Tratamento do colectivo xitano nos medios galegos

Imaxe: “Juerga gitana en Montjuic”(1963), De Colita (Isabel Steva Hernández) ©

SENRA RIVAS, MARA S3C2

Estímase que en Galicia viven o 2% do colectivo xitano español. Actualmente a comunidade xitana en Galicia está a sufrir unha transformación dando como resultado unha mellora progresiva nas súas condicións de vida. A pesar disto, os xitanos galegos constitúen un dos grupos sociais máis vulnerábeis e desprotexidos da rexión. As entidades galegas traballan con empeño para lograr cuotas máis elevadas de integración poñendo o foco sobre a información, o emprego e o acceso a vivendas dignas.

No ámbito xornalístico, a prensa galega destaca pola publicación de noticias sobre xitanos durante o pasado ano, situándose como a terceira comunidade autónoma que máis textos divulgou, por detrás de Madrid e Andalucía. Esta circunstancia débese en parte, a casos moi mediáticos como a morte de Lupe a mans de seu marido en O Pino e o desterro de máis de 400 xitanos da familia dos Zamoranos por un conflicto relacionado coa venta ambulante en Porriño, ou á figura de Sinaí Gimenez, o príncipe dos xitanos. Tamén cabe destacar que Galicia foi a segunda comunidade autónoma que máis textos negativos publicou (41,86%).

Os medios galegos publicaron un total de 389 noticias, sendo de medios de A Coruña un 50,13% dos escritos, os de Pontevedra un 39,02%, os de Lugo un 6,98% e os de Ourense o 3,88% restante. Estes medios galegos destacaron tamén porque seu porcentaxe de noticias desfavorables ao colectivo xitano foi moi superior ao da media estatal, que se sitúa nun 20,41%. Situando así como xa dixemos a Galicia na segunda posición de peor trato. Pero a que destaca dentro de Galicia, é a prensa de Lugo, xa que un 66,7% de seus textos foron valorados como negativos. Pola sua parte, Pontevedra foi a provincia galega máis neutral, cun porcentaxe que se situou no 58,94% do total das noticias publicadas. Tamén cabe destacar que nin en Lugo ni en Ourense se rexitrou nin un so escrito favorable.

Por outro lado os xornalistas galegos só consultaron ás fontes xitanas un 36,69% dos casos, unha media lixeiramente superior á estatal 30.58%. Os tema máis tratados foron os sucesos 12,10%, o asociacionismo 8,75%, a xustiza 8,16% e política 8,09%. Pola contra non xeneraron ningún escrito sobre historia, lingua ou sanidade e hixiene. E por último as noticias que apareceron na portada de xornais galegos foron un 3,36% do total, 13 noticias exactamente.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:

Advertisements

4 comentarios en “Tratamento do colectivo xitano nos medios galegos

  1. Laura Casal Tizado – S1A5

    Moi interesante a túa entrada, Mara.
    Creo que o tratamento dos medios de comunicación cara o colectivo xitano é totalmente degradante e contribúe á creación dun estigma enorme na nosa sociedade. Ao igual que na entrada da compañeira Eila sobre o tratamento das persoas de nacionalidade sudamericana (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/15/no-punto-de-mira-sudamerica/), é moi importante o grandísimo estigma que se crea sobre as persoas de etnia xitana a través da información que se verte desde os medios de comunicación.
    Primeiramente, cabe destacar que, igual que nos pasa aos do noso grupo co tema das persoas con enfermidade mental, a maioría das veces que aparece o colectivo xitano mencionado nos medios de comunicación, é relacionado coa violencia ou a delincuencia. Isto contribúe a que a sociedade xeralice o caso dunha persoa aplicándoo a todo un colectivo. Por iso a nosa sociedade ten un estereotipo das persoas xitanas como persoas incultas, machistas, atrasadas, e que se dedican á chatarrería ou a roubar cobre e vender nos mercadillos.
    E, o máis impresionante, é que esta é xustamente a imaxe que verten os medios cando fan programas sobre a cultura xitana. Programas como os “Gipsy Kings” non fan outra cousa que contribuír a todos eses estereotipos que arrodean ao colectivo, e a maioría do colectivo xitano non se sinte identificado con esas personaxes que aparecen nas pantallas dos seus televisores.
    A Fundación Secretariado Xitano, que fai unha labor importantísima na visibilización do pobo xitano desde a autoafirmación do colectivo, lanzou ultimamente unha campaña co hastag #TelebasuraNoEsRealidad, na que critican, xustamente, os estereotipos que se verten sobre esta etnia nos medios (https://www.youtube.com/watch?v=J2FRWcT9jiI&ab_channel=Fund.SecretariadoGitano).

    Ás veces, os programas que se fan chamar “divulgativos” da cultura dun pobo, só contribúen á creación de estigmas e estereotipos sobre o mesmo. Debemos ter coidado á hora de tratar temas coma este, e máis se tratamos cun colectivo en risco de exclusión, e con problemas máis importantes que o vestido que van poñer para unha suposta voda dunha semana.

    Gústame

    1. SENRA RIVAS, MARA S3C2

      Ola Laura! Totalmente de acordo con todo o que dis. Xa non só no caso do colectivo xitano ou das enfermidades mentais, é que en calquera dos casos relacionados con colectivos minorizados repítese o esquema de só sacar o lado negativo. Penso que a prensa en xeral, e a galega en particular (porque vendo os datos publicados é bastante triste) debería mudar o tratamento da información, publicando cando sexa necesario de maneira negativa, pero tamén positivamente salientando actividades ou logros de estes colectivos.

      O caso de Os Gypsy Kings ou Palabra de Gitano son un caso claro do morbo que se quere crear ós telespectadores, aínda que tamén é certo e habería que admitir que se tratan de programas meramente de entretemento que buscan o show e a máxima audiencia e non informar con riguroso coidado. Por suposto, esto non saca que igual son necesario programas máis divulgativos e informativos para coñecer máis a fondo temáticas como esta. Algún exemplo podería ser Callejeros ou 21 días, nos que se acercan máis á realidade e seu xeito de vida, eso si, en moitos casos sempre coa puntilla dunha voda xitana ou un xuízo xitano para destacar as peculiaridades deste colectivo.

      Un saúdo Laura, alégrome de que che parecera interesante o post!

      Gústame

  2. RODRÍGUEZ FILGUEIRAS, EILA – S3B3

    Boas, Mara.
    A verdade é que descoñecía todos estes datos sobre a información que se da relativa aos xitanos. Como citou Laura no comentario anterior, no noso grupo estamos traballando sobre o tratamento dos medios en canto a inmigrantes, polo que podemos achegar unha pequena visión se consideramos aos xitanos como unha etnia diferente á nosa.
    Como ben apuntas ti, e como nós fumos descubrindo co noso traballo, as noticias que se publican sobre estes colectivos son na súa grande maioría noticias desfavorables para eles. Isto é debido a un claro racismo e acentuamento da exclusión social da que xa son víctimas. Temos unha noticia del Correo Gallego que informa de que o número de detidos por extorsión a vendedores nas feiras de Pontevedra ascende a 11 (http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/detenidos-extorsionar-vendedores-ferias-pontevedra-ascienden-11/idEdicion-2016-04-12/idNoticia-991011/). No corpo da noticia vemos como aclara innecesariamente que estas persoas son xitanas.
    Logo temos unha noticia bastante máis forte, tamén do Correo Gallego. O titular é “La ley gitana: una norma que impera sobre 20.000 gallegos” e explica como os xitanos aplican a súa propia lei en moitos municipios de galicia. A noticia podería ter un enfoque moito máis informativo e neutral, pero en vez diso trata as actividades do colectivo calé como unha mafia co local carácter caciquil. http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/ley-gitana-norma-impera-20-000-gallegos/idEdicion-2016-04-11/idNoticia-990737/

    Con isto pretendo apoiar os datos do teu artigo e probar, dende o punto de vista do traballo do noso grupo, que realmente é certo o trato especialmente pexorativo que recibe este colectivo por parte dos medios de comunicación, e que sen dúbida precisa un cambio inmediato.

    Revisión do editor: 21:30
    Revisión do coordinador: 21:46
    Hora de publicación: 22:59

    Gústame

  3. Ola Eila! Si, de feito estiven lendo teu artigo, moi interesante e con moita razón. A verdade esto é unha realidade que afecta a todos os grupos minoritarios.
    A primeira noticia que compartes non a coñecia e tes toda a razón, hai aclaracións que son innecesarias, que son feitas simplemente polo morbo e polos lectores, algo que debería de mudar axiña.
    Por outro lado, a segunda noticia xa a lera, e de feito compartera nun post de Gador que trataba tamén a temática do colectivo xitano, que de novo busca esa expectación morbosa, do mundo máis do show por así decirlo que envolve a realidade xitana.
    Un saúdo Eila!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s