Contidos que axudan a normalizar a situación dos grupos minoritarios

Casas Da Rocha, Paula-S1E4

Enhanced-buzz-26481-1375817738-5

Imaxe recuperada de Wikia.com

Nos anteriores artigos que se publicaron neste blog con respecto a criminalización xuvenil, analizamos o tratamento informativo que realizan os medios de comunicación cando as noticias están protagonizadas por colectivos minoritarios e como axudan a incentivar esta imaxe algúns contidos audiovisuais. Pola contra, tamén existe material audiovisual que axuda a normalizar e comprender a situación dos grupos minoritarios.

Anteriormente, nos contidos audiovisuais,o colectivo homosexual era un tema complicado de tratar, sobre todo naqueles países onde aínda non estaba ben visto. Pero ,pouco a pouco, fóronse incorporando tramas de parellas homosexuais aos materiais audiovisuais. En España temos o exemplo de series como Hospital Central onde aparece a parella de Esther e Maca ou Física e Química coa parella de David e Fer. Pero en ningunha delas aparecía a parella homosexual como protagonista, senón sempre nun segundo plano.

Un das primeiras series en ter unha parella homosexual como protagonista da trama é a da serie estadounidense ” The Fosters” a cal protagoniza unha familia formada por dúas mulleres e cinco fillos na que se amosa, entre outras cousas,as dúbidas e as opinións que xera unha familia con dúas nais.Esta serie causou moita polémica en EEUU pola aparición de dita parella, sobre todo por parte dos partidos máis conservadores. Unha película que trata tamén esta temática é “Get Real” que amosa a historia de Steven Carter, un mozo de 16 anos que se sinte atraído por un compañeiro do colexio co que ten unha amizade que sofre moitas criticas e comentarios bastante duros.

Moi vencellado a este grupo, atópase o colectivo transxénero que veu aumentada a súa participación nos contidos audiovisuais nos últimos anos. Destaca pola súa recente estrea a película” La chica Danesa” onde se conta a historia dunha parella artística de éxito que un día deciden que o home se vista de muller para a súa próxima obra. Con esta transformación Einar, que era como se chama o mozo, dáse conta de que se sinte mellor como muller que como home, converténdose así na primeira transexual que se somete a operación de reasignación de sexo o que provocara unha gran conmoción na sociedade. Ademais a película amosa os diversos problemas e abusos que vai sufrir Einar.Unha serie que tamén amosa esta situación e o que significa para unha familia que un dos seus membros confese a súa sexualidade é a serie estadounidense ” Transparent” que trata a historia dun profesor de universidade xubilado que decide confesarlle a súa familia que se sinte muller dende hai varias décadas.Estas dúas series o que nos amosan son a realidade deste colectivo axudando así a normalizar a súa situación na sociedade.

Por desgraza, en España temos poucos espazos onde aparezan persoas transexuais.Isto da lugar a que non haxa material para imporse contra os estereotipos que soen aparecer nos medios de comunicación sobre este tema.A pesar de que case non haxa series e películas,si atopamos diversos documentais e reportaxes que nos acercan máis a súa realidade social. Este é o caso da reportaxe ” Línea 900″ emitido por La 2 onde se aparecen diferentes testemuños, entre eles mozos, contando a súa historia: como se senten, os trámites que teñen que facer as persoas para poder someterse a reasignación de sexo,como o leva súa familia, as dificultades coas que se atopa…. Pero o que máis chama a atención é que practicamente non aparecen mozos contando a súa historia o que non axuda para rematar coa imaxe estereotipada que amosan os medios de comunicación sobre este tema, sobre todo se é adolescente.

Outro colectivo minoritario tratado en contidos audiovisuais é o dos enfermos mentais, un grupo moi criminalizado polos medios que soen amosar imaxes deles bastantes estereotipadas, sobre todo se a información é protagonizadas por mozos.As noticias soen mostrar as persoas con enfermidades mentais como persoas pasivas, sen ningún interese pola interacción social e nalgunhas ocasións incluso intentando dar sensación de illamento ou de persoas violentas, cando na maioría dos casos non é así...Nesta noticia podemos observar como no titular xa se fai referencia a enfermidade mental que tiña a persoa implicada dándolle xa o toque morboso para chamar a atención.

En canto a parte audiovisual, atopámonos con contidos que tratan as enfermidades mentais de distinta maneira. Por un lado,temos a serie inglesa ” My mad fat diary” que amosa a historia dunha rapaza con problemas de autoestima, autolesión, tendencias suicidas ou depresión, ademais de falar doutras enfermidades na serie como a anorexia.Esta serie móstranos os pensamentos que ten persoas con estas enfermidades e o porque reacciona así as diversas situacións que lle acontecen, centrándose máis na adolescencia. O lado máis sensible aparece na película ” Forrest Gump” que conta a vida de Forrest, un neno cunha enfermidade mental e motora. Nestes casos, amosase unha imaxe dos enfermos mentais máis real e que non ten nada que ver coa imaxe estereotipada que ofrecen os medios de comunicación.

O colectivo das persoas portadores do virus VIH tamén é moi criminalizado polos medios de comunicación,sobre todo pola confusión que existe sobre a enfermidade e como se contrae. Para aclarar estas dúbidas e amosar como é a vida dunha persoa seropositiva, temos o documental español” Positivo”, unha entrevista que nos amosa a historia de Tomás, persoa seropositiva, onde conta como cambia a súa vida despois do diagnóstico.

Os medios de comunicación deben ser conscientes da imaxe estereotipada e prexudicial que están ofrecendo dos grupos minoritarios que ten unha influencia directa sobre a idea que a sociedade ten destes grupos, sobre todo dos mozos que soen ser as persoas máis criminalizadas e prexudicadas por este colectivo.Os contidos audiovisuais deben seguir o mesmo camiño. Se temos medios de comunicación e contidos que reforzan esa imaxe irreal dos colectivos nunca poderemos desfacernos dela e quedara implantada na nosa sociedade, sendo os principais prexudicados estes colectivos que realmente non teñen a culpa. No caso dos mozos pertencentes a estes colectivos, estes saen máis prexudicados pola imaxe estereotipada e irreal que os medios ofrecen e que ten unha forte influencia na sociedade.Veranse xulgados e identificados cuns estereotipos que para nada son a realidade.Son características dunhas poucas persoas que se xeneralizan a todo o colectivo causando que moitos deles non se sintan identificados nin co grupo nin co que se di sobre eles.Por iso, é necesario que existan contidos audiovisuais e periodístico como os que se mostran neste artigo para ir desfacendo esa imaxe na nosa sociedade e que os grupos minoritarios e sobre todo os mozos, que son o colectivo máis criminalizados na prensa, se sintan identificados coa imaxe que os medios ofrecen deles.

Tamén é necesario ter medios que defendan a realidade social dos colectivos minoritarios como ocorre na película ” RadioFavela”, baseada en feitos reais. En dito film uns mozos crean unha emisora para facer outro tipo de xornalismo nesa época: amosar a realidade social dos grupos que viven nas fabelas.Con estes contidos que amosan a realidade social e cun bo tratamento informativo por parte dos medios, sobre todo nas informacións protagonizadas pola xuventude, deberiamos ser capaces de axudar a normalizar a situación destes colectivos e acabar dunha vez por todas coa imaxe estereotipada e irreal.

Referencias:

C. (2005, 05). «Línea 900» ofrece esta noche un reportaje sobre la transexualidad en España.La Voz de Galicia. Obtenido 04, 2016, de http://www.lavozdegalicia.es/television/2005/05/20/0003_3744643.htm

EP. (2012, 10). ‘The Fosters’, cunha parella lesbiana, escandaliza a EEUU. Faro de Vigo. Obtenido 04, 2016, de http://galego.farodevigo.es/ocio/2012/10/23/the-fosters-pareja-lesbiana-escandaliza-eeuu/693869.html

– FEAFES.(2012). “Salud mental y medios de comunicación. Guía de estilo”. [versión pdf]. Obtido en:http://www.msssi.gob.es/ciudadanos/saludMental/docs/Salud_Mental_Guia_de_estilo.pdf

FilmAffinity.(1998, 03). Get Real.FilmAffinity. Obtenido 04, 2016, de

http://www.filmaffinity.com/es/film322255.html

García, P. (2011, 04). Positivo: Un documental sobre VIH/SIDA.La calle de la vida. Obtenido 04, 2016, de https://lacalledelavida.com/2011/04/17/positivo-un-documental-sobre-vihsida/

Ingelmo, P. (2012, 01). Un enfermo mental mata a su madre en Benalup en un brote psicótico.Diario de Cádiz. Obtenido 04, 2016, de cadiz.es/article/provincia/1157011/enfermo/mental/mata/su/madre/benalup/brote/psicotico.html

Hora de publicación e revisión:

Revisión do editor: 19/04/2016-21:00

Revisión do GBO:19/04/2016-21:30

Hora de rexeitamento:19/04/2016- 21:35

Hora de envío da versión final:20/04/2016- 9:30

Hora de publicación:20/04/2016-11:32

 

Advertisements

6 comentarios en “Contidos que axudan a normalizar a situación dos grupos minoritarios

  1. SENRA RIVAS, MARA

    Ola Paula, moi interesante teu artigo. A verdade que é dificil levar a contraria no que pós, pois sempre os colectivos minorizados aínda aparecer cada vez máis tanto en programas, series ou películas case nunca son os protagonistas. O que fai pensar que os guionistas ou directores dos programas non meten a estes colectivos porque realmente cren que é importante senón por unha obriga social por así decilo. Para quedarse coa conciencia tranquila e fora, por así decilo.

    A pesar disto, hai que dicir que si existen arquivos audiovisuais de todo tipo no que si moitos de estos colectivos son o protagonista e o verdadeiramente importante da peza. Unha das películas que máis me gustaron en canto a esto é Brokeback Mountain, que retrata a vida e a aventura entre dous homosexuais secretamente, xa que ambos tiñan a súa vida. A pelicula data de 2005 polo que foi das primeiras que mellor retraraon a situación de discriminación dos homosexuais en Estados Unidos na época dos anos 60. A esta película retratar un tema tan controvertido así como necesario valeulle 3 premios Oscar, 4 Globos de oro e 4 premios Bafta. Polo que podemos decir que foi moi ben recibida. Deixote o enlace á ficha así como ao trailer por se che interesa: http://www.filmaffinity.com/es/film662342.html

    Por outro lado, o programa Mujeres Hombres y Viciversa, formato date show de Telecinco, moi seguido polox xóvenes, trata de que un ou unha tronista coñeza a uns pretendentes do sexo contrario e sair do programa co elexido. Pois ben, na historia do programa que xa leva en antena máis de cinco anos, non houbo todavía un trono homosexual ou bisexual, o que fai plantearse seriamente a discriminación. Supoño que para paliar iso, os asesores que teñen son dúas personas coñecidamente homosexuais, pero non son os protagonistas. Outro programa que tamén é de encontrar parella como Quien Quiere Casarse con mi Hijo, solo ha mostrado unha parella homosexual entres hombres das cinco que concursan o que deixa a vista esa inclusión por conveniencia.

    Seguindo coas películas, Donnie Darko é xa unha película de culto na que mostra a realidade distorsionada dun chico que padece esquizofrenia, esta vez si é o protagonista da película así como a trama principal. Verdadeiramente a recomendo. https://www.youtube.com/watch?v=so34xK_bjuA

    E xa para rematar, deixote o último título: Shutter Island, protagonizada por Leonardo Dicaprio, que tamén ten como protagonistas as enfermidades mentais, pero que quizás non as tratas do mellor xeito posible xa que as estigmatizacións están ahí. https://www.youtube.com/watch?v=sybSFbmzyUg

    Espero que se non coñeces algunha destas películas lle votes un vistazo xa que as tres son maravillosas, un saúdo Paula!

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 15:51
    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 16:54
    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 17:27

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula- S1E4

      Ola Mara!
      Grazas polas túas achegas xa que algunhas das películas que mencionas non as vira pero fareino en canto poda xa que me parecen moi interesantes. É moi certo que nos programas de televisión para buscar parella apenas aparecen persoas homosexuais.Pero eu pregúntome¿ non as poñen porque os produtores non queren ou porque pensan que os espectadores non o van a ver? ¿ Ten que ver máis con discriminación por parte da cadea ou por falta de interese e consumo por parte da sociedade?
      Na miña opinión,as cadeas de televisión deben ser conscientes de que algúns dos seus contidos non benefician e só apoian a imaxe irreal e estereotipada que ofrecen os medios de comunicación sobre os grupos minoritarios. Por iso son necesarios contidos audiovisuais como os que aparecen no artigo e como os que ti mencionas para poder ensinar a sociedade a imaxe e realidade social deste grupos e rematar así con esa imaxe tan prexudicial. Grazas polas túas achegas de novo. Un saúdo!

      Gústame

  2. Ola Paula! Sen dúbida un artigo moi interesante co que estou totalmente de acordo. En primeiro lugar falas dos homosexuais e transexuais, que é de feito o tema que trata o meu grupo, o colectivo LGTBI. Efectivamente, este grupo ten moi pouca visibilización en temas audiovisuais, aínda que é certo que pouco a pouco foron creándose cada vez mais e mais programas de televisión onde podemos atopar parellas homosexuais. Outros exemplos ademais dos que pos ti podrías ser: “Modern Family” ou “Anatomía de Grey”, na que inclúen unha parella gay co mesmo protagonismo que o resto dos personaxes. Iso si, tamén hai que saber o límite de intentar facer visible ou normal a este colectivo, xa que en ocasións se fai dunha maneira incorrecta. Un exemplo disto é a película “No es solo otra película gay”, na que mostra todo tipo de estereotipos absurdos (a loca, o inseguro, a lesbiana machorra, o buenorro, o negro con grandes atributos…) Se dúbida fan todo o que non deberían, en vez de destruír estereotipos, os reforzan. Déixoche o trailer por se queres botar un ollo:

    Por outra parte, non me sorprende que moitos films ou series sexan censuradas en Estados Unidos, xa que moita da sociedade americana é moi conservadora. Aínda así, a pesares desta censura, parece que avanzou bastante na visibilización e normalización deste colectivo, incluso más que en España, xa que podemos atopar máis exemplos estadounidenses que españois. De todos los xeitos, parece que no noso país esta cuestión tamén vai pouco a pouco avanzando. Podemos atopar tamén algún exemplo de series ou programas que inclúan parellas homosexuais na televisión de España, “La que se avecina” incluía unha parella gay e outra lesbiana, e o programa de “¿Quien quiere casarse con mi hijo?” de Cuatro, incluía a un gay entre os protagonistas que buscaban o amor.
    En canto o caso dos transexuais si que é unha cuestión que debería avanzar, xa que apenas podemos atopar contidos televisivos que inclúan a este colectivo. Tampouco hai moitos actores e actrices transexuais.
    Ademais, en canto os medios, podemos atopar na prensa, na radio ou na tele, errores de vocabulario ou de expresións incorrectas cando falan deste tipo de colectivos. Un exemplo é cando utilizan a expresión “salir dun corpo que non era o teu”, que é totalmente incorrecta, xa que ningunha persoa transexual dirá que naceu nun corpo equivocado.Tamén na prensa moitas veces utilízase o termo homosexual en termos xeral para referirse ao que realmente debería chamarse colectivo LGTBI.
    En canto aos enfermos mentais, tamén podemos atopar numerosas películas ou series de televisións con personaxes con algunha enfermidade deste tipo. Deixoche este artigo “7 series que no tienen miedo a mostrar trastornos psicológicos”
    http://elmeme.me/gabuleta/7-series-que-no-tienen-miedo-de-mostrar-trastornos-psicologicos_60017

    Por último, darte a razón coa reflexión final que fas. Os medios non se da conta dos estereotipos que están a crear. Ademais, hai que ter en conta a gran influencia destes na sociedade, polo que o que deberían facer é intentar normalizar e destruír esas imaxes estereotipadas que seguen a crear.

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 19:03

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula- S1E4

      Ola Inés!
      Grazas polas túas aportacións e suxerencias, botareilles unha ollada para observar como tratan eses contidos os colectivos minoritarios. Como di o artigo, existen materiais audiovisuais que axudan a normalizar a situación destes grupos e a mostrar a súa realidade social. En cambio, e como ti ben amosas co teu exemplo, existen outros contidos que o único que conseguen é reforzar a imaxe errónea e estereotipada que ofrecen os medios de comunicación, influíndo na percepción que ten a sociedade sobre estes colectivos.

      Por outro lado, sorprende que España, ao ser un país onde o colectivo homosexual esta moito máis aceptado, non teña ningunha serie ou película onde os protagonistas sexan persoas homosexuais ou transxéneros. En cambio, en países onde aínda non esta moi ben visto, podemos observar como estes colectivos teñen moita máis visibilización que eiquí. Que non haxa contidos audiovisuais, baixo o meu punto de vista, non é máis que un reflexo de que estes colectivos non están tan integrados na sociedade como se pensa. Neste apartado deben entrar os medios de comunicación é axudar a dar visibilidade e voz a estes grupos cun tratamento informativo adecuado e deixar xa esa imaxe estereotipada que ofrecen a sociedade que non beneficia a ninguén.Grazas de novo polo teu comentario.

      Un saúdo!

      Gústame

  3. Meda López, Xiana – S2b6

    Boas tardes Paula

    Antes de nada, noraboa polo teu artigo! Paréceme do máis completo e interesante. Falas de contidos que axudan a normalizar aos grupos minoritarios, e para iso vas mencionando o material existente sobre os diferentes grupos que hai: LGTBI, xoves, enfermidades mentais… Considero unhas recomendacións moi axeitadas tanto para nós, futuros xornalistas, como para calquer cidadán.
    Sen dúbida, a difusión de información a través deste tipo de medios, provocan que o coñecemento se transmita de forma máis amena e entretida. É importante que exista un espazo cultural que garanta o tratamento destas temáticas con naturalidade, para que así poida percibirse con naturalidade pola sociedade.
    Referente ao colectivo LGTBI que é o tema que estamos a traballar no meu grupo, adxunto unha lista das mellores películas de 2015 segundo a opinión de moitos espectadores por se resulta do teu interese http://hipertextual.com/2015/09/cine-lgtb-peliculas-2015

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:25

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula- S1E4

      Ola Xiana!

      Grazas polo teu comentario e por achegar a lista de películas que parecen bastante interesantes. Como ti ben afirmas,estes contidos son necesarios tanto para nós como para a cidadanía. É necesario que a sociedade observe a realidade social dos grupos minoritarios para que se dean conta da imaxe estereotipada que ofrecen os medios de comunicación na maioría das súas informacións e que acaban influíndo na percepción que ten a sociedade sobre eles. En canto ao tema que trata o teu grupo, penso que cada vez son máis os contidos que tratan o colectivo LGTBI e iso é moi bo para conseguir que a sociedade por fin vexa a este grupo como persoas normais que é o que son.De novo, grazas polo teu comentario. Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s