Psicoloxía social: prexuízos e discriminación

Cabado Vázquez, Aarón- S1E2

articulo aaron

Foto de EcuRed

En anteriores artigos tratamos diversas situacións e profundizamos nos estereotipos que provocan a existencia da criminalización xuvenil, tanto por parte dos medios de comunicación como da sociedade como conxunto homoxéneo. Sen embargo, neste pretendemos ir máis alá e entrar no plano psicolóxico, é dicir, buscar respostas sólidas que amosen por que a mente humana crea estereotipos e por que estes se converten (ou non) en comportamentos discriminatorios.

O incesante cambio social implica que as situacións tamén se vexan modificadas. Agora nos atopamos no que denomina acertadamente Pablo Pascal como “era do políticamente correcto”. Eso provocou que certas actitudes aversivas moi prolíficas se vesen menguadas, pero a diminución dos comportamentos discriminatorios non implica a eliminación do estereotipo. Así, por exemplo, á hora de falar do racismo, Pascal afirma que “o racismo de hoxe é encuberto, latente, cambiou e adaptouse ao control social, ocúltase baixo novas formas de expresión lingüística, crenzas e actitudes”. Esta afirmación é extrapolábel a outros moitos tipos de discriminación: de xéneros, sexual, cultural, etc. E os medios de comunicación, ás veces, realizan un tratamento informativo que contén elementos pertencentes a este novo racismo

Un debate interesante radica no seguinte: a forma de eliminar os comportamentos racistas consiste en educar para evitar estas actitudes, ou sería más axeitado ir á raíz do problema, isto é, ao prexuízo? Se somos capaces de eliminar os prexuízos, poderemos evitar os comportamentos derivados deles, aínda que existen sociólogos, como é o caso de Robert Wunthnow, que opinan que os prexuízos non son problemáticos sempre e campo non desemboquen en discriminación. E quizás teña razón dende unha perspectiva sociolóxica, pero é innegable que se eliminamos o xerme dun problema, o problema acabará por desaparecer.

Isto lévanos a outro tema. Por que temos prexuízos? Explica Tajfel que os seres humanos temos dous procesos cognitivos: asimilación e diferenciación. A asimilación é a nosa capacidade de minimizar as diferenzas entre persoas ou grupos, é dicir, de buscar aspectos en común. A diferenciación é o oposto, a capacidade para esaxerar os elementos diferenciais. Cando este proceso ten máis peso ca o de asimilación, adoita a crearse unha percepción de separación: nós e eles. O endogrupo e o exogrupo, en termos de psicoloxía social.

Pero por que se crean prexuízos contra as minorías? Segundo Hamilton e Gifford , porque os sucesos menos habituais teñen unha maior capacidade de retención na memoria. Así, en España, un país onde a raza branca é predominante, as condutas negativas realizadas por negros, xitanos ou musulmáns serán recordadas con máis facilidade. O erro, a causa do prexuízo, nace cando se leva a cabo unha absurda pero frecuente correlación, e se vincula o crime con estes colectivos. Por tanto, parece evidente que os estereotipos si son un problema en si mesmos, polo simple feito de que son a base da discriminación: son dous elementos diferentes pero indisociables, non se pode acabar de xeito absoluto coa existencia do segundo sen eliminar o primeiro.

A autoestima tamén xoga un papel esencial no plano psicolóxico. Segundo Tajfel e Turner, as persoas temos a tendencia a vernos a nós mesmos de forma positiva. Por outro lado, as identidades vense reforzadas polo feito de pertencer a un grupo ou colectivo determinado, polo que podemos sacar en claro que lle atribuímos valores e características positivas aos grupos dos cales formamos parte. Ademáis, a autoestima aumenta, non só cando adxectivamos positivamente ao noso colectivo (e por ende, a nós), senón tamén cando o comparamos con outro exogrupo (ao cal, por lóxica humana, tendemos a calificar como peor). É dicir, sentímonos mellor cando somos superiores, ou máis ben, sentímonos mellor cando nos sentimos superiores. Non necesitamos feitos, só a percepción, sexa ou non veraz.

Obviamente, isto desemboca en que en ocasións menoscabamos as calidades positivas doutras persoas ou grupos, o que deriva en discriminación. De que forma podemos solucionar dita problemática? Volvendo á raíz. Os conceptos de asimilación e diferenciación dos que falamos antes son o que determina o prexuízo, que é o que determina a discriminación. A pesar de que ambos son procesos psicolóxicos, iso non significa que non poidamos modificar o seu resultado. Que a asimilación sexa maior ca diferenciación está nas nosas mans: a perspectiva non é xenética, os nosos coñecementos, a nosa tolerancia, o noso entorno, as nosas experiencias… todo ten unha incidencia no noso xeito de ver aos demais. Se somos capaces de mudar iso, seremos capaces de evitar a discriminación.

Referencias:

-Redacción ECG. (2016). Dictan prisión provisional para el rey de los gitanos. abril 17, 2016, de El Correo Gallego Sitio web: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/dictan-prision-provisional-rey-gitanos/idEdicion-2016-04-16/idNoticia-991694/

-Pablo Pascale. (2010, mayo). Nuevas formas de racismo. Ciencia y psicología, 4, pp.1-5.

-Beatriz Montes Berges. (2008). Discriminación, prejuicio, estereotipos: conceptos fundamentales, historia de su estudio y el sexismo como nuevo forma de prejuicio. Iniciación a la investigación, 3, pp.2-3.

-Francisco Javier Rubio Arribas. (2005, enero). El prejuicio y el lenguaje como factores de discriminación en la discapacidad. Nómadas, 11, pp.1-4.

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor: 19/04/2016-15:00

Revisión do GBO: 19/04/2016-16:00

Hora de rexeitamento: 19/04/2016-16:10

Hora de envío da versión final:19/04/2016-18:00

Publicación:19/04/2016-19:50

 

Advertisements

2 comentarios en “Psicoloxía social: prexuízos e discriminación

  1. Ola, Aarón

    A medida que ía lendo o teu artigo, pensaba na problemática do bullying como escenario para todo o que comentas. E é que o bullying non é máis que o acoso ao que é diferente (do cal tamén falas): o que é negro, o que é xitano, o que é homosexual, o que é gordo… en detrimento desa outra maioría máis homoxénea.

    En todo caso, para frear estas condutas de superioridade, estanse lanzando campañas de discriminación positiva, isto é, accions sociais dirixidas a mellorar a calidade de vida de grupos desfavorecidos, que, a diferencia da discriminación negativa (a discriminación tal e como a coñecemos), buscan que as minorías que históricamente sufriran esta discriminación a causa de inxustizas sociais, reciban un trato de preferencia no acceso e distribución de recursos ou servizos. O que se quere facer con isto é mellorar a calidade de vida destes grupos como forma de compensación polos prexuizos ou a discriminación da que “foron” vítimas, e así equiparar a súa situación de desvantaxe social. Neste enlace (http://revistadiscover.com/profiles/blogs/11-claros-ejemplos-de-discriminacion-positiva?context=category-G%C3%A9nero) podes atopar algúns exemplos de políticas de discriminación positiva.

    Poderemos, mediante estas pequenas accións, eliminar os prexuízos das minorías?

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 12:21

    Gústame

    1. Graciñas pola achega Ana! Como ben dis, o bullying é unha das formas de discriminación imperantes na sociedade, baséase fundamentalmente no que se comenta no artigo, no feito de discriminar a unha persoa, non só por ser diferente, senón por ser considerada inferior. Ao fin e ao cabo, a discriminación vai contra aqueles que son percibidos como débiles ou vulnerables, movida pola covardía.

      As actividades de discriminación positiva son moi interesantes, pero coido que a sociedade no seu conxunto necesita aprender a comprender que é algo necesario, pois é moi habitual escoitar ou ler a xente que di, facendo gala de certa demagoxia, aquilo de “quéixanse de que os discriminan e pretenden facer eles o mesmo”. Semella lóxico que haxa certos colectivos que, dado o tratamento desfavorable que recibiron ao longo de anos, agora sexan destinatarios de axuda co obxectivo, como ti dis, de equilibrar a situación, pero a aceptación da discriminación positiva (aínda que coido que o termo non debería conter o termo discriminación) é todavía outra das tarefas pendientes da sociedade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s