Donald Trump: o showman televisivo

García Diéguez, Marina- S2A
21firstdraft-trump2-tmagArticleImaxe do xornal estadounidense The New York Times
O deporte da provocación ó que xoga Donald Trump é un feito do que os diferentes medios de comunicación se fan eco. Non só nos propios EEUU, senón que no resto do planeta os medios publican nos seus informativos e enchen as súas portadas cun Donald Trump esbozado, inequívocamente, como un personaxe de show. A súa figura de magnate homofóbo e xenófobo encasillada nun discurso polémico encádrano no que este artigo ben define como “showman”. “Es una persona que estudia muy bien su guión y sabe lo que tiene que decir para atraer la atención del espectador”.

Que a figura de Donald Trump chama a atención por as opinións que xera é evidente pero, como utilizan esto os medios e por que enchen as súas portadas dos seus mellores “quotes”? O primeiro que podemos pensar é que é por negocio, porque sube a cuota de pantalla e porque xera que falar e eso dá cartos. Como ben o explica este artigo do diario español El Mundo “En los últimos dos meses, las cuatro grandes cadenas de televisión –FOX, NBC, ABC y CBS– le han dedicado 10 veces más minutos que a los otros 16 candidatos republicanos juntos.” E é que, efectivamente, Trump está gañando cada unha das cabeceiras da prensa e enchendo todos os minutos posiblea por unha simple razón: porque os medios o están permitindo porque lles compensa xogar ó seu xogo de provocación.

Cando os medios de comunicación deciden ser unha ferramenta máis do teatro do líder republicano prantéxame a duda de se son conscientes da transcendencia dos seus feitos. Regalándolle promoción e fama a Donald Trump estanlle regalando, tamén, votos, como tamén di o mesmo artigo de El Mundo xa citado. Neste punto os medios de comunicación son uns cómplices máis da xenofobia e das moitas outras cousas que evidencian o discurso do mangate. A cambio de audiencia el toma pantalla. Canta máis pantalla máis votos. Se Donald Trump non tivese o respaldo mediático non sería nin metade do personaxe que é.

É importante destacar, por outro lado, que en moitos casos o tempo que se lle dedica a Donald Trump nos medios internacionais tan siquiera é para decir algo positivo, pode ser que se critique ou que se ironice sobre a súa persoa pero o fin e o cabo estase entrando no xogo. Este artigo defíneo de forma moi concreta co término “espectáculo transmedia” no que ademáis compara os seus eventos cos concertos dunha estrella do rock. A súa mellor campaña é xerar polémica e poñer todos os focos sobre a súa cabeza. Efectivo cuns medios con pouca ética e demasiados intereses económicos. Unha forma máis de manipulación asoma nos nosos televisores.

Neste outro artigo fálase das consecuencias para a sociedade que ten esta “mala praxe” e da pouca conciencia que teñen os medios co egoísmo dos seus intereses. “¡Qué decadente! ¡Qué ofensivo para el país y el pueblo!”. Non debemos esquecer na práctica xornalística a honestidade e a veracidade como fins para conseguir unha sociedade máis crítica e xusta. É precisamente eso, unha ofensa para o pobo, ofrecerlle ás persoas uns medios que se dedican a facer espello a un showman co fin de ter aos televidentes pegados ó aparato pero sen facer honra á xustiza coa que os medios deben tratar todos os temas, e mais especialmente unhas eleccións e a transcendencia que estas poden ter para a sociedade.

Reflexionando un pouco máis sobre este tema topei cun artigo do xornal británico The Guardian que falaba precisamente da cara que Donald Trump interpreta cara os estadounidenses que non é a mesma actitude que garda coa súa familia, é un mero papel. Se así fose toda a súa vida sería un espectáculo constante.

En conclusión, estamos presenciando como á carreira á casa blanca é unha loita ironizada por un personaxe que da todo o espectáculo que os medios queren ofrecer. Parece unha vez máis que os medios de comunicación loitan pola audiencia pensando que “na guerra, todo vale”.

Referencias:

Walsh, Kenneth (31 de decembro de 2015), The New(s) Campaign. UsNews.com. Recuperado de: http://www.usnews.com/news/the-report/articles/2015/12/31/how-donald-trumps-media-dominance-is-changing-the-2016-campaign

Borchers, Collum (19 de abril de 2016), The media sais Donald Trump is self-destructing- for real this time (just like last time).TheWashingtonPost.com. Recuperado de: https://www.washingtonpost.com/news/the-fix/wp/2016/04/19/the-media-says-donald-trump-is-self-destructing-for-real-this-time-just-like-last-time/

Ingram, Mathew (17 de marzo de 2016), Yes, the Media is partly to Blame for the Rise of Donald Trump. Fortune.com. Recuperado de: http://fortune.com/2016/03/17/media-blame-trump/

Revisión do editor: 21/04/2016 – 16:00

Revisión do GBO: 21/04/2016 – 20:00

Publicación: 21/04/2016 – 21:50

Advertisements

15 comentarios en “Donald Trump: o showman televisivo

  1. María Aneiros Aneiros – S1A1
    Boas Marina,
    Hai unhas semanas a revista JotDown realizaba un análise sobre o “fenómenos Donald Trump” (http://www.jotdown.es/2016/03/fenomeno-donald-trump-analisis/) que daba inicio coa seguinte frase: “No transcurre un solo día en que no ocupe grandes titulares. Como dicen en Estados Unidos, no es que Donald Trump se haya apropiado del debate político, sino que «él se ha convertido en el debate»” É evidente que se Donald Trump está en todos os xornais e telvisións débese á polémica que envolve o seu discurso porque iso é o que da diñeiro. Todo isto me recorda a iso que sempre se di nas series e películas sobre campañas políticas “A política é espectáculo”, canto máis polémico eres, canto máis espectáculo das e máis xornais vendas mellor será a túa carrera política e máis votos lograrás nas eleccións. Non existe publicidade mala, pois que o teu nome resone nos televisores de todo o mundo, aínda que sexa para criticar o que estas a dicir, fai que o teu nome sexa coñecido. Os medios deben ser máis coidadosos e imparciais, non só en como din as cousas, senón tamén á hora de falar demasiado tempo ou demasiado pouco de certos personaxes, pois iso ten máis influenza nos receptores da información do que moitas veces pensamos.

    Revisión do GBO: 22/04/2016 12:00

    Gústame

    1. Neste debate entre política, campañas electorais e medios gustaríame incorporar un novo matiz que me suxeriu o teu comentario cando dis ” canto máis polémico eres, canto máis espectáculo das e máis xornais vendas mellor será a túa carrera política e máis votos lograrás nas eleccións”. Eu penso que todo é un xogo dos medios e así mesmo che dan toda a cuota de pantalla para facer que saias gañador nas furnas como destrúen toda a túa carreira política. Existe unha nebulosa nestes casos: son os políticos os que controlan os medios ou son os medios os que controlan co seu poder na sociedade como, cando e onde rematan os políticos?
      Creo que a resposta é bastante complexa e que está formada ó longo dos anos por un proceso estructural de financiación dos medios moi profundo. Sendo así, entraríamos xa nun debate moi profundo.
      Moitas gracias María

      Gústame

  2. RODRÍGUEZ FILGUEIRAS, EILA – S3B3

    Boas, Marina.
    A verdade é que o tema de Donald Trump é un dos máis preocupantes da actualidade. Estou de acordo contigo en que se a súa (surrealista) campaña ten tanto éxito é precisamente polo radical das súas propostas, e pola enorme cobertura mediática e publicidade que se lle da en todas as televisións e medios de prensa. Trump busca a polémica, xerar unha noticia, porque sabe que lle proporciona publicidade gratuíta. Temos aquí unha noticia duns enfrontamentos entre simpatizantes do candidato e persoas en contra del (http://expansion.mx/economia/2016/03/11/evento-de-trump-cancelado-en-chicago-por-protestas). Este tipo de cousas son as que lle interesan a Trump; crear “barullo” para que o mundo se faga eco. Odiándoo estámoslle dando máis popularidade. Utiliza o odio no seu beneficio.
    Por iso cando sae na televisión aparece con actitude tranquila e distendida, como desentendéndose de todo e coma se nada lle preocupase. Soamente ten que decir unha frase da súa campaña “saída de tono” e xa ten noticia, como por exemplo esta (http://www.bolsamania.com/noticias/politica/donald-trump-desata-la-polemica-con-unas-declaraciones–1007823.html).
    Escolleu moi ben o bando político no que situar o seu radicalismo; un radicalismo de dereitas que callou profundamente no país máis imperialista e capitalista do mundo. Un país que precisa continuamente reafirmar a súa patria e o seu poder, cunha cidadanía moi influenciable que facilmente caerá baixo o estridente lema “Make America great again”.

    Revisión do editor: 12:15

    Revisión do coordinador: 12:30

    Hora de publicación: 12:59

    Gústame

    1. Ola Eila. Estou moi acordo contingo en que o contexto social, cultural e económico de EEUU axudou moito a propagación do seu discurso. Así, é un punto imprescindible, a meneira na que a sociedade está educada nos distintos países para as formacións de goberno que triunfan nos mesmos.
      Aínda así, existe en EEUU unha gran comunidade de latinos e afroamericanos que supoñen un frente moi potente para o showman republicano. De esta forma, Donald Trump, dedicouse a lanzarlles ofensas e amenzas dende as precampañas e os caucus. Abriuse así, unha fenda moi profunda, de separación entre os estadounidenses que evolucionaron coa globalización e a variedade cultural do seu país e os que aínda viven en siglos pasados como Donald Trump.
      Verase a finais deste ano como remata o asunto pero vense unha loita encarnizada e moi polarizada pola casa blanca na que os medios de comunicación serán unha ferramenta máis electoral.

      Gústame

  3. Noraboa polo artigo Marina, moi interesante.
    É certo que o candidato á Casa Blanca se converteu nun ídolo de masas para moita xente, aínda que outra gran parte o odie. Unha vez máis os medios de comunicación xogan un papel decisivo na imaxe dunha persoa, pero non só os medios, tamén as redes sociais. Nos últimos tempos Donald Trump pasou a converterse nun famoso “meme” en facebook, twitter etc. Entre os diversos montaxes, están os que critican as súas frases máis célebres, os que critican ás súas ideas xenófobas ou simplemente as que comparan o seu tupé. Deixo o link dunha páxina que recolle moitos memes deste home, que máis que un político, polo que sae nos pedios e en internet, parece un máis da familia Kardashian.

    Gústame

    1. Nagore, moitas gracias polo teu comentario. É certo que Donald Trump, ó ser obxecto de todos os medios tamén o é de todas as persoas que comentan nas redes sociais e que realizan os memes. É a outra parte de todo este espectáculo transmedia, a máis cómica.
      Aínda así gustaríame que se distinguisen ambas, xa que a dos memes non fai daño a ninguén senón que da de falar e fai bromas pero todo o mundo coñece o contexto. En cambio, a outra, a parte de promoción dos medios de comunicación si que é moito máis seria, xa que se enfronta co dereito á información xusta e honesta que teñen os cidadáns.
      Só quería deixar claro esas dúas distincións.

      Moitas grazas por a túa aportación

      Gústame

  4. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1
    Ola Marina! Estou de acordo co que expós no teu artigo, Donald Trump é quen é, en parte, grazas aos medios de comuniación. Claro que hai que informar sobre estes feitos, é obvio que o feito de que un aspirante á presidencia dos EEUU sexa un homófobo e un xenófobo nos tempos nos que estamos e necesario que saia na prensa pero, é preciso que saia tan habitualmente? E que calquera cousa que faga ou diga se mediatice desa maneira? Adícanselle páxinas e páxinas en tódolos xornais para falar deste fenómeno, que en Europa nos parece tan surrealista mentres que en EEUU está tendo unha gran aceptación. O peor disto é que calquera feito que esté minimamente relacionado co magnate xa é motivo de saír nun xornal co seu nome no titular, e non só nos medios nacionais e internacionais. Nesta entrevista do Faro de Vigo a John Boyne, escritor de O neno do pixama de raias” sácase o seguinte titular: “John Boyne: «Trump y Hitler dicen lo mismo»”. Ao ler a entrevista é cando entendes que o motivo da mesma é a novela que acaba de publicar Boyne e que Trump so aparece mencionado nunha das preguntas como exemplo desas correntes de masas que levaron a votar no seu momento a Hitler, aínda que hoxe en día nos pareza increíble que o fixeran. O importante da entrevista e coñecer esa nova publicación e a súa opinión sobre o tema pero finalmente Donald Trump acaba acaparando a atención do artigo: http://www.farodevigo.es/cultura/2016/04/14/john-boyne-trump-hitler-dicen/1441671.html. Tamén acontece isto en El correo gallego, coa nova de que o cineasta Charles Burnett viñera a Santiago dar unha charla e amosar o film “Killer of Sheep” sobre racismo. El tamén pon de exemplo a Trump e, aínda que no resto da nova se fale do cine e das súas opinións, Trump volve a ser o foco de atención: http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/cineasta-charles-burnett-cree-racismo-ee-uu-va-peor-politicos-donald-trump-hillary-clinton/idEdicion-2016-04-18/idNoticia-992140/. Por non falar das constantes novas en La voz de Galicia sobre este personaxe como a queima dun Donald trump de cartón en México ou a prohibición da venta dun cuadro no que el aparece representado: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/04/09/prohiben-estados-unidos-cuadro-donald-trump-desnudo/00031460229759674882101.htm e http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/03/27/donald-trump-carton-arde-mexico-tradicional-quema-judas/00031459060589221294613.htm, por poñer so algúns exemplos. Como xornalistas debemos visibilizar os problemas da sociedade, é certo, e nalgúns casos que saia Donald Trump está xustificado niso, pero hai que fixarse no tratamento informativo para evitar manipulacións que cheguen a monopolizar a axenda mediática cun so nome.
    Un saúdo!

    Gústame

    1. Antía moitas grazas por tan interesante comentario e tan ben documentado.
      Tes toda a razón a liñealidade de publicación arredor da súa persoa é tan pequena que calquera excusa sirve para relacionar un tema coa persoa de actualidade que, por desgraza, é el. Especialmente no caso que nomeas de Boyne paréceme moi alarmante a maneira na que o titular está orientado. Unha vez máis atopamos outro exemplo da manipulación directa que hai na prensa.
      Como di este artigo de Manuel Jabois, especialmente cómico porque o compara con Galicia, ” Donald Trump ha sido el juguete favorito de la prensa, que lo ha aupado porque daba titulares y clics a sus noticias”. É non pode expresalo mellor.
      http://cadenaser.com/programa/2016/03/01/hoy_por_hoy/1456814535_154940.html

      Espero que che guste. Moitas grazas

      Gústame

  5. Viqueira Giovachini, Mikaela – S3A6

    Boas Marina,

    Quédome cunha frase que reiteras ó longo do teu discurso, pero que sintetiza a idea que me gustaría salientar: “o tempo que se lle dedica a Donald Trump nos medios internacionais tan siquiera é para decir algo positivo, pode ser que se critique ou que se ironice sobre a súa persoa pero o fin e o cabo estase entrando no xogo”.

    Penso que estas liñas definen moi ben a situación xeralistas que tratan os medios, tanto na elaboración das noticias como no seu tratamento. Isto pode resultar perigoso para a sociedade e para o medio en cuestión.

    É dicir, co feito de que as grandes cabeceiras sexan capaces de difundilo contido de Trump fronte ós seus compoñentes, xa di que se lle está a tratar doutra forma. Dáselle maior importancia. Como ti ben dis, non é precisamente para apoiar os seus discursos, nin moito menos, a súa candidatura. Máis ben todo o contrario, como vemos aquí (http://www.lavanguardia.com/internacional/20160303/40174818435/portada-time-no-gustara-nada-donald-trump.html). Polo que este comportamento actúa á inversa de como debería, gañando máis votos na poboación (http://www.elmundo.es/internacional/2016/03/02/56d63384ca4741be578b46bf.html). O morbo vai por riba dos valores noticia.

    A súa chamada popularidade débese ó caso e á relevancia que os medios reiteran sobre a súa figura, provocando un feed-back contrario ó que os seus artigos amosan: popularizando e expandindo a súa imaxe de forma favorecedora á súa posición. Neste sentido, non sabería dicirche se os medios buscan realmente unha posición social que indirectamente ampare a súa postura ou si é verdade que realmente queren frear e facer que a sociedade americana non siga o exemplo dos seus discursos.

    Este rotativo dixital recolleu as veces que Colombia meditou sobre a famosa polémica que creou nun dos seus meetings, no que expuxo que “México manda a su gente, pero no manda lo mejor. Está enviando a gente con un montón de problemas (…) Están trayendo drogas, el crimen, a los violadores” (http://colombia.mmi-e.com/blog/category/sector/mk-comunicaci%C3%B3n-y-medios/impacto-en-medios-pol%C3%A9mica-donald-trump).

    É aquí onde estimando os resultados, penso se hai un problema semellante na prensa do noso país. Tódolos días vemos que nas portadas dos xornais deportivos, haxa ou non liga por diante, as portadas levan sempre unha imaxe de fútbol Preferentemento do Barça ou do Madrid, tratando ó resto dos equipos e deportes como minorías deportivas que non reciben o mesmo trato. Conseguimos así homoxeneizar o mundo do deporte desacreditando o resto de actividades.

    Indo á prensa de EE.UU., homoxeneizala súa figura e desvirtuar ó resto remata con que unha parte se silencia e, polo tanto, a outra parte da realidade non sae á luz. É así como obetemos un efecto no que todo o mundo xira ó redor dunha mesma peza informativa: Donald Trump.

    Revisión editor: 24/04/2016 20:00
    Revisión coordinador: 24/04/2016 22:00
    Publicación: 25/04/2016 14:45

    Gústame

    1. Estou de acordo contigo na recurrencia dos temas xa que, no nosos país, tamén pasa cada día que abrimos a portada dun xornal. Penso que é algo inevitable xa que o problema radica nunha estructura económica ambiciosa e perniciosa que atenta cada día contra o dereito á información de todos os cidadáns. Sendo así, non só as portadas repetitivas ou os minutos de gloria a personaxes como Donald Trump, senón que todo un proceso de producción de información está sendo realizado a favor dos cartos e do poder.
      Creo que este problema podería resolverse con unha lexislación máisa adecuada e con unha transparencia de contas moi xusta. Debería saberse quen está detrás de todos os medios e quen manda polos seus intereses.
      Necesitamos avanzar pasos para non deixar atrás os valores que deben formar parte da nosa profesión. É preciso un traballo conxunto entre os gobernos, poderes, accionistas e propios xornalistas para un acordo de igualdades. Aínda así, sei que sería moi complicado levalo a práctica porque sería un conflicto de intereses constante.

      Moitas grazas Mikaela

      Gústame

  6. Costa Iglesias, Nerea-S1B2
    Boas Marina:
    Donald Trump é con toda seguridade o personaxe do ano e os medios de comunicación non fai mais que acrecentar a figura do magnate. Sempre polémico e irreverente Trump copa as portadas de todos xornais nacionais e internacionais con cada cousa que di o fai e non hai dúbida que de se aproveita da súa omnipresencia mediática con fins electorais.
    Nos últimos meses podemos que en todos os medios de comunicación aparecen unha noticia algunha declaración do candidato republicano ou ata unha lista das peores frases que dixo durante a campaña (http://www.europapress.es/internacional/noticia-donald-trump-frases-mas-polemicas-20151226110142.html). Todo este protagonismo que se lle está dando teñen como consecuencia a polariazación da sociedade americana e que Trump se vexa cada vez máis cerca da Casa Blanca.
    A relación de Trump cos medios non é boa, pese que cadenas como Fox parecen rendirlle pleitesía. Exemplo da súa mala educación co gremio é a súa actuación ante un xornalista con movilidade reducida da CNN (http://www.elmundo.es/internacional/2015/11/26/56572a1e46163fe13c8b460d.html).
    Revisión da editora: 14:50
    Revisón do GBO: 15:00
    Publicación: 15: 10

    Gústame

    1. Ola Nerea, moitas grazas pola túa aportación.
      Tes toda a razón cando dis que a relación e a actitude de Trump coa prensa é sempre ofensiva. Eu penso que vai no carácter do seu papel, nese desprezo e ese egocentrismo que o caracteriza. É unha ferramenta máis para tentar sentirse e facerse superior co seu discurso discriminatorio e os xornalistas son un gremio máis que pretende que estén a súa enteira disposición e, se non é así, moléstanlle.
      Agradézoche moito a aportación dos teus enlaces, están moi ben escollidos e son moi interesantes.
      Aquí che deixo outro episodio do “showman” co mundo do xornalismo.
      http://internacional.elpais.com/internacional/2015/08/26/actualidad/1440545117_144276.html

      Gústame

  7. Alonso Posada, Fabián – S1B4

    Boas tardes Marina, moi interesante o teu artigo sobre Donald Trump: sen dúbida, o showman televisivo do momento. Non é que só se esté a facer publicidade encuberta para favorecer ao señor Trump, nin que se favorezca a súa imaxe dado ao problemático que é e dos memes que hay, senón que tamén resulta unha problemática para o xornalismo: unha periodista do sitio web de noticias de dereitas Breitbart presentou a súa renuncia, xunto con varios dos seus compañeiros, ao afirmar que a organización está a facer campaña indirecta para Donald Trump. (http://www.democracynow.org/es/2016/3/15/titulares/staffers_resign_from_breitbart_news_site_accusing_it_of_shilling_for_trump) Aquí entramos de novo no eterno debate de cómo os medios de comunicación están sometidos aos intereses políticos (unha vez máis) a cambio de beneficios económicos. Como pode ser que unha profesión como é o xornalismo desemboca nun oficio onde o que predomina é o interese político e económico? Coa renuncia destes periodistas (véxase a noticia) estamos acontecendo a un feito remarcable: desperdícense talentos. O xornalismo está feito para contar as historias, a realidade, e con este tipo de asuntos perdemos todos os principios que establece o xornalismo. Que solución podemos pór ante isto?

    Revisión editora: 26/04/16 18:00
    Revisión coordinador: 26/04/16 18:30
    Publicación: 26/04/16 19:22

    Gústame

    1. Ola Fabián, moitas grazas pola túa aportación. Tes toda a razón en canto ó eterno debate da labor xornalística. Penso que se acabou realizando unha nebulosa sobre a labor que os xornalistas debían realizar e fai moito que se perdeu esa responsabilidade de axuda ó cidadán, o cal, por desgraza, é unha moi mala noticia.
      Aínda así confío en que acabará xerandose un sistema que de valor a un novo xornalismo rexuvenecido e independente. Espero que así sexa.
      Para non perder a esperanza aquí che deixo unha bonita reflexión.
      http://elpais.com/diario/1996/10/20/sociedad/845762406_850215.html
      Grazas

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s