OS INMIGRANTES FICCIÓN E NON FICCIÓN

Fonte imaxe: telecinco.es

Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4

Os medios dificultan a integración dos inmigrantes.Noticias como esta  o demostran.  O xornalismo é un dos responsables pero tamén hai outros elementos comunicativos que favorecen esta discriminación. Series televisivas ou o cine teñen como función entreter e non formar, porén inflúen na sociedade.

Humor ou discriminación? Cal é a fronteira? Están xustificadas as actitudes xenófobas se están dentro da comedia? Ficción ou realidade?

Ficción e realidade están fortemente conectadas. Michel Gaztambide, guionista, afirma que basa as súas historias en recortes extraídos da prensa. Ademais nunhas entrevistas realizadas a diferentes guionistas, por María Marcos Ramos na súa  tese doctoral pode comprobarse que utilizan as información dos medios para documentarse e obter ideas para as súas tramas.Ficción e realidade non son tan distintas, os estereotipos e incluso a discriminación están presentes no papel e na pantalla. Se a prensa escrita relaciona delincuencia e inmigración, a ficción fai o mesmo, xa que ten que vender os seus produtos a unha sociedade que en teoría está reflectida nos medios de comunicación.  Por desgraza, estereotipos,criminalización, alarmismo,sensacionalismo…e un sinfín de erros son os que cometen día a día os medios. Hai que dicir que hai excepcións, como nesta noticia do xornal “El diario”.Sae da monotonía, da voz aos propios afectados, ofrece unha visión máis alá das fontes oficiais, contextualiza a información e afonda nas causas e nas consecuencias.

En moitas ocasións, a ficción e a realidade non encontran distincións. Ás veces os personaxes dunha serie son unha recreación do que acontece na vida. En Aida podemos ver esceas  xenófobas a través do personaxe de Mauricio,dono dun bar no que traballa sen contrato e explotado o despectivamente denominado “Machupichu”. O peor non son as pésimas condicións laboráis nas que se encontra, senón as continuas ofensivas que recibe do seu xefe. Tamén enmascarados baixo o xénero de comedia, están os contidos racistas na serie La que se avecina. Ademais como reflexa a serie “ El Comisario” moitas veces os inmigrantes desempeñan papeis menos importantes relacionados frecuentemente coa delincuencia .O problema non é cunha serie trate a inmigración con humor, o problema é cando os comportamentos  de Recio ou de Mauricio, sobrepasan a pantalla.Porque nos guste ou non, os medios de comunicación están presentes dunha maneira ou outra.

“Persoas cun baixo nivel socioeconómico, delincuentes, objeto de burlas,…” É a imaxe que plasman os contidos televisivos sobre os inmigrantes e que a consecuentemente ten a sociedade deles.

Tamén o mundo do cine español encontramos este humor negro, como nas películas de Torrente.Como podemos ver neste vídeo:

 

Os guionistas apoianse en que tan só é humor, ou incluso unha critica. Mais os propios afectados non o ven así.

Melina Avila Villavicencio critica estos contidos. “En mi caso, siendo sudamericana, me ofende que en ciertos programas o series nos traten como inferiores por el simple hecho de tener la oportunidad de irnos a otro sitio mejor que nuestro país. Reír las penas, males, desgracias de los demás es hipócrita. La que se avecina usa ese “humor racista” como crítica a la sociedad española actual igual que se ven la crítica a la sanidad o la educación o incluso a la política española. No justifico para nada el humor. ¿Que hay a quien le gusta y le hace gracia? Bien. ¿Que si me ofende? Cada día más. Pero por desgracia vivimos en una época y sociedad en la que en vez de criarnos con igualdad y libertad, todavía nos moldean para manejarnos como quieren”, afirma Melina Avila Villavicencio.

Melissa May Altive tamén se sente ofendida polo trato que as series televisivas ofrecen sobre os inmigrantes. “Yo veía la serie Aquí no hay quien viva y no me gustaban nada los motes que ponían a los sudamericanos, piensan que por decirlo con un tono de voz más amable nos va a gustar o lo vamos a aceptar. Esto favorece el racismo y la discriminación porque si ves eso en televisión, la gente de nuestra edad o incluso mayor piensan que está bien”. Melissa aprovecha para lanzar unha mensaxe aos medios de comunicación “ En la televisión deberían aparecer cosas para educarnos, y si nos ofrecen como tratan mal a los extranjeros, todo el mundo va a tomar eso como algo bueno.”

Polo contrario, Ingrid Serrano reconoce tomalo con humor , aínda que recoñece que  desgraciadamente esta ficción recolle a realidade. “Se aprovechan de que vienes a buscar una vida mejor, de que no tienes papeles y te conformas con cualquier cosa como ser tratado de una forma cruel”.

Os medios de comunicación e todos os contidos que poden emitirse neles teñen as ferramentas suficientes para poder cambiar a visión do mundo. Poden axudar a concienciar, a erradicar as diferenzas e a facer un mundo máis xusto. Hai que impulsar a creación de contidos nas parrillas televisivas que fomenten a integración e apartar aqueles que en vez de avanzar fainos retroceder na tolerancia.

Referencias:

  • LA IMAGEN DE LA INMIGRACIÓN EN LA FICCIÓN TELEVISIVA DE PRIME TIME. UN ESTUDIO DE ANÁLISIS DE CONTENIDO. (2011). 1st ed.
  • Marcos Ramos, M. (2014). La imagen de los inmigrantes en la ficción televisiva de prime time. Analisis y recomendaciones para los profesionales. Ediciones Universidad de Salamanca.
  • Listas.20minutos.es. (2016). Series de televisión que han causado polémicas.http://listas.20minutos.es/lista/series-de-television-que-han-causado-polemicas-375868/# [Consulta:18 abril2016].

 

 

Revisión do editor: 21:50

Revisión do coordinador: 21:30

Hora de publicación: 22:30

 

Advertisements

4 comentarios en “OS INMIGRANTES FICCIÓN E NON FICCIÓN

  1. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

    Está claro, como ben dixeches, que os medios de comunicación ofrecen na súa gran maioría unha imaxe estereotipada da inmigración chegando ata a extremos nefastos como ocorreu coa serie “Aida” por exemplo. Mais o problema é que cada semana, esa serie na que en cada capítulo se facía un trato xenófobo co persoaxe de “Machupichu” era líder de audiencia na súa franxa horaria. A sociedade aliméntase do humor a costa de desprezar ao seu igual e mofarse del. Está claro que esta situación ten que trocar e a base está en nós e na forma na que se nos presentan estas persoas. Deberia dárselle máis voz nos medios de comunicación e non tanto xogar a facer rir coa súa situación. Cabe dicir que últimamente, coa crise económica e a chamada “fuga de cerebros” española, cada vez realízanse máis series e películas nas que os españois aparecen coma emigrantes e por tanto inmigrantes doutros países europeos, trocando así a visión que aparece reflectida en todas as produccións que mencionaches no teu post. Achégoche un estudo comparativo entre a radio e a televisión nacionais no tratamento da inmigración, no que se chega á conclusión de que é negativo e que a televisión tende a ser máis sensacionalista.

    http://publicacionescienciassociales.ufro.cl/index.php/perspectivas/article/viewFile/14/13

    – Revisión do editor: 20/04/2016 21:34
    – Revisión do coordinador: 20/04/2016 22:15
    – Publicación do comentario: 20/04/2016 22:56

    Gústame

  2. Moi interesante o estudo que achegas, nel podese comprobar todos os erros que cometen os medios de comunicación ao tratar a inmigración. Como ben dis, é importante que isto cambie non só nas noticias informativas senon tamén na ficción, porque o que emiten as pantallas, chega ao noso cerebro, influíndonos de maneira notable. Hai que sustituir este tipo de humor xenófobo para que a poboación teña unha actitude máis receptiva cos inmigrantes. A sociedade avanza e nós temos que facela con ela, os cambios se están producindo e as temáticas deben mudar de acorde con eles, como no caso que apuntas sobre o novo tratamento do feito actual da nova emigración dos xovenes españois. Este tema é tratado nunha serie estreada recentemente en antena 3 chamada “Buscando el norte”: http://www.atresplayer.com/television/series/buscando-el-norte/. É necesario ir transformando o carácter co que os programas televisivos tratan a inmigración, é necesario que haxa máis exemplo como a serie ” Hospital Central” na que o personaxe Héctor é un xoven inmigrante que exerce como médico e ten as mismas condicións que o resto, sen ningún tipo de discriminación. Héctor axuda a que a sociedade normalice a convivencia cos estranxeiros e a incrementar a tolerancia. Pola contra, Maurico Colmenero ou Antonio Recio, fan retrodecer o camiño a igualdade e a plena integración deste colectivo.

    -Revisión do editor: 21/04/2016 21:15
    -Revisión do coordinador: 21/04/2016 21:30
    -Publicación do comentario: 21/04/2016 21:45

    Gústame

  3. Taboada González, Ángela. S3C3

    Ola Cris, estou totalmente de acordo co que transmite na túa entrada. Existe unha enorme discriminación cara aos inmigrantes nalgunhas series da televisión española. O exemplo de Aída paréceme perfecto para reflectilo. Ademais existe moi pouca variedade racial nas series en canto a actores refírese. Poucas veces vemos persoas negras ou orientais nas nosas pantallas.

    Ao ler a túa entrada acordeime dunha das series que televisaron este ano en Antena3, Mar de Plástico. Esta ambientábase no Poñente Almeriense e era unha das poucas producións españolas onde podiamos ver persoas de distintos lugares do mundo. Con todo, todos aparecían encasquetados nun ou outro papel segundo a súa procedencia. Os que viñan de África traballan nos plásticos nunhas condicións realmente malas, as mulleres do Leste de Europa ou eran prostitutas ou estaban casadas con algún empresario rico e os españois non encaixaban en ningún destes papeis. Ademais na serie podemos observar numerosas escenas racistas por parte dun grupo de españois que atacaban repetidamente aos inmigrantes que vivían alí. Aquí deixo un exemplo:

    Outra mostra de diversidade racial é a serie Cara a cara, as mulleres alí encarceradas procedente de distintos países do mundo e isto non lles asigna un papel ou outro. Con todo, ao estar ambientado nunha prisión dificulta bastante o tema da integración social.Por último, citar a película española Truman, onde o protagonista é Suramericano pero a súa procedencia non inflúe de ningunha maneira no desenvolvemento do filme. É un personaxe como outro calquera e neste caso o protagonista. Pero isto é unha excepción entre a multitude de producións españolas nos últimos anos.

    Gústame

  4. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
    Grazas pola túa aportación Ángela. O exemplo que aportas é unha gran demostración da discriminación existente na ficción que desgrazadamente trasládase á vida real. Exemplos como o que mencionas de Truman tan só son excepcións nun ámbito repleto polas desigualdades. Actualmente estamos abordando unha época onde a xenofobia está aumentando debido aos últimos atentados terroristas, nos cales a poboación ignorante culpabiliza a todo o colectivo. A película francesa ” El odio” denuncia isto. http://www.izquierdadiario.es/Cine-contra-el-racismo-y-la-xenofobia-El-odio, é unha critica a sociedade racista. Oxalá máis exemplos como este para concienciar a poboación nun momento en que os radicais aproveitan o malestar vivido para implantar as súas ideas racistas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s