A venta do corpo non escollido

Álvarez Martínez, Adrián – S1B3

transgender-human-rights.jpgImaxe rescatada de: http://www.transequality.org/issues

Os traballadores de sexo de pago forman parte dun grupo marcado pola discriminación e o rexeitamento da sociedade, se a esta marca, se lle engade o estigma dunha muller ancorada no corpo dun home, o resultado é a exclusión completa dun individuo na cidadanía. No noso círculo non contamos con ningún transexual, pero sí somos testemuñas do abuso que sofren nos medios de comunicación.

Á hora de elaborar este post, tentouse empregar escritos que tiveran como orixe medios de comunicación galegos, o proceso foi exhaustivo e foron moi poucas as novas relacionadas coa prostitución de transexuais, e a maioría delas ocupaban a sección de sucesos. Isto é incluso peor que o mal tratamento dun tema, xa que nin se molestan en abrir un espazo para ese grupo de atención social prioritaria. Un exemplo é o tratamento que recibe o grupo nesta nova de La Voz de Galicia, onde só se da a coñecer o suceso legal, e é frecuente observar un oco ocasionado pola falta de perspectiva. O erro? Un factor chamado prensa que non afonda nas partes implicadas no caso. Amais a noticia presenta unha carencia de documentación á hora de referirse a “transexual”, o termo travesti, fai referencia á caracterización ou vestimenta dun home, pero en ningún caso se fala dunha base ideolóxica ou dunha conducta.

Un dos principais problemas aos que se enfrentan os transexuais é a necesidade de ofrecer sexo de pago para sobrevivir, segundo esta nova do diario La Razón, arredor dun 80% vese na obriga de exercer a prostitución. Recóllese na noticia que malia que a sociedade avanzou cara a comprensión e o entendemento, no entorno laboral existe unha estigmatización que non permite o acceso a este sector da poboación, e que en España representa a máis de 50.000 persoas. Amais segundo un estudo realizado pola Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuais e Bisexuais —que se recolle nesta nova de La Verdad— este colectivo conta cun soldo precario e no 36% dos casos consultados, é vítima de acoso laboral. Se a isto se lle suma a situación de irregularidade nos países de estancia, a cohesión por trata, drogradicción ou enfermidades de transmisión sexual, este gremio vai costa abaixo e sen frenos hacia a desigualdade.

Se ben a situación é dunha gran dificultade, os medios de comunicación en lugar de exercer o seu papel de comunicadores, semellan acrecentar estes conflitos. Proba disto é esta nova do xornal Mundo Deportivo, que titula “Odom no sólo pidió prostitutas sino también un transexual”, no corpo do artigo podemos ler que realmente o transexual exercía o sexo de pago. Nesta noticia aparte do efecto vexatorio  que se contempla no titular, prodúcese unha completa humillación e reducción do individuo, deixando a Madison Montag coma un obxecto.

Existen novas que contan con maior profundidade e cunha perspectiva máis ampla a situación dos transexuais, podemos velo neste artigo de El Diario Montañés, no cal a través dun estudo realizado pola Fundación Triángulo e o Centro Sanitario Sandoval, analízase a súa vida cotiá. Pero sen dúbida o que máis chama a atención é un dos apartados relacionado co cambio de sexo, no que estes traballadores son obrigados a renunciar á reasignación. Afirman que “orixinaría unha perda de clientes” e a privación da única fonte de ingresos coa que contan.

Referencias:

Salmerón Sánchez , Pedro (2011). Perfil psicosocial de los trabajadores masculinos del sexo. Disertación doctoral no publicada, Universitat Jaume 1, Castellón, España. http://www.tdx.cat/bitstream/handle/10803/32088/salmeron.pdf;jsessionid=255CD26F4182CA456341FED3B2089086.tdx1?sequence=1

García Oryarzun, Ainhoa (2014). Sobre sexismo en los medios de comunicación: enfoque pragmático discursivo. Disertación doctoral no publicada, Universidad Complutense de Madrid, Madrid, España. http://eprints.ucm.es/24699/1/T35198.pdf

Día: 20/04/16

Horarios de revisión e publicación:

Revisión da editora: 19:00

Revisión do GBO: 21:25

Publicación: 23:43

Advertisements

4 comentarios en “A venta do corpo non escollido

  1. María Aneiros Aneiros – S1A1

    Boas Adrián,

    O tema da transexualidade paréceme moi interesante e considero que é completamente certo todo o que dis, a sociedade non entende a estas persoas. Creo que as cousas están cambiando e que sobre todo a xente máis nova, comeza a ver con máis naturalidade a unha persoa que se realiza un cambio de sexo ou que se trasviste. Creo que comeza a ser máis facil falar destes temas que antes eran tabús completamente inacechables, de feito hai non moito atopei en Youtube unha entrevista a un mozo que falaba de como fora o seu proceso de cambio dende un corpo de muller a un corpo de home Deixo o enlace por se queres velo, a min pareceume realmente moi interesante https://www.youtube.com/watch?v=PJB-vbwhE8E Creo que é saludable que xente como este mozo fale sen medo da súa condición para que os demáis asumamos a súa normalidade. Creo que xa debe ser bastante complicado nacer e medrar nun corpo que non sentes teu como para ter que facelo agochado.

    Revisión do GTB: 21/04/2016 20:00

    Gústame

  2. Adrián Álvarez Martínez S1B3

    Moitas grazas polo teu comentario María, en canto ao enlace pareceume dun contido moi interesante.

    Estou dacordo coa tú opinión, e penso que para que un grupo de atención social prioritaria poida optar a unha reinserción na sociedade, está de man de toda a cidadanía coñecer máis sobre el, e desta maneira contar cunha perspectiva máis ampla. Dito isto e con respecto ao enlace, resultou moi educador a totalidade da entrevista, se ben é de resaltar a gran presenza que teñen os medios da nube, e máis se cabe Youtbe, estou seguro que a aparición deste tipo de contido na rede permite que as capas máis prematuras da sociedade teñan un maior coñecemento sobre os transexuais.
    Aquí che deixo un enlace a unha reportaxe de ABC News no que se mostra o caso dunha rapaz de tan só 12 anos que dende que ten uso de razón se identifica coma transexual.

    Gústame

  3. Alexandre Fernández Peón – S2C2

    En primeiro lugar, gustaríame darche as grazas pola publicación deste post, xa que ofrece unha visión moi rica sobre o tratamento que reciben os transexuais nos medios de comunicación de masas. Para entrar en materia, eu penso que hai un erro non citado no texto e cuxa corrección é de vital importancia para conseguir unha comunicación óptima entre os propios medios e a sociedade: o achegamento do xornalista ós protagonistas dos feitos. Se ben é verdade que hai noticias que cumpren a función de dar voz ós afectados (como a que aparece en El Diario Montañés e que aparece recollida no post), esta práctica non é a máis corrente, e moito menos cando se trata de grupos sociais prioritarios. Aquí, non obstante, deixo o link dunha entrevista na que si que se leva a cabo unha boa labor xornalística ó dotar de voz a un menor transexual galego: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/04/07/temo-equivocarme-decides-contar-transexual-tienes-claro/0003_201604H7P60994.htm
    Malia non tratar o tema anteriormente citado, creo que estamos ante unha crítica construtiva que nos arrima de forma satisfactoria ó estigma da prostitución existente na figura do transexual. Ademais, aporta este post unha idea que normalmente pasa desapercibida: a falta de documentación do xornalista e, sobre todo, o uso erróneo de termos que poden levar a confusión (é citado no texto, por exemplo, o caso da palabra travesti).

    Gústame

    1. Adrián Álvarez Martínez S1B3

      Moitas grazas polo teu comentario Alexandre. Coincido contigo nas dúas ideas que aportas á elaboración do documento, sobre todo en canto a falta de documentación, xa que é certo que o proceso tenda a ser omitido. O motivo tende a ser a falta de tempo nas redaccións da maioría dos medios de comunicación, que a causa duns horarios abusivos e dunhas condicións de traballo precarias, non permiten ao comunicador afondar nunha temática tanto como o desexaría.
      Respecto a noticia que aportas, atopei unha do mesmo carácter [http://www.notiese.org/notiese.php?ctn_id=5334] que trata moi a fondo a situación dos transexuais á hora de afrontar unha vida enteira exercendo a prostitución.

      De novo grazas polo teu comentario!

      Hora de revisión do editor 0:34

      Hora de revisión do coordinador: 0:45

      Hora de coordinador: 1:19

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s