A situación laboral das persoas con deficiencias auditivas

Riande Cortizo, José Carlos-S3A2

arton4595-6bffc

http://www.anticapitalistes.com

En tempos de crise, aumenta o número de persoas que non atopa traballo. Isto sempre é así. Pero as persoas que contan con algunha discapacidade, ao ser grupos minoritarios máis vulnerables, o notan moito máis. Existe unha situación de discriminación sociolaboral, que xa pode verse reflectida á hora de realizar a entrevista. Isto pode convertirse nun obstáculo insalvable para a persoa xorda. Pero ser unha persoa xorda non supón ter unhas características intelectuais específicas. Trátase dunha comunidade amplia e heteroxénea, que loita por desenrolarse profesionalmente nun entorno que fai escasos esforzos ao seu favor.

Así o indica a Asociación ‘Clave, atención a la deficiencia auditiva’. Nesta nova sinalan varias medidas para adaptar o posto de traballo a estas persoas. Unha boa iluminación que facilite a lectura labial, a disposición adecuada de mobles para comunicarse cos demáis compañeiros, e un bo acondicionamento acústico para que absorba o son e elimine a reverberación. Según a propia Asociación, o paro afecta a máis do 50% das persoas xordas en España. Unha taxa de desemprego brutal.

A nova volve a recoller declaracións dunha Asociación, pero nin rastro das persoas xordas que se atopan en paro. Así mesmo, o titular utiliza o calificativo “xordos”. Sen poñer “persoas” ou “con deficiencias auditivas”. Facendo unha mostra dunha linguaxe non inclusiva.

As persoas xordas son productivas, entréganse ao seu traballo con empeño e dedicación, conscientes das poucas oportunidades que teñen. Un exemplo é Arabia Serrano, alumna xorda que cursa o grao de Educación Primaria. Para iso conta cunha intérprete que lle facilita a comunicación na aula. A súa meta é ser profesora de primaria e dar clase a nenos xordos. Pero aquí, en canto ao tema das profesións, parece haber distintos puntos de vista. José Antonio Estévez, membro do noso círculo de lectura afirma que “un ten que ser consciente das súas limitacións. Eu aínda que querría ser profesor non podería. Perdería moitas preguntas que me fan os alumnos e o control da clase. Igual para grupos reducidos podería funcionar”.

Estas persoas poden atoparse co problema do paro tras unha formación académica excelente. Así o di Eduardo Jaén, técnico de reparación de ordenadores e que padece xordera. “En las empresas se han aprovechado de mí por ser sordo”. Ao mandar o currículum pregúntanlle se pode coller o teléfono. Non pode. E isto xa é un impedimento de forza para as empresas, que deixan de ter en conta as outras capacidades de Eduardo. Laméntase de que “los empleos para sordos e sordas son de baja cualificación, como limpiadores o mozos de almacén”. Di que as empresas se aproveitan deles. “Non é un acto solidario, senón que o fan para pagar menos e beneficiarse das subvencións estatais”.

Pero a nova que máis me chamou a atención e me fixo frotar os ollos foi a seguinte. Vou citar o titular textualmente, para que entredes en situación: “TVE castiga a un periodista por el enfoque de sus noticias sobre el paro y le manda al programa para sordos”. Nunha soa nova, atopamos dous aspectos a tratar. O primeiro é o uso da linguaxe. A palabra “castiga” atópase totalmente fora de lugar. Non é ningún castigo tratar coas persoas con discapacidades auditivas. Nin traballar con eles, nin falar con eles, nin estar con eles. Parece que a este xornalista esquecéuselle que tamén son persoas coma el, e que por esta razón deben gozar dos mesmos dereitos e igualdade de oportunidades. Pero mal estamos si son os medios de comunicación os que non fan a función de formar e educar á poboación. Os están discriminando, coma se foran bichos raros cos que non hai que estar. E en segundo lugar está a manipulación nos medios, tema que trata o grupo S2A do Observatorio. Por enfocar as noticias dunha determinada maneira, os de arriba danche un toque de atención e cambian o teu posto de traballo.

É preocupante o aumento discrminatorio que se produce en tempos de crise, nun xa de por sí, grupo con altas posibilidades de atoparse discriminado. Os medios deben plasmar a inxusta situación, darlles voz mediante declaracións e facelos ver. Senón o colectivo estará cada vez máis lonxe da integración.

Referencias:

Europa Press (28 de novembro de 2015). El paro afecta a más del 50% de los sordos en España, según la Asociación Clave. Consultado o 19 de abril de 2016, EPsocial. http://www.europapress.es/epsocial/ong-y-asociaciones/noticia-paro-afecta-mas-50-sordos-espana-asociacion-clave-20141128125032.html

Chaparro, Lourdes (17 de abril de 2016). Alumnos con coraje. Consultado o 19 de abril de 2016, el Día. http://www.eldiadecordoba.es/article/cordoba/2264487/alumnos/con/coraje.html

Campo, Eduardo del (14 de xullo de 2015). Canal Sur busca intérpretes de saldo para los televidentes sotdos. Consultado o 19 de abril de 2016, El Mundo. http://www.elmundo.es/andalucia/2015/07/14/55a54e9146163f73608b459a.html

Campo, Eduardo del (16 de febreiro de 2010). “En las empresas se han aprovechado de mí por ser sordo”. Consultado o 20 de abril de 2016, El Mundo. http://www.elmundo.es/mundodinero/2010/02/16/economia/1266321870.html

Voz Pópuli (20 de enero de 2015). “Tve castiga a un periodista por el enfoque de sus noticias sobre el paro y le manda al programa para sordos”. Consultado o 20 de abril de 2016, Voz Pópuli. http://vozpopuli.com/economia-y-finanzas/56170-tve-castiga-a-un-periodista-por-el-enfoque-de-sus-noticias-sobre-el-paro-y-le-manda-al-programa-para-sordos

Advertisements

6 comentarios en “A situación laboral das persoas con deficiencias auditivas

  1. López Fernández, Alejandro – S2D5

    Ola Carlos, de todo o teu artigo quédome sen dúbida co “castigo” ao xornalista. Xa non só é un erro gravísimo no tratamento da información, directamente atenta contra a dignidade das persoas xordas. Coma ti dis, son considerados coma “bichos raros”, olvidando a súa condición de ser humano. Invisibilizar aos afectados ou non contextualizar o feito son exemplos de malas prácticas dos medios de comunicación; igualar o programa para xente xorda ao mesmo nivel que un reproche ou un castigo vai más aló do mero ámbito xornalístico. É totalmente inadmisible.

    Por outra banda, non estou dacordo co que afirma José Antonio Estévez, polo menos en parte. É certo que cada un ten que ser consciente das súas limitacións, pero iso non debe implicar o rechazo da túa vocación. No caso da ensinanza, a solución pasaría por establecer máis facilidades que normalizasen o traballo dunha persoa xorda, pois merecen as mesmas oportunidades que calquera outra.
    Esta inclusión na sociedade debe emprenderse dende a infancia, sobre todo no propio marco da ensinanza.
    http://www.parasordos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=288:pucv-capacitara-a-futuros-profesores-para-que-trabajen-con-estudiantes-sordos&catid=13:noticias&Itemid=161

    Por outra banda, as persoas xordas non só sofren discriminación pola súa condición, senón que poden ser invisibilizados polos medios dada a precariedade que sofren. No noso segundo círculo de debate comentouse o tratamento dos medios en referencia á precariedade laboral, no que se destacou a falta de voz daqueles traballadores que reivindican os seus dereitos e a falta de contexto da súa loita. No caso de persoas xordas esta situación agrávase aínda máis, sendo un colectivo que xa de por si apenas conta con presenza nos medios.
    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/ii-circulo-de-aprendizaxe-sobre-a-precariedade-e-a-pobreza/

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 18:46
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Gústame

    1. Boas Alejandro.
      Xa supoñía que te chamaría a atención esa nova do “castigo” ao xornalista. Inadmisible quédase corto. Está claro que é un exemplo do que non se debe facer. Tratar desa forma a un colectivo en risco de exclusión, é directamente darlles ese empurrón cara unha maior discriminación. Parece que en vez de realizar a labor social xornalísitca, o que se está facendo neste artigo é incrementar as diferenzas. Refirese a estes de forma distinta, coma se non fosen persoas. Coma se foran seres doutros planetas que non escoitan ben, e por ese motivo hai que desprestixialos.
      Comprendo o que queres dicir no segundo parágrafo, e por suposto respeto totalmente a túa opinión. Mais penso que o quería dicir José Antonio Estévez, membro do noso círculo de lectura, é que un debe ser consciente das limitacións que ten para poder acadar un posto laboral. Por moito que a mí me guste o fútbol, eu sei que o teño complicado nesa profesión. Debo buscar outras vías nas que conte con máis posibilidades. Non é nada malo, e isto non lle ocorre soamente ás persoas que teñen algunha discapacidade, simplemente é iso. O mundo está feito un pouco cos párametros da lei da selva: Adáptate ou morre.
      Por suposto, é importantísima a educación. A base para formar e non repetir nun futuro, os errores que estamos a ter no presente. http://educrea.cl/la-integracion-de-los-ninos-sordos-en-el-sistema-escolar-el-caso-de-adela-g/
      En efecto. Eu creo que é unha combinación de ambas cousas. Por un lado e como dis, a precariedade e invisibilización fan que os xordos queden apartados. Pero eu creo tamén que hai que sumarlle algo máis. Algo onde a culpa é de todos. Tratalos diferentes, como si tivéramos medo cando nos falan en linguaxe signal. Hai que mellorar estas cousas. O colectivo das persoas xordas apenas ten presenza nos medios. É difícil atopar algunha nova onde se trate algún tema relacionado con estes. E xa que teña declaracións dos implicados, resulta como atopar unha agulla nun palheiro.http://resumendelaregion.com/los-sordos-reclaman-por-sus-derech/
      Un saúdo.

      Gústame

  2. Ola Carlos! Noraboa pola túa entrada. Seguindo co que comentaba Alejandro, a verdade é que despois de ter lido os teus últimos posts e de concienciarme un pouco sobre este tema, dóeme na alma ver a nova do castigo. Pregúntome, polo tanto, cómo se sentirá unha persoa con deficiencias auditivas cando le iso. Seguro que nada ben. Por iso é tan que os medios de comunicación non lles den un trato discriminatorio e teñan sempre en conta a súa sensibilidade. Ao mesmo tempo, por desgraza, tamén compre lamentar o que parece un caso máis de manipulación informativa en TVE. Coma todos os que vimos denunciando dende o seminario S2A.

    Non me cabe ningunha dúbida de que o feito de que as persoas con discapacidades auditivas non teñan voz nos medios agrava ainda máis a situación. Porque fai que os demais non seamos conscientes da súa realidade e non fagamos nada por mellorala. Penso que unha das cousas que os levou a padecer tanto a crise é que moitas veces non sabemos o que poden chegar a ser capaces de facer. Como di Eduardo Jaén, podemos tender a pensar que só valen para postos de baixa cualificación e que as empresas os contratan case coma unha obra social. Máis deberíamos darnos conta de que as persoas con deficiencias auditivas son capaces de moito máis.

    Un exemplo de loita e superación nese sentido é o de Keith Nolan, que se pode ver nunha charla TED na que explica a súa loita por entrar no exército dos Estados Unidos, no que non admiten persoas sordas. Igual que no seu día tampouco admitían mulleres, máis loitaron por conseguilo e a día de hoje son unha parte importante do mesmo. Agora, como di Keith Nolan, é o turno dos sordos. Tan só fai falla de que nos demos conta de todo o que son capaces e que

    https://www.ted.com/speakers/keith_nolan

    Revisión da editora: 25/4/2016 ás 10:20

    Gústame

  3. Boas Julián.
    Parece que tanto a ti coma a Alejandro os impactou a nova do castigo. Non me resulta raro, xa que a mín ocorreume o mesmo. Estamos diante dunha nova que carece totalmente xa non de sensibilidade, que por suposto non a ten, senón de rigor xornalístico. Como ben dis, ademáis da falta de respeito hacia o colectivo das persoas con deficiencias auditivas, está un novo caso de manipulación xornalística. Que tornen o teu posto de traballo porque penses diferente á persoa que está por riba de ti, continúa ocorrendo. Que non vendan a moto de que existe a liberdade de prensa e os xornalistas poden escribir sen pelos na lingua. Atópanse atados de mans, e ti que es parte do grupo S2A ao que fixen referencia no artigo, o sabrás mellor que ninguén, debido a que estudas en profundidade este fenómeno. http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/11/10/pais_despide_miguel_angel_aguilar_40643_1027.html E aquí non se salva ninguén. Da igual se es novato, ese chamado becario, ou se es un veterano xornalista curtido en mil batallas. Miguel Ángel Aguilar foi despedido por El País tras criticar nun artigo aos principais xornais españois. Tiña unha columna semanal que publicaba dende 1994.
    Claro está que é arduo, se os medios non mostran a realidade, a xente non fará nada por tornar esa situación. Eu non chamaríalle estereotipo, pero coincido con Eduardo Jaén en que tendemos a pensar que os postos que poden desempregar son os que esixen menor cualificación, e unha menor responsabilidade. Ademáis hai que abrir os ollos. O mundo laboral é cruel, a lei do máis forte. Os empresarios poden contratalos para recibir axudas e subvencións, dándolle igual a situación que teñan. http://www.grupomedicodurango.com/ventajas-empresariales-minusvalia/ En moitos casos estas persoas non dispoñen dos medios necesarios para traballar en boas condicións. Unha mal acústica, a falta de intérpretes, que non exista a correcta comunicación cos compañeiros… Pero a persoa xorda non se vai queixar, consciente das poucas oportunidade que ten.
    Un saúdo.
    Revisión do editor: 9:13
    Revisión da coordinadora: 9:45
    Publicación: 11:49

    Gústame

  4. Ola, Carlos

    En primeiro lugar, estou totalmente de acordo con Eduardo con que as empresas vexan aos discapacitados (non só auditivos, de calquera tipo) coma puras fontes de subvencións. Subvencións que non parecen ser suficientes para acomodar o lugar de traballo á persoa xorda, por exemplo…

    Evidentemente, o que máis me chamou a atención do teu artigo foi o apoteósico titular sobre a TVE. E remítome ao teu terceiro parágrafo. “O programa para xordos”, dubido que tal programa se denomine desa forma (acabo de buscar como se chama dito programa e resulta que é “En lengua de signos”). Omitindo o do “castigo”, o emprego da linguaxe é un dos indicadores que estamos levando a cabo no meu círculo e paréceme canda menos, denigrante.

    Usar a palabra “persoas” diante do colectivo ao que nos imos referir non dana a ninguén e dista de ofender. De feito, é unha das cousas das que falo no meu último artigo, un pequeno manual sobre boa praxe periodística á hora de redactar unha noticia sobre un colectivo minoritario, centrándome no LGTBI pero que se pode aplicar a calquera outro (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/25/manual-de-boa-praxe-xornalistica-en-noticias-lgtbi/).

    Un saúdo!

    Revisión da coordinadora: 25/04/2016 ás 12:36

    Gústame

    1. Ola Ana.
      Primeiro de todo, quero agradecer a túa participación no meu artigo.
      Eu tamén, coma ti e máis Eduardo, estou de acordo en que moitos empresarios contratan a persoas discapacitadas co fin de aproveitarse destas. Non digo que sexan todos, pero sí en moitos casos. Isto é difícil de demostrar, entre outras cousas porque tampouco se estuda moito, e recibir axudas e subvencións é o que toda empresa pretende. Porque o seu fin é gañar diñeiro. Canto máis mellor. Sen importar a integración das persoas en risco de exclusión. http://www.emprendedores.es/gestion/contratar-discapacitados/ventajas-de-contratar-a-un-discapacitado Podemos ver páxinas web con publicacións nas que se autodenominan emprendedores, desglosando as distintas vantaxes económicas que resultan da contratación de persoas discapacitadas. Aínda que no seu texto só usen o calificativo de “discapacitados”. Xa ven, antes o termo “económico” que “persoas”. Da que pensar.
      Coma os demáis compañeiros, tamén te chamou a atención a nova do “castigo” ao xornalista de TVE. Efectivamente o programa claro está, non tiña o nome de programa para xordos. Douche as grazas polas molestias que te tomaches en buscar o nome do programa. “En lengua de signos”. Nós, o S3A, tamén temos como indicador o uso da linguaxe. Por un linguaxe inclusivo que se afaste dos termos pexorativos. Pero parece que non somos capaces de erradicar este erro. Seguiremos loitando e pedindo explicacións ante o mal uso deste.
      Sempre tratamos con persoas. Tanto se falamos de persoas xordas, coma de persoas cunha orientación sexual diferente á heterosexual. Polo tanto, é necesario colocar o termo “persoa” diante do colectivo ao que nos imos referir. Xa o vin no teu derradeiro artigo, onde describes un pequeno manual sobre boa praxe xornalística cando tratamos a un colectivo minoritario. Xa te deixei un comentario, porque pareceume unha publicación interesante, tanto no presente como no futuro, para non volver caer nos mesmos erros que cometemos agora. http://disccionario.com/sordomudo/ No noso círculo, vimos como o termo “xordomudo” resulta pexorativo para moitos deles. Cómpre que isto se sepa, para cambiar o termo a “personas xordas” ou “con discapacidad auditiva”.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s