Unha loita pública e común

Imaxe de: cosas.com

Iglesias Hervella, Kelly- S2B1

“Me quiero asegurar de que todos sabéis que lo que os hace diferentes ahora os hará brillar en el futuro, así que todos deberíais estar orgullosos de ser diferentes, deberíais estar orgullosos de ser quienes sois. (…) Lo más importante que quiero decir es que aceptéis quienes sois porque ser único es realmente importante”.
Con este discurso Ellen DeGeneres recolleu, ante un público adolescente, o Teen Choice Awards á mellor comediante do año. Pódese ver aquí: https://www.youtube.com/watch?v=4PbycHIdyow

The Ellen DeGeneres Show, máis coñecido como Ellen, é un programa de entrevistas que, dende 2003 e presentado por ela mesma, caracterizase por contar con entrevistas a celebridades (como Michelle Obama) e a persoas do público. Pero tamén, o seu éxito radica nos seus monólogos cómicos e números musicais.

O programa leva gañados xa 15 premios Emmy nas súas primeras tres tempadas. É destacable tamén polos diversos premios e viaxes (grazas ós seus patrocinadores) que outorga a persoas ou colectivos en situacións complicadas.

Recoñecida a nivel mundial, a presentadora e comediante é unha das principais activistas, loitadoras e defensoras da homosexualidade en EEUU.

E é que, baixo as palabras Yep, I’m gay” (“Sí, son gai”) Ellen DeGeneres ofreceu á revista Times unha das súas portadas máis recordadas.No seu interior, unha reportaxe na que a aclamada presentadora recoñecía, con toda a naturalidade e respeto que se merece, a súa orientación sexual.

Tamén afirma, que non foi ata que asistiu a un retiro de meditación en California cando se armou de valor e agallas para realmente admitir e aceptar a súa condición. A celebridade vivía preguntándose se a sociedade seguiría aceptándoa se o mundo se enteraba da súa condición social ou se rechazaríanna como con moitos casos sucedera.

E é que, a “saída do armario” é sempre unha situación difícil á que enfrontarse, e máis se se trata do lesbianismo, esfera que na sociedade está rodeada dun contexto de morbosidade engadido.

Sobre esta dificultade e tamén a espectacularización a que a someten os medios de comunicación de modo contínuo se fala no noso segundo círculo de lectura, ó que tendes acceso no seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=a5QhnH7ZpBo

Ellen foi noticia recentemente pola súa defensa dos dereitos homosexuais. E é que, o Estado de Misisipi, amparándose na liberdade relixiosa aprobou unha lei que nega o enlace de homosexuais, a adopción, os servicios sanitarios e ata incluso, dá a posibilidade de despedilos, non contratalos ou negarlles a posibilidade de alquiler dunha vivenda.

Facendo uso do seu programa e da súa voz como personaxe mediático, DeGeneres declarou en directo: “No soy una persona muy implicada en cuestiones políticas , pero esto no es política, son derechos humanos y esta ley es la definición exacta de discriminación”.

Cabe lembrar, a situación lexislativa existente en EEUU en materia de homosexualidade. E é que, a pesares da aprobación desta lei en Misisipi, o ano pasado, nunha decisión histórica, o Tribunal Supremos dos EEUU aprobou que a prohibición do matrimonio homosexual violaba a Constitución da súa nación.

Voltando ó fío condutor deste artigo, que non é outro que as personaxes célebres que, dende a súa posición social defenden e alzan a súa voz ó público loitando pola igualdade do colectivo LGTBI, debemos lembrar, que o caso de Ellen DeGeneres non é o único. O abano de cineastas, actores, presentadores, directores e empresas de diversos sectores que se mostraron en contra dunhas leis que rechazan os dereitos dos cidadáns é inmenso.

Así, sonada foi a cancelación do concerto en Carolina del Norte por Bruce Sprigsteen como modo de mostrar á sociedade a súa desaprobación cara a a lei homófoba que alí se aprobara. Poucas semanas despois, Bryan Adams faría o mesmo en Misisipi.

Podemos ver como, aproveitando a súa faceta pública e celebridade, os famosos alzan a súa voz para intentar lograr unha normalización da lexislación e o contexto ó que se expón o colectivo LGTBI. Unha realidade que, como ben todos sabemos, dista moito de ser a desexada, esperada e necesitada. Intentemos que o seu xesto cause, cando menos, reflexión naqueles que os seguen. Intentemos nós sumar as nosas voces coas súas para berrar máis forte polo que merecen.

REFERENCIAS:

Wikipedia (2015). The Ellen DeGeneres Show. [online]. Wikipedia.https://es.wikipedia.org/wiki/The_Ellen_DeGeneres_Show [Consultado 14 Abril 2016].

Pereda F., Cristina. (2016). Bryan Adams cancela un concierto en Misisipi por su ley antigay.[online]. El País. http://cultura.elpais.com/cultura/2016/04/11/actualidad/1460381700_417492.html [consultado 15 Abril 2016].

Redacción. (2016). Ellen DeGeneres, contra la ley de Misisipi que discrimina a los gais. [Online]. El Pais.http://elpais.com/elpais/2016/04/07/estilo/1460029726_281357.html [Consultado 14 Abril 2016].

Flores, Griselda. (2015). Ellen DeGeneres habla con Oprah sobre lo difícil que fue salir del clóset [VIDEO]. [Online]. Varietylatino.

http://varietylatino.com/2015/gente/noticias/ellen-degeneres-rompe-silencio-sobre-sobre-homosexualidad-oprah-winfrey-video-192529/ [Consulta 15 Abril 2016].

Daley, Tom. (2014). DeGeneres cumple 10 años con su novia: así es la vida de los gais más influyentes. [Online]. ElConfidencial, Vanitatis.http://www.vanitatis.elconfidencial.com/celebrities/2014-12-02/ellen-degeneres-cumple-10-anos-con-su-novia-asi-es-la-vida-de-los-gais-mas-influyentes_517508/ [Consulta 16 abril 2016].

Romo, Jose Luís. (2014). DeGeneres, lesbiana, influyente y millonaria. [Online]. El Mundo.http://www.elmundo.es/loc/2014/03/01/5310d98fca4741c20a8b4580.html [Consulta 15 Abril 2016].

Wikipedia. (2016). Matrimonio entre personas del mismo sexo en los Estados Unidos. [Online].Wikipedia.https://es.wikipedia.org/wiki/Matrimonio_entre_personas_del_mismo_sexo_en_los_Estados_Unidos [Consulta 17 Abril 2016].

 

Revisión da editora: a autora é a editora.

Revisión GBO: primeira revisión 20/04/2016 ás 10:30 e segunda revisión 20/04/2016 ás 12:15

Publicado: 20/04/2016 ás 12:01

 

Advertisements

18 comentarios en “Unha loita pública e común

  1. Cabado Vázquez, Aarón – S1E5

    É algo coñecido por todos, pero é incríbel que en EEUU, que se presupón a segunda potencial mundial e o país máis influinte do planeta, o tipo de pensamento predominante na sociedade sexa tan primixenio. Aínda que a mentalidade imperante evoluciona co paso do tempo (por pura inercia e coma parte dun proceso lóxico), actuar é necesario, e polo tanto, sempre é unha excelente nova observar que persoas famosas aproveitan a súa condición social para facer un chamamento en prol da tolerancia con respecto á diversidade sexual. Ademais, isto cobra unha relevancia especial en lugares nos cales tamén hai xente que fai o contrario, por inaudito que pareza: manifestarse a favor da intolerancia. http://www.eluniversal.com/noticias/internacional/marchan-contra-matrimonio-gay-eeuu-previo-decision-suprema-corte_40589

    Sen embargo, por sorte, parece que a situación estase a inverter, e non son poucos os que manifestaron o seu apoio á causa da aceptación do matrimonio homosexual. Un caso curioso é o dos humoristas. En ocasións dise que a mellor forma de criticar algo é facelo mediante o humor sarcástico, réprobo e viperino. Iso é o que fai o popular cómico Louie CK nunha das súas actuacións: https://www.youtube.com/watch?v=vjc0jGx4OhI

    Data e hora de revisión da editora: 20/04/2016 16:53
    Data e hora de revisión do coordinador: 20/04/2016 17:07
    Data e hora de publicación: 20/04/2016 17:10

    Gústame

    1. Bos días,

      mil gracias polo material aportado.

      A verdade é que cústame un mundo intentar entender cómo en 2015, en pleno século XXI, póidanse producir marchas como a do artículo que aportaches anteriormente. Marchas que loitan por prohibir o enlace de dúas persoas que queren compartir a súa vida xuntas, independentemente da súa identidade sexual. É algo para min, dificil de asimilar. Así tamén o son, as marchas antiaborto, pero esos é outro campo bastante profundo como para entrar na súa análise.
      Como confirmamos ca lectura do artigo que subín, ó final, en EEUU o matrimonio homosexual foi aprobado.

      E moito peso nesto teno a figura do Papa Francisco, unha figura que, independentemente das crenzas relixiosas ou non que se poidan chegar a ter, está facendo unha labora admirable en canto ó progreso e avance cara unha mellora das bases da Igrexa católica.
      Así, nunha das súas útlimas aparicións mediáticas afirmou que os divorciados pola Igrexa, aínda que formen e inicien unha nova convivencia seguirán sendo e formando parte dela.
      ” La Iglesia no cierra las puertas a nadie” é a frase mencionada polo pontífice coa que se da paso á noticia onde se explica este cambio:
      http://internacional.elpais.com/internacional/2015/08/05/actualidad/1438770370_346487.html

      No tocante ó colectivo LGTBI, o papa Francisco pronunciou: “Si una persona es gay, busca a dios y tiene buena voluntad, ¿quién soy yo para juzgarla?”.
      http://www.publico.es/internacional/papa-francisco-gays-juzgarlos.html

      Como vemos, os tempos están cambiando (eso sí, moi paulatinamente) cara un avance que, aínda que mínimo, forma parte dunha necesaria mellora coxuntural.
      Saúdos
      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 12:21

      Gústame

  2. Campos Castelos, Patricia – S1A4

    Ola Kelly! Antes de nada, noraboa pola túa entrada. É un colectivo moi discriminado nesta sociedade como todos os que estamos a tratar. Este tema tócame de cerca posto que eu teño unha amiga lesbiana que ao principio costoulle contarnos a súa orientación sexual posto que pensaba que nós mesmas, as súas propias amigas a íamos a rechazar cando, por suposto, non ía a ser así. Dende a miña opinión estamos nunha sociedade moi conservadora neste tema posto que o amor tamén pode existir entre un home e un home e entre unha muller e outra muller. Con isto quero dicir que non necesitas a unha persoa do sexo oposto para compartir a túa vida. Xa mesmo na definición de matrimonio non atopamos ningunha distinción posto que di “unión entre dúas persoas mediante ritos o formalidades legais e que é recoñecida como familia”. Sintetizando, xa está ben de tachar as persoas e sobre todo de xulgalas antes de coñecela. Todo isto teñen a culpa os medios de comunicación xa que son os encargados de etiquetar sen indagar.

    – Revisión editor: 20/04/2016 16.30
    – Revisión coordinador: 20/04/2016 16.50
    – Publicación: 20/04/2016 16.58

    Gústame

    1. Bos días Patri,

      gracias polas achegas que deixaches no teu comentario. Dende logo, coincido con todas as túas reflexións. É difícil crer, que aínda hoxe, na nosa sociedade que presume de ser avanzada, unha persoa homosexual teña medo, angustia, por rebelar a súa condición sexual ante o mundo. Unha situación que debería estar normalizada.
      Penso que, como ben dis, case todos coñecemos a algúen a quen lle foi custoso facelo, e isto é, realmente unha lástima.
      Esta dificultade, está ligada tamén e de modo directo á inmoralidade e vacíos legais que no tocante a este tema, existen. E é que, tan só fai 4 anos o matrimonio homosexual foi aprobado no noso país.
      Foi grazas a un recurso interposto á lei homófoba aprobada polo goberno de Aznar e cuxo trámite foi admitido polo TC no ano 2005.
      Deixoche aquí un link á unha das múltiples noticias que se facía eco deste acontecemento de tal relevancia:

      http://www.rtve.es/noticias/20121106/tribunal-constitucional-avala-matrimonio-homosexual/573154.shtml

      Saúdos!
      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 12:04

      Liked by 1 person

  3. Cacheiro Requeijo, Santiago – S1A3

    Moi interesante o teu post Kelly, de sobra coñecida é a loita de persoas coma a grande Ellen DeGeneres contra unha sociedade que en ocasións, pese a presumir de ser liberal e democrática coma a estadounidense, nos segue a regalar casos coma o de Misisipi que atenta contra os dereitos humanos. É moi importante que xente tan influínte como é o caso da presentadora axude co seu traballo e dende a súa postura a concienciar á sociedade sobre este tipo de temas. Aínda asi, “saír do armario” deberíalles resultar máis doado, pero a estas alturas seguen a estar nun país no que o mundo do entretemento e a industria do cine (tan respetada no resto do mundo) continúan a amosarse conservadores e pouco respetuosos coas chamadas “minorías”, como mostra este artigo que fala disto:

    http://www.eldiario.es/cultura/cine/Discriminacion-Oscar-racismo_0_480852814.html

    – Revisión editor: 21/04/2016 10:25
    – Revisión coordinador: 21/04/2016 10:45
    – Publicación: 21/04/2016 10:59

    Gústame

    1. Bos días Santi,

      mil grazas polo teu comentario.
      A presenza e existencia destes personaxes públicos que alzen a voz implorando un cambio nunha sociedade como é a americana é imprescindible. Dende Ellen DeGeneres, quizáis unha das caras máis recoñecidas nesta loita, o número de actores, cineastas e persoas de diferentes campos profesionais é moi elevado. O que, se reflexionamos é lamentable, xa que a súa petición de axuda e cambio non debería ser necesaria nun país onde a homosexualidade é legal. Pero vemos, que a sociedade, segue un paso atrás.

      Plantexamentos a parte, quedei impactada co artigo que aportaches. Nunca parara a reflexioanr sobre este aspecto da gala dos Oscar, e é realmente interesante.
      Por todos sonada foi a ausencia de persoas de cor na gala, pero non ó de membros de colectivos LGTBI.
      Quédome coa útlima reflexión do mesmo, que di:

      “A las negras les concederán papeles de mucama o de chica marginal del Bronx. Las latinas representan el prototipo hipersexualizado de la belleza curvilínea subida de tono. Y las protagonistas de una historia de amor lésbico serán acusada de alimentar las mentes obscenas de aquellos que vean la película como un sucedáneo al porno”.

      Por outro lado, e moi relacionado coa industria do cine, quero deixar aquí o enlace a un vídeo de Youtube no que unha actriz americana, Ellen Page, aproveita a entrega duns premios para, cun discurso emocionante, dar a coñecer ó mundo que é lesbiana. Ademais, tamén loita contra a maipulación e estereotipos dos medios de comunicación.
      “Aquí estoy yo, una actriz, representando en algún sentido una industria que crea estándares aplastantes sobre nosotros. Estándares, que también me han afectado”. IMPRESCINDIBLE VELO:

      Saúdos
      Revisión da editora: a autora é a editora
      Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 12:35

      Gústame

  4. Marta Eireos Currás – S1C4

    ¡Bos días, Kelly! Antes de nada, me gustaría felicitarte polo túa entrada. Ellen é unha grande estrela mediática, coñecida en case todo o mundo polo seu ‘show’. Estou segura de que axudou ou axudará enormemente, dunha forma ou outra, ao colectivo gay coas súas declaracións.

    Hoxe en día, atopámonos con toda unha serie de tópicos acerca das relacións homosexuais. A maioría destos tópicos teñen como propósito convencernos de que a homosexualidade é algo que vai en contra da natureza humana, que os gays e as lesbianas son ‘raros’ ou ‘desviados’.

    Aínda que melloramos enormemente respecto á anterior década, aínda queda moito por facer e moito camiño por recorrer para conseguir a igualdade total para o colectivo gay. Pero, sen dúbida, resulta de gran axuda que persoaxes mediáticas recoñezan a súa homosexualidade e reivindiquen os dereitos deste colectivo.

    Estados Unidos aprobou en todo o país o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, un gran avance, e non cabe duda de que os famosos xogaron un papel importante para conseguilo. Podemos salientar a axuda da parella formada por Brad Pitt e Angelina Jolie, coñecidos por apoiar e axudar nas distintas causas e movementos sociais. Angelina viaxou a diferentes partes do mundo realizando campañas e Brad colaborou na loita dos dereitos do matrimonio igualitario, doando grandes cantidades de diñeiro a fundaciones como The American Foundation for Equal Rights: http://www.eleconomista.es/evasion/gente-y-estilo/noticias/3214323/07/11/Brad-Pitt-apoya-al-colectivo-gay-neoyorquino.html

    Revision GBO: 22/04/2016 23:18

    Gústame

    1. Bos días Marta,
      mil gracias polo teu comentario, e aproveitando, feliz cumpleanos!
      como ben dis, o papel mediático que xogan estas celebridades é asombrante.
      Moitas veces descoñecedoras do forte papel e repercusión que teñen nos espectadores, chegan, ata a a ser, icono e creadores de tendencias e modas. Pero tamén, e quizais máis importante é o papel e axuda psicolóxica que poden aportar. Como a gran labor de Ellen.
      Coñecía a importante axuda que unha das parellas máis mediáticas, senón a máis mediática facía con ONG´S africanas e de apoio á infancia. Pero era totalmente descoñecedora do seu apoio a este colectivo.
      Foi un pracer ler as declaracións de Brad Pitt sobre o matrimonio homosexual, grazas polo enlace.
      ¿Sabías que o protagonista de Harry Potter, Daniel Radcliffe colabora económicamente cunha fundación que apoia ó colectivo LGTB?
      Esa fundación chámase Proyecto Trevor, nace en 1998 e é unha organización sen ánimo de lucro estadounidense que opera cunha línea de axuda 24 hora de prevención de suicidios e crises de rapaces que forman parte do colectivo a estudo. A súa función é vital, admirable.
      Déixoche aquí os enlaces ó artigo de Daniel Radcliffe e tamén, o do proxecto Trevor. Merecen a pena.
      http://www.trendybynick.com/2015/08/nickelodeon-for-good-10-famosos-que-usan-su-fama-y-dinero-para-ayudar-a-los-demas/
      http://www.thetrevorproject.org/

      Saúdos.

      Revisión da editora: a autora é a editora.
      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:20

      Gústame

  5. Villamel Baliñas, Tatiana S3D5
    É realmente preocupante que na época na que vivimos cando unha famosa di que é lesbiana sexa esta unha noticia “bomba”, e que o teña que facer publicamente para que as persoas acepten a aquelas mulleres lesbianas que teñen ao seu redor, considerándoo algo normal. É certo que os personaxes famosos dan visibilidade e tamén normalidade a unha situación que a estas alturas xa debería de estar máis que aceptada. Sen embargo, vivimos nun mundo no que necesitamos un Día Internacional contra á Homofobia. Un día no que non só se loita para poñer fin a discriminación legal que sofren os homosexuais en moitos países (como é o caso actual de Missisippi), senón para rematar dunha vez coa discriminación que as leis non amparan, unha discriminación solapada en miradas de desprezo e comentarios despectivos cara aquelas persoas que a norma considera “diferentes”. E non cabe dúbida que os pensamentos son libres, e que cada persoa ten os seus. Os famosos Domenico Dolce e Stefano Gabbana, unha das parellas homosexuais máis coñecidas do mundo por crear a marca Dolce&Gabbana, defenden a familia tradicional, argumentando que todo neno ten dereito a ter un pai e unha nai. http://www.elsalvador.com/articulo/editoriales/conmovedora-carta-hijos-homosexuales-dolcegabanna-70318
    Ditas palabras foron moi criticadas por outros famosos homosexuais: https://www.aciprensa.com/noticias/famosos-gays-dolce-gabbana-defienden-familia-natural-y-rechazan-adopcion-homosexual-40247/
    Os famosos inflúen constantemente nas nosas vidas, cando eres pequeño sempre tes un ídolo ou queres semellarte a alguén dos que ves no televisor. Isto supón, que a aceptación pública da orientación sexual de moitos famosos faga posible que moitos nenos e nenas se atrevan a “saís do armario” considerando esta acción como algo totalmente normal, que así o é. Un exemplo de famosa é o caso da actriz canadiense Ellen Page, que declarou a súa homosexualidade nun emotivo discurso no que falaba dos dereitos humanos e de vivir a propia sexualidade en liberdade. Tamén realiza unha serie documental nomeada Gaycation, na que se encargaba de enfrontarse aos homófobos declarados en tódalas partes do mundo, chegando a entrevistar a un policía que tiña como labor matar homosexuais. O seu obxectivo era amosar as distintas facetas do colectivo LGTBI arredor do mundo.
    Foron moitos os famosos que na última década declaron ao público a súa verdadeira sexualidade. “O amor é simplemente amor, sen importar o xénero que o exprese”, así é a filosofía da campaña fotográfica na que Eva Longoria, a prometida de Pepe Bastón, participa para loitar contra a homofobia. Ela, ao igual que varios artistas de Hollywood participan na campaña “Imaginary Couples” do fotógrafo francés Olivier Ciappa, quen ten como principal obxectivo eliminar o odio ás parellas do mesmo sexo. http://bugatuabuela.com/imaginary-couples-una-campana-contra-la-homofobia/
    Polo tanto, para deixar de considerar diferentes ao colectivo LGTBI é necesaria, polo tanto, a axuda de rostros mediáticos como o de Ellen DeGeneres, Ellen Page, Eva Longoria, ou moitas outras famosas, que reclaman para os homosexuais unha vida sen mentiras, sen prexuízos e sen discriminación. Quizais algún día o presentarse un famoso en sociedade como homosexual deixe de ser noticia.

    Data de emisión do comentario: 21/04/2016- 14:08
    Data de revisión do GBO: 21/04/2016- 17:54
    Data de publicación do comentario: 21/04/2016- 18:24

    Gústame

    1. Bos dias Tatiana,

      grazas polas túas achegas. Teño que decir que quedei realemente asombrada coas declaracións de Dolce e Gabanna. Claro está, que ainda que causen o meu asombro, a sociedade ten e debe respetar todos os puntos de vista, xa que así está recoñecido na mesma. A libertade de expresión é un dereito. E isto conleva, a que ás veces teñamos que escoitar duras declaracións que non compartimos. Declaracións como esta:

      “Nosotros no hemos inventado la familia. La ha convertido en un icono la Sagrada Familia. Y no es cuestión de religión o estado social, no hay vuelta de hoja: tú naces y hay un padre y una madre. O al menos debería ser así”.

      Claro está, que estas xunto con outras declaracións semellantes, causaron a furia de todo o colectivo LGTBI así como de todos aqueles que defendemos e loitamos polos seus dereitos sen ser partícipes no mesmo.
      Pero como dicía, a libertade de expresión existe. Non todos pensamos igual.
      Frente ás declaracións que os modistas facían:

      “Soy gay, no puedo tener un hijo. Creo que no se puede tener todo en la vida. Es también bello privarse de algo. La vida tiene un recorrido natural, hay cosas que no se deben modificar. Una de ellas es la familia”.

      teño a vontade de compartir con vós unha noticia que lín fai poucos dias no xornal e que, dentro dos límites da miña libertade de expresión, alegroume moito.
      Nela relátase cómo o Tribunal de Menores de Roma concedeu a unha parella homosexual a adopción dun neno froito dunha xestación subrogada dunha muller á que recorrera un dos membros da parella.
      Déxoche aquí o enlace:

      http://www.elmundo.es/sociedad/2016/03/21/56f0493f22601dc1408b4628.html

      Por último, unha reflexión que seguro che resulta familiar : “los hechos son sagrados y las opiniones, libres”.
      Un saúdo.
      Revisión da editora: a autora é a editora.
      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 19:22

      Gústame

  6. Ricardo Baloira Armas – S1E1

    Bos días, Kelly.

    “Me quiero asegurar de que todos sabéis que lo que os hace diferentes ahora os hará brillar en el futuro…” Cos seus discursos Ellen DeGeneres sen dúbida axudará a que sexan máis aceptados os mozos LGTBI, ademais de que se sintan identificados con ela, unha muller lesbiana que perfectamente puido alcanzar o éxito na súa carreira.

    O que quero dicir é que é importante que as persoas famosas, formen ou non parte do colectivo LGTBI, aproveiten a súa influencia e o interese que suscitan as súas opinións en comparación ás das persoas anónimas para axudar, tal e como dis, a normalizar a lexislación e o contexto no que se expón o colectivo LGTBI. Déixoche enlaces a varios estudos onde tratan a autoridade dos famosos na opinión pública e os medios.

    http://www.fbofill.cat/sites/default/files/1555_0.pdf

    http://www.injuve.es/sites/default/files/2012/45/publicaciones/Revista96_1.pdf

    http://www.razonypalabra.org.mx/N/N90/Varia/20_McPhail_V90.pdf

    Esperemos que los famosos utilicen esta influencia en la opinión pública mejor de lo que lo han hecho los medios de comunicación y consigan parar con las criminalizaciones a los grupos sociales minoritarios.

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 21/04/2016- 21:00

    Data de revisión do GBO: 21/04/2016- 21:45

    Data de publicación do comentario: 22/04/2016- 12:28

    Gústame

    1. Bos días Ricardo,

      pois sí, o poder dos medios de comunicación na sociedade é increíble. Increíble como nos podemos deixar influenciar e ata qué punto nos pode chegar a crear unha imaxe que non é do mundo.
      Os estudos que me aportaches son cando menos, moi interesantes. Teño que recoñecer que tan só lin dous dos tres aportados, xa que 500 páxinas facíanseme algo longas.
      Impactante, dende logo, como con estudos profundos e especializados podemos abrir os ollos ante algo que temos tan interiorizado.
      Déixoche aquí un enlace a un pequeno artigo no que se fala do noso papel como cuarto poder. É moi interesante:

      http://www.unav.es/fcom/communication-society/es/articulo.php?art_id=279
      Mil gracias, saúdos
      Revisión da editora: a autora é a editora.
      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:30

      Gústame

  7. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Pensamos que Estados unidos é un país moi liberal e tolerante polo feito de ser o “páis das oportunidades” pero en realidade non é así. As institucións van de “progres” pero a Igrexa xoga un pape máis importante do que cremos alí. Falan de igualdade e de no discriminiación pola orientación sexual, pero logo, por exemplo, en Modern Family vemos mostrar continuas de amor entre todos menos entre o matrimonio homosexual, que dedícanse a darse abrazos en lugar de besos, como o fan Gloria e Jay. Podedes ler máis sobre este asunto neste artigo da jotdown http://www.jotdown.es/2013/10/en-la-boca-no/

    En moitas materias estamos avanzando, sobre todo polo que ti dis, o abano de famosos que apoian a cuestión e queren facer xustiza de unha vez. Pero queda un longo periodo por percorrer e moitas mentes que abrir. Grazas polo artigo!

    Revision GBO: 22/04/2016 23:26

    Gústame

    1. Bos días Carmen,
      moitas gracias polo teu comentario.
      A verdade é que tes toda a razón do mundo. Como fiel seguidora desta serie xa me dectara en numerosas ocasións de detalles como o que se analiza no teu artigo.
      É unha pena. Como ben dís, a sociedade americana véndese como unha realidade que dista bastante de ser a existente.
      Así tamén, aínda comentaba fai pouco o extremadamente machista que é o fútbol americano e cómo nel, se marxina e ataca ós xogadores homosexuais.
      Cabe mencionar tamén o número de series e películas existentes no que se da normalidade (que é o lóxico) ás parellas homosexuais. Destaco unha, Orange is the new black, serie que engancha dende o primer capítulo e que é para min, moi boa.
      Déxoche aquí un artigo do xornal El País no que se fala do efecto “Orange”, referido a como ésta serie se consolida como estandarte da visibilidade lesbiana no mundo da industria do espectáculo.

      http://elpais.com/elpais/2014/08/28/gente/1409241370_674390.html

      Mil gracias!
      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 19:03

      Gústame

  8. Cascales Quiroga, Gádor S1E5
    Bos días Kelly, antes que nada felicitarte polo teu artigo e decir que estou dacordo cos comentarios dos meus compañeiros cando resaltan que Estados Unidos parece o país das oportunidades, onde todo o mundo ten os mesmos dereitos e onde teñen a igualdade por bandeira, ou iso é o que nos pretenden vender nas súas películas, cando a verdade dista moito desta realidade. A discriminación hacia as persoas homosexuais non so ocorre en Misisipi, en Texas, por exemplo, a pesar de ter aprobado o matrimonio entre persoas do mesmo xénero, segue tengo unha forte carga discriminatoria como demostraron cando en 2014, os republicanos apoiaron unha terapia psicolóxica co fin de volver heterosexuais ás persoas homosexuais http://www.semana.com/mundo/articulo/republicanos-piden-terapia-para-gays-en-estados-unidos/391234-3 . Por iso é tan importante que as persoas famosas alcen a voz co fin de lograr a visibilidade deste asunto e de denuncialo publicamente, xa que os líderes do país fan todo o contrario aprobando leis que solo conseguen que a sociedade de un paso hacia atrás, e por iso me parece tan formidable o traballo de Ellen DeGeneres sobre este asunto.

    -Revisión editor: 23/04/2016 14:10
    -Revisión coordinador: 23/04/2016 14:11
    -Hora de publicación: 23/04/2016 14:25

    Gústame

    1. Boas tardes Gádor,

      graciñas polo teu comentario en primer lugar.
      Coincido plenamente co teu plantexamento e é que, a realidade que queren vender dista moito da imperante nas rúas.
      E, cabe aquí agradecer a faceta dos medios de comunicación que nos deixan ver esta realidade e quitarnos a venda dos ollos.
      Quedei absorta co enlace á noticia que aportaches. É incríble que se ofreza por parte do goberno de Texas unha “terapia” para dar ‘tratamento’ a homosexuais que queiran cambiar a súa orientación sexual.
      En qué momento iso é algo que necesite tratamento psicolóxico? O amor e a atraccion non entenden de sexos. E por outra parte, iso é unha decision que sae do máis interno e íntimo dunha persoa, non “se cambia”. Non é como se eu decido apuntarme a voleivol e logo cambio por fútbol porque vexo que me gusta máis.
      Paréceme realmente asombroso, e mais despois do traballo e o contacto que levamos tendo todas estas semanas con membros deste colectivo.
      Respeto, valores e dereitos humáns. Unha petición necesaria.
      Por outro lado, deixoche aquí un artigo da Asociación Católica de Psicología sobre a “cura da homosexualidade”. É triste que hoxe en día sigan publicándose cousas como esta.

      http://www.acapsi.com/curacion_de_la_homosexualidad.html
      Mil gracias guapa!
      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 19:00

      Gústame

  9. Lestón Lago, Antón (S1E6)

    Noraboa por este artigo Kelly. É inaceptable que teñan que saír os famosos reivindicándose para que os medios de comunicación fagan algo de caso. Hai dous anos, na NFL (a Liga estadounidense de fútbol americano) pasou algo parecido. Alí, despois da universidade, realizase un draft no que os equipos da primeira categoría seleccionan os mozos máis válidos. Pois ben, antes de realizarse, este proceso de selección Michael Sam declarouse homosexual. Foi así, o primeiro, recoñecido, que fose a xogar na primeira división nacional. Aquí che deixo un artigo sobre as dificultades ás que se tería que enfrontar, nun deporte tan machista: http://www.bbc.com/mundo/noticias/2014/02/140210_homosexualidad_en_futbol_americano_michael_sam_bd
    Pero ademais, só ano mais tarde, en 2015 decidiu retirarse, pois estaba preocupado pola súa saúde mental : http://www.bbc.com/mundo/noticias/2015/08/150815_deportes_eeuu_futbol_americano_jugador_gay_se_retira_bd

    Polo tanto, é moi importante que casos como o de Ellen ou o de Jesse Tyler (Mitchell en Modern Fammily) sexan cada vez mais frecuentes nos medios. Pois a súa repercusión e maior e pode axudar a concienciar a cada vez máis persoas. Aquí che deixo un artigo, con dez famosos que reivindicaron a súa homosexualidade: http://www.que.es/television/fotos/diez-actores-television-orgullosamente-gays-f512579.html

    Revisión do editor: 23/04/2016 – 15:00
    Revisión do coordinador: 23/04/2016 – 15:30
    Publicación final: 25/04/2016 – 14:06

    Gústame

    1. Boas tardes Antón,
      grazas a tí polo teu comentario.
      Era consciente do machismo imperante nas ligas americanas, dentro dunha sociedade que, como se tratou en comentarios anteriores, dista moito de seren como as súas leis antihomofobas propoñen. Pero non de que fose tan duro. E é que, chamoume moito a atención algúns dos comentarios que se reflexan no artigo que fixeron os seus compañeiros. Comentarios como:
      “No creo que fuera algo tan aceptado como se puede pensar en un principio. Y no es porque seamos homófobos, Pero a la hora de desvestirnos o ir a la ducha, si el compañero de al lado es gay, ¿qué vamos a pensar?”.
      Que pasa? que creen que nos vestiarios dos seus ximnasios non se atoparán con xente homosexual? Que se teñen, que agochar dentro da sociedade? A libertade existe e é necesaria.
      Que lástima que se retirase, que lásitima cando as presións da sociedade poden con un.
      Pero o mundo do deporte, e quizáis máis do fútbol, sempre foi así.
      Deixoche aquí o enlace a un artigo moi intersante que lin fai pouco as declaracións do ex técnico do Milan. A min dende logo, causanme moita rabia. Paga a pena lelo.

      http://hsbnoticias.com/noticias/deportes/f%C3%BAtbol/las-mujeres-no-son-aptas-para-hablar-de-futbol-mihajlovic-201096

      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 19:30

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s