A realidade das enfermidades mentais nos medios

María Aneiros Aneiros – S1A1

00-PORTADA-Estigma-Social.-Dits-Assenyalant-AMPLIADA-656x299
Imaxe extraída da Fundación SASM

Hai un estudo moi interesante chamado Reinforcing Stigmatization: Coverage of Mental Illness in Spanish Newspaper  que fai precisamente unha análise do tratamento dos enfermos mentais nos medios, que chegaba as seguintes conclusións: Un 49% das noticias nas que aparecen reflectidas as enfermidades mentais son relacionándoas con actos violentos, pero só un 17% das noticias falan de normalización e recuperación das enfermos mentais.

Tamén os resultados dunha investigación elaborada pola Universidade Complutense de Madrid  sobre Estigma e Enfermidade Mental, tras analizar una mostra de 254 noticias de diferentes medios que facían referencia ao trastorno mental crónico conclúen que un terzo delas facían referencia a actos violentos ou delictivos, alimentando así os estereotipos vinculados á peligrosidade e a impredictibilidade.

Tras a realización xunto co meu grupo dos círculos de aprendizaxe decateime de dous problemas principais do tratamento da saúde mental nos medios de comunicación. En primeiro lugar, dinme de conta do problema que existe no ángulo no que se debate sempre sobre as enfermidades mentais nos medios, o cal se reflicte nos temas dos que se fala na rúa. Quero dicir que, como nos explicou Carlos, o psicólogo da Asociación Itínera, coa que traballamos, cando se fala sobre saúde mental sempre se fala da violencia que estes enfermos poden exercer ou non sobre os demais, pero non sobre a violencia exercida pola sociedade contra eles, sobre as terapias de ética dubidosa que se levan a cabo nos manicomios etc. É preciso introducir novas variables nos medios para poder abrir a visión da sociedade para que esta poida comezar a avanzar cara unha normalización.

En segundo lugar decatámonos de algo, que o estudo antes mencionado tamén contempla, que é sobre os diagnósticos que se empregan nos medios dunha forma metafórica pexorativa, é dicir, o emprego de adxectivos como “esquizofrénico” “bipolar” ou “psicótico” para describir a persoas que han realizado un acto violento. En primeiro lugar non sabemos se esa persoa ten ou non esa enfermidade ou simplemente realizou ese acto, e en segundo lugar, ter un diagnóstico de esquizofrenia ou de bipolaridade non significa necesariamente que cando se realiza un acto violento fora por mor da enfermidade. Todo isto debe determinalo un médico e non un xornalista, pois ao igual que ata qué se sentencia un xuízo por asasinato a persoa xulgada non é máis que un presunto asasino, unha persoa cunha enfermidade mental tamén debe ser tratada como un “presunto” ata que un especialista o determine e non pode ser a sociedade a que realice xuízos previos.

Para rematar quero facer referencia á  un titular que amósanos a visión dos propios enfermos, pois afirma que un 84% dos enfermos se senten rexeitados pola sociedade por mor da incomprensibilidade da xente cara as enfermidades mentais.  Esta é unha noticia distinta, e é precisamente cara este tipo de informacións e tratamentos cara os que queremos avanzar. Acércanos un pouco mais cara a realidade diaria da xente, tanto que ten estas enfermidades, como que teñen algún familiar, amigo ou simplemente alguén próximo que a teña. Quero destacar a idea de que calquera de nos somos susceptibles a desenvolver nun futuro algún problema de saúde mental e que as posibilidades de que a ruleta pare en nos, son máis altas do que cremos, e precisamente por iso, porque non é tan estraño e porque ter unha enfermidade mental non nos fai ser menos humanos, senón ao contrario, debemos desterrar todos os tabús, prexuízos e estigmas e ser conscientes da realidade da saúde mental.

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 20/04/2016 10:00
  • Hora de revisión do GTB: 20/04/2016 16:00
  • Hora de publicación: 20/04/2016 21:20

 

Advertisements

2 comentarios en “A realidade das enfermidades mentais nos medios

  1. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Moi boas María. De todos é coñecido o gran poder que exercen os medios de comunicación para influír na percepción da realidade de toda a sociedade, na súa forma de ver e interpretar o mundo que nos rodea. Por isto é importante que estos coiden a imaxe que transmiten dos diferentes ámbitos, neste caso da saúde mental e en particular das persoas afectadas por un trastorno mental. Transmítese de forma sutil e algunhas veces explícita, unha imaxe errónea e negativa da enfermidade mental, que sen dúbida non é un bo reflexo da realidade, axuda a perpetuar estereotipos, prexuízos e falsas crenzas, o que prexudica de maneira directa aos dereitos das persoas con problemas de saúde mental e á súa contorna.
    Os medios deben representar ben a realidade. Non confundir ou ignorar os datos científicos e técnicos sobre o que é unha enfermidade mental. Documentarse e informarse adecuadamente antes de transmitir información inexacta ou errónea, igual que se faría en calquera outro ámbito. En moi poucas ocasións a información provén directamente de persoas con enfermidade mental, o que resta credibilidade á noticia xa que carece de todo tipo de humanización e personificación. Ocasionalmente pode vir de familiares, pero maioritariamente a súa orixe adoita ser institucional, sen ter en conta a primeira persoa que é o realmente válido para dar conta da realidade. Baixo o meu punto de vista estamos ante un problema mediático moi complexo que debe mudar o antes posible.
    Déixoche, por se resulta do teu interese, tres guías moi compeltas sobre o correcto tratamento da saúde mental nos medios de comunicación: http://www.msal.gob.ar/images/stories/bes/graficos/0000000479cnt-recomendaciones-tratamiento-temas-salud-mental-medios.pdf, http://www.defensadelpublico.gob.ar/sites/default/files/guia_salud_mental_marzo2015.pdf, https://consaludmental.org/publicaciones/GUIADEESTILOSEGUNDAEDICION.pdf. Saúdos.

    Data de emisión do comentario: 21/04/2016- 12:01
    Data de revisión do GBO: 21/04/2016- 12:34
    Data de publicación do comentario: 21/04/2016- 13:04

    Gústame

  2. Boas Sandra,
    Estou completamente de acordo co que dis, este é un problema moi complexo e dende o meu grupo somos conscientes de que non se vai solucionar da noite á mañá, por iso debemos adoptar unha actitude correcta dende os medios de comunicación que cale pouco a pouco na sociedade que os consume. Un bó primeiro paso é ser conscientes de que os enfermos son fontes válidas, e non só iso, e que son os máis validos, á hora de explicarnos a enfermidad. Estamos cansos de opinións de expertos, queremos que nos expliquen de pimeira mán como é vivir cun trastorno de bipolaridade ou cunha esquizofrenia, para poder ser conscientes de que é algo tan normal como ter calqueira outra enfermidade.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s