actriz, modelo, dobradora, directora, guionista… Combinou o seu traballo artístico amplamente recoñecido (mesmo cun Oscar a mellor actriz e varios Globos de Ouro), co traballo humanitario. Igual que Monroe, ten un trastorno límite da personalidade, que lle provocou relacións inestables, desordes alimenticios e incluso autolesións.

Os medios, e máis concretamente a prensa rosa, constantemente comentan se sube ou baixa de peso , exercendo un acoso total sobre a actriz, e especulando sobre todo tipo de teorías (incluíndo incluso o consumo de drogas como a heroína) e chegando a ser acusados de retocar as fotos para que semelle que está máis delgada aínda. Isto pode acentuar o problema, pois para unha persoa que sufre un trastorno alimenticio, que os medios e a sociedade se dediquen continuamente a comentar a súa imaxe física, é unha lacra a maiores.

John Forbes Nash Jr.

john_nash_fonteABC
Imaxe extraída do xornal ABC

A case un ano da súa morte, podemos recordalo como un grande matemático, que foi recoñecido por recibir o Premio Nobel de Economía en 1994 polas súas achegas á teoría de xogos e os procesos de negociación.

Nash tivo esquizofrenia e na década dos cincuenta comezou a ter delirios sobre supostas conspiracións e mensaxes cifradas, e comezou a ver espías que o seguían, ata o punto de chegar a pedir asilo político en Europa. Nash declarou que grazas ao paso do tempo, logrou saír desta situación. En 2001 estrease “Unha mente marabillosa”, unha película sobre a súa vida, centrada na súa esquizofrenia.

A raíz da morte de Nash nun accidente de tráfico, moitos medios fixeron mención da súa enfermidade mental, e moitos, de maneira incluso desprezativa. ABC lúcese titulando o 25 de maio de 2015 “La vida poco <<maravillosa>> de John Nash, esquizofrénico y Premio Nobel de Economía”. Quen é Alejandro Carra (o xornalista autor da noticia) para xulgar canto de marabillosa foi a vida de Nash? Que se é antes, “esquizofrénico” ou Premio Nobel? Este señor chamaríalle sidosa a unha persoa seropositiva? No texto podemos ler comentarios como “su luz se apagó”, “su mente se había ido a un lugar del que sólo muy de vez en cuando regresaba”…

Hugh Laurie

fonte_foto_promocional_house
Imaxe promocional de “House MD”

É coñecido polo seu papel do doutor Gregory House, polo que conseguiu un Globo de Ouro a mellor actor dramático dous anos consecutivos (2007 e 2008), pero tamén conta cunha faceta de humorista e mesmo cantante. A finais de 2007 detectáronlle unha depresión grave, na que influíu no afastamento da súa familia, que vivía en Reino Unido, mentres rodaba House en EEUU.

Nos casos de depresión, parece que os medios tratan o tema cunha maior delicadeza, pois sábese que é unha enfermidade moi común e seria. No caso de Laurie, os medios comentaban , en xeral, as súas declaracións precisas en relación aos motivos do seu estado, como a distancia coa súa familia e o exceso de horas de traballo, que lle facía ter todo o día a personaxe na cabeza, tratando o tema con respecto e coidado.

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: 19/4/16 12:00
  • Revisión do GTO: 19/4/16 13:30
  • Publicación: 19/4/16 15:25

Referencias bibliográficas:

http://novo.lavozdegalicia.es/noticia/novo/que-se-cuece/2016/04/04/angelina-jolie-preocupante-delgadez/00031459791070499784362.htm

http://www.abc.es/ciencia/20150525/abci-nash-mente-maravillosa-muere-201505242127.html

http://elpais.com/elpais/2007/10/30/actualidad/1193730534_850215.html

 

Advertisements

5 comentarios en “Persoas con enfermidade mental no cumio da celebridade

  1. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

    Laura, tal coma ti dis, o cliché que a nosa sociedade estableceu en torno aos enfermos mentais é unha farsa total. Unha farsa perpetuada polos medios de comunicación, os cales, lonxe de informar e culturizar aos ciudadáns sobre as falsedades que circulan sobre as enfermidades mentais, dedícanse a facer prensa rosa sobre o tema. O que non teñen en conta xamais é o dano irreparable que se pode exercer sobre estas persoas, xa que xamais deben sentirse excluidas da vida en sociedade: non hai motivos para eso.

    Opino que realmente fixeches unha selección moi interesante e necesaria para abrir os ollos de mentes ilustres que triunfaron nos seus campos. Adxunto un enlace que espero che resulte interesante sobre algúns pintores que sufrían enfermidades mentais e lograron alcanzar a cima, simplemente, sen engadir un “pese a” ou “debido a”. Simplemente por ser eles:

    http://www.abc.es/20120716/cultura-arte/abci-enfermedad-mental-arte-201207131759.html

    Revision GBO: 20/04/2016 12:43

    Gústame

    1. Laura Casal Tizado – S1A5

      Ola, Lucía
      xusto despois de publicar este post tivemos un círculo onte e, curiosamente, tocouse este tema.
      Carlos, o coordinador da asociación pro saúde mental Itínera, está convencido de que a campaña máis poderosa para concienciar da validez das persoas con enfermidades mentais, pasaría por que saísen todas as persoas famosas (políticxs, futbolistas, actores e actrices…) a dicir “si, teño unha enfermidade mental, e aquí estou, triunfei na vida”.
      Eu creo que é certo. El poñía de comparación como se normalizou o tema da homosexualidade en televisión, cando, sobre todo presentadores (Jesús Vázquez, Jorge Javier Vázquez, Cantizano, Jordi González….) saíron do armario e empezaron a normalizar o colectivo.

      Gústame

  2. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
    Moi interesante o teu artigo Laura. Desgraciadamente mostras a verdadeira realidade sobre o tratamento deste colectivo. As enfermedades mentais son difíciles de entender dende fóra, sen pasar polo sufrimiento daqueles que as padecen. Porén, os medios de comunicación teñen unha función formativa e poderían achegarnos a esta realidade a través dun tratamento verídico da información, dando voz e espazo aos enfermos e concienciando da súa situación. En lugar diso, acentúan a discriminación o cal ten como consecuencia que este colectivo non poida asentarse na sociedade con normalidade, a pesar de ser persoas coma calquera de nós.No caso da anorexia, como exemplificas co caso de Angelina Jolie, os medios teñen unha gran repercusión nela, xa que só buscan o maior grado de sensacionalismo posible, o que crea na sociedade unha imaxe errónea sobre a enfermidade. Mostran a anorexia como o desexo por ter un corpo de modelo como podemos ver nesta noticia:http://www.periodicoabc.mx/articulo/sufre-anorexia-por-tratar-de-ser-como-una-modelo. Cando a realidade e moi distinta, pero a penas podemos ver medios de comunicación que aborden esta enfermidade sen relacionala co mundo da moda ou dando voz aos afectados, explicando que o corpo delgado é a consecuencia física e non a causa como mal informan moitas noticias. Esta desinformación conduce a unha sociedade ignorante que dificulta a integración destas persoas. Polo tanto, o problema empeza e pode rematar nos medios de comunicación, teñen o poder suficiente para cambiar estas inxustizas.

    Hora de revisión GBO: 20/4/16 1:00
    Hora de publicación: 20/4/16 2:00

    Gústame

  3. Iglesias Hervella, Kelly-S2B1

    Bos días Laura,
    dende logo felicítoche polo teu artigo, é un dos máis interesantes que lin.
    Ademais de porque moitos casos dos que mencionas eran para min descoñecidos (como o do célebre actor de House) o tratamento destes e as reflexións que realizas con eles son moi acertadas.
    Coincido tamén coa postura que Cristina mostrou no comentario anterior, e é que, os medios de comunicación teñen un papel imprescindible na sociedade. Considerados como o 4º poder, ás veces, chegan a persuadir e transmitir uns valores á sociedade que son incorrectos. E esta, moitas veces, acaba por crelos. Estoume a referir máis concretamente, ó caso dos transtornos alimenticios (anorexia, bulimia…). E é que, dende a voz de alguén que tivo contacto con eles dende moi preto podo dicir que é increíble como as imaxes de corpos “desexables” e os cánones de beleza que dende revistas e artigos como o que Cris aporta, poden xogar nas mentes dos afectados por este tipo de enfermidades.
    Por último, gustaríame engadir un exemplo máis á túa listaxe de celebridades.
    Non é outro que o da actriz Kirsten Dunst, coñecida por todos polo seu papel en Spider-Man. E é que, ela mesma decidiu contar ós medios o problema ó que se enfrontaba debido ás especulacións dos mesmos, que ligaban ó seu ingreso nun centro de rehabilitación de Utah ás drogas e ó alcohol.
    Como ben afirma neste artigo, nunca se debeu a isto.
    Deixo aquí o enlace, a súa lectura é realmente interesante e reflexa moito o exposto: http://www.emol.com/noticias/magazine/2008/05/28/306112/kirsten-dunst-aclara-que-problemas-de-depresion-la-llevaron-a-internarse.html
    Saúdos

    Revisión da editora: a autora é a editora.

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 14:06

    Gústame

  4. Laura Casal Tizado – S1A5

    Contéstovos ás dúas porque os vosos comentarios van na mesma liña, acho.
    Non me asusta afirmar que os medios de comunicación son os grandes responsables das grandes taxas de trastornos alimenticios que hai na sociedade. Sobre todo a prensa rosa, pásase o día comentando se tal famosa ou tal outra subiron ou baixaron de peso, se teñen celulite ou unha doblez rara nunha nalga. Non me imaxino como será sentirse na pel dunha persoa acosada desa maneira polos medios, e como pode afectar iso á vida persoal.
    Atentas, porque o compañeiro Santiago está preparando un post sobre este tema (non o tema dos trastornos alimenticios en sí, pero si do acoso mediático sobre a imaxe das persoas). Pronto poderedes velo no blogue.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s