Problemas e fama para acadar solucións

200902098langui_art
Imaxe rescatada de http://www.kekomundo.com

Casas Piñeiro, Lucía (S1C)

Está claro que lograr unha resposta ante unha situación de inxustiza adoita levar o seu tempo mediante as vías administrativas e xudiciais, pero cal é o detonante perfecto para chamar a atención dos altos cargos públicos? Aínda que sexa triste, xamais resulta ser debido a que sexa unha causa xusta ou debido a unha mostra de empatía por parte da poboación: o que de verdade fai que trema o chan é a protesta dun personaxe famoso.

Obviamente, a manifestación a favor dalgunha causa por parte dunha recoñecida celebridade poucas veces pode pasar por desapercibida: é o caso do Langui, actor e cantante español que triunfou tanto no mundo da televisión coma na radio. A pesar diso, O Langui (ou Jose Manuel Montilla Macarrón) non é coñecido polos seus múltiples premios e aparicións en galas: a sociedade coñéceo como a persoa con discapacidade que alcanzou o cumio e que alí se quedou por iso. Antes que ser discapacitado, Jose Manuel é unha persoa que é boa nun campo (a interpretación) e calquera consideración que deba facerse cara a el con respecto á súa profesión debe remitirse única e exclusivamente á súa profesión, non á súa condición física ou ao seu estado.

A pesar desta dobre moral que a nosa sociedade mostra cada día, sen a axuda do Langui quizais moitos dos avances que se conseguiron en canto á eliminación de barreiras arquitectónicas en cidades e transportes xamais terían lugar ou tardarían moito máis en visibilizarse, o cal é preocupante. O criterio dunha persoa vai en función do seu recoñecemento social? O Langui tiña máis problemas que calquera outra persoa con problemas de mobilidade á hora de coller o metro todas as mañás? Moitas veces esquecemos que detrás dunha cara e unha mensaxe hai miles de persoas compartindo esa loita, e así o quixeron facer notar no País, onde se publicaba unha noticia co seguinte titular: “Eu tamén son O Langui”, onde varias persoas que tiñan que utilizar un vehículo especializado (sexan cadeiras mecanizadas, scooters etc.) queixábanse sobre o pouco eco que as súas protestas tiveran nos medios antes de que  Jose Manuel aparecese na vida pública. Parece ser que é condición indispensable que un famoso leve o estandarte dunha causa xusta para que esta poida facerse oco na lista de cousas por cambiar.

Loxicamente, non podemos restarlle méritos a Jose Manuel, xa que grazas ás súas protestas e reivindicacións do día a día, a vida de moitas persoas con discapacidade está a mellorar a pasos axigantados. De feito, no corpo da noticia publicada polo País chégase a dicir que O Langui logrou en pouco tempo o que algúns colectivos como FAMMA non lograron en anos.

O que si debemos facer é concienciar aos medios de comunicación de que existe un mundo máis aló do Langui, e que o colectivo de persoas con discapacidade seguramente teña outras moitas máis historias que contar: non só o Langui ten problemas para poder viaxar en autobús ou tren; non só o Langui ten problemas á hora de acceder ao casco antigo dunha cidade ou á hora de visitar edificios históricos. Así, moitas persoas con problemas de mobilidade manifestáronse realizando campañas para facer visibles as súas problemáticas cotiás, creando páxinas baixo o asunta anteriormente mencionado “Eu tamén son O Langui?”, como é o caso de Jose Eduardo Caso, quen utiliza a ascendente popularidade de Jose Manuel para chamar a atención aos cargos públicos da súa situación.

Dito isto, o único que podemos dar por sentado é que se debemos buscar algún sector que asuma a culpa da situación de desinformación sobre a problemática da accesibilidade aos espazos públicos, son os medios quen debe responder. Tanto Jose Manuel como o resto das persoas que ven afectadas diariamente debido ás barreiras arquitectónicas loitan pola mesma causa: o único que debemos lograr é dar voz a todos aqueles que desexen pronunciarse, independentemente da súa fama ou recoñecemento por parte da sociedade.

Referencias:

https://www.change.org/p/consejeria-de-transportes-de-la-comunidad-de-madrid-yo-tambien-soy-el-langui

http://famma.org/

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/26/madrid/1456494762_773958.html

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/23/madrid/1456219674_834440.html

http://www.el-langui.com/

Revision editor: 20/04/2016 12:00

Revision GBO: 20/04/2016 12:31

Publicación: 20/04/2016 15:40

 

Advertisements

4 comentarios en “Problemas e fama para acadar solucións

  1. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4
    Os medios de comunicación, coma ti ben dis, non dan voz a este tipo de colectivos que teñen que retrinxir a súa vida pola inaccesibilidade de certos lugares coma pode ser o metro, autobús, ou zonas das cidades que non están adaptadas as súas convalecencias. É moi triste que só pola paralización dun famoso comencen a tomarse medidas para que as persoas con calquera problema de mobilidade poidan viaxar no transporte público con total normalidade. A empresa de transporte que negou a entrada a Juan Manuel Mortilla (El Langui) alega que a regra estrableceuse hai dous anos cando unha persoa cun problema de mobilidade perdeu a estabilidade durante a viaxe a tivo un accidente, accidente que pode ter perfectamente unha persoa se ningún tipo de problema, é dicir, quixeron limparse as mans impondo unha excusa sen sentido algún. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/23/madrid/1456219674_834440.html
    O Consorcio Regional de Transportes anunciou que está traballando nunha nova normativa para determinar qué cadeiras de rodas poden acceder aos vehículos ou qué adaptacións deben realizarse nos mesmos.
    Moitas persoas levan anos denunciando a Confederación de Consumidores e Usuarios da Comunidad de Madrid (CECUMadrid) a imposibilidade que teñen para acceder ao transporte público, e hasta agora, que a denuncia ven por parte dunha persoa famosa, ninguén fixo nada. É o caso por exemplo dunha nai que denuncia que a súa filla non pode ir a Universidad porque non ten cómo chegar a ela. http://www.abc.es/madrid/20150127/abci-discapacitados-tarjeta-transporte-201501261208.html
    O problema do transporte non é a única pedra que se encontran no camiño estas persoas. Temos o exemplo de Antonio Porras, un home de 63 anos que non pode sair a rúa, vive nun segundo piso sen ascensor, desplázase en cadeira de rodas e depende de que o seu fillo non traballe ese día e poida cargar con el para poder sair. Coma él 94.787 persoas en Madrid non poden sair a rúa se axuda, todas elas teñen mobilidade reducida, e o problema non é só sair de casa, se non que teñen que encontrarse con aceras mal asfaltadas, bordillos demasiado altos, rampas que non funcionan, etc. Todo isto está a suceder a pesar de que a lei afirma que Madrid debe ser unha cidade accesible e que os edificios de viviendas están obligados a realizar ajustes razonables para que todas as persoas poidan levar unha vida normal, máis parece que non lles importa moito o que a lei diga.
    Existen numerosas organizacións que loitan todos os días para que estas persoas teñan unha vida digna e non necesiten pasar por situacións coma as que acabo de relatar, COCEMFE é unha delas, está asociación axuda a fortalecer, formar e coordinar os esforzos e actividades das entidades que traballan a favor das persoas con discapacidade física e orgánica para defender os seus dereitos e mellorar a súa calidade de vida. Adxunto a web oficial da organización onde explican máis detalladamente a súa labor e proxectan información moi interesante. http://www.cocemfe.es/portal/

    Data de emisión do comentario: 20/04/2016- 17:01
    Data de revisión do GBO: 20/04/2016- 17:34
    Data de publicación do comentario: 20/04/2016- 19:10

    Gústame

    1. Lucía Casas Piñeiro – S1C5

      Itziar, pese a cue resulte triste, a realidade é así. Como ben dis, realmente o que diga a lei pouco importa, por non dicir nada. Se realmente se aplicase todo o que a lexislación española di, a maior parte dos problemas e dificultades que as persoas con problemas de diversidade funcional teñen que encarar día a día desaparecerían. Considero moi interesante o apunte que fas sobre a cantidade desorbitada de persoas que non poden facer algo tan sinxelo como saír da súa casa: non quero nin imaxinarme xa o que tén que ser realizar tareas cotiás como ir a traballar ou facer a compra. Que a capital de España teña pouca accesibilidade xa parece broma, pero ¿de qué nos vamos a queixar se, máis importante que as barreiras arquitectónicas, as barreras mentais da poboación aínda non desapareceron?

      Algunhas fundacións como Disgrup (disgrup.org) realizaron varios proxectos onde se narra o día a día dunha persoa con problemas de movilidade reducida (Diario dun discapacitado) e as problemáticas coas cales se atopa regularmente. Realmente non nos damos conta do difícil que resulta para estas persoas enfrontar as barreras arquitectónicas que, por lóxica pura e comodidade, xa deberían desaparecer. Considero que isto debería servirnos como exercicio para facer unha crítica constructiva do que está mal na nosa sociedade e intentar cambialo.

      Revision GBO: 22/04/2016 23:01

      Gústame

  2. González Núñez, Ana – S2A6

    Ás veces parece que se non saímos na televisión non existimos, que se non somos famosos non temos problemas. Triste pero certo. É inxusto que só se mellorara a accesibilidade nos transportes cando nos demos conta de que uha persoa famosa o necesitaba. Pero a verdade é polo menos algo foi mellorado. Ás veces teñen que visibilizarse deste xeito os problemas que non visibilizan os medios de comunicación. O certo é que El Langui fixo unha estupenda labor por mellorar a accesibilidade dos autobuses en Madrid e así intentar que desaparezan as súas dificultades e as de moita xente que sofre día a día o mesmo ca el. http://www.lasexta.com/noticias/sociedad/langui-consigue-mas-115000-firmas-horas-conseguir-autobuses-accesibles-madrid_2016022500082.html

    Ademais, é unha alegría ver que a iniciativa de El Langui se contaxia a máis cidades. http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2016/03/06/ejemplo-langui-contagia-ourense-quejas/1417386.html

    É certo que os problemas de accesibilidade das persoas con algunha discapacidade non adoitan saír continuamente nos telexornais, mais non é un tema oculto, do cal os medios non se fagan eco. Moitos xornais e algunhas cadeas de televisión, como pode ser La Sexta, si que se fan eco das reivindicacións deste sector.
    http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/7507110/04/16/La-federacion-de-asociaciones-de-personas-con-discapacidad-exige-la-accesibilidad-del-tren-almeriamadrid.html

    Gústame

    1. Lucía Casas Piñeiro (S1C5)

      Ana, é certo que gracias a El Langui o problema da accesibilidade nas ciudades e, no transporte en xeral, deu un xiro brutal. Opino que grazas a toda esta movilización consiguiuse certos cambios que, de non ser por elo, houberan tardado incluso anos en levarse a cabo, pero non todo vale, e o feito de que esos cambios produzanse polo feito de quen pide reformas sexa un personaxe famoso, non termina de parecerme de todo ético. O fin xustifica os medios? Certo é que estamos mellor que antes, iso resulta innegable, pero se nos poñemos na pel de aqueles que levan loitando anos polos dereitos sen apenas conseguir nada, como sentaría?
      Opino que ós medios de comunicación lles fai falta una renovación total de valores, comezando por ter máis empatía. Empatía hacia a sociedade, non hacia os poderes hexemónicos, cousa que xa amosaron nas últimas décadas.

      Revisión GBO: 26/04/2016 1:41

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s