A publicidade dirixida á terceira idade

 

mayores
Fonte: bibliotecaspublicas.es

Fernández Ruiz, Nagore- S2C3

Durante o desenvolvemento do traballo sobre a terceira idade, falamos da marxinación exercida polos medios de comunicación mediante o tratamento da información, a falta de antecedentes e a utilización de fontes. Pero esta non é a única maneira de invisibilizar aos anciáns, xa que a publicidade nos medios e os produtos que se anuncian para este colectivo tamén poden ser discriminatorios.

A estereotipación da terceira idade lévanos a ter unha visión negativa da vellez, de lastre. Isto fai que os servizos que se lles oferten non conten coa difusión necesaria, ao igual que os produtos, xa que a maioría das campañas se dirixen aos máis novos. Así, podemos observar en absolutamente calquera medio ou canle, xa sexa un xornal, unha radio ou a televisión, que os únicos produtos dirixidos aos maiores son aqueles nos que se pretende amosar algo que precisen directamente, é dicir, que só eles merquen, como por exemplo os adhesivos para as dentaduras postizas ou compresas para perdas urinarias. A idea de felicidade e ben estar está relacionada directamente coa idea de beleza, mocidade e vitalidade. Os produtos anunciados están dirixidos polo tanto para persoas que cumpran este tipo de características deixando unha gran parte da sociedade sen representación.

Entre os motivos que nos levan a eliminar a vellez da publicidade, podemos observar canto menos tres que recoñecemos facilmente: por unha banda, o feito de que os publicistas son persoas novas na súa gran maioría, polo que o público ao que se dirixe está no mesmo intervalo de idade; por outra banda, a idea de beleza e xuventude predominante na sociedade, da que xa falamos anteriormente; por último, o feito de que no mundo do marketing sigue imperando a idea de que hai que chegar ao público máis novo, xa que é o máis consumista. Aínda así, a realidade parece ser distinta, xa que España é un dos países máis envellecidos do mundo, igual que o continente europeo, polo que os maiores son cada vez un público máis amplo e de vital importancia para a nosa economía, xa que en moitos casos son o principal sustento familiar.

En resumidas contas, a marxinación á vellez non só se atopa na información, tamén está na oferta. Aínda así, os actuais consumidores seremos maiores nun futuro, polo que a publicidade e a idealización do cliente perfecto debe mudar.

 

 

Hora de revisión do editor: 19/04/2016 22:00h

Hora de revisión de coordinador: 19/04/2016 22:15h

Hora de publicación: 20/04/2016 15:45h

 

 

Advertisements

12 comentarios en “A publicidade dirixida á terceira idade

  1. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    Estou totalmente de acordo co exposto no artigo, o certo é que ata agora non me fixara neste tipo de detalles nos anuncios, nin lle daba importancia a este feito, ata que realmente con isto me paro a relexiona sobre os anuncios que vexo e escoito a diario. Neses anuncios é certo que se quere dar unha imaxe idílica de beleza e mocidade, deixando a terceira idade en anuncios sobre necesidades básicas da xente maior.
    https://www.youtube.com/watch?v=UZcrzeL-lvI No caso deste anuncio, publicítase un teléfono para un avó, o caso é que sae un teléfono táctil, pero pequeno e non con unha gran tecnoloxía como os que utlizamos os adolescentes. Un móvil simple xa que nos parece imposible que unha persoa maior saiba controlar algo de tecnoloxía ou whatsappear.
    Pero non todos os anuncios son así, xa que tamén os hai nos que aparecen estas persoas cos seus fillos ou netos, para dar un ton familiar ou para sensibilizarnos. Aínda que con eles tamén se ve o seu papel de coidar aos netos porque os pais traballan.

    No segundo anuncio un avó de 102 anos é o protagonista publicitando coca cola, o certo é que é un anuncio que intenta pornos sentimentais e chegar a noso lado sensible. Nel aparece o avó reflexionando sobre a vida.
    En conclusión aínda que estou de acordo en que na maioría dos anuncios teñen un papel negativo, hai en outros nos que non. Tamén podemos apreciar algún que outro que mostre o papel dun avó, no que se lles ve activos e felices.

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 15:01
    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 15:30
    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 15:50

    Gústame

    1. Gracias pola achega Aixa. É certo que sempre hai exemplos que non manipulan á figura do anciáns, pero a gran maioría da publicidade segue estando dirixida ao mesmo público, comprendido entre 15 e 45 anos.

      Gústame

  2. María Aneiros Aneiros S1A1

    Boas Nagore,
    A publicidade é un tema que personalmente interésame moito pero creo que non acabo de comprender o problema que amosas na túa publicación. Non considero que exista unha ausencia de terceira idade no mundo publicitario, simplemente a publicidade dependendo do produto oriéntase cara un ou outro público. Ao igual que en xeral cando se anuncian coitelas de afeitar o fan cun homo, pese a que as mulleres tamén podamos usalas aínda que non sexan esas de cor rosa que se orientan parece que exclusivamente para nos, aínda que ese é outro debate ben distinto.
    Por suposto que na maioria dos casos na publicidade que aparecen persoas da terceira idade son en produtos exclusivamente para eles, pero iso se debe a que son exclusivos para eles. Nun anuncio de xoguetes aparecen nenos polo mesmo motivo, porén cando un produto é mais xenerico e moi común que apareza unha estampa de toda a familia ao redor dunha mesa (avós incluídos), ou mesmo no anuncio do sorteo de “El niño” os protagonistas eran dou anciáns. Sinceiramente non consigo ver a discriminación nin a mala imaxe que segundo ti a publicidade axuda a crear da terceira idade.
    Un saúdo

    Revisión do GTB: 20/4/16 20:00

    Gústame

    1. Non se trata de que productos se anuncien ou para quen, trátase do lugar que ocupan os anciáns nos anuncios, nas imaxes publicitarias. Estou segura de que se acendemos o televisor e vemos anuncios durante unha hora, tan só veremos un par de spots nos que os productos ofertados busquen tamén a un público ancián. Cando se anuncia un producto, un coche, mobles ou teléfonos móviles, estes están dirixidos cara ás familias, os traballadores ou os estudantes. Nin sequera teñen oco os anciáns. Cantos anuncios coñeces, que non sexan de productos necesarios para a terceira idade, nos que aparezca xente maior?
      Eu só os recordo anunciando seguros de vida, comprando leite con moito calcio ou pegando os dentes. Non recordo a xente maior disfrutando do tempo libre, conducindo o novo Audi ou utilizando un novo perfume, a caso eles non consumen ocio?

      Gústame

  3. RODRÍGUEZ FILGUEIRAS, EILA – S3B3

    Boas Nagore!
    Paréceme moi boa idea o teu artigo. Estou de acordo contigo e opino que a industria do marketing é unha industria cruel e interesada, que co mero feito da publicidade marxina a un colectivo tan grande. Nun principio pode parecer nimio, pero ten moita máis importancia da que semella. A publicidade reflexa as necesidades dunha sociedade, e se un sector tan grande como as persoas maiores se ve borrado por completo desta zona, tamén se ve borrado da sociedade. Hai un artigo de Vicente López, de fai xa algúns anos, que subscribe perfectamente todos o que expós: http://www.marketingdirecto.com/punto-de-vista/la-columna/la-publicidad-y-la-tercera-edad-un-segmento-olvidado-vicente-lopez/ .
    Unha vez en Punto Pelota puxeron un anuncio de Nike que trataba sobre a terceira idade, animando a estas persoas a facer deporte coa modificación do coñecido lema de Nike (Just do it) cambiándoo a Still Doing It. O anuncio é bastante bo ao meu parecer, incluso bonito, pero no programa tratárono coma se fose un sketch humorístico.

    Xorde aquí o problema da ridiculización das persoas maiores, o cal se debe cortar de raíz e comezar a normalizar comercializando anuncios e publicidade como o exemplo anterior.

    Revisión do editor: 21:00
    Revisión do coordinador: 21:15
    Hora de publicación: 22:31

    Gústame

    1. Grazas pola observación Eila.
      Os perfumes, a roupa, os alimentos… todos os anuncios nos que se vendes estes produtos teñen un obxectivo claro: chegar á xuventude. O artigo que incluíches tamén me parece moi interesante, de feito, foi un dos documentos dos que partín para chegar a esta conclusión.
      A terceira idade, ademais de non participar activamente na información, tamén está excluída do mundo do marketing. Estamos polo tanto ante un problema que abarca a moitos ámbitos, e no que o protagonista está sendo desprazado, menosprezado e obviado.
      Por último, gistaríame que lle botaras unha ollada a este artigo, no que ademais de falar da concepción negativa da terceira idade, se pretenden desenvolver novos procedementos. https://books.google.es/books?id=eGaJoj5fzhQC&pg=PA152&lpg=PA152&dq=anuncios+con+tercera+edad&source=bl&ots=M7UAIlZTty&sig=JNddM-VrAoFWT0cGcNtILSab2xc&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwidtMyZ-K7MAhXFGB4KHYa6BIMQ6AEIWzAN#v=onepage&q=anuncios%20con%20tercera%20edad&f=false
      Saúdos.

      Gústame

  4. Marta Eireos Currás – S1C4

    Moi interesante o teu artigo, Nagore. A publicidade ten actualmente un gran peso nás nosas vidas, aínda que non nos demos conta. Así é que, se marxinamos ou invisibilizamos ao colectivo de ancianos na publicidade, indirectamente estaremos a marxinalos e invisibilizalos na sociedade.

    Cando acabei de ler o teu artigo, intentei imaxinarme a unha persoa maior sendo protagonista dun anuncio. E non o conseguín. Os únicos anuncios que me viñan á mente eran os de pañais para ancianos, dentaduras postizas ou andadores. ¿Por qué unha persoa maior non pode protagonizar, por exemplo, un anuncio de perfumes? ¿Ou un de roupa? ¿Ou un dunha televisión? ¿Acaso as persoas maiores non botan colonia, vístense ou ven a televisión? O cruel e distorsionado mundo da publicidade nos presente aos ancianos como persoas tristes, amargadas, cansadas da vida, e o único que lles interesa é xogar ao bingo e mercar dentaduras postizas. E isto non debería ser así.

    Aínda que, como ben señalaron as miñas compañeiras, sí que hai anuncios que mostran ao avó como unha persoa alegre, sempre de bo humor e disposto a xogar cós netos. Pero, na miña percepción, aínda así se segue a marxinar á persoa maior, coma sinalando que para o único que está capacitado (se o está) é para coidar dos netos.

    Gustaríame deixarche un enlace a un vídeo que contén un anuncio protagonizado por un ancián. Posiblemente, xa o veras, xa que este Nadal foi bastante soado. Nesta publicidade, un anciano invita a todos os seus fillos e netos a xantar en Noiteboa. Pero todos están moi ocupados. Entón, o anciano finxe a súa morte. Cando todos os fillos e netos acuden correndo á súa casa, fortemente arrepentidos, descubren que está vivo e que preparou a cena de Nadal. En este anuncio a persoa maior volve a ser representada coma unha persoa solitaria e triste.

    ¡Un sáudo e noraboa polo teu artigo!

    Revision GBO: 22/04/2016 23:16

    Gústame

    1. Boas tardes Marta.
      A verdade é que non coñecía ese spot, polo que agradezo a aportación. Efectivamente, parece ser que os maiores non utilizan roupa nin ven a televisión, como ben defendes no texto. O máis curioso, é que hai máis anuncios dirixidos a nenos, sen ningún tipo de poder adquisitivo, que aos anciáns (se xa non nos metemos nos aspectos éticos e morais que calquera publicista debe ter).
      Como ben defenderon outros compañeiros noutros comentarios deste artigo e os enlaces aos que este nos leva, o marketing ten un obxectivo definido, un target determinado polos cánones e pola idealización. Polo tanto, hai que buscar anuncios como o que aportaches no que ademais de dar outro punto de vista, no meu caso, funciona como a excepción que confirma a regra.
      Graciñas unha vez máis, unha aperta.

      Gústame

  5. Costoya, David (S1C1)

    Querida Nagore, ante todo dicir que é un moi bo resumo do que acontece na publicidade dirixida aos nosos maiores.
    Nada máis que engadir, estou dacordo con todo o que comentas no teu artigo. Os valores do mundo occidental onde predominan a perfección, a beleza e a xuventude exclúen a moitos membros da sociedade, non só a os grupos de maior idade. Incluso creo recordar que en moitos anuncios de cremas antienrrugas para as mulleres soen sair anunciando o producto mulleres moi coidadas e seguro que con algunha cirurxía estética feita.

    E xa que sacas á palestra os comerciais de accesorios para a dentadura das persoas maiores, como contrapunto gustaríame compartir contigo outra forma non excluínte e amena de anunciar este tipo de accesorios para as persoas maiores: o anuncio de Corega “Vive a Tope, Vive con Corega”

    Un saúdo, querida Nagore.

    Revision GBO: 22/04/2016 22:48

    Gústame

    1. Ola querido Deiviz!
      Moitas grazas polo comentario e polo anuncio, ás veces temos que rebuscar para atopar algún que non menosprecie aos anciáns. Obviamente non podemos xeneralizar, pero é unha realidade que ás veces pasa desapercibida. A sociedade capitalista na que vivimos busca o perfeccionamento da oferta, polo que en moitas ocasións se idealizan os produtos. Engado un enlace dun artigo moi interesante que fala precisamente desto. Un saúdo e grazas de novo. http://ibescosocial.com/wordpress/publicidad-y-tercera-edad/

      Liked by 1 person

  6. Bos días Nagore!

    A verdade é que antes de ler o teu artigo non me parara a pensar na situación da publicidade dedicada á terceira idade, ou que utiliza a persoas maiores. Sen dúbida estou de acordo co que dis, e creo que os motivos polos que se utiliza antes a xente moza para facer os anuncios está claro: preferimos ver alegría e vitalidade nun anuncio que a unha persoa da terceira idade, por iso os publicistas utilizan estas tácticas.

    Normalmente se vemos na televisión a anciáns é un anuncio dedicado exclusivamente a ese sector, como poden ser os anuncios de “Gaes”, ou para amosar unha imaxe triste de soidade que nos faga por sentimentais como no caso do anuncio de Coca-Cola que compartiu unha das miñas compañeiras. A gran maioría amosan esa imaxe sobre as persoas maiores: soidade, a necesidade de axuda, ou noutros casos a figura de avó.

    Por outra banda coincido contigo en que isto debería de cambiar, e especialmente por un dos motivos polos que falas, España e a maioría de Europa, ten unha media de idade de poboación moi alta, cada vez a esperanza de vida é mai longa e polo tanto hai unha gran cantidade de xente maior, polo que dende o meu punto de vista é hora de que a publicidade tamén estea dedicada a este grupo, e non só a de produtos para a terceira idade, senón todos en xeral, ¿ou es que os anciáns non poden utilizar tablets ou móbiles, por exemplo?

    Este anuncio é de Telefónica, na que diferentes mozos ensinan aos seus avós como utilizar as novas tecnoloxías. Eles tamén teñen o dereito.

    Aínda que a gran maioría dos anuncios amosan a imaxe da terceira idade que xa dixen antes, tamén hai algún anuncio no que se ve vitalidade nos propios anciáns, nos que son independentes e felices, estean solos ou non. Algúns exemplos disto son estes dous, un de Nestea e o outro de Ikea.

    De tódolos xeitos aínda queda moito por cambiar no mundo da publicidade, e estou segura que nun futuro haberá un cambio polos motivos dos que falábamos.

    Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 19:48

    Gústame

  7. Taboada González, Ángela. S3C3

    Ola Nagore, paréceme moi importante á vez que interesante o problema que nos expós. A maioría de nós non somos conscientes da enorme influencia da publicidade nas nosas mentes. O ideal de beleza feminino, o prototipo de home ideal, en que ocasións beber cervexa, con que franxa de idade identifícase cada marca de roupa, etc. Con todo, estas divisións teñen unha explicación: o target. O ano pasado cursei a materia de Publicidade e Relacións Públicas, todos tiñamos que facer un proxecto para publicitar X produto. No caso do meu grupo eliximos unha vila bastante turística na tempada de verán: Baiona. Ao principio tentamos vender Baiona como o destino perfecto tanto para familias como para mozas. O noso profesor advertiunos que isto era incompatible, “aquilo que compre un adulto será rexeitado por un adolescente”. Así pois, decidimos orientar o noso proxecto cara a un target novo dando énfase á vida nocturna da vila.

    Desta forma entendín, que non todas as mulleres que usan roupa interior de Vitoria Secret son modelos, nin todos os homes que usan maquinillas Gillete son futbolista, pero si, que o 90% das que usan ferros para o pelo son mulleres de non máis de 40 anos, ou que case ninguén con menos de 60 utiliza dentadura postiza. Así pois, é lóxico, que as marcas decidan orientar o seu produto cara ao público que cren ou queren que o consuma. Isto non quita, en ningún dos casos, que os poidan consumir igual. Por esta regra de tres quen non tivese unhas medidas 90 60 90 non podería poñerse un bikini ou ninguén con barriga utilizaría calzóns de Calvin Klein.

    Sería moi positivo que os anuncios reforzasen a visión positiva do anciáns, a vitalidade e sabedoría que en moitos casos caracterízalles. Con todo, non podemos esquecer que a publicidade é un negocio e busca beneficios empresariais, non sociais. Son os medios os que deben xogar este papel. Eliminando as noticias que os mostran como unha carga (http://www.20minutos.es/noticia/2239728/0/facenda/xubilados/patrimonio/) ou un perigo (http://politica.elpais.com/politica/2016/03/17/actualidade/1458215342_660908.html).

    Hoxe en día a terceira idade supón un 17% da poboación. En moitas ocasións son os que manteñen aos seus fillos, coidan dos seus netos e encárganse da casa. Tambien existen anciáns que viaxan, son deportistas, artistas, atletas ou bailaríns. Existen persoas maiores modernas, liberais e comprensivas, que viven no campo, na cidade ou nun chalé a pé de praia. Esta diversidade debería ser retransmitida polos medios de comunicación, sobre todo nun país envellecido como é España.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s