Primeiro Círculo Saúde Mental

S1A

Aneiros Aneiros María S1A1

Barcón Lage María S1A2

Cacheiro Requeijo Santiago S1A3

Campos Castelos Patricia S1A4

Casal Tizado Laura S1A5

10557625_486114631522755_7015635190472799378_o
Imaxe extraída do facebook de Itinera

O pasado xoves sete de abril realizamos o noso primeiro círculo no piso que a Asociación Itínera ten na rúa República Arxentina. Nesta reunión contamos coa participación de usuarios e voluntarios da asociación, ademais de coa representación dos medios por parte de Ana Ramos, membro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Polo tanto, no noso círculo participaron seis persoas. Ademais de Ana contamos con: Cristina Ferreiro, Nerea Álvarez, Marcos Regueira, ademais de Antón e Carlos Martínez , coordinador da asociación que nos deu acollida, que se incorporaron un pouco máis tarde.

Tras explicarlles unha vez máis a dinámica do que íamos realizar e escoller a que ía ser a moderadora do círculo, que foi Ana Ramos por iniciativa propia e pola súa experiencia como profesional dos medios de comunicación, pasaron a analizar a primeira das noticias seleccionadas e elixidas por eles.

 

Decidiron dar comezo á conversa co seguinte titular: “La fiscalía pide 25 años de internamiento en un psiquiátrico para la mujer acusada de matar a su bebé en Santiago”. Nesta noticia fálase do caso dunha muller chilena que ten unha enfermidade mental, que o propio xornalista se encarga de explicar en que consiste, e que será xulgada polo asasinato do seu bebé. Mentres que na noticia se trata a esta muller como “presunta asasina”, en ningún momento se pon en dúbida a súa enfermidade, pese a que isto non o dí ningún médico, pois non existía ningún diagnóstico oficial, senón que son comentarios dos seus familiares.

 

A conversa  entre os membros do noso círculo acabou converténdose nunha discusión entre Marcos e o resto do grupo, especialmente con Ana. Marcos, para a sorpresa de todos nós, tiña unha visión moi diferente á do resto, crendo que é necesario que nos medios apareza especificado o diagnóstico se cabe a posibilidade de que un acto violento como este fora producido por un brote da enfermidade. Porén, todos os demais amosaron os seus puntos de vista que indicaban precisamente o contrario, e que a aparición das palabras “esquizofrenia paranoide” asociadas ao delito colaboraban a criminalizar a todo o colectivo e a creación de morbo por parte dos medios. Marcos considera que igual que se asocian actos violentos a diferentes sectas porque son producidos por inducción delas, se unha enfermidade é a causa dun acto débese ter en conta á hora de contalo. Nerea dálle a razón ao crer que é necesario informar, pero que non se debe facer de forma morbosa. Ana, cunha actitude bastante altiva rebatiu as ideas expostas por Marcos, en prol de defender as súas, aínda que despois se disculpa e lle da a man. “Parece que soy el más politicamente incorrecto”, di Marcos. “Ou o máis políticamente correcto”, asegura Ana, “porque esta é a opinión maioritaria, a túa”, entre risas.

 

Tras este xesto pacificador pasaron á segunda noticia pese a que Marcos parecía non estar moi dacordo con deixar o tema zanxado, aínda que se rinde, di que “acepta o punto” e escoita o que os seus compañeiros teñen que dicir respecto ao seguinte titular: “Aplazan el juicio a un perturbado por acuchillar a tres policías”. Neste caso xa o titular deixa bastante claro o tema da noticia, na que se refire en varias ocasións a un enfermo mental, doenza que non se explicita, co adxectivo de “perturbado”.. Trátase, como podedes observar no hipervínculo, dunha noticia moi breve, pero que aínda así consegue empregar unha linguaxe altamente despectivo, tratando, xulgando e caracterizando a unha persoa que padece unha enfermidade mental de perturbado.

 

Nerea é a primeira en tomar a palabra nesta ocasión. Comeza dicindo que esta nova é un claro exemplo do problema da criminalización das enfermidades mentais nos medios. Nerea di que, segundo datos, o 49% de noticias que aparecen nos medios sobre saúde mental, aparecen directamente relacionadas con violencia. Ademais fai referencia á palabra “perturbado” que aparece no titular, pois a considera excesivamente forte e despectiva, buscando que a xente lea a noticia a través do sensacionalismo. Marcos volve a tomar a palabra e segue a súa argumentación anterior e pese a que acaba por asumir que a palabra “perturbado” non é a máis apropiada, considera que efectivamente se eso é o que pasou os medios deben dicilo. Cristina comenta que o problema atópase que, así como con enfermidades físicas non se empregan vocablos despectivos, no caso das enfermidades mentais é algo recurrente que colabora á extensión dunha imaxe negativa a través dunha linguaxe igualmente negativa.

 

Marcos extrapola o feito e apunta que calquera que apuñale a un policía ou algo semellante pode ser calificado de perturbado, padeza ou non unha enfermidade, pois segundo as súas propias palabras “non pode estar ben da cabeza”. Antón, recién chegado, realiza a súa primeira intervención para deixar constancia do seu desacordo co emprego dunha linguaxe tan despectiva, non só no corpo da noticia, senón xa dende o titular, e para sinalar que isto só serve para crear prexuízos na sociedade.

 

Marcos apunta unha nova idea para reforzar a súa visión, dicindo que “el periodista puede escribir lo que quiera. Otra cosa es que nosotros hayamos construido una sociedad en la que los medios de comunicación puedan escribir estas cosas” . Ana mostra o seu completo desacordo con isto, xa que como profesional recalca que a labor dos xornalistas é informar da forma máis obxectiva posible sen caer en prexuízos e ideas propias. Ambos volven a enzarzarse nunha pequena discusión que parece non ir chegar a ningún punto intermedio pois mentres que Ana aférrase ao código deontolóxico dos xornalistas, Marcos apunta que: “ Os periódicos venden por extorsións, mortes, roubos, asasinatos etc. e seguramente ocorren miles de cousas máis importantes pero que iso é o que vende máis” dando a entender que non é un problema do tratamento das enfermidades mentais, senón da actitude comercial e sensacionalista que teñen os medios hoxe en día.

 

Carlos entra neste momento para unirse ao círculo e aportar unha visión dende a experiencia como psicólogo  que traballa man a man cos usuarios da asociación e que está en permanente contacto cos medios. Acapara un pouco o protagonismo e capta a atención de todos os alí presentes, xa que Ana aproveita a ocasión para realizarlle un par de preguntas, que el atentamente responde. Demandou no seu discurso a falta de educación exercida polos medios no campo da saúde mental, ademais de facer referencia ao inútiles que son para el as campaña publicitarias pois “ meses despois ninguén as recorda”, polo que non cumplen a súa función de crear un impacto na sociedade.

 

Comenta tamén a súa relación cos medios dende a asociación Itínera, atendendo así a outra das demandas de Ana. Explica que esta relación non é moi fluída, xa que eles non fan máis que denunciar algúns casos que lles tocan directamente. Cre nun tratamento natural das enfermidades mentais por parte dos medios que levará a un tratamento natural por parte da sociedade. Estas enfermidades só se poden coñecer dende dentro e é aquí onde Carlos atopa o maior problema, en que non existe un achegamento da sociedade aos enfermos mentais e ao seu día a día.

 

Volveuse a abrir otro punto de debate cando Carlos abordou o tema das imaxes que aparecen nos medios e que colaboran a crear estigma, amosándonos a todos o cartel do “V Curso de Formación de Voluntariado en Saúde Mental”. A opinión xeral foi a de que, en efecto, cada vez que saen en prensa imaxes apoiando noticias relacionadas con enfermos mentais, estas só busca un gran impacto nos lectores, mais que un reflexo fiel do que son realmente estas persoas e das actividades que realizan. Camisas de forza, imaxes en branco e negro dunha persoa encolleita no fondo dun corredoiro escuro… nada que ver coa realidade, pois como explicou Nerea, non podemos negar que existan as camisas de forza e que son necesarias para certos enfermos, pero a meirande parte deles non supoñen ningún perigo e que levan unha vida normal.

asociacionitinera
Cartel promocional do V Curso de Formación de Voluntariado en Súde Mental

Podemos concluír comentando que a diversidade de opinións está moi presente tamén neste tema, incluso cando falamos con xente que está dentro destes ámbitos. Así nos abraiou a todos que mentres que voluntarios e periodistas denuncian abertamente todos os problemas que teñen o tratamento actual das enfermidades mentais nos medios, o usuario da asociación con que contamos, tiña unha opinión moito máis gris e comprende a actuación dos medios que os demais consideran inaceptable.

 

Foi un auténtico pracer desfrutar dos comentarios de todos e cada un dos integrantes do círculo, pese a que o tempo quedousenos un pouco xusto e tras unha hora de conversa só puidemos comentar un par das novas aportadas polos integrantes do círculo. A conversa foi moi fluída e pese a certos momentos de tensión producidos polas diferentes opinións, o ambiente foi en xeral tranquilo e amigable. Dende o noso observatorio agardamos que a nosa próxima reunión sexa cando menos igual de interesante que esta.

 

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: 19/4/16 10:00
  • Revisión do GTO: 19:4/16 12:00
  • Publicación: 19/4/16 15:05

 

Referencias bibliográficas:

LA VOZ DE GALICIA. <<http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/07/juicio-bebe-hallado-muerto-hotel-santiago-celebrara-junio/00031457352727321411179.htm>&gt;. (3/7/2016)

LA VOZ DE GALICIA. <<http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2016/02/03/aplazan-juicio-perturbado-acuchillar-tres-policias/0003_201602201602031454492713376.htm>&gt; (3/2/2016)

Advertisements

Un comentario en “Primeiro Círculo Saúde Mental

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s