Emigración VS Inmigración

Fonte Imaxe: Expansión

Parada Vila, Laura – S3B1

Non debemos esquecer o pasado da terra na que nacemos, e a que outros tiveron que abandonar para poder mellorar a súa situación de vida. Hoxe no mundo globalizado no que vivimos, son constantes os perigos dos que os medios de comunicación nos “informan”. Pero é antes? Cal era a información  que os nosos avós tiñan sobre o país no que ían vivir? Non había, ou non nola querían contar.

Fai algunhas décadas éramos os españois os que tíñamos que emigrar do noso país porque non podíamos sobrevivir nel. Pero agora parece ser que os medios de comunicación esqueceron o noso pasado, e non teñen ningún tipo de reparo en falar da inmigración como unha peste da que temos que fuxir. Sobre todo os medios europeos comparten a idea de mostrar unha sensación de medo e de rexeitamento contra os inmigrantes, pero sobre todo contra os africanos e agora en contra dos sirios, co obxectivo de protexer o que “ nos pertence”.

Aínda así, existe outro tipo de migración que os medios parecen esquecer. Trátase da emigración, a fuxida dos máis novos, que ante a situación de crise, deciden marchar a outro país no que intentarán conseguir diñeiro realizando os traballos que os nativos rexeitan facer. Os medios non informan da fuga de cerebros que se está a producir en España. Comparando un tipo de migración con outra as diferenzas son ven marcadas. A realidade é que a penas temos noticias que cubran esta situación, en cambio a diario encontramos novas sobre os refuxiados ou as pateras procedentes de África.

“Cómo combatir la fuga de cerebros en España”. Este artigo que recolle a carta aberta que a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales realizou, parece ter a fórmula secreta para acabar coa fuxida dos mozos, que ante a crise, ven como único futuro marchar a traballar fóra. Nesta noticia publicada por El País: “Las nuevas nacionalidades disparan  un 48% los españoles en el exterior”. Quere explicar o problema da fuga de cerebros como un aumento das solicitudes de nacionalidade española fóra do noso territorio. Parece ser que os datos que revelan un aumento do 48% dos inscritos nos rexistros consulares, non son suficientes para poder afirmar esta saída dos máis xóvenes. Así pois na mesma noticia, realizan unha pregunta: “¿Responden estos datos a una masiva salida  de españoles  por la recesión?”. Ao que o medio responde cunha negativa absoluta. Esta noticia data do 18 de marzo de 2015, un ano despois non temos información sobre a emigración xuvenil.

En canto a emigración que realizaron xeracións anteriores, os propios protagonistas afirman que durante o tempo que pasaron neses países sentíronse moi ben acollidos. É o caso de Marysol Babarro Calviño que naceu en Galicia pero cando tivo preto dos 19 anos, marchou para Venezuela, onde se sentía como na casa. Non pensaba en volver a España, pero o seu fillo enfermou é a única solución estaba en Galicia, polo que regresaron para instalarse de novo. A pesar de varios anos en Galicia non encontrou o seu sitio e aínda soña con volver a Venezuela: “Allí están mis amigos y parte de mi familia, por lo que volver a Venezuela es algo que siempre necesitaré.

Podería dicir o mesmo un inmigrante africano ou mesmo venezolano, da súa estancia en España?. Probablemente non. As insuficientes axudas que o goberno destina a este colectivo sumado a falta de contextualización e de protagonistas que os medios de comunicación non inclúen nas súas publicacións , fan que vivir en España se converta nun intento por sobrevivir.

Como vemos, existen diferenzas de tratamento en canto a emigración e inmigración. Por un lado o que nos afecta de forma directa, a fuga de cerebros é explicado como algo normal, nunca dende unha perspectiva alarmista e cargada de dramatismo, e ademais os medios intenta non dar moita información sobre o tema, co obxectivo de non crear temor entre á sociedade porque é algo que nos afecta de primeira man. Non podemos dicir o mesmo sobre o tema da inmigración, do que en definitiva seguimos sen coñecer a realidade porque non temos nomes nin historias, só números.

 

Referencias:

 

Revisión do editor: 20:50

Revisión do coordinador: 21:00

Hora de publicación: 21:12

 

Advertisements

6 comentarios en “Emigración VS Inmigración

  1. Marta Eireos Currás – S1C4

    Un artigo moi interesante, Laura, que reflexa moi ben a actualidade que estamos a vivir en canto ao tema da inmigración. Deixo aquí un enlace a un artigo que atopei sobre o tratamento da inmigración a través dos medios de comunicación. É un proxecto da redactora do diario El País. Estou segura que o atoparás interesante: http://www.carm.es/ctra/cendoc/doc-pdf/pub/pub-0051.pdf

    Aínda que hai que señalar que os xornalistas empezan a sensibilizarse coa cruda realidade dos inmigrantes e das súas problemáticas; o certo é que aínda queda un longo camiño por recorrer. Non obstante, houbo un claro avance desde o ano 2000, onde ou ben os xornalistas se centraban “na chegada de pateras cargadas de inmigrantes”, ou ben contaban a noticia de xeito dramático e incluso un pouco paternalista. De todas formas, como en todo, creo que para cambiar a realidade nos medios, o principal é cambiar a realidade na sociedade, xa que os medios son unicamente o reflexo da sociedade. Cando nós avancemos, os medios o farán tamén.

    Para min, o verdadeiro avance chegará cando vexamos a un inmigrante pola rúa e non cambiemos de aceira asustados, ou cando entremos nun “todo a cen” (ou “chinos”, como a xente vulgarmente lles chama) e digamos “veñen aquí para robarle o traballo aos españois”. Coma ti ben dis, parece que esquecemos o pasado no que eran os españois os obrigados a emigrar, fuxindo dunhas condicións de vida infrahumanas. Agora, négamoslle a outros o mesmo dereito. ¿Ou era que nós non emigrábamos para “robar o traballo”?

    En conclusión, opino que hai actitudes e prexuízos negativos que se deberían quitar. Ese para mí, sería o verdadeiro cambio. E, estou segura, de que si nós cambiamos neste sentido, os medios o farán tamén.

    Revision GBO: 22/04/2016 23:20

    Liked by 2 people

    1. Moitas grazas Marta.

      Totalmente de acordo, os medios de comunicación són o reflexo da sociedade, polo que temos un problema de educación e de valores. Non deberiamos distinguir entre africanos e chinos, todos somos persoas en definitiva, polo que deberiamos poder convivir todos no mesmo país independientemente de prexuizos negativos contra eles.

      Así é todo o xornalismo, tamén está moi influenciado polas altas esferas que ven na prensa un medio para poder infundir medo á cidadanía. Desta forma transmítennos esa perspectiva negativa sobre os refuxiados para que a sociedade cree unha repulsa contra eles. Se non como se explica que non haxa noticias que expliquen as causas de estas guerras, que provocan a morte de miles de persoas, ou porque non sabemos o que ocorre con aquelas persoas que conseguiro chegar a España?

      Os medios de comunicación manteñen unha actitude negativa contro o colectivo dos inmigrantes, unha actitude de superioridade que para nada se corresponde coa realidade que se está a vivir.

      Revisión do editor: 21/04/2016 12:16
      Revisión do coordinador: 21/04/2016 12:20
      Hora de publicación: 21/04/2016 12:25

      Gústame

  2. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Moi boas Laura. Moi interesante o teu artigo, concordo contigo na opinión que mostras: só vemos o mal cando se trata dun feito alleo a nós e non cando somos partícipes do mesmo. A sociedade concibe a inmigración como un feito pexorativo, mentres que xustifican a emigración como unha saída necesaria para gran parte da poboación española. A situación actual do noso país está propiciando que sexan moitas as persoas que marchen en busca dun futuro mellor, o que lle ocorre, pero á inversa, a tódalas persoas que chegan a España. Son dúas realidades diferentes pero que lamentablemente coexisten no tempo. Gustaríame recordar o recente caso dun rapaz madrileño, Ciro Cabal, o cal terminou a súa carreira de Bioloxía na Universidade Complutense de Madrid en 2011 e desde entón, e tras cinco anos e unha decena de rexeitamentos de solicitudes de bolsas de institucións españolas, tanto públicas como privadas, conseguiu unha axuda para iniciar o seu doutoramento en Princeton: http://www.europapress.es/sociedad/educacion/noticia-joven-biologo-consigue-beca-princeton-ser-rechazado-10-veces-espana-20160403131355.html. Achego tamén un artigo moi interesante sobre a fuga de cerebros da que nos falas: http://www.huffingtonpost.es/guillermo-orts-gil/fuga-de-cerebros-un-proceso-irreversible_b_3603272.html, así como un vídeo no que diferentes testemuñas contan a súa historia: https://www.youtube.com/watch?v=vQYwkamFvQc.

    Data de emisión do comentario: 21/04/2016- 18:56
    Data de revisión do GBO: 21/04/2016- 19:45
    Data de publicación do comentario: 21/04/2016- 20:23

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas Sandra.

      O enlace que me aportas é crucial para entender o tema a tratar. Os estudantes españois non poden ter ningún plan de futuro dentro do seu país, polo que aínda que o intenten mil veces como o caso deste mozo, non lles quedou máis remedio que buscar fóra as oportunidades que aquí lle rexeitan.

      Neste sentido os medios de comunicación, soamente fánse eco deste tipo de noticias, das que ao final, os seus protagonistas conseguen un final feliz. Pero, cantos casos como os deste estudante de bioloxía haberá e que os medios non recollen nas súas portas? Por que soemente os medios infórmanos sobre noticias negativas?

      O problema principal radica na sociedade, os medios deben informar e formar, pero acorde có que a sociedade demanda, por iso todos nós tamén somos culpables do tratamento que os medios realizan con certos colectivos.

      Un saúdo.

      Liked by 1 person

  3. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

    Ola, Laura.

    O teu artigo resultoume do máis interesante. Coincido plenamente contigo en que existe un moi mal tratamento da información relacionada coa inmigraión nos principais medios de comunicaión. Para comezar, existe unha grave falta de contextualización. Ninguén explica por que veñen aquí esas persoas, de que están fuxindo. En noticias relacionadas con este tema tamén vemos unha clara colectivización dos afectados. Cando unha persoa afectada comete un acto ilegal, enseguida se subraia a súa procedencia, como se eso quixese decir algo. Un exemplo disto é esta noticia que publica o diario Europa Press (http://www.europapress.es/andalucia/almeria-00350/noticia-prision-ciudadano-rumano-acusado-asesinar-punaladas-mujer-quemadero-20140603144258.html). Estes dous feitos contribúen a unha forte criminalización do colectivo por parte dos medios. Como consecuencia, créanse aínda máis prexuízos e marxínase aos afectados.

    Por outra banda, quería comentarche que o tema da emigración e inmigración saiu nun dos nosos Círculos de Aprendizaxe en relación coas desigualdades sociais. Manuela, experta en precariedade e participante no círculo, comentábanos que non recibe o mesmo tratamento un neno etíope adoptado por dous neurocirurxiáns do clínico que un neno etíope que ven a España coa súa familia nunha grave situación de pobreza e precariedade. Manuela quería resaltar deste xeito que en moitas ocasións, as discriminacións enmascaradas como racismo ou xenofobia non deixan de ser discriminacións sociais. Parece que os inmigrantes afectados pola pobreza “molestan” mentras que os que veñen a crear riqueza, como os grandes científicos que veñen a colaborar en ocasións, non. Déixoche aquí un enlace á interpretación do Círculo por se queres botarlle unha ollada (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/) .

    Os medios de comunicación son en parte culpables destas desigualdades polo mal tratamento da información que realizan, como comentaba antes. Loitar contra esta discriminación está en mans de todos. Que en pleno século XXI sigamos discriminando por motivos como o país de orixe, a cor da pel ou o poder adquisitivo dunha persoa resulta unha vergoña.

    Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:04
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Liked by 1 person

    1. Moitas grazas Bea

      Estou de acordo co teu comentario. Os medios de comunicación non se dan contan de que na forma na que tratan certos temas están transmitindo unha perspectiva, que recae na sociedade traducida en prexuizos e valores negativos contra estos colectivos.

      No último círculo realizado sobre a migración, unha das persoas que aceptou participar falaba sobre a linguaxe que os medios utilizaban. Un exemplo moi claro que nos poñía era que os inmigrantes sempre eran persoas de África, que se consideran que son pobres, en cambio por exemplo os futbolistas famosos que xogan en España nunca son inmigrantes, son extraxeiros ou mesmo europeos. Polo que o que nos quería explicar Alicia, a nosa participante do círculo, era que os inmigrantes son considerados pola prensa como persoas pobres que veñen a España a roubar o que nós conseguimos tan duramente. Pola contra ningúen fala dos alemás que veñen a España a disfrutar do bo tempo e viven no literal valenciona, como inmigrantes, todo o contrario se non que son persoas que fan que a nosa economía sexa mellor.

      Outro tema importante que descrubrimos coa celebración deste segundo círculo, foi a falta de noticias e a terxiversación que se fai das poucas que chegan a España procedentes dende África. Deixote o enlace á interpretación completa para que lle botes unha ollada. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/21/ii-circulo-de-debate-migracion/

      Consciente ou incoscientemente os medios de comunicación interfiren na nosa opinión sobre o que ocorre no mundo polo que deberían transmitir a realidade tal e como é.

      Un saúdo.

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s