Entrevista a Ricardo Baloira Armas (S1E1) e Aarón Cabado Vázquez (S1E2)

hovenes

Tojeiro Ces, Rita (S3E4) e Sambad Guillomía, Denise (S3E2)

A visión da xuventude que os medios de comunicación ofrecen está, en moitos casos, totalmente distorsionada. Frecuentemente xoven é sinónimo de criminal sen argumentos precedentes. Táchasenos de inconscientes, tolos, despreocupados, pouco serios, sen experiencia, sen ambición. Ao que igual que nos adxectivan incorrectamente como criminales fano como “ninis”. Esta palabra que tan de moda se puxo hai uns anos sigue atormentando á xuventude española. Unha xuventude que estuda unha carreira sabendo a pouca salida laboral que atopará e aínda así non se rinde. Temos numerosas dificultades para pagarnos os estudos e, se fai falta traballamos e estudamos á vez. Somos unha xuventude que tardará máis anos en conseguir un traballo estable que os nosos pais en formar unha familia. Só nos ofrecen traballos basura porque non temos experiencia,e tampouco son capaces de aportarnos tal experiencia para que nos incorporemos ao mundo laboral. Somos capaces, enérxicos e estamos cheos de vida, concretamente nun momento no que a nosa capacidade física e mental se atopa no seu máximo, e non nos dan a oportunidade de aproveitalo. Non somos delincuentes, somos marxinados, olvidados e relegados pola sociedade que nos acusa de ser a causa dos problemas sociais, cando en realidade somos víctimas dos mesmos. Non son excusas, é unha reivindicación para que os medios non manipulen a nosa imaxe, que respecten o noso colectivo como todos os demáis, porque un medio ten que falar de persoas, non xeralizar con colectivos.

Na seguinte páxina podedes atopar unha entrevista a un sociólogo e investigador das conductas xuveniles que pode orientarnos un pouco no tema. http://ssociologos.com/2013/09/12/la-criminalizacion-de-los-jovenes-y-el-estudio-de-las-identidades-juveniles-como-objeto-de-estudio/

Aquí podemos coñecer alguns datos sobre a formación de culturas xuvenís e das causas da criminalización dalgúns xóvenes, sempre pensando en casos concretos e non en xeralizacións.

Nun momento da entrevista o xornalista pregunta se a a criminalización sempre ten excusas. O trato non é correcto, pódese falar de causas non de excusas, como ben dixemos anteriormente.

Este tema aféctanos persoalmente e creo que ao que igual que ocorre con outros grupos atopámonos xuzgados inxustamente polo trato que recibimos dos medios de comunicación e, en consecuencia de parte da soeciedade. Por isto decidimos entrevistar a algúns compoñentes do grupo “criminalización xuvenil” para coñecer o seu traballo acerca desta cuestión e así documentarnos máis sobre o mesmo.

Para comezar, quixemos saber por que escolleran ese tema para o seu traballo, e descubríronnos que a razón principal fora que se sentían máis identificados, polo que tiñan máis base para taballar no tema, ademais de contar con contactos de inicio. Así mesmo, mostraron o seu especial interese por indagar como os medios de comunicación, nalgunhas ocasións, deixan de lado a deontoloxía xornalística e cometen erros colosais no tratamento da información. “E o que é peor, a meirande parte das veces fanno de xeito premeditado”, engadía Aarón.

Sabemos que até o de agora fixeron un traballo fundamentalmente de exhaustiva documentación sobre as diversas temáticas que están a tratar. Achegáronse a varios sitios para poder falar con xente que ten amplos coñecementos sobre os tipos de criminalización cos que traballan, para así ter información e sentar unha base estrutural coa que facer posteriormente os artigos. Realizaron varias entrevistas e cada integrante do grupo publicou polo menos nunha ocasión un artigo do blog.

Disentiron cando lles preguntamos que fora ou sería o máis difícil para eles na realización de todo o traballo. Aarón comentounos que era moi complicado organizar a persoas de diferentes asociacións ou grupos para poder configurar o círculo, porque para moitas destas persoas é complexo atopar un oco para dedicarlles. Ademais, supoñía que outra cousa que seriá difícil ía ser garantir que o debate discorrese polas liñas impostas e evitar que cada un se desvíe cara o que persoalmente quere dicir, polo que están traballando co obxectivo de que o primeiro círculo cumpra o seu propósito. Non obstante, ao parecer de Ricardo o máis dificultoso ía ser a publicació no blog na que intervirán todos os membros do grupo, pois segundo el, esixirá un gran esforzo de coordinación para que a publicación sexa coherente e conteña datos de interese.

Como coñecíamos a importancia que se lle dá aos indicadores no observatorio, preguntámoslles específicamente polo seu traballo con eles. Dividen os seus indicadores en xerais e propios posto que os xerais coinciden cos problemas reais que suscita o tema, en relación ao tratamento tanto mediático como social do colectivo en cuestión. É dicir, entran en xogo os seguintes indicadores: a súa visibilización e invisibilización, diversidade e homoxeneización e o tratamento informativo. Por outra banda, querían afondar máis no tema para diferencialo doutros estudos xa realizados sobre a criminalización dos mozos nos medios de comunicación, aportando para iso un marcador propio que consiste na indagación das consecuencias para o menor criminalizado, tanto na súa realidade social como no plano psicolóxico.

Confesáronnos que, aínda que de forma consciente non priorizaban ningún indicador, á hora de traballar notaron certa tendencia a dar máis relevancia a algún que outro. Concretamente, os indicadores pertencentes á dimensión do tratamento informativo e de diversidade e homoxeneización son, probablemente, os que resultan máis frecuentes ao longo dos seus artigos. Así mesmo indicaron que estes atraen máis o interese dos lectores, xa que recollen temas máis frecuentes nos debates sociais. En cambio, o indicador propio é máis axeitado como conclusión, dado que as consecuencias para o rapaz son unha síntese dos puntos tratados nos marcadores xerais.

“Utilizamos os indicadores a modo de guías, a modo de aspectos a tratar, pois case todos os colectivos de xuventude cos que tratamos están estigmatizados polos medios de comunicación en base a estes indicadores e dimensións”, comentou Aarón. Así, á hora de escribir un artigo, os indicadores danlles boa conta de que aspectos deben tratar, e logo darlle máis importancia a un ou a outro en función da súa relevancia concreta nesa temática determinada.

En canto á organización do traballo dixéronnos que non existen uns postos claramente definidos máis alá da organización primixenia: Gádor coordina o traballo, Paula é a editora e Aarón fai de portavoz do grupo. Ademais, entre os tres realizan a labor de buscar as persoas que compoñen o círculo, poñerse en contacto con elas e realizar a primeira visita para charlar un pouco sobre a súa tarefa e levar a cabo unha primeira toma de contacto. Pola súa parte, Jesús, Ricardo e Antón ocúpanse máis do apartado de documentación e de buscar información que poida serlles útil para os artigos, ademáis de realizar algunhas aportacións á hora de buscar algún contacto que lles poida servir.

Así pois, o método de traballo consiste en decidir que temas queren tratar e con que persoas (profesionais e afectados) deberían falar para contextualizar e coñecer unha opinión de valor con respecto a ditos temas. Posteriormente, póñense en contacto con eles e realizan unha primeira cita na que lles explican en que consiste o traballo do Observatorio, falan sobre a súa labor, e xa por último, tratan de concretar a súa dispoñibilidade para participar no debate e así poder organizalo.

Un dos maiores problemas foi o da movilidade, xa que tiveron que desprazarse a A Coruña para falar con SOS Racismo e a Lugo, para visitar a sede central do Secretariado Gitano. Aínda así recoñecen que non lles puxeron trabas para tratar cos afectados, incluso propuxeron eles poñer en contacto a ambas partes, polo que a traba principal era trasladarse até alí.

Polo de agora non fixeron ningún debate, que será realizado a próxima semana, así que do que realmente é o groso do traballo co círculo aínda non poden emitir unha opinión realmente fiable. Con respecto ao traballo individual con cada un deles, sentíronse bastante cómodos porque todo o mundo co que falaron, dentro das súas posibilidades, mostrouse disposto a axudalos e a achegarlles información e documentación sobre o seu traballo. A maiores, Ricardo amosou o seu contento co trato directo coas fontes, xa que segundo el apréndese moito máis desta maneira que cunha comunicación menos persoal. As preguntas e respostas xa non se limitan ás impostas pola situación, co que conseguen un trato máis íntimo e enriquecedor.

Segundo foi avanzando a entrevista, o diálogo centrábase máis na finalidade do seu estudo e das novas aportacións que eles puideran dar ao asunto. Nun principio non se amosaron demasiado optimistas con esto último, xa que como indicaron, o tema xa está moi tratado por outros medios. Non obstante, Aarón apuntou que a súa labor si podería ser útil á hora de concienciar socialmente sobre a amoralidade de transmitir unha imaxe estereotipada sobre os mozos, porque como é lóxico, non todos somos iguais e crear unha opinión pública en contra nosa é afastarse de atopar a solución ao problema.

En definitiva, o que máis destacaron de todo o que levan feito é a perspectiva que lles proporcionou falar con xente que vive o problema dende dentro e que leva traballando anos para revertir certas situacións e evitar que sigan acontecendo. “É unha forma de axudar a construir unha sociedade máis tolerante e menos nociva, e iso é o que logo nós tratamos de transmitir cos nosos artigos.”, quixo destacar un dos membros.

Unha das ideas que extraemos desta entrevista foi a necesidade de adaptar a deontoloxía da maioría dos medios aos dereitos deste colectivo, que en moitas ocasións se ven vulnerados polos estigmas sociais. Aquí podemos ver un exemplo dunha noticia acerca da criminalización xuvenil no que o trato que dan ao colectivo é correcto. Neste caso a noticia é ademáis positiva xa que explica que as cifras de delincuencia xuvenil diminuíron drásticamente en dous anos. No corpo da noticia alúdese ao colectivo dun modo respectuoso, sen adxectivos innecesarios nin ningún outro calificativo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/09/08/numero-delincuentes-jovenes-disminuye-drasticamente-2-anos/0003_201409V8C2991.htm

O que pretendemos con esta conclusión é amosar que non é necesario vulnerar a dignidade dun grupo para realizar unha noticia que atraia ao lector e dea unha información real sen englobar inxustamente a todo un colectivo.

Hora de revisión do editor: 16.00h.

Hora de revisión do coordinador: 16.25h.

Hora de publicación: 17.10h.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s