Folgas e precariedade laboral nos medios

Imaxe de Forges

Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

No segundo círculo de aprendizaxe que realizamos, un tema recorrente foi o tratamento das folgas de traballadores nos medios de comunicación. Nesta ocasión queríamos centrarnos máis no tema de precariedade xa que o primeiro círculo se centrara case que exclusivamente na pobreza. Para isto invitamos a dous membros da CIG e a unha experta en precariedade e prevención laboral.

Anxo Noceda, membro da CIG, foi o que sacou este tema cun par de noticias que nos achegou. Tratábanse de noticias de dúas folgas: unha de controladores aéreos e outra dos traballadores dos servizos de limpeza municipais. O tratamento destas noticias é sempre o mesmo. Os traballadores son os criminais mentras que o pobo e o goberno son as vítimas dos seus actos. Este enfoque dos feitos constitúe unha clara criminalización do colectivo, tal e como comenta o noso compañeiro Alejandro López no seu artigo “A criminalización das folgas”. Esta criminalización vese ademais agravada por unha clara falta de descontextualización. Non estamos falando de traballadores que deixan de traballar por que si, senón de traballadores que deixan de traballar exercendo o seu dereito á folga debido a que os contratantes levan dous anos sen pagarlles, por exemplo. Ou porque a empresa quere facer un ERE e despedir á metade da plantilla de inmediato. Esta falta de información sobre o “que” e o “por que” das folgas contribúe a ese enfoque sesgado que vemos en noticias coma esta que publicaba o diario ABC en relación cunha folga de limpeza o dous de marzo deste ano. Tanto no vídeo coma no texto, os xornalistas adícanse a falar da “vítimas” da folga, entrevistando a persoas pola rúa e a algún membro do concello. Só se fai unha pequena alusión aos motivos da folga no vídeo, no texto nin rastro dela. Por outra banda, non aparece ningún traballador en folga como fonte o que constitúe unha clara invisbilización do colectivo que leva a que non se coñeza a realidade do grupo nin os seus priblemas e demandas. O mesmo acontece con estas imaxes que publica Libertad Digital.

En termos xerais, a precariedade laboral ao igual que a pobreza non é un tema ben tratado nos medios de comunicación. Aínda que nestes casos xeralmente si que hai alguén que defenda os dereitos dos afectados nos medios, como son os sindicatos, o feito positivo é que se segue a restar importancia aos mesmos, como vimos na notica do diario ABC. Non se teñen en conta como fontes aos protagonistas das noticias, invisibilizándose así e deformándose a súa realidade nos medios. Por outra banda, a falta de contextualización e de ubicación do discurso leva a que se malinterprete a información e se criminalice ao grupo afectado.

Os membros do círculo levaban incluso o tema máis alá, falando da manipulación de datos. Anxo Noceda presentábanos un caso sobre o paro e a xeración de emprego. Nunha determinada área xeográfica publicábase que o desemprego baixara cando realmente o que sucedera era que moitos xoves entre 16 e 35 anos tiveran que deixar o país. Obviamente, se a poboación activa en paro descende, o número de parados vai a descender pero iso non quere dicir que se esté xerando emprego que foi como se presentou a noticia nos medios. Neste caso falta unha investigación máis profunda por parte do xornalista encargado de cubrir a noticia e, á hora de redactar, volve a faltar unha maior contextualización para poder entender os feitos.

Comunicar unha información incompleta, descontextualizada, invisibilizando as fontes ou manipulando datos ao noso antoxo constitúe unha grave terxiversación dos feitos que ningún xornalista debería cometer.

REFERENCIAS:

ABC. “Las calles de Málaga llenas de basura por la huelga de limpieza”. ABC, 2 de marzo de 2016. <http://www.abc.es/espana/abci-calles-malaga-llenas-basura-4783041774001-20160302044500_video.html >  [Consulta 17 abril]

Libertad Digital. “Huelga de limpieza en Barajas”. Libertad Digital, 29 de xaneiro de 2013. <http://www.libertaddigital.com/fotos/huelga-limpieza-aeorpuerto-barajas-espana-1004958/huelga-limpieza-barajas-21.jpg.html> %5BConsulta 17 abril]

López, Alejandro. “A criminalización das folgas”. Observatorio de Comunicación, 8 de abril de 2016. <https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/08/a-criminalizacion-das-folgas/#more-5695>  [Consulta 17 abril]

Toledo, Mario. “Huelga de limpieza en Madrid: ¿Cuál es el origen del conflicto y qué pide cada parte?”. 20 minutos, 11 de novembro de 2013. http://www.20minutos.es/noticia/1973591/0/huelga-limpieza/madrid-conflicto/claves-preguntas-respuestas/ [Consulta 17 abril]

Revisión GBO: 19/04/2016 ás 12:19 e segunda revisión 20/04/2016 ás 11:44

Revisión do editor: 19/04/2016 ás 12:26

Publicado: 20/04/2016 ás 7:44

Advertisements

14 comentarios en “Folgas e precariedade laboral nos medios

  1. Iglesias Hervella, Kelly- S2B1

    Boa mañá Bea,

    A verdade é que a lectura do teu artigo resultoume, canto menos, moi interesante.
    O tema das folgas é complexo dende todos os enfoques que se lle desexe dar, xa qué, tanto dende os afectados por elas ata quen as convoca, todos, teñen a súa voz e verdade no tema.
    O que mais me chamou a atención foi o último caso que mencionas, o do paro. Paréceme un erro enorme por parte do xornalista ó que se lle delegou a redacción desa noticia. A contextualización nesta é un factor imprescindible, xa que, tal e como está redatada, ó lector móstraselle unha panorama que dista, e moito, de ser o real.
    Estar en folga é un dereito, e moitas veces unha obriga para alzar a voz e loitar por unhas condicións de mellora necesarias que, dende as institucións políticas, se negan a ver.

    Fai uns días lin unha noticia que me chamou a atención, xa que,dicía que no primeiro semestre de este ano, o número de folgas, así como de asistentes a elas, descendera con respeto ó do 2015.
    Para seren máis exactos, segundo os datos das análises da CEOE, a suma de traballadores que secundaran estas folgas diminuíra un 80,43% e o número de protestas nun 5,64%.
    Déxoche aquí o enlace da noticia para que poidas profundizar na súa lectura:
    http://www.eldiario.es/sociedad/trabajo-perdidas-huelgas-bajan-marzo_0_506749711.html

    Penso que aínda queda moito por cambiar en numerosos aspectos da sociedade, e polo tanto, moito polo que loitar.
    Remato lembrando que aínda onte, no telexornal, abrían coa nova de que, por fin, os funcionarios cobrarán nestes días unha parte da paga extra de 2012. Da para pensar.
    Saúdos
    Revisión da editora: a autora é a editora

    Revisión da coordinadora: 20/04/2016 ás 13:00

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz -S2D4

      Ola Kelly. Grazas polo teu comentario. Como ben dis, o tratamendo das folgas é algo complicado para os medios de comunicación xa que se deben ter en conta todas as partes pero non o é máis que outros feitos que se publican. O que ocorre neste caso é que nos medios de comunicación principais tanto cadeas de televisión, coma emisoras de radio ou prensa escrita, a visión que se ofrece sempre (ou case sempre) é a do goberno, a da empresa ou a dos cidadáns que se queixan dos efectos da folga. O dereito a folga é un dereito esencial dos traballadores, é a única forma coa que poden loitar para que se respecte o seu traballo e en moitos casos simplifícase esta realidade presentando aos traballadores que fan folga como persoas violentas “que non queren traballar”. Se prestamos atención aos medios, as folgas que máis saen neles son aquelas cuxas consecuencias “molestan máis” aos cidadáns e como consecuencia ás empresas e administracións que reciben as queixas. Un exemplo disto é grande cobertura que se lle dá ás folgas de limpeza ou de transporte.

      Outra cuestión que tamén debemos ter en conta á hora de traballar con temas como a precariedade e a pobreza, é o sensacionalismo que en ocasións move aos medios (non esquezamos que os principais medios de comunicación non son outra cousa que grandes empresas que buscan vender). Temas coma este só saen ou saen moito máis nos xornais cando ocorre unha traxedia ou un feito salientable que fai que o lector lea a noticia movido polo morbo, como acontece nesta noticia publicada polo diario El Correo Gallego (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/fuerte-malestar-techo-orino-medio-procesion/idEdicion-2016-03-27/idNoticia-988056/) ou esta outra publicada en El Mundo (http://www.elmundo.es/economia/2016/03/31/56fd05abca474163048b45d8.html). Nestes casos, aínda que os feitos quizais si que deberan saír nos medios, o tratamento da información é completamente sensacionalista. Saliéntanse aspectos que non son relevantes, e no caso da noticia publicada por El Correo Gallego chega a atacarse a dignidade da persoa protagonista do feito, eso sen ter en conta a gravísima descontextualización da información publicada.

      En resumo, trátase de feitos moi delicados e os xornalistas deben guiarse por indicadores como cos que estamos traballando para non contribuír a unha criminalización das vítimas reais destes conflitos. Un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:21
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  2. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    Ao rematar de ler este artigo a primeira palabra que me ven a cabeza é manipulación. A manipulación pode levarse a cabo a través de multitude de técnicas, e isto é algo que saben os medios de comunicación mellor que ninguén. Tanto no tema da folga como no tema do emprego, os medios non contextualizan a información que publican. Na folga, non se informa do contexto e da situación que fai que os traballadores acudan á mesma, e no caso do emprego, non se nos informa da actualización de persoas activas, polo que desta forma non podemos saber se a baixada do paro é real, tal e como comentas neste artigo. Comparto esta noticia de Voz Populi na que sí se establece un contexto da situación laboral no noso país para poder desta maneira analizar os datos con exactitude: http://vozpopuli.com/blogs/3892-juan-laborda-las-grandes-mentiras-del-dato-de-paro
    A falta de contextualización é unha práctica de manipulación moi común nos medios de comunicación. Ás veces, en todo o corpo da noticia, e outras, nos titulares, sobre todo cando son declaracións. O que se dice de “sacar as palabras de contexto” adoita suceder en algún titutares informativos, sobre todo na información deportiva Por aquí deixo un exemplo de corte máis histórico pero que se pode aplicar á actualidade, do diario El País: http://elpais.com/elpais/2014/11/14/opinion/1415964730_727309.html
    No tocante ao tema das folgas, sempre me resultou curioso o baile de cifras que se adoita dar entre os sindicatos que convocan as folgas e as fontes oficias en canto á seguimento das mesmas. Na recente folga estudiantil, os sindicatos de estudantes cifraron o seguimento da folga como masiva, mentres as fontes oficias restáballe importancia, tal é como se recolle nesta noticia do xornal 20minutos: http://www.20minutos.es/noticia/2720265/0/huelga/estudiantil-lomce-reforma-universitaria/13-abril/

    Revision GBO: 22/04/2016 23:43

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz -S2D4

      Estou de acordo contigo. A falta de contextualización é unha maneira máis (e moi sinxela) de manipular que teñen os medios de comunicación. Presentando a información de maneira sesgada resulta moi doado conseguir que o lector tome un ou outro lado do conflito. En canto ao que comentas sobre o tema de “sacar as palabras de contexto”, Manuela Caneda, unha experta en precariedade que participou nos nosos círculos de aprendizaxe comentábanos que ocorre máis do que se cre. No primeiro círculo de aprendizaxe que realizamos falouse da manipulación que se vía nos xornais en canto a determinados temas e Manuela contábanos que nunha ocasión lle fixeran unha entrevista sobre un tema de seguridade laboral. Cando a entrevista saiu publicada dábase a entender que dixera practicamente o contrario que o que realmente lle contara ao xornalista. Déixoche aquí o enlace da nosa interpretación por se queres ler con máis detemento este e outros aspectos que se trataron no círculo (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/).

      Por outra banda, resultáronme de moito interese os dous artigos que compartes sobre a falta de contextualización nos medios. Tamén me resultou especialmente interesante a noticia que adxuntas sobre a folga estudiantil xa que é unha das poucas que realmente ofrece contextualización e non se queda só nos datos. Ademais, o feito de que destaque a diferenza de datos publicados por uns e outros resulta do máis interesante para o lector.

      Por último, e tamén sobre o tema das folgas, adxunto ao final do comentario unha imaxe que me compartiu Ana González falando sobre a manipulación da información en canto fotografías publicadas. Trátase dunha imaxe que foi publicada acompañando unha noticia sobre unha manifestación por La Gaceta e tal e como ela comentaba “temos unha foto de lonxe na que vemos a unhas persoas pero non vemos a actitude dos manifestantes, non vemos o que pon nas súas pancartas e, nin sequera ten pé de foto”. Déixoche o enlace por se lle queres votar unha ollada (http://gaceta.es/noticias/cientos-personas-manifestacion-republicana-14042016-2114).

      Grazas polo teu comentario e un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:27
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  3. Ola Bea. A verdade é que non é noticia, por irónico que pareza, que os medios manipulen informacións para favorecer a determinados sectores da sociedade. Porque de dar voz a unha parte afectada dun acontecemento silenciado á outra é unha forma de manipulación que podemos ver constantemente nos medios de comunicación. Invitote a botar a unha ollada aos artigos sobre inmigración do noso grupo, neles podes atopar exemplos similares ao do teu artigo pero referidos ao tema da migración.
    En vez de concebir aos folguistas coma os principais damnificados polo motivo polo que se produce a folga os medios mostran como vítimas a ás persoas que a sufren indirectamente, deixando de villanos da película aos manifestantes. É unha forma non só de criminalizar estas protestas, senón unha forma de propagar a idea na sociedade de que unha folga é un acto delictivo cando en realidade é un dereito fundamental do que todos deberiamos facer uso no caso de que non se respeten os nosos dereitos como traballadores. Unha vez máis, os medios favorecen á voz equivocada, á voz dos que miran polos seus propios intereses sen ter en conta os dos traballadores, é dicir, os da sociedade. Sen lugar a dúbidas o camiño erróneo na senda do bo periodismo.
    Un enlace interesante sobre manipulación do tema das folgas é o de esta ONG, nela nómbrase a un dos medios máis supeditados a intereses políticos actualmente en España, a TVE: http://www.fundacionmelior.org/content/tema/medios-de-comunicacion-armas-de-manipulacion-masiva
    Un saúdo.
    Revisión editor: 21:00
    Revisión coordinador 21:30

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz -S2D4

      Boas, Nerea. Coincido completamente contigo. O tratamento que están a facer os principais medios de comunicación das informacións relacionadas coas folgas é completamente sesgado. Criminalízase ás vítimas presentando unha información descontextualizada. O mesmo ocorre con temas como a pobreza ou a inmigración, os medios reflexan a visión do poder, tal e como dicía Anxo Noceda, membro da GIC durante o noso II Círculo de Aprendizaxe. Poñendo de novo como exemplo as folgas, a versión que coñecemos sempre é que “os malos” son os traballadores en folga que nos deixan sen vacacións (folgas de transporte) ou que fan que a nosa cidade esté sucia (folgas de limpeza) pero nunca a administración pública que non paga polos seus servizos ou as empresas que queren baixarlles de novo o soldo tras ter acordado unha baixada xa o ano anterior. En fin, déixoche aquí o link da nosa interpretación do II Círculo de Aprendizaxe por se queres botarlle unha unha ollada (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/). Neste segundo círculo tratouse sobre todo a precariedade nos medios e como a descontextualización e a falta de información permite transformar os feitos de tal xeito que o lector nunca chega a ver a realidade que se esconde detrás.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:33
      Revisión do editor: 21/04/2016 ás 15:55

      Gústame

  4. Parada Vila, Laura – S3B1

    Ola Bea
    Un artigo moi interesante, porque inconscientemente non nos damos conta de que os medios mostran unha perspectiva negativa hacia certos colectivos. Como ti dis en moitas noticias relacionadas coas folgas laborais os problemáticos sempre son os traballadores, porque van provocar o caos na cidade e afectará ao resto da cidadanía negativamente. Pero o que deberían de informarnos e sobre as causas destas manifestacións desta forma todos entenderiamos mellor cal é a súa razón da súa parada laboral.

    Fai un días tivo lugar unha folga no metro de Barcelona da que os medios se fixeron eco, Déixote o enlace para que lle votes unha ollada. ( http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/31/catalunya/1459435474_515362.html ). Na noticia en ningún momento se fala do por qué da folga, soamente se enumeran os problemas que vai ocasionar, incidindo sobre todo en que dificultará o acceso a un campo de fútbol.

    Como vemos os medios de comunicación manipulan case todas as noticias que publican, pero debemos ser os consumidores de información os que tamén nos deamos conta disto e intentar evitalo. Os xornalistas son os culpables da mala calidade das informacións pero os lectores tamén temos a culpa por permitilo.

    Un saúdo.

    Revisión do editor: 21/04/2016 11:02
    Revisión do coordinador: 21/04/2016 11:16
    Hora de publicación: 21/04/2016 11:20

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

      Boas, Laura. Estou completamente de acordo contigo, xa o titular da noticia que adxuntas “Solo circularán la mitad de los trenes del metro en el Barça-Madrid” predispón ao lector en contra dos traballadores. O feito de que aluda ademais a un evento futbolístico (tendo en conta o enorme seguemento que ten no noso país) aumenta notablemente ese rexeitamento. A falta de contextualización de moitas noticias é o que fai que os lectores tomen inconscientemente partido nun ou noutro bando e é concretamente contra esta descontextualización co que temos que loitar. Isto ocorre coas folgas como comentaba neste artigo e como podemos ver na noticia que compartes pero tamén noutros temas como é a pobreza. Neste caso o dano causado aínda é maior xa que os afectados de pobreza non teñen organismos que os defendan como os sindicatos defenden aos traballadores. A criminalización dos afectados é en ocasións brutal e descarada, vitimizando ao resto dos cidadáns como se unha persoa vivise na rúa por vontade propia. Ademais, en ocasións, relaciónanse con aspectos que non teñen nada que ver, baseando as informacións publicadas en prexuízos infantís e completamente ilóxicos e contribuindo a que medre esa barreira entre os afectados e o resto da comunidade. Isto foi exactamente o que aconteceu nesta noticia publicada polo diario periodistadigital, na que se mesturan prexuízos contra o feminismo e certas opcións políticas así como ataques contra a dignidade da persoa protagonista da noticia. Aquí tes o enlace por se lle queres botar unha ollada (http://www.periodistadigital.com/politica/sucesos/2016/03/27/la-mujer-que-se-mea-en-plena-procesion-de-santiago-ante-indiferencia-podemita.shtml) Unha vergoña que en pleno século XXI sigan pasando estas cousas.

      Grazas polo teu comentario e un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 17:46
      Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

      Gústame

  5. Marta Eireos Currás – S1C4

    ¡Bos días, Beatriz! Antes de nada, me gustaría felicitarte polo teu artigo, xa que o atopei moi útil. Nel, expresas o teu desacordo e indignación ante a actitude dos medios fronte a precariedade laboral. Estou completamente de acordo contigo: é un tema moi delicado e debería ser tratado dun xeito adecuado, como se merece. Ademais, moitas veces hai folgas e a maioría de nós non sabemos a causa de qué son debidas, o cal nos produce desacougo e desconcerto. Deberíamos estar máis informados dos motivos das folgas, xa que así poderíamos secundalas, de estar de acordo. Parece que os medios de comunicación prefiren a “desinformación” á realidade.

    O peor é que non só os medios non informan, senón que, en ocasións, tratan ás folgas de xeito negativo. Por exemplo, criminalizando aos actores da información e situándose do lado do poder.

    Deíxoche un artigo que creo que pode resultarte, canto menos, interesante. Nel, a UGT denuncia a situación de precariedade laboral nos medios de comunicación, acusando de que a situación está moi “desregularizada”: http://xornalistas.com/novidades/nova.php?id=3332&lg=gal

    E, en canto ao que sinalas da manipulación de datos, síntome indignada. Nós, como futuros xornalistas, debemos ser moi conscientes da realidade e nunca falsear ou manipular unha información.

    Revision GBO: 22/04/2016 22:15

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

      Boas, Marta. Moitas grazas polo teu comentario. Estou de acordo contigo en que, no relativo ás folgas, os medios de comunicación non só non informan tanto coma deberían senón que en ocasións contribúen a unha “desinformación” maior, presentando aos traballadores coma criminais cando facer folga é un dereito. O feito de que non se nos informe como se debería sobre estas folgas danos de novo que pensar. Está claro que os principais medios de comunicación non son tan independentes dos poderes económicos e políticos como nos queren facer crer. Sobre este tema en concreto está traballano o grupo S2A, déixoche o enlace a un artigo moi interesante que publicou Lara Fontela en relación coa obra “No te fíes del cielo”, de Javier Mayoral. Nesta obra fálase precisamente desa manipulación dos medios por parte da administración pública.(https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/11/as-trampas-do-xornalismo/#more-6501)

      Por outra banda, resultoume moi interesante o artigo que adxuntas xa que pon en relevo outro dos problemas do xornalismo actual que case ninguén ten en conta: a precariedade laboral. Aparte do feito de que os xornalistas traballen durante xornadas interminables por un soldo en ocasións moi baixo, a precariedade que afecta actualmente o sector tradúcese en reducións de plantilla que fan que cada xornalista traballe máis e poda adicarlle menos tempo a cada nova. E como consecuencia disto e da imperiosa necesidade que sinten algúns medios de sacar novas coa máxima inmediatez posible, o xornalismo bo, no que se investiga e se contrasta, no que se contextualiza e se explican causas e consecuencias, no que se teñen en conta todas as partes da historia, estase perdendo. Está nas nosas mans que non se perda de todo.

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 17:54
      Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

      Gústame

  6. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1
    As principais causas de que non se exerza un bo cubrimento das novas sobre folgas e o par son, como ti apuntas, a descontextualización e a invisibilización das principais fontes. Se nunha nova so contamos as consecuencias de que se produza unha folga ferroviaría, por exemplo, de que so haberá servizos mínimos, pero non explicamos o por qué nin recollemos declaracións das persoas implicadas, ofrecemos unha visión da realidade distorsionada. Así, prodúcese o que vos xa chamáchedes nos vosos artigos unha “criminalización” das folgas e dos participantes nas mesmas. Isto, como consecuencia, fai que a xente en vez de solidarizarse coa súa causa, ou opinar con respecto cara eles, simplemente sabotee a folga ou desprece aos manifestantes. É o que acontece nesta nova http://diariocompostela.es/grandes-atascos-en-compostela-por-las-tractoradas/ do Diario de Compostela sobre as tractoradas de Lugo. Na breve información aportada so se centran en contar que con isto se forman atascos e deixan a un lado a orixe da folga e as intervencións dos manifestantes, que de seguro tiñan moito que dicir.
    Por outra banda, hai que ter en conta o perigo que supón a manipulación das noticias, sexa intencionada ou non. Se so representamos unha parte da realidade estaremos a manipular á xente e a cidadanía ten un dereito á información veraz que é inquebrantable, polo que debemos ser fieis a eles e corrixir, mellorar e contextualizar as nosas novas. Nesta outra nova, que é unha entrevista a Óscar Reina, portavoz nacional do Sindicato Andaluz de Traballadores. Nesta entrevista falan sobre o caso de Andrés Bódalo, tamén membro do SAT, e trata a manipulación dos medios e a súa influencia. Déixoche por aquí un link para que lle botes unha ollada se che interesa: https://www.diagonalperiodico.net/libertades/30005-no-debemos-pagar-con-nuestra-libertad-la-defensa-derechos.html. E non só fala sobre a manipulación da información, tamén sobre as imaxes. Como explicou Ana González nun dos seus artigos (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/14/etica-e-ideoloxia-da-fotografia-na-prensa/) a fotografía tamén é un medio de manipulación, e moi poderoso.
    Para rematar gostaríame adxuntarche o estudo que realizou a UGT sobre a precarización do mercado en España. Este tipo de información é a que deben buscar os xornalistas cando realicen novas relacionadas co tema para contrastar a información. Por moito que un político diga que hai crecemento económico no seu país, e non falo de partidos nin nomes, hai que ter en conta que a labor do xornalista e completar a información sesgada que recibe con outras fontes. A análise realizada por este organismo é moi detallada e si, aínda que se fala dunha tímida recuperación nos empleos, tamén se fala de que hai “un empleo más precario, de peor calidad, con más temporalidad, mayor parcialidad involuntaria y salarios más bajos.” Aquí tes un enlace para o estudo por se che sirve de axuda en futuros traballos: http://www.ugt.es/Publicaciones/precarizacion_mercado_trabajo_evidencias_espanya_UGT.pdf.

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

      Ola Antía. Coma ti dis, a descontextualización da información en determinadas noticias leva a unha manipulación da información que non se pode permitir, xa sexa voluntaria ou involuntaria. Publicar información sesgada é unha maneira de conseguir que o lector adopte a visión que o xornalista quere de determinado asunto. No caso das folgas, a criminalización dos traballadores conséguese precisamente non publicando as causas das mesmas e presentándoos como delincuentes cando facer folga é un dereito dos traballadores. A primeira noticia que adxuntas é un claro exemplo disto.

      En canto ao artigo que adxuntas de Ana González, teño que dicir que xa o lera con anterioridade e que me resultou do máis interesante. Comentando con ela a manipulación das fotografías, compartiume unha foto publicada polo diario La Gaceta que mostra moi ben como unha imaxe pode mentir sen que o lector se decate sequera. En palabras súas ” temos unha foto de lonxe na que vemos a unhas persoas pero non vemos a actitude dos manifestantes, non vemos o que pon nas súas pancartas e, nin sequera ten pé de foto. É unha fotografía coa que o medio pode contarnos o que queira porque non podemos ver nela nada do que estaba sucedendo”. Aquí tes o enlace da noticia por se queres botarlle unha ollada (http://gaceta.es/noticias/cientos-personas-manifestacion-republicana-14042016-2114).

      Por outra banda, o informe de UGT que compartes resulta de interese e os xornalista deberían acudir a informacións coma esta antes de publicar noticias relacionadas. Porén, non esquezamos que se trata dun sindicato que tamén ten intereses propios polo que a contrastación da información (neste e en todos os casos) é imprescindible. Ademais, non podemos esquecer que debemos contar con todas as voces da historia e falar tamén directamente con traballadores afectados. Senón o facemos, estaremos caendo nun paternalismo que repercutirá negativamente no colectivo, contribuíndo a invisisibilizar en ocasións os verdadeiros problemas dos afectados. Ter en conta todos estos aspectos é de vital importancia para publicar unha información honesta e veraz, sen sesgos nin manipulacións.

      Grazas polo teu comentario e un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:01
      Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

      Gústame

  7. González Núñez, Ana – S2A6

    Este problema que nos presentas, o tratamento informativo das folgas coma se os traballadores foran os criminais, é moi evidente nas noticias de folgas de controladores aéreos. Un bo exemplo é esta noticia de El País:
    http://economia.elpais.com/economia/2016/03/30/actualidad/1459325071_850571.html

    O título e o subtítulo desta noticia insisten en dar cifras do número de voos cancelados. O corpo da noticia mostra declaracións do director xeral de A4E, Thomas Reynaert, nas que explica que di que estas folgas son inxustificadas. Mais non vemos por ningunha parte a voz dun controlador aereo. É certo que estas folgas repercuten moito aos viaxeiros que nada fixeron para merecelo, pero os controladores son traballadores con dereitos aos que tamén se lles debería dar voz.

    Respecto ao tema da terxiversación dos feitos e o mal trato dos datos por parte dos medios, é un tema ben tratado no noso II círculo de debate:
    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/ii-circulo-de-debate-manipulacion-nos-medios-de-comunicacion/

    O xornalismo de datos pode contribuir a unha información veraz, porque as cifras son datos obxectivos, pero para que este xornalismo funcione é necesario engadirlle honestidade, como ben explicou no debate o xornalista David Lombao. O problema é que os xornalistas non sempre utilizan as cifras dunha maneira correcta e dan a entender o contrario do que ocorre realmente. O teu exemplo das cifras do paro é óptimo para ilustrar este problema.

    Gústame

    1. Gutiérez Caneda, Beatriz – S2D4

      Estou de acordo contigo, Ana. Uns dos colectivos que máis sofren a criminalización dos medios son os contraladores aéreos. Tanto é así, que xa non só nos medios a vemos presente, senón que trascendeu tamén a algunhas series que reflexan algúns aspectos da nosa sociedade, como é “La que se avecina”. Por outro lado resultoume moi interesante botarlle unha ollada á vosa interpretación. A noticia da que falan David Lombao e Lara Salgado tamén a trouxeron algúns membros do noso círculo e tamén a mecionei nun dos meus artigos debido á súa temática. Déixoche aquí os enlaces por se lle queres botar unha ollada. (Artigo: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/28/nadando-na-superficie/) (Interpretación: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/).

      Moitas grazas polo teu comentario e un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:16
      Revisión do editor: 27/04/2016 ás 3:18

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s